Jonatan Barral Otero: “A miña cadela é unha compañeira de traballo”

Torrado Silvente

Na nosa primeira reunión co círculo do observatorio falamos de moitas cousas ademais do tratamento dos medios. Interesábanos saber como vían os membros do noso círculo a figura dos animais que teñen cerca. Chamounos especialmente a atención a opinión que tiña cara aos animais Jonatan Barral Otero, membro do círculo. Jonatan, xornalista e técnico audiovisual, é un mozo invidente que ten unha cadela guía, Suri, e a súa idea sobre relación humano/animal pode chegar a ser chocante e mesmo parecer insensible.

Jonatan considera a Suri como unha compañeira de traballo, que nalgún momento marchará e deixará o seu posto a outro can guía. Sen embargo, non se trata dunha decisión feita por gusto, xa que, como nos comentaba Jonatan, “non che queda outra”. Jonatan decidiu marcar esta especie de “barreira emocional” cando tivo que sacrificar a súa primeira cadela guía, Zoira.

A morte de Zoira foi terrible na miña casa. Ás catro da tarde ninguén quería saír da cama, porque non tiñamos ganas de nada” conta Jonatan. O impacto emocional da morte dunha mascota pode chegar a ser tan duro como a morte dun familiar. Carme Seoane, veterinaria,  contábanos anécdotas e testemuños que ocorreron na súa clínica que proban esta forte unión. De feito, ás veces non somos quen de superar este tema por nós mesmos, e non debería provocarnos vergoña acudir a un especialista ante a perda dun ser querido (sexa can ou humano). Jonatan neste caso decidiu establecer esta barreira para poder protexerse de novos golpes emocionais: “Pasarán pola miña vida un total de 6 ou 7 cans guías, e pola miña saúde mental non podo establecer un vínculo afectivo con todos eles. Simplemente non podo, porque iso me destruiríapor dentro. É unha decisión moi, moi dura, e mesmo ás veces recrimínanme que non sexa máis cariñoso con Suri, pero debo ter en conta a miña saúde”. Os cans guías xubílanse, e cando isto lle pase a Suri, Jonatan ten claro que a deixará nunha familia de confianza, pero non con él: “Non me podo quedar con ela porque sinceramente, non o podo soporta. Prefiro que marche cunha familia e sexa feliz. O pasarei mal cando morra pero polo menos non tan mal como cando ocorreu o de Zoira”.

Jonatan non recibiu ningún tipo de axuda psicolóxica cando morreu Zoira, pero o certo é que él xa sabía o que iba pasar. Por iso considera que realmente, á hora de ceder ou dar un can guía, ademais de pasar un test psicolóxico, médico e de asistencia social feito por La ONCE; tamén debería pasarse un test para saber se estás preparado para asumir que vas vivir máis ca ese can. “Non avisan disto. Se es consciente sabes que vai pasar, pero de sabelo, a vivilo e asimilalo… Hai un paso. Pero o certo é que a ninguén o preparan para perder a un ser querido”. Jonatan  fala de que ás veces a xente xulga esta determinación de distanciarse do can, comparando o sentimento afectivo que ten pola súa cadela co sentimento que ten polos seus pais: “Dinme: e logo que pasa? Non ides querer ao voso pai porque vai morrer? Pero non é o mesmo. A meu pai perdereino unha vez, cans guías vou perder ata 6 ou 7, como media. É un choque emocional que se vai repetir tantas veces que tes que bloquealo. Son como aos cans policía, o día de mañá retíranse e ti tes que seguir co teu traballo, que no meu caso é a miña vida. E xa che digo, ademais de afectarme a min a morte de Zoira, afectou a toda a miña familia. E nese momento é cando cortei e dixen: basta”.

