O casco histórico, un bo lugar para vivir?

Ingelmo Estévez 

Cando pensas na cidade de Santiago é inevitable que non te veña á mente o seu casco histórico. A Praza do Obradoiro, a Catedral, a Praza de Praterías ou o Parador dos Reis Católicos son un pequeno grupo de lugares icónicos que se poden atopar neste emprazamento cheo de historia que, ademais, foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985. Zonas moi concorridas por santiagueses, estudantes e turistas. Polo tanto, podemos dicir que o casco histórico é o principal motor da cidade

Aínda que pareza que todo é perfecto e nada pode ir mellor, o casco histórico ten certas deficiencias na sombra. Os problemas que sofren os veciños do barrio non saen á luz e o silencio convértese no gran protagonista. Na reunión do círculo de mobilidade que

Captura de pantalla 2018-03-16 a las 19.24.35
 

Fonte: El Correo Gallego

 

tivemos o pasado luns na Asociación de Veciños As Brañas de Andrés, puidemos falar coa vicepresidenta da Asociación de Veciños Casco Histórico, María Visitación García, quen tiña clara a situación dos veciños: No casco histórico existen moitos problemas de mobilidade. No casco histórico hai o que hai, non podemos facer máis”. Ademais, a vicepresidenta tamén fixo referencia ó gran espazo que ocupan os bolardos nas estreitas beirarrúas e a mala distribución e localización das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. Outros problemas de mobilidade son a idade dos residentes porque hai moita persoa maior, os edificios son un desastre xa que non teñen ascensores e tampouco nos permiten metelos por culpa do Patrimonio”, apuntou María Visitación. Por último, critica o concepto de peonización que existe no casco histórico e mostra a súa desconformidade: “A min faime moita gracia a peonización porque entra todo o mundo menos os residentes. O casco histórico está todo o día cheo de vehículos e é bastante perigoso para andar. Non te podes fiar de que sexa unha zona peonil porque de zona peonil ten moi pouco.

Outro problema acusado entre os veciños do casco histórico é a mala xestión das tarxetas de residente para entrar con automóbiles ós seus respectivos domicilios. “Os residentes non podemos pasar practicamente ó casco histórico. Temos moitos problemas para entrar”, declarou María. Desta forma, ela mesma nos transmitiu o seu desagrado en relación a este tema: “Eu como residente non teño que ter unha tarxeta, se estou dada de alta no censo do casco histórico téñenme que abrir”. A vicepresidenta comentounos que o máis fácil e cómodo para todos sería un listado no que aparezan os datos dos veciños que viven na zona. Ademais, critica a tardanza da renovación das tarxetas que, na maioría dos casos, tardan uns oito ou dez días en volver a activala. Isto supón un gran problema para os veciños, xa que nestes días non poden acceder cos seus automóbiles ás súas vivendas.

No 2016 aprobouse un acordo chamado Plan Especial para mellorar a calidade de vida dos residentes no casco histórico. O PEPERCH (Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Casco Histórico) ten unha gran cantidade de obxectivos por cumprir como a revitalización da cidade histórica baseada na combinación equilibrada de usos,   a integración da zona vella na trama da cidade, garantir a accesibilidade e conectividade, a protección dos valores históricos e formais dos espazos e edificios ou a ordenación da estrutura viaria. Segundo informou o Correo Gallego, fai dous anos había 324 edificios residenciais en estado deficiente, un 10,8% das vivendas que se inscribiron no Plan Especial. Ademais, 68 edificios atópanse en malas condicións e 256 en situacións mellorables. Estes datos foron recollidos nun estudo de diagnóstico polo equipo que é encargado de reformar a zona vella.

Por mor dos problemas que están vivindo os veciños, algúns optan por marchar do centro histórico da cidade debido á pouca calidade de vida que teñen, aínda estando nun emprazamento único, e pola falta de oferta de servizos para completar o seu día a día con normalidade. La Voz de Galicia tratou este tema no pasado mes de setembro e tiveron a oportunidade de falar cuns enxeñeiros que coñecían a problemática desta zona, que comentaron o seguinte: Inflúe a falta de aparcamento, inflúe a humidade, inflúen moitas cousas”. Un edificio no casco histórico non está preparado para as condicións e estilo de vida actual, e o Patrimonio é un obstáculo difícil de sortear para realizar obras nas que se melloraría e modernizaría, na súa xusta medida, o entorno.

Durante a xuntanza, Xavier Carro, membro da Asociación de As Brañas de Andrés, apuntou que Santiago é unha das cidades coas mellores características para unha boa calidade de vida”. Xavier pensa que a capital galega está ben deseñada e, en parte, grazas á labor que desenvolveu no plano urbanístico o ex-alcalde, Xerardo Estévez. O antigo alcalde defendeu un modelo de cidade policéntrica, é dicir, apostou porque Santiago tivera máis dun centro ou varios subcentros para acadar así un lugar ben deseñado e comunicado.

