Que pensan os medios alternativos dos medios de masas?

RIANDE GARCÍA; VÁZQUEZ MARTÍNEZ

Os medios de comunicación de masas actualmente están controlados polos poderes económicos en España. Este é un dos puntos nos que máis se diferencian dos medios alternativos, ademais do público ao que van dirixidos e das liñas editoriais que seguen, xa que os medios comunitarios están construídos pola propia comunidade e non por un conglomerado de intereses económicos e políticos que máis que informar buscan lucrarse.

Este poder hexemónico, segundo Charo López Sánchez, de Novas da Galiza, é un dos principais problemas para a sociedade comunicativa de hoxe en día. “Existe un poder económico que condiciona a pasividade social da xente”, declara López neste senso. Baixo o seu punto de vista, os medios alternativos aparecen como o medios que non teñen en conta a axenda mediática marcada dende os poderes e por eso son verdadeiramente libres.

Dende os medios comunitarios, polo tanto, búscase activar a mentalidade social ante os medios de comunicación do poder hexemónico, que buscan durmir a opinión pública baixo a falsa premisa da paz social. Así o expresa Charo López, e engade que “o problema dos fascismos é esa pasividade social e hai que evitar ese perigo con pensamento crítico”. Entendemos a través das súas palabras que hoxe en día estamos no risco de que volva o fascismo, unha ideoloxía a todas luces intolerable.

Diego Horschovski, da Revista Lume, engade outra visión a este tema: o uso da linguaxe por parte dos medios de comunicación de masas. Baixo o seu punto de vista, “hai linguaxe utilidada polo poder para amortiguar os efectos dos medios contrahexemónicos, por iso calquera medio alternativo está considerado como marxinal”. Ante isto, engade que o uso da palabra radical neste caso é o mesmo. Con estas palabras, despois de darlle un sentido negativo, os grandes medios tentan desprestixiar aos alternativos e comunitarios.

O caso do Mapa do Medo non se axusta ao caso dos outros dous medios. Foi un fenómeno viral no seu momento e, polo tanto, os grandes medios si lle prestaron a atención que merecía. A propia Jessyca Ocampo comentaba que a súa iniciativa apareceu nas principais cabeceiras por interese da propia da prensa, é dicir, era algo que vendía. Isto serviu para axudar a dar a coñecer o Mapa do Medo, así que tanto á creadora, coma ós medios tradicionais lles interesaba publicar e conseguir toda a difusión posible do proxecto.

Ante a situación presentada anteriormente, que poden facer os medios alternativos? Charo López Sánchez opina que os medios alternativos, neste punto, deben aferrarse máis que nunca ás súas comunidades. Ademais, como un medio non vive sin ampliar lectores, López afirma que é importante buscar novos lectores, pois “unha das claves é buscar públicos críticos e activos”. Deste xeito, ao espertar a súa conciencia, os medios alternativos os inclúen dentro da súa comunidade.

Os medios alternativos responden maioritariamente a criterios contrahexemónicos, confrontados ao sistema de medios dominantes” polas súas características propias. O comunitarismo, e quizais sexa isto o que máis o diferencia dos medios de comunicación de masas, fundamenta que a comunicación é un ben común social e, xa que logo, tamén comunitario e liberador, ao mesmo tempo que defensa do que se considera propio”.

O poder está en contra destes medios de comunicación alternativos, e non o demostra sinxelamente a través dos grandes medios hexemónicos. Non é a primeira vez que o poder pecha radios comunitarias. Os exemplos van máis aló de Cuac FM, a radio comunitaria coruñesa, pois tamén noutros países pasa. Por exemplo, en Arxentina, medios alternativos denuncian o peche da radio comunitaria.