Dentro de estes animais que “traballan” teriamos aos cans guía, a os cans policía, aos cans de terapia…  O certo é que existen voces críticas dalgúns sectores animalistas no caso dos cans guía, xa que consideran que os cans teñen limitada a súa liberdade só para satisfacer ao home. Unha vida, seguindo estas voces, desperdiciada por un traballo que podería facer unha persoa. Jonatan tampouco entende estas críticas: “O can educouse para obedecer a unha manada, e é feliz cumprindo a súa función. É certo que mentres traballa non pode xogar pola rúa nin responder aos seus instintos máis primarios, pero cando deixa de traballar é unha cadela normal e ademais é moi feliz. Si, o seu traballo podería facelo unha persoa, pero a miña calidade de vida non sería a mesma. Unha persoa non pode estar comigo 24 horas seguidas”. Nos próximos días entrevistaremos a una moza de  ideoloxía animalista, para entender os seus argumentos respecto a este tema e chegar a unha conclusión entre uns e outros.

Preguntámoslle a Jonatan como se consegue establecer esa división de traballo/lazo emocional e dinos “que hai que facer de tripas corazón”.  Jonatan aclara que isto non é que maltrate ao can, pero si que significa separarse un pouco, xa que pasa case 24 horas con ela. “Moitas veces é complicado que esta separación se cumpra. Porque son cans, e queren mimos, e queren xogar e tampouco vas marxinalos. Debes separarte aínda que sexa só a nivel anímico, de estar xogando con ela e ter que estar pensando na táboa do cinco. Parece brutal e antianimalista, pero tes que facelo polo teu ben”.  Cando alguén perde un animal, pode decidir encher ese oco emocional con outro, pero Jonatan explica que o necesita para mellorar a súa calidade de vida.

Perder a un animal é case un tema controvertido por aqueles que consideran aos animais ao nivel dos humanos; aqueles que os consideran parte da familia, pero non coma un fillo; e aqueles que consideran que chorar pola morte dun can é unha tontería. E nesta tesitura temos que forzar aos medios a educar e informar sobre as facilidades para superalo e mesmo para concienciar á hora de levar un can á casa. A morte é inevitable, pero podemos prepararnos para o golpe emocional e así soportar o luto dunha forma máis amena.

Enlaces para saber máis:

-Moraga, C. (2015, 22 de setembro). La vida del perro guía. Eldiario.es. Recuperado de https://www.eldiario.es/caballodenietzsche/vida-perro-guia_6_433666651.html

-Ética Animal (s.f.). Animales usados como fuerza de trabajo. Animal-ethics.org. Recuperado de http://www.animal-ethics.org/explotacion-animal/animales-trabajo-herramientas/animales-usados-como-fuerza-de-trabajo/

-Wedderburn, P. (2017, 15 de agosto). Loss of a pet – how to help others cope with the grief. The Telegraph. Recuperado de https://www.telegraph.co.uk/pets/news-features/loss-pet-help-others-cope-grief/

-Lozano, P. (2015, 12 de decembro). Cómo superar la pérdida de una mascota. El Mundo/ZEN. Recuperado de http://www.elmundo.es/vida-sana/familia-y-co/2015/12/10/5667fba1ca4741e3688b468e.html

-Fischler, B. (2014, 5 de febreiro). The 10 Biggest Misconceptions About Guide Dogs for the Blind. Dogster. Recuperado de http://www.dogster.com/lifestyle/guide-dogs-for-the-blind-misconceptions

10 comentarios en “Jonatan Barral Otero: “A miña cadela é unha compañeira de traballo”

  1. Aínda que poida estar máis ou menos de acordo coas opinións de Jonatan comprendo perfectamente a súa situación e, poñéndome na súa pel, a súa postura paréceme ata lóxica.

    Sen embargo, boto en falta que se diferencie entre cans guía e cans de apoio psicolóxico, xa que no artigo colócanse os dous na mesma categoría aínda que, en realidade, non teñan moito que ver ao cumprir funcións totalmente diferentes (aínda que axuden á persoa que o necesita).

    Con respecto á necesidade que se lle reclama aos medios de facilitar apoio a aqueles que perden un animal querido, paréceme un tema demasiado subxectivo como para que se sigan unhas pautas fixas para superar a perda. Os consellos que se dan nos medios actualmente non aportan nada máis que aspectos demasiado superficiais que non se adaptan ás situacións particulares.