A cidade policéntrica contemporánea transcende o urbano para ocupar territorio, sen que falte a combinación entre espontaneidade e organización. O policentrismo consiste

santiago_compostela
 

Fonte: DigiAtlas

 

na proliferación de cidades dentro da propia cidade e perséguese a creación dun escenario baseado en potentes sistemas de transporte e redes de comunicación. Hai uns anos en Santiago, completouse un proxecto co deseño dunha estrutura urbana descentralizada e policéntrica, co fin de impulsar un crecemento que xirase ao redor das infraestruturas que conectaban coas zonas céntricas e  culturais da cidade. Xunto a todo isto, levouse a cabo un gran traballo de rehabilitación arquitectónica do centro histórico, algo que, a día de hoxe, podemos observar que non está feito do xeito máis correcto. Esta labor de rehabilitación mostrou a outra cara da moeda, xa que se acadou un forte déficit no plano de revitalización da zona vella.

A finais de decembro de 2016, Xerardo Estévez apuntou o seguinte nun artigo en La Voz de Galicia: “Hai que incidir na dimensión habitacional para favorecer a residencia, nos

teresa-miras-4
 

Fonte: Faro de Vigo

 

usos do espazo público e a mobilidade, co obxectivo de concertar a relevancia coa convivencia. E, de paso, revisar a cidade como escenario, tanto dende a distancia dos outeiros como dende o cinto vexetal que a rodea, e mesmo no intradorso”. O ex-alcalde da capital galega defende a súa postura en canto ó tema da humanización. Xerardo avoga polo control do endurecemento dos espazos públicos. Un centro histórico non é unha escultura”, esta frase do recoñecido arquitecto é chave para entender a súa visión de modelo de cidade. Ademais, isto é fundamental para comprender a situación que se está vivindo no casco histórico. O Patrimonio obrigou a tratar a zona vella como unha escultura sen pensar nos residentes, deixándoos completamente apartados, sen voz nin voto. Agora están saíndo á luz as consecuencias e non saberemos ata onde pode chegar todo isto.

MATERIAL BIBLIOGRÁFICO EMPLEADO: 

ESTÉVEZ, Xerardo (2016). Compostela, escenario petrificado. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/12/03/compostela-escenario-petrificado/0003_201612G3P10994.htm

PRECEDO, Andrés y MÍGUEZ, Alberto (2007). Policentrismo urbano y ajuste del sistema de ciudades en GaliciaRevista de Xeografía, Territorio e Medio Ambiente. Recuperado de: https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/3758/pg_075-094_xeografica7.pdf?sequence=1

LUAÑA, Susana (2017). El casco histórico pierde inversiones por el deficiente servicio de Internet. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/09/21/casco-historico-pierde-inversiones-deficiente-servicio-internet/0003_201709S21C1992.htm

OTERO, Elva (2016). ITV al casco histórico: 324 edificios en estado deficiente y 170 vacíos. El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/itv-casco-historico-324-edificios-estado-deficiente-170-vacios/idEdicion-2016-05-30/idNoticia-999919/

o�

 

 

 

 

6 comentarios en “O casco histórico, un bo lugar para vivir?

  1. Gostaríame crer que a intervención entre comiñas da periodista alude a algúnha afirmación aproveitable. Talvez, segundo a selección dos autores do texto, non pode ser. Mágoa. O tema é bon se fóramos capaces de estruturalo mellor e aportando experiencias que, de seguro, os interlocutores do círculo (se é que este se formou, senon non pode pasar por ser- ou non foi xa que a periodista simplemente non estivo presente-) trasladaron ao grupo de traballo. Paga a pena continuar falar da mobilidade como vida e posibilidade de vivir na cidade.

    Gústame

  2. A corrixir:
    – non empregar a cursiva para o total das declaracións
    – 2º parágrafo
    “a min faime moita gracia” (pronome enclítico; o libro de estilo contempla o uso da cursiva para sinalar incorreccións en declaracións en caso de non querer mudar o testemuño)
    – 3º parágrafo
    “que ter unha tarxeta” (gralla de redacción)
    – 4º parágrafo
    “Estudio” ten outra acepción en galego
    – 5º parágrafo
    “da cidade debido á pouca” (estrutura debido a + artigo)
    “desta zona, que comentaron” (o que fai referencia ao suxeito da subordinada)
    “actual, e o Patrimonio” (ligar as frases cunha conx. copulativa ou separalas mediante un punto)
    – 7º parágrafo
    “xa que se acadou” (pronome proclítico)

    Gústame

  3. Gustaríame facer fincapé no tema que tratabas da distribución e localización das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. A Ley 10/2014 de accesibilidade do 3 de decembro recolle os seguintes puntos no seu artigo 8 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20141217/AnuncioC3B0-111214-0001_es.html) :

    1. En todas las zonas destinadas al estacionamiento de vehículos ligeros, estén situadas en superficie o subterráneas, que se ubiquen en vías o espacios de uso público se reservarán, con carácter permanente y tan cerca como sea posible de los accesos peatonales, plazas debidamente señalizadas para vehículos que transporten personas con movilidad reducida; como mínimo, se reservará una de cada cuarenta plazas o fracción. El número total de estas plazas no se verá afectado por las políticas restrictivas del aparcamiento que se lleven a cabo para fomentar la movilidad sostenible.
    2. Los accesos peatonales a dichas plazas cumplirán las condiciones exigidas para ser accesibles.
    3. Las plazas reservadas para el uso de personas con movilidad reducida habrán de cumplir las especificaciones y poseer las dimensiones que se establezcan reglamentariamente.

