O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz

Dorado Lago

Nikolas Cruz é un mozo de 19 anos que supostamente estaba recibindo tratamento por problemas mentais e que o pasado 14 de Febreiro disparou e matou a 17 persoas na súa antiga escola, a MarjoryStoneman Douglas High School de Parkland, en Florida. Esta é a caricatura que nos pintan de Nikolas Cruz. Pero a realidade completa é que Cruz é un mozo que levaba anos mostrando actitudes, costumes e respostas que debían ser tratadas ou atendidas baixo outra perspectiva, e ás que só se respondeu coa expulsión do seu centro de estudos, facendo borrón e conta nova.

As declaracións do presidente norteamericano Donald Trump sobre o sucedido non se fixeron esperar, e unhas horas máis tarde de que Cruz levase a cabo o masacre o presidente compareceu ante a prensa cun discurso que deixou bastante que desexar. Nel, o presidente, que declaraba estar en estado de shock, recorreu unha vez máis ao máis burdo populismo, exaltando o sentimentalismo tan típico das súas comparecencias, resaltando que “todos os pais deben sentirse tranquilos ao deixar os seus fillos no colexio” ou falando dos soños e as ilusións das vítimas, pero sen afondar finalmente no tema en cuestión.

Sete días logo do masacre, o presidente Donald Trump recibía aos superviventes e familiares das vítimas na Casa Branca e, lonxe de responsabilizarse do sucedido ou desculparse pola mala xestión que se fixo con todas as pistas que Nikolas Cruz deixou a través de redes sociais, Trump colmou o vaso con declaracións como esta: “ se tivesen un mestre experto en armas de fogo poderían rematar co ataque moi rapidamente”.

Parece que a conclusión que o goberno estadounidense saca de toda esta situación é que o máis importante é estar preparado por se isto volve pasar e non un: “evitemos que pase prestando axuda previa e estando atentos ás moitas e moi variadas peticións de axuda que Cruz fixo ante profesores, pais, veciños e compañeiros”. Moitos focos vermellos ignorados deixaron unha comunidade destrozada e unha nación preguntándose se o masacre do 14 de febreiro nunha escola secundaria de Florida se podería ter evitado.

Aínda por riba, algúns dos medios de comunicación que se fixeron eco da noticia fixeron entrever, unha vez máis, o descoñecemento xeneralizado e a estigmatización que rodea o tema da saúde mental e do seu tratamentoAsí, un dos xornais máis recoñecidos en España, como é El País, cubriu a noticia partindo deste primeiro parágrafo:

Otro rostro para buscar las raíces del mal. Como en cada asesinato en masa que ocurre en Estados Unidos, la fotografía policial de Nikolas Cruz tras perpetrar su irracional matanza y ser capturado se vuelve un objeto de contemplación. ¿Quién era? Otra faz que se olvidará de una enfermedad social. Un muchacho de 19 años, miembro de una organización supremacista, que fue expulsado de la secundaria de Parkland (Florida) y que regresó para vaciar en sus excompañeros un torrente de ira fraguado en quién sabe qué caldera personal de fantasmas y delirios. Un continuador de la saga americana de los individuos que explotan, apuntan y asesinan.

Outro dos medios que máis se luciu na cobertura da noticia foi o propio Correo Gallego cun morboso titular: “Nikolas Cruz, huérfano, amante de las armas y con problemas psiquiátricos”. Por non falar de Periodista Digital, o cal directamente asegura no seu titular que Nikolas Cruz “quería liala” .

As noticias mostran unha utilización abusiva e incorrecta da terminoloxía relacionada cos trastornos mentais nos contidos informativos, mentres que o seguimento real do tema é escaso e afástase dun tratamento informativo óptimo. De feito, unha cuarta parte das noticias analizadas incluía contidos estigmatizadores, sendo os estereotipos con maior frecuencia de aparición o de perigosidade, conduta impredecible ou ira.

Non se pode poñer en dúbida a culpabilidade de Nikolas, pois el mesmo a recoñeceu xa, pero a sensación constante ao ler esas noticias e outras moitas que circulan por Internet é que parece que a todos os medios lles veu de perlas que o mozo tivese unha enfermidade mental para xustificar, dar xogo e sacar tallada do ocorrido o mes pasado. 