    Bibliografía:

    Ella Hoy. Animales de apoyo emocional, qué son y cuál es su función. Recuperado de: https://www.ellahoy.es/salud/articulo/animales-de-apoyo-emocional-que-son-y-cual-es-su-funcion/311496/

    Muy Mascotas. 15 consejos para superar la muerte de tu mascolta. Recuperado de: https://www.muymascotas.es/actualidad/mundo-animal/fotos/15-consejos-para-superar-la-perdida-de-una-mascota

    Gústame

    1. Tes toda a razón á hora dunha necesaria diferenciación no traballo e na labor dos cans guía e os cans de apoio psicolóxico, pero a nosa comparación consiste en sinalar que os dous son tipos de animais que “traballan”, aínda que o seu traballo sexa ben distinto. Ben distinto porque, o adestramento dun can guía e dun can de apoio psicolóxico teñen diferencias fundamentais, pero a máis clara é sen dúbida que o can guía ten unas directrices máis estrictas e sobre todo, una “xornada laboral” máis intensa e longa que os cans de apoio. Non era a nosa intención unha comparación da actividade realizada, pero agradecemos o apunte, xa que o redactado pode chegar a dar esa percepción.
      Respecto á perda dos animais, é certo que é imposible realizar unha información válida para todo o mundo, pero sí que cómpre informar dende una perspectiva xeral e alonxada da temática de “revistas de mascotas” ou sucedáneos. É un golpe psicolóxico que merece ser analizado e tratado para seguir mellorando e aprendendo máis sobre as relacións humano/animais. Aquí tes unha pequena tese realizada pola mexicana Nadia Isabel Alejandre Robles, na que interpreta e profundiza no duelo que pasou trala morte da súa mascota, lectura moi interesante: http://www.tanatologia-amtac.com/descargas/tesinas/104%20Duelo%20por%20la.pdf

      Gústame

      1. Coincido coa idea da diferenciación de tarefas e, en consecuencia, considerar de maneira diferente a un can guía e a un can de apoio psicolóxico. Por outra banda, non sei si será certo que o can guía ten unha “xornada laboral máis longa e intensa”, xa que os dous cans fan un traballo de 24 horas ao día, aínda que sexa duro e triste velo desa maneira.

        Por outra banda, con respecto ó informe da profesora mexicana, teño máis dúbidas e diferencias de opinión. Dende o meu punto de vista, o que dá a entender no seu texto, é que o momento da perda do animal é tan dura que prácticamente supera ós bos momentos que vives coa túa mascota, e non admite que quedarse coa parte boa da relación é o que debemos facer ata os parágrafos finais. De todos xeitos, debo agradecer ós profesionais como vos e como a profesora por tratar de axudar a todo o mundo que pasa por estas situacións.

        Neste enlace deixo unha noticia que informa sobre un libro que fala do impacto que ten na sociedade unha boa relación con cans, o que afecta tamén ás persoas con discapacidade.
        http://www.lavanguardia.com/local/sevilla/20180416/442621038206/ecologistas-presentan-libro-sobre-el-impacto-de-las-mascotas-en-la-sociedad.html