Bibliografía

Palacio, L. (2014, 16 de octubre). Grupos de comunicación en España: una propiedad tan concentrada como el negocio. Cuadernos de periodistas. Recuperado de http://www.cuadernosdeperiodistas.com/grupos-de-comunicacion-en-espana-una-propiedad-tan-concentrada-como-el-negocio/

Observatorio Cidadán de Comunicación. Comunicación Comunitaria-Medios comunitarios. Recuperado de  https://observatoriodecomunicacion.files.wordpress.com/2017/02/comunicacic3b3n-comunitaria-3-medios-comunitarios.doc

Observatorio Cidadán de Comunicación. Comunicación Comunitaria. Recuperado de https://observatoriodecomunicacion.files.wordpress.com/2017/02/comunicacic3b3n-comunitaria-1.doc

Redacción En Orsai. (2017, 26 de abril). El macrismo continúa con el cierre de radios comunitarias. En Orsai. Recuperado de http://www.enorsai.com.ar/politica/21740-el-macrismo-continua-con-el-cierre-de-radios-comunitarias.html

Sánchez, O. (2018, 21 de febrero). «Mapa do medo»: las jóvenes gallegas revelan dónde fueron acosadas. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/20/mapa-do-medo-retrato-acoso-galicia/00031519122832445827710.htm

9 comentarios en “Que pensan os medios alternativos dos medios de masas?

  1. Penso que éste é un tema que afecta transversalmente a moitos outros temas que tratamos no Observatorio, como é o noso caso do mal trato dos medios ao colectivo LGTB. Deixovos por aquí un dos nosos post onde analizamos o uso sensacionalista que os medios de masas fan sobre o colectivo: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/16/o-uso-sensacionalista-do-colectivo-lgtb-nos-medios/

    Tal e como di Diego Horschovski na vosa entrevista, os medios de masas empregan unha linguaxe incorrecta e manipuladora coa que consegue orientar a opinión pública hacia posición favorables para eles mesmos e reducindo o impacto que os medios alternativos poden ter na sociedade. Éstes poden chear a ser unha verdadeira ameza xa que xorden da “necesidade das novas reclamacións políticas e sociais de oponerse ás estructuras e formas hexemónicas e crear unha nova realidade social e cultural”. Así o relata un estudo da UNESCO sobre medios alternativos nun capítulo denominado “Los medios alternativos de comunicación en un contexto social y teórico alternativos”. Aquí o enlace ao artículo: http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001348/134843so.pdf

    Paréceme moi interesante tamén a aportación do enlace que incluídes sobre a propiedade dos grupos de comunicación en España. Realmente non nos damos de conta pero a situación dos medios de comunicación de masas é un auténtico negocio que se move por intereses económicos entre os que a responsabilidade social de informar queda relegada a un segundo plano. Quenes máis sofren a consecuencia disto son, como dicía ao principio, os colectivos máis invisibilizados e atacados pola sociedade dos que non se informa dunha forma rigurosa e responsable a fin de que a súa situación pase a estar normalizada socialmente.

    É por iso que os medios comunitarios adquiren unha inmensa importancia neste sentido pois, como dí na vosa entrevista Charo López, “non teñen en conta a axenda mediática marcada dende os poderes e son verdadeiramente libres”. Pero, non creedes que haberá algún momento no que éstes medios se vean ameazados pola economía imperante e teñan que introducir formas propias dos medios de masas? Vos deixo un artículo no que se reflexiona sobre esa sostenibilidade dos medios comunitarios: http://www.scielo.org.bo/scielo.php?pid=S1815-02762005000100002&script=sci_arttext&tlng=es