Os propios compañeiros de Cruz foron os que aseguraron á prensa que sempre tiveron claro que se algún día alguén asasinaba nesa escola, ese sería Nikolas. O debate que se abre na actualidade xira en torno a: como uns simples raparigos puideron adiviñar o que non previron nin pedagogos, nin psicólogos, nin traballadores sociais, nin eses mesmos policías que polas chamadas da nai viñan a charlas co raparigo nin a familia do analista coa que vivía cando cometeu o asasinato masivo. Algo non funciona como é debido, iso está mais que claro.

8 comentarios en “O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz

  1. Quizabes unha análise dos medios que se fan eco das reaccións desta autoridade pública mundial poidera ser de interese para comprender a que altura de saúde mental estamos como lectores deste tipo de informacións que comenta o post, agora ben non sei se esta deriva finalmente aportará a coherencia que debéramos agardar da liña de análise do grupo de traballo. Máis que alonxarnos do tema, debéramos escoitar a voz dos afectados, que están tan preto e que nada sabemos deles. É ou non é?

    Gústame

  2. Érika Martínez.

    Paréceme interesante poñer como exemplo un caso como éste para facer un análise do tratamento informativo que a prensa fai sobre o tema de saúde mental. En EEUU, os tiroteos en escolas son máis frecuentes do que deberían: un tiroteo nunha escola cada sete días, e sen contar cos que son perpretados noutros lugares como discotecas (2016), igrexas (2015) ou universidades (2007 e 2014). Un problema que, claramente, pasa porque EEUU é un país no que existen tantas armas como persoas e o acceso a elas é perigosamente sinxelo incluso para os nenos, dos cales, un de cada tres viven en casas onde hai armas de fogo. Na seguinte noticia, se explica isto de forma máis ampliada: http://www.elmundo.es/internacional/2018/02/16/5a85ed39e5fdead37c8b45b8.html

    Pero o tema da fácil accesibilidade ás armas de fogo no país non é un tema que se lle escoitara mencionar ao presidente Trump nas súas intervecións a propósito desta matanza. Tal e como comentades respecto ás súas declaracións, non afonda no que é realmente importante e, ademais, menciona o tema de saúde mental como a principal causa do tiroteo e di, literalmente, que “seguirán traballando con medidas de seguridade para solucionar os problemas de saúde mental”. De esta forma, dá a entender á sociedade que as enfermedades mentais están directamente ligadas coa ira e a violencia, un dos principais estigmas que están asentados na sociedade, aínda que os expertos expliquen o contrario. Nesta noticia da NBC News nos aportan as dúas visións, a estigmatizada e a correcta: https://www.nbcnews.com/news/us-news/connecting-mental-illness-mass-shooting-misses-point-experts-say-n821696

    En base ao exposto, coincido plenamente co que comentades no post agás en que “a todos os medios lles veu de perlas que o mozo tivese unha enfermidade mental”, como dicides. Considero que non foi aos medios senón ao goberno estadounidense a quen lle veu de perlas esa condición do mozo para tapar, grazas a ela, a auténtica problemática destos crimes, que é o acceso indiscriminado ás armas de fogo, como comentaba antes. Os estigmas que reflexan os medios sobre o tema de saúde mental, ao meu parecer, son a consecuencia da mala práctica xornalística e a pouca responsabilidade social que os leva informar sen un contraste previo con expertos que os poidan orientar cara un bó tratamento informativo do tema.
    Porén, os medios tamén contribúen por si mesmos á estigmatización dos enfermos mentais, na medida en que só visibilizan estos casos cando están ligados a crimes violentos como o de Nikolas Cruz e o fan sen profundizar nas causas, síntomas, nin nos tratamentos. Deixo este enlace do xornal online Público onde falan sobre isto: http://www.publico.es/espana/medios-frente-enfermedad-mental-morbo.html