        Gústame

        1. Parécenos que a noticia que mostras da lugar a unha alarma social que non existe. Este novo denominado “mascotismo” di que a sociedade gasta moito diñeiro nos animais de compañía, que mesmo colman toda afectividade e interactividade posible. Isto, xunto a comparación da relación humano-animal e amo-esclavo, a argumentación de que as mascotas teñen moitas enfermedades e a iniciativa de relegar aos animais simplemente ao ámbito rural convirte a noticia, na nosa opinión, nun artigo alarmista e innecesario. Os animais, como tal, non deben ser relegados da nosa vida social, xa que mesmo a melloran. Úrsula Wolf, neste documento de Bioetica.net, mostra a visión dos animais divididos, segundo a nosa relación, en diferentes sectores http://www.bioeticanet.info/animales/WolfEtAnim.pdf
          Neste caso, estaríamos falando de animais compañeiros, é dicir, que establecen un lazo de relación social con humano, sen chegar a acaparar toda a súa atención ou diñeiro. Invítoche a que lle botes un vistazo, xa que narra dende unha perspectiva bastante acertada na miña opinión, esa relación entre os animais compañeiros e os humanos, enlazando coa nosa primeira conversa sobre os cans guía, na que Úrsula di: “En algunos casos se presenta una relación de provecho con los perros, cuando trabajan como perro-guía, perro de rescate, perro-policía, etc., si bien de un modo distinto a como sucede con los animales útiles, ya que aquí tiene lugar una cooperación directa entre una persona particular y el perro. Si prescindimos de este provecho, vemos que los perros y los gatos desempeñan más bien la función de compañeros o amigos, aunque desiguales.” Entón, onde acaba realmente o traballo e onde comeza a convivencia ética? Trátanse de relación de subsistencia, e é certo que os animais traballan para o amo, pero este tamén ten unha serie de obrigas cara o animal.

          Gústame

  2. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “cara aos animais” (estrutura cara a + artigo)
    – 3º parágrafo
    “non tiñamos ganas” (a 4ª persoa do pretérito imperfecto é grave)
    “anécdotas e testemuños” (testemuña é a persoa, testemuño é a declaración)
    “porque iso me destruiría” (pronome proclítico)
    “non o podo soportar” (pronome proclítico)
    “prefiro que marche” (o verbo marchar non é pronominal)
    “pasareino mal cando morra” (pronome enclítico)
    “non tan mal como” (gralla de redacción)
    – 4º parágrafo
    “o certo é que el” (gralla de acentuación, acento diacrítico)
    “á hora de ceder” (gralla de acentuación, acento marca a contracción a+artigo)
    “e dixen: basta” (gralla de acentuación)
    – 5º parágrafo
    “que ‘traballan’ teriamos” (a 4ª persoa do condicional é grave)
    “aos cans policía” (gralla de redacción)
    “o certo é que” (gralla de acentuación, acento diacrítico)
    “si, o seu traballo” (gralla de acentuación)
    – 6º parágrafo
    “pero si que significa” (gralla de acentuación)
    “que o necesita para” (pronome proclítico)

    Gústame

  3. É moi valente a visión que ten Jonatan da relación a manter cos seus cans guías. Pasa moito tempo da súa vida cun cadelo que o axuda nas súas rutinas diarias, máis é quen de manter as distancias de afecto. Agora ben, en canto aos dereitos e benestar do propio animal a vida dun can guía suscita unha serie de controversias.

    Neste articulo de eldiario.es https://www.eldiario.es/caballodenietzsche/vida-perro-guia_6_433666651.html abordase a situación pola que estes cadelos pasan. As opinións son dispares, moitas persoas opinan que estes cadelos non poden ser felices porque vense inhibidos de todos os seus instintos. Os cans guía fan unha gran labor, son nobres e cariñosos, pero non gozan da mesma liberade que os demais. Os seus xogos son limitados xa que pasan as 24 horas do día traballando e coidando do seu dono. A opción que recolle Jonatan de cara a xubilación do cadelo, quedarse co seu can ou facelo voltar á Fundación, semella o trámite máis duro para o animal. Demasiados cambios de fogar ao longo da súa vida.