    Gústame

      1. O artigo que adxuntas no teu comentario é realmente interesante, e encaixa perfectamente no marco do tema que estamos a tratar no post. Se ben é certo que a sustentabilidade económica é determinante á hora da creación e mantemento dos medios comunitarios e alternativos, moitas veces ignórase que este non é o único factor clave á hora de levar adiante un medio. A sustentabilidade social e institucional son de gran importancia, e poucas veces se tratan á hora de debater os problemas principais deste tipo de medios. Estes tres compoñentes deben ser tidos en conta para non só a supervivencia do medio senón, como menciona o artigo de Alfonso Gumucio Dagron, “para lograr o desenvolvemento dos procesos de comunicación participativa”.
        En canto á sustentabilidade social, refírese á necesidade de que un medio comunitario dé voz aos actores sociais aos que debe representar. Esa vinculación é clave para determinar o éxito ou o fracaso dun proxecto comunicativo, xa que no momento no que as voces da comunidade deixan de expresarse mediante o medio comunitario, o alonxamento ideolóxico provoca a interrupción do seu obxectivo principal. Deste tema fala tamén Luisa Fernanda Gómez Galeano no artigo “Medios Alternativos: una mirada al cambio social”.
        De modo semellante, os medios comunitarios non poden levarse a cabo dun xeito eficiente e efectivo sen unha sustentabilidade institucional que sirva de marco para facilitar todos os seus procesos, tema tamén tratado polo estudo da UNESCO adxuntado no teu comentario. Este marco non só fai referencia as regulacións e o contexto legal de Estado, senón coa democracia interna e a transparencia, impedindo que segan tendo lugar as vinculacións entre os propietarios de medios masivos e os gobernos. De este tema se fala na revista científica de estudos sobre cultura e medios Comunicación 21. A pesar de todo isto, é certo que hai medios que incluso con presións externas conseguen saír adiante, polo que hai outros aspectos que inciden nesta sustentabilidade como a organización do medio, os seus mecanismos, a audiencia á que se dirixe…
        Fernanda Gómez Galeano, Luisa. Medios alternativos: una mirada al cambio social. En Sextante Digital. Dispoñible en http://www.funlam.edu.co/sextante/?p=909

        Gumucio Dagron, Alfonso. Arte de equilibristas: la sostenibilidad de los medios de comunicación comunitarios. En Scielo. Dispoñible en https://goo.gl/tdDN5X

        URJC, Información alternativa, medios alternativos. En Comunicación 21. Dispoñible en http://www.comunicacion21.com/informacion-alternativa-medios-alternativos/

        Gústame

        1. En relación co factor de sustentabilidade social que mencionades, considero que a aportación do Luis Gutiérrez Cano no artigo que adxuntades de Luisa Fernanda Gómez Galeano, resume moi ben o que os medios alternativos significan para a comunidade e viceversa. Nel, o Magister di textualmente que “os medios alternativos desenvolven un xornalismo que xenera axenda, non a axenda proposta pola Alcaldía nin pola Gobernación, senón pola comunidade”. É por este motivo que podemos denominalos tamén medios comunitarios, porque están feitos pola comunidade para a comunidade, sen que interveñan factores externos na xeración das dináminas informativas. Adxunto un artigo de eldiario.es no que se reflexiona sobre o concepto de medios comunitarios: https://www.eldiario.es/andalucia/Medios-comunicacion-comunitarios-sirven_0_322667970.html

          Tal e como dicides, sen a sustentabilidade social, os medios alternativos estarían abandonando o seu principal cometido que é ser a voz da colectividade social e suponer unha alternativa fronte aos medios de comunicación de masas. Considero, ademais, que cada vez están tomando máis importancia entre a sociedade, consciente ésta do corrompidos que poden estar os medios masivos, e que están pasando de ser eminentemente locais a introducirse pouco a pouco no mundo global. Algo propiciado, por suposto, por internet. Neste enlace, se fai unha reflexión sobre a relación entre medios alternativos e as potencialidades dos soportes tecnolóxicos moi interesante: “Medios alternativos e internet: las potencialidades de la red”: http://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1870-00632009000200011
          E engado de novo o enlace ao informe da UNESCO pois tamén di cousas moi relevantes sobre este tema: “Los medios alternativos de comunicación en un contexto social y teórico contemporáneo” http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001348/134843so.pdf

          Neste último enlace, o autor Peter Lewis fala sobre os medios alternativos no mundo contemporáneo que creo que é moi interesante. Éste sinala que os novos movimentos sociais como o feminista, o pacifista, as minorías étnicas, os activistas LGTB, etc son de orixe extraparlamentario polo que os medios de masas os ignoran ou ben lles dan un tratamento erróneo. Épor esta razón que estes colectivos deciden tomar posesión dos medios confiriéndose a eles mesmos un maior control ainda que se limite o seu alcance de difusión.