    Gústame

    1. O tema da accesibilidade as armas é, ao noso parecer, un dos problemas sociais máis graves de EE.UU, si ir máis lonxe onte mesmo produciuse unha das manifestacións máis significativas da historia do país:
      http://www.abc.es/internacional/abci-millon-estudiantes-reclaman-mayor-control-acceso-armas-eeuu-201803241948_noticia.html
      Esta marcha foi totalmete apoiada polos supevivintes da masacre da que falamos na noticia. Isto é bastante significativo, pois da a entender que nin sequera a xente que vivíu este tipo de masacres nas súas carnes busca posteriorimente a “vinganza” ou a “seguridade” da que fala Trump no seu discurso, de armarse ou de pedir máis protección neste sentido, se non todo o contrario. Os propios supervivintes piden o cese total da venta de armas para así poder estar maís seguros nun sitio tan corrente como é na escola.
      Creo que estamos a falar dun movemento sen precedentes sobre un tema que leva moitos anos silenciado.
      En canto o teu parecer de desacordo co de que “a todos os medios lles veu de perlas que o mozo tivese unha enfermidade mental”, creo que non acabaches de entender o noso posicionamento.
      Por suposto que creemos que tamén a Trump lle veu moi ben que o asesino tivese problemas mentais, pero ós medios de comunicación tamén. Como xa comentamos nun post de LGTB, os medios van a dar á audiencia o que a audiencia pide, entón non estamos a falar só de mala práctica( ou falta de ética profesional, como lle queiras chamar) se non tamén dun descoñecemento( e de ignorancia ) xeneralizado por parte da sociedade.
      Nós traballando neste tema, démonos conta moitas veces de que temos moitos prexiuzos e iso que nos estamos á informar e traballamos cos usuarios de Andaina, que son xente coma outra calquera, moitas veces xa. Entón, se nos temos prexuizos, imaxínate o resto da xente que descoñece totalmente o tema e a que lle chega información totalmente mal enfocada.
      Podes incluso ti mesma facer un pequeno experimento falando do tema cos teus achegados e comprobarás que rápidamente sairan na conversa palabras como : “tolo” ou ” psicópata” e moitas ideas que non se corresponden ca realidade.
      O noso papel e o de moitas outras asociacións é tratar de educar.
      Aquí che deixo algún enlace que pode ser interesante para completar o meu comentario:
      http://www.abc.es/familia/padres-hijos/abci-si-nunca-dice-diabetico-asesinado-matiza-si-hace-esquizofrenico-201803210159_noticia.html

      https://www.eldiario.es/canariasahora/sociedad/Dia-Mundial-Salud-Mental-senalaran_0_695730767.html

      http://www.diariodenavarra.es/noticias/magazine/2017/11/19/leiva-responde-los-titulares-que-conjeturan-salud-mental-562745-3189.html

      Gústame

      1. As manifestacións a favor do cese total da venta de armas, que se viviron por todo EEUU fai uns días son a clara demostración de que gran parte da sociedade americana sabe perfectamente que o verdadeiro problema non está nas persoas enfermas mentais, como Trump quere dar a entender, senón no grave problema de falta de control de armas que EEUU leva sufrindo dende fai anos. Porén, os medios non deixan de dar cobertura a informacións que teñan que ver con temas sobre saúde mental, dando a entender de que un arma é perigoso pero moito máis se está en mans dun enfermo mental. Deixo aquí un artigo no que fala de posibles medidas para prever “que enfermos mentais cometan actos violentos” asociando, quizais sen preténdelo, a violencia coas enfermedades mentais. http://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-43101247

        Por outro lado, falas de que a ignorancia xeneralizada da sociedade é a que fai que se demande información morbosa e sensacionalista porque, evidentemente, é o que máis vende. Pero, cómo se pode evitar esa ignorancia? Quén ten que cambiar primeiro, a sociedade ou os xornalistas? Eu penso que todo parte dos profesionais da comunicación. Se ofreceramos información realmente rigurosa e honesta en lugar de buscar o morbo ou de transmitir noticias institucionais sen ningún tipo de interpretación xornalística previa, a sociedade deixaría de ser ignorante. A nosa labor como xornalistas é, polo tanto, estar en permanente contacto con expertos sobre o tema que tratamos, para poder ofrecer información ben enfocada. No enlace á noticia do ABC do teu comentario, un mozo que padece TOC propón unha especialización xornalística en temas de saúde mental así como hai especialización en economía ou deportes. Estou de acordó en que, con motivo da responsabilidade social agregada que ten un xornalista, debería existir especialización en tódolos sectores da sociedade, incluídos os colectivos máis invisibilizados. http://www.aecomunicacioncientifica.org/informe-quiral-2016-hacia-una-comunicacion-responsable-en-el-ambito-de-la-salud-mental/

        Por suposto, o descoñecemento da sociedade non só se debería paliar dende o ámbito xornalístico senón que, dende o cine ou a educación debería de aportarse información non estigmatizada acerca deste tema. http://www.efesalud.com/salud-mental-estigma-cultural/

