O transporte urbano segue sendo precario en Compostela

Álvarez García

Na nosa primeira reunión de círculos tivemos a oportunidade de debater sobre o funcionamento do transporte público de Santiago de Compostela, non só en canto á eficacia do servizo de autobús no centro e arredores da cidade e o nivel de satisfacción das persoas usuarias, senón tamén en canto as propias experiencias vividas polos membros do círculo respecto a este tipo de transporte. Seguir lendo “O transporte urbano segue sendo precario en Compostela”

O proceso de investigación do acoso laboral dende a Administración

GONZÁLEZ SIMÓ O pasado luns, 19 de marzo, o presidente da Comisión de Análise de Conflitos, Luis Miguez, explicounos pormenorizadamente o proceso de investigación que se leva a cabo para xulgar a existencia dunha posible situación de acoso laboral. A medida inicial ten a súa base na posta en marcha do Protocolo de actuación contra el acoso laboral y la violencia psicológica en el trabajo, … Seguir lendo O proceso de investigación do acoso laboral dende a Administración

A FIFA asegurou que non haberá problemas para mostrar símbolos LGTB no Mundial de Rusia

GARCÍA BALSEIRO Tanto o Comité Organizador do Mundial de Rusia 2018 como a FIFA afirmaron que se poderá mostrar libremente a bandeira do arcoiris nas celebracións e nos estadios, aínda que engadiron que se son exhibidas con algún tipo de mensaxe terán que examinar cada caso. A FIFA anunciou que se aplicarán sancións ás federacións nacionais cuxos fanáticos entoen cánticos ou gritos homófobos. A pesar … Seguir lendo A FIFA asegurou que non haberá problemas para mostrar símbolos LGTB no Mundial de Rusia

Sergio (@posimental): “Nos medios nótase cando se intenta visibilizar para ben ou para mal”

Hueso Gutiérrez e López Carballo É imposible non recoñecer o papel que xogan as redes sociais no exercicio das relacións entre as persoas, e sobre todo entre as xeracións máis novas. A información que proporciona Internet á xuventude fai que sexa unha ferramenta clave na súa educación. O colectivo LGTB atopa tamén a súa representación no mundo web. Sergio, máis coñecido como @posimental nas súas … Seguir lendo Sergio (@posimental): “Nos medios nótase cando se intenta visibilizar para ben ou para mal”