O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

GÓMEZ MARIÑAS

MARTÍNEZ FERNÁNDEZ

A situación actual da prensa é cada vez máis precaria, polo que nos medios de comunicación está aumentando a tendencia de recorrer a noticias e sobre todo titulares sensacionalistas na busca de beneficios, sen importar a ética e que a profesionalidade diminúa ou incluso se abandonen mediante un tratamento informativo morboso. Este sensacionalismo dáse en moitos temas, e o colectivo LGTB non se libra de sufrir este tipo de tratamento.

Os medios só se interesan polo morbo

Nos medios atopamos numerosos exemplos de noticias con morbo, que deberían escribirse doutra maneira, ou directamente non terían que ser publicadas:

Unha noticia que é moi sensacionalista é a de Noticias Cuatro, que explica baixo o título “El hijo de una pareja homosexual reivindica las familias LGTB” como un neno que fora maltratado polos seus pais biolóxicos foi adoptado por unha parella gay que si o trata con cariño e resulta para el a familia “perfecta”, e polo tratamento informativo parece que sorprende que unha parella homosexual sexan bos pais. Malia que as fontes son fiables, ao recorrer ao medio inglés Daily Mail, e ás declaracións da familia; a noticia céntrase na historia persoal, apelando á empatía do lector, e destacando o feito de que os pais adoptivos sexan gays como se resultase algo extraordinario. Esta noticia sería máis útil e interesante se nela se explicase o evento de preparación da semana de Adopción e Fomento do movemento LGTB en Reino Unido, onde tiveron lugar as declaracións do neno. Pero o que chama a atención é esta historia persoal e non o acto, e iso a prensa sábeo moi ben polo que recorre a ela para aumentar as visitas.

O mellor exemplo deste poder mal utilizado na prensa atopámolo nesta noticia de El País na que, despois das acusacións públicas de violación e pederastia ao actor Kevin Spacey, titula da seguinte maneira: “Kevin Spacey se declara gay”. O diario faise eco da estratexia do actor de desviar a atención dos seus delitos centrándose na súa sexualidade, escudándose en pertencer a un colectivo oprimido, en lugar de criticar as súas declaracións. A noticia comeza coa mensaxe do actor, centrándose no discurso exculpatorio, en vez de centrarse nos abusos que cometeu, sobre os que a noticia fala a partir do cuarto parágrafo. Ademais, a mensaxe de Spacey é claramente bífoba ao autodenominarse como gay, tras dicir que mantivo relacións con homes e mulleres, erro que o medio non explica. Vemos unha manipulación cunha falta de perspectiva LGTB moi grave, e que permite que a imaxe do violador non quede tan manchada.

Non todo é perxudicial

Pero incluso en noticias que aparentemente só buscan visibilizar, os medios cometen erros. Como exemplo disto, El País publicou unha noticia sobre os xemelgos transexuais Lucas e Mateo que, para visibilizar e contribuir a normalizar o seu caso, decidiron contar a súa experiencia vía Youtube, un medio de moita relevancia para os trans, e sobre o que teremos unha entrevista próximamente no noso blog. A noticia é unha entrevista literaria realizada aos xemelgos na que, lonxe de falar sobre temas de interese informativo e divulgativo sobre o seu proceso de transición e a súa transexualidade, escriben sobre temas banais e morbosos como os seus estudos ou se actualmente teñen moza ou non.

Isto é unha práctica moi común en todos os medios de comunicación, non só na prensa escrita. Outro exemplo de sensacionalismo viamolo no anterior post co documental “Yo soy Jazz”. É unha iniciativa que pode verse como un avance na normalización e concienciación pero que se queda só nunha boa proposta porque o tratamento informativo que se lle deu ao documental é de puro reality e espectáculo. Outro caso máis no que os medios optan por dar información sensacionalista e morbosa e non información útil e con valor divulgativo que mitigue esa desinformación da sociedade.

Pero ás veces a mala prensa ten como consecuencia algo positivo como esta noticia de Mediterráneo Digital, na que se menciona a sexualidade da atropelada cunha clara intención sensacionalista. Neste caso, comentan Hugo, Nacho e Rick, membros do noso círculo, prodúcese unha cooperación de visibilización, sen nin sequera pretendelo, entre a organización HazteOír e o colectivo LGTB. Ambos gañan visibilidade nos medios.

Igual é o caso de Alejandro P.E, un home transexual cun programa en Mtmad para falar abertamente sobre a súa transexualidade para que esta “deixe de ser un tabú e se acabe coa desinformación”. O seu caso foi moi criticado nas redes sociais mediante o hashtag #nonnosrepresentas por seguir os patróns masculinos establecidos. Pero a realidade é que, en palabras de Hugo: “el non quere representar a ninguén, simplemente conta a súa vida e se mostra como quere mostrarse”. A fama do seu caso foi en parte beneficiosa para unha parte do colectivo que se sentía conforme co que Alejandro mostraba.