        Por outro lado, o descoñecemento ou a falta de importancia que ás veces se lles da ás enfermedades mentais, se traducen en problemas moito máis graves como o tratamento médico inadecuado. Deixo esta noticia na que fala máis extensamente sobre o tema https://elpais.com/elpais/2018/01/24/ciencia/1516798702_094763.html?rel=str_articulo#1522094996986

        Gústame

        1. Non estou de acordo co que dis, non creo que a manifestación se produxera por defender a “inocencia” dos enfermos mentais e o uso de armas, se non simplemente porque a xente ten medo.
          Non queren armas en xeral, pero estou moi segura de que teñen a mesma estigmatización contra os enfermos mentais que antes da matanza de Florida.
          Podemos velo nos siguientes titulares, no que ningún fai referencia ao tema “saude mental- armas”:
          https://www.elnuevodia.com/noticias/eeuu/nota/milesdepersonasexigenenfloridanuevasleyessobrecontroldearmas-2399851/
          http://www.rtve.es/noticias/20180218/miles-personas-se-manifiestan-florida-para-pedir-mas-control-armas/1679621.shtml
          http://www.lavanguardia.com/internacional/20180219/44915585863/estudiantes-instituto-florida-convocan-marcha-nacional-control-armas.html
          Creo que as dúas estamos de acordo en que o tema Nikolas Cruz fixo soar as alarmas unha vez máis sobre o acceso a armas en USA, que segue sendo un problema acuciante na sociedade, pero o que nós queríamos resaltar no noso post non é este tema, se non que houbo una moi mala cobertura do feito por parte dos medios, e por outro lado houbo moi pouco interés en prestar axuda a este rapaz.
          Da primeira cuestión, contestando á túa pregunta, ( Quén ten que cambiar primeiro, a sociedade ou os xornalistas? ) teño bastante claro que primeiro ten que cambiar a sociedade.
          Creo que temos unha idea moi equívoca sobre o rol do xornalista, xa que, aínda que non cabe duda de que estes teñen que traballar seguindo unha ética ou os seus principios, creo que temos que ter en conta que un xornalista non é unha “mellor persoa” ou unha “super persoa” que aínda que haxa unha gran estigmatización na sociedade, él traballe con unha gran ética etc, polo mero feito de ser xornalista. Non sei si me explico.
          Para empezar os intereses dos medios por gañar cartos están marcados por unha sociedade tremendamente ignorante, se a sociedade aprende, non reclamará este tipo de contido morboso e polo tanto os medios non o publicaran.
          Creo que o motor do cambio está en querer aprender, ainda que a maneira máis fácil sexa dicir: ” e que son os xornalistas os que nos dan contidos sensacionalistas”.
          Podes reflexionar sobre este tema simplemente facendo un exercicio de observación, saca este ou outros temas sobre persoas con enfermidades mentais nunha charla e verás a de comentarios con descoñecemento que se fan.
          Por outro lado, remítome a última pregunta do post: como uns simples raparigos puideron adiviñar o que non previron nin pedagogos, nin psicólogos, nin traballadores sociais, nin eses mesmos policías que polas chamadas da nai viñan a charlas co raparigo nin a familia do analista coa que vivía cando cometeu o asasinato masivo?
          Completo o meu post con esta información:
          https://consaludmental.org/publicaciones/Informeinesmesaludmental.pdf
          http://feafesgalicia.org/ES/content/salud-mental