          En canto á sustentibilidade institucional que comentades, non comprendo ben como as institucións poden servir de marco para facilitar os procesos dos medios alternativos sen estar ligadas monetariamente a elas e, en consecuencia, controlar dalgunha forma a súa línea editorial e os seus contidos.

          Gústame

          1. É precisamente o que di Luis Gutierrez sobre os medios alternativos o que estamos a tratar. Este tipo de información, independente ao discurso oficial é a que se pretende. Nela mostranse as diferentes visións da sociedade, que neste caso non ten un fácil acceso aos medios nin son capces de proxectar publicamente os seus problemas. Isto mismo explicase no noso post “como é a situación dos medios alternativos en Europa?”: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/04/19/como-e-a-situacion-dos-medios-alternativos-en-europa/
            Tamén é certo que estes medios, dende a chegada de internet, teñen unha difusion maior, máis o problema que sufren segue a ser significante. Os medios hexemónicos son quenes reproducen o discurso oficial e polo tanto quenes reciben as axudas económicas do estado. Un exemplo disto foi a eliminación de subencións por parte do goberno aos medios separatistas explicados neste enlace: https://www.google.es/amp/s/gaceta.es/espana/el-gobierno-subvencionara-medios-separatistas-20180112-1929/amp/Polo tanto a supervivencia dos medios alternativos e moito máis complicada, debido á carencia destes apoios.

            Gústame

            1. Paréceme moi interesante o que dicides no voso post sobre a situación dos medios comunitarios en Europa, sobre todo para ver as diferenzas de España con respecto a outros países e para percatarnos realmente do poder que teñen os diferentes Estados sobre os medios públicos chegando a controlar o 80% da propiedade dos medios, como ben dicides.
              Porén, as axudas económicas por parte do Estado seguen sendo imprescindibles para que os medios alternativos poidan saír adiante e competir contra os medios xeneralistas. Os gobernos aproveitanse, nalgúns casos, desta situación para orientar aos medios hacia a ideoloxía ou dinámica que a eles lles interesa a cambio de subvencións. Un exemplo disto pode ser esta noticia: https://www.20minutos.es/noticia/3250439/0/gobierno-vasco-otorgara-4-875-000-euros-ayudas-medios-comunicacion-publicados-integramente-euskera-2018/

              En consonacia co enlace que aportas sobre a retirada de subvencións a medios separatistas por parte do goberno español, deixo aquí o enlace a outra noticia que trata sobre a exclusión de licencias audiovisuais aos medios alternativos, algo que se contempla na Lei Xeral de Comunicación Audiovisual de 2010: https://www.eldiario.es/sociedad/medios_comunitarios-licencias-ONU_0_749275971.html

              En ambos se deixa ver, claramente, o poder que o goberno ten sobre os medios e como pode chegar a censuralos ou manipulalos en función dos seus intereses.
              Porén, creo que, como ti sinalas, coa chegada de internet, os medios alternativos o teñen moito máis fácil á hora de penetrar no mundo global, aínda que os medios hexemónicos sigan sendo, de momento, aqueles que informan seguindo os intereses dos poderes políticos e económicos.

              Gústame

  2. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “poder económico que” (gralla de acentuación)
    – 3º parágrafo
    “de que volva o fascismo” (concordancia do verbo co suxeito en singular)
    – 4º parágrafo
    “hai linguaxe utilizada” (gralla de redacción; concordancia do substantivo feminino co adxectivo)
    “Calqueira” non existen en galego
    – 6º parágrafo
    “como un medio non” (gralla de redacción)
    “é importante buscar novos” (gralla de redacción)
    “buscar públicos críticos” (grallas de acentuación)
    – 8º parágrafo
    “noutros países pasa” (gralla de acentuación)

    Gústame

Deixa unha resposta a erikamartinez Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s