2018-03-16 (5)
Captura da páxina de presentación de Alejandro P.E na web de Mtmad

A responsabilidade da prensa non se pode obviar 

A pesares destes ocasionais beneficios, é necesario que a prensa asuma o seu papel no proceso de visibilización e normalización do colectivo LGTB. Para iso, as asociacións promoven libros de estilo e guías de boas prácticas para os medios como é o caso da Federación Española LGTB ou The Association of LGTBQ journalists.

O tratamento informativo en todos estes casos resulta moi perigoso, sobre todo porque a maior parte da xente só se queda co titular, sen preocuparse pola explicación. Os medios de comunicación en xeral non utilizan o seu poder de informar para axudar na loita LGTB, simplemente se aproveitan dela para dar unha mellor imaxe, ou ter máis visitas. Esta situación prodúcese porque as sociedades destes medios son cisheteropatriarcados, onde o normativo é non ser LGTB, polo que se presenta a calquera membro do colectivo dunha forma anecdótica, ou son utilizados para chamar a atención. O máis grave disto é que a linguaxe que utilizan os medios conforma a cognición social, é dicir, a percepción que ten a sociedade deste colectivo.

BIBLIOGRAFÍA

CODINA, E. (2018, 14 de marzo). La conquista de os gemelos transexuales Lucas y Mateo. Transexualidad. España. El País. Recuperado de https://politica.elpais.com/politica/2018/03/13/actualidad/1520943664_887115.html

CLIFF, M. (2018, 5 de marzo). ‘They couldn’t be better parents’: Boy, 12, who was adopted by two men after being rescued from his neglectful home speaks out about his ‘perfect’ family. Daily Mail. Recuperado de www.dailymail.co.uk/femail/article-5463957/Colchester-boy-12-describes-gay-parents-perfect.html

DKISS. (2017). Yo soy Jazz. Familia. Series. DKISS. Recuperado de www.dkiss.es/series/familia/yo-soy-jazz/

EL PAÍS. (2017, 30 de octubre). Kevin Spacey se declara gay. El País. Recuperado de https://elpais.com/elpais/2017/10/30/gente/1509345665_548008.html

FELGTB, FSC y CCOO. (2017). Guía de buenas prácticas para el tratamiento de la diversidad sexual y de género en los medios de comunicación. Documentación. Laboral. FELGTB. Recuperado de www.felgtb.org/temas/laboral/documentacion/i/14208/359/guia-de-buenas-practicas-para-el-tratamiento-de-la-diversidad-sexual-y-de-genero-en-los-medios-de-comunicacion

MEDITERRÁNEO DIGITAL. (2017, 21 de marzo). El autobús de Hazte Oír atropella a una lesbiana en Pamplona. Navarra. España. Mediterráneo Digital. Recuperado de www.mediterraneodigital.com/espana/navarra/el-autobus-de-hazte-oir-atropella-a-una-lesbiana-en-pamplona.html

MTMAD. Alejandro P.E. Autores. Mtmad. Recuperado de https://www.mtmad.es/autores/alejandro-p-e/

NLGJA. El manual de estilo sobre la comunidad lesbiana, gay, bisexual y transgénero. NLGJA. Recuperado de http://www.nlgja.org/stylebook/espanol/

NOTICIAS CUATRO. (2018, 6 de marzo). El hijo de una pareja homosexual reivindica las familias LGTB. Cuatro. Recuperado de https://www.cuatro.com/noticias/sociedad/hijo-pareja-homosexual-mejores-padres_0_2525776111.html

PÉREZ DÍAZ, I. (2018, 13 de marzo). Educación e información: as chaves para evitar o sensacionalismo. S2B: LGTB. Observatorio Cidadán de Comunicación. Recuperado de https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/13/educacion-e-informacion-as-chaves-para-evitar-o-sensacionalismo/

 

2 comentarios en “O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

  1. Coido que se aludiu unha soa vez aos membros do círculo para unha argumentación neste post. Creo que sería conveniente dárlle máis voz nun texto que se entende debe compartirse con eles, ser parte da súa maneira de ver os medios, non da maneira daqueles que a poden interpretar, soamente.

    Gústame

  2. A corrixir:
    – 3º parágrafo
    A redacción da segunda oración é un tanto confusa
    – 4º parágrafo
    “mal utilizado atopámolo” (pronome enclítico)
    “Hacia” non existe en galego
    “colectivo oprimido, en lugar” (non é necesario o punto e coma)
    – 5º parágrafo
    “Novia” non existe en galego
    – 6º parágrafo
    “é unha iniciativa” (falta o indefinido)
    – 7º parágrafo
    “do noso círculo, prodúcese” (pronome enclítico)
    “sen nin sequera pretendelo” (redacción correcta da locución adv.)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s