          Gústame

          1. En primeiro lugar, explicareime mellor en canto ao tema das manifestacións porque creo que non me entendiches ben. Por suposto non teñen nada que ver o tema de saúde mental e o de control de armas. Ambos discorren camiños paralelos. O problema é cando dende o goberno e os medios de comunicación se fomenta unha idea contraria. Creo que ahí estamos as dúas de acordo. Recordemos neste punto as declaracións do presidente Trump logo da masacre: http://www.lavanguardia.com/internacional/20180215/44803184497/donald-trump-salud-mental-tiroteo-florida.html
            Está claro que as manifestación non se levaron a cabo para defender a “inocencia” dos enfermos mentais como dis, pero sí para reclamar algo que Trump intenta silenciar como é o feito de tomar medidas para ter un control de uso de armas máis efectivo. É por ese motivo que digo que os manifestantes teñen claro ao que terlle medo: ao uso indiscriminado das armas, non aos enfermos mentais. Isto non quita que moitos deles sigan tendo ese estigma contra os enfermos mentais que os asocia coa violencia e a agresividade. Deixote un enlaces para que veas do que falo: http://www.europapress.es/internacional/noticia-aumenta-debate-control-armas-eeuu-tiroteo-florida-20180218015459.html
            https://www.elheraldo.co/mundo/debate-por-el-control-de-armas-se-reaviva-en-eeuu-pero-trump-cambia-de-tema-459790
            En canto ao tema do rol do xornalista. Todos sabemos de sobra o poder financiero que se esconde detrás desta industria, pero se non avogamos nós por un xornalismo honesto e de calidade, quen o vai facer?. Creo que a función de cambiar a mentalidade da sociedade non a teñen os medios de comunicación, senón a educación. Esa é a base de todo. Se nos educaran dende pequenos dunha forma libre de estereotipos e prexuizos quizais a sociedade podería ser máis crítica, ter máis coñecemento e non orientar a súa opinión únicamente en función do que din os medios de comunicación.
            O tema que ti nombras sobre os intereses políticos e económicos que manexan a información dos medios é algo no que nos poderiamos extender moito. Simplemente dicir que, unha boa alternativa a esto, son os medios alternativos e independentes que si que ofrecen unha información rigurosa e honesta.
            Para acabar, non sei cal podería ser a resposta a túa pregunta. En todo caso, si que sería un bo tema de análise para os medios de comunicación. Deixote algunas noticias que falan sobre iso: http://www.lavanguardia.com/internacional/20180218/44885684247/nikolas-cruz-todo-falla.html
            http://www.elmundo.es/internacional/2018/02/16/5a871ee2e5fdea651b8b4605.html

            Gústame

            1. Como ben dis o tema da compra de armas e o control de armas discurren por camiños paralelos.
              O problema maioritario en canto a este tema é que ao xuntar as palabras “arma” e “saúde mental” automáticamente se asocia con un concepto negativo fundamentado por unha sociedade, repito, ignorante de coñecementos e que se ve fundamentado a través dos medios de comunicación, que actúan de maneira pasiva e estigmatizante.
              Creo que a cuestión reside en que de todo este tema asústanos máis o concepto “saúde mental” que o concepto “armas”.
              Esto podémolo ver reflexado en gran cantidade de titulares sobre o tiroteo en cuestión, onde xa moitos medios sinalaron que Trump “esquivou” directamente o tema das restriccións necesarias na compraventa de armas:
              http://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-43101247
              https://laopinion.com/2018/02/18/trump-olvida-que-permitio-la-compra-de-armas-para-enfermos-mentales-ahora-culpa-a-los-democratas/
              http://cnnespanol.cnn.com/2015/08/27/donald-trump-el-problema-es-de-salud-mental-no-de-control-de-armas/
              http://www.elsalvador.com/noticias/internacional/450641/trump-apunta-a-salud-mental-y-no-habla-de-control-de-armas-tras-nuevo-tiroteo/
              Creo que es interesante que hablemos de que Trump derogó la ley impuesta por su predecesor Barack Obama, aprobando, a principios del año 2017, una ley que permitia a las personas que tuviesen enfermedades mentales acceder a las armas de fuego:
              https://www.efe.com/efe/america/politica/trump-firma-una-ley-que-vuelve-a-permitir-la-compra-de-armas-enfermos-mentales/20000035-3193539
              Creo que agora o debate fórmase ó redor de dúas cuestións. Por un lado as enfermedades mentáis son moitas e moi variadas, hai diferentes grados e diferentes tipos de enfermidades , máis ou menos graves, isto lévanos a pensar que tamén dentro do concepto “enfermidade mental” deberíamos facer unha separación, uns subgrupos.
              O que podería facerse é medir o grao de perigosidada que teñen as persoas que pretendan acceder a armas, porque tamén sería bastante excluínte e negativo para a normalización das enfermidades mentáis, prohibir as armas a un colectivo completo sen saber realmente se hai motivos para iso. Non sei se me explico.
              En canto ó tema do rol do xornalista, obviamente que alcemos a voz en contra da mala praxe xa forma parte da educación que queremos que teña a sociedade pu do que nós como persoas individuais podemos facer polo colectivo. Pero eu estouche falando de que estamos ante un problema moito máis “profundo” que non se soluciona con un “non fagas ese titular porque é estigmatizante”, dende logo e dende o meu punto de vista o cambio comeza pola educación, pero pola educación como sociedade.

              Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s