    A falta de accesibilidade das prazas destinadas ao uso das persoas con mobilidade reducida (https://valminortv.com/2017/06/14/cogami-denuncia-que-muchas-de-las-plazas-para-discapacitados-no-cumplen-la-ley/), é unha das reivindicacións fundamentais dos afectados ao supor un gran impedimento no seu día a día. Falábamos con persoas donas da tarxeta de estacionamento requirida para facer uso destas prazas e comentábannos as súas irregularidades: só dúas localizacións cumpren a normativa na cidade de Santiago de Compostela. Nin se sitúan preto dos accesos peonís, nin cumpren as condicións nin medidas esixidas, nin moito menos están ben sinalizadas, pois deben de contar cunha sinal vertical, en moitas ocasións inexistente, e coa correspondente marca e pintada horizontal. Pregúntense senón cantas das súas prazas máis coñecidas responden a esta descrición.

    Así mesmo, destaca a cuestión das tarxetas de estacionamento, un tema que se pode comparar co que comentas, as de residentes, coas que existe un grave descontrol. Todo isto desemboca nun claro problema de mobilidade na cidade, engadindo dificultades aos impedimentos que xa supón a cidade por ser considerada Patrimonio da Humanidade.

    Gústame

    1. Dentro da mobilidade é obvio que existen diversas problemáticas en relación coas persoas con mobilidade reducida, é máis concretamente, coas prazas reservadas para estes usuarios. É moi interesante o que comentas sobre as leis promovidas pola Xunta de Galicia, pero hai casos como un que tivo lugar en Lalín (http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/04/05/cuestionan-horario-limitado-plazas-minusvalidos/1866940.html) nos que os veciños da localidade cuestionan o horario limitado a tan só 60 minutos de estacionamento nas prazas para discapacitados. Esta situación da lugar a unha contradición severa xa que a lei debería axustarse e axudar a este colectivo, pero non é sempre así.
      Por outra banda, é certo que hai unha gran controversia en relación ás tarxetas de residente para os veciños do casco histórico. Aínda que non existe un funcionamento correcto no control de acceso, o concello amosa ó público unha boa organización filtrando as solicitudes destas tarxetas. Os veciños de Santiago de Compostela poderán completar dita solicitude na páxina do propio concello. A continuación, proporciónoche o enlace do sitio web: http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/atencion_cidadan/impresos_concello/Trafico/MO5_Solicitude_tarxeta_residentes.pdf

      Gústame

      1. “A lei debería axustarse e axudar a este colectivo, pero non é sempre así”, a isto me remito. Proporciono un enlace a continuación no que explicamos con profundidade esta problemática, pois consideramos que as institucións están a facer un mal traballo e que os medios de comunicación só tratan de propagalo como bo: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/04/17/ponte-na-mina-pel-non-na-mina-praza/. No caso que ti me presentas destacaría a boa fe por parte dos veciños da localidade de Lalín, pois en moitos casos a poboación non está todavía concienciada das trabas coas que se enfrontan día a día as personas con alguna discapacidade física ou intelectual. Porén, non é un caso aillado. No seguinte enlace, pódese observar que no caso de Ourense a limitación redúcese a tres horas: https://www.ocu.org/coches/coches/informe/tarjetas-de-aparcamiento-para-discapacitados388034.

        Gústame

        1. Está claro que a ocupación de prazas de aparcamentos de forma ilexítima é unha problemática que está presente cada día na cidade de Santiago. Existe un gran descoñecemento dos cidadáns acerca dos lugares axeitados nos que se pode aparcar e, ao final, acaban incorrendo en accións ilegais como estacionar en zonas reservadas para persoas con mobilidade reducida. Penso que se a xente tivera máis constancia e soubera máis do entorno no que vive, podería sacarse o máximo proveito a moitos servizos que teñen diante e non fan uso deles. A seguinte noticia informa sobre o que estou a comentar e facilita información útil para aqueles que collan o coche a miúdo na capital galega: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/11/28/decenas-plazas-aparcar-gratis-centro-apenas-utilizan-falta-informacion/0003_201711S28C1997.htm.

          Gústame

Deixa unha resposta a Uxía Pérez Fieiras Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s