    A onde quero chegar coa reflexión: o trato que se lle dea ao animal ao longo da súa vida é tan importante como o apio psicolóxico aos donos cando perden o seu cadelo. Existen xa na actualidade unha serie de alternativas tecnolóxicas de asistencia humana que mostrasen eficaces para lograr unha maior liberdade destes canciños. http://www.ngenespanol.com/ciencia/descubrimientos/15/06/2/el-reemplazo-delperroguia/

    Gústame

    1. Como ben apuntas, no enlace do diario.es que deixamos para saber máis e que mencionas no teu comentario, relátase a vida que teñen estes animais cuxo aobxectivo vital é axudar ás persoas invidentes. É certo que estamos nunha posición peliaguda á hora de opinar, pero debemos ter certos puntos en conta á hora de falar os perros guía. Non é certo que estes animais traballen 24 horas ao día, xa que como comenta Jonatan, teñen una xornada laboral que ás veces é longa, pero a veces teñen días libres se Jonatan non considera preciso a súa asistencia. En canto a cambios de fogar, o certo que esto soe afectar bastante a animais como os gatos, aínda que os cans tamén sofren estrés xa que poden chegar a ser moi territoriales, como indica este articulo de Experto Animal: https://www.expertoanimal.com/como-afecta-a-los-perros-el-cambio-de-domicilio-22062.html
      Sen embargo, non hai que olvidar que os cans guía teñen esa educación “especial” que quizais pode preparalos mellor para estes “golpes psicolóxicos”.
      Respecto ás alternativas tecnolóxicas, o certo é que unha boa opción, mais… se someterán as peticións de accesibilidade que solicitan persoas invidentes como Jonatan? (erros técnicos, falta de seguridade….)

      Gústame

      1. Grazas polo enlace, a verdade é que paréceme moi interesante coñecer como é a vida destes cans, unha vida con responsabilidades e traballo https://www.srperro.com/consejos/educacion-canina/como-es-un-dia-en-la-vida-de-un-futuro-perro-guia-estimulos-y-socializacio .

        Estou completamente de acordo convosco no feito de que os medios de comunicación deberían dar maior visibilidade de cara ao impacto psicolóxico que supón perder a un animal. Máis, tamén preocúpame a cobertura informativa que se lle da á vida dos cans guía, buscando pola rede atopei moita polémica entre grupos animalistas sobre as condicións de vida destes animais.

        Algunhas persoas tachan de maltrato o adestramento dos cans, defenden que o can guía vese frustrado e privado de interacción có ambiente que o rodea: “cando saen á rúa non poden relacionarse nin xogar con outros cans, nin correr, nin esculcar o ambiente que lles rodea, nin interactuar con outros humanos máis aló da persoa á que serve, etc “. Do mesmo xeito consideran ao cans “instrumentos”, meras ferramentas de traballo: http://www.respuestasveganas.org/2016/01/perros-guia-ciegos-veganismo.html

        A crítica neste caso aos medios de comunicación vén polo feito de que saquen a realidade á luz, saber con precisión se o que esta xente pensa é ou non é así, creo que é un tema bastante descoñecido para á sociedade e precisa de ser tratado máis asiduamente, pois miles de persoas en España conviven cos cans guías.

        Gústame

        1. É certo que os cans guía chegaron a convertirse nun dos focos máis polémicos no tema animalista no noso país, sobre todo pola traxectoria histórica e a importancia que tivo a ONCE no noso país, que comezou a adestrar can guías dende 1990: http://perrosguia.once.es/es/quienes-somos/trayectoria
          Creo que á hora de denunciar certo grao de “maltrato” polo traballo destes animais hai que ter en conta o tipo de animal do que falamos. Antes de todo, é un can, e estes animais desfrutan sendo os líderes da camada e protexendo aos seus, aunque é certo que, como ben apuntas, isto se faga a cambio de controlar ou “manipular” os seus instintos máis primarios. Sen embargo, no é un traballo para toda a vida, xa a que estes animais xubílanse, e mesmo teñen días libres e descansos. Sí, é certo que existen alternativas tecnolóxicas ou humanas, pero creo que neste momento cómpre admitir que a alternativa humana é inviable para o benestar da persoa invidente, e a alternativa tecnolóxica, ademáis de non estar perfeccionada, é terriblemente pouco asequible para unha persoa de renda máis ou menos dentro da media. Polo tanto, a única opción é agardar á evolución destas alternativas, iso sí, facendo que a vida do can véxase o menos truncada posible.

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s