A linguaxe dos cans

Rodríguez Costas, Pérez Permuy

Neste post analizamos unha entrevista realizada a Vanessa Moreira, xerente e coidadora da residencia canina O Meu Carón; a Carlos Vázquez,  educador e encargado do transporte e a Gloria Pedrouzo, dona dunha cadela adoptada e clienta dos anteriores.

Na reunión cos nosos círculos xa incidimos en que existe unha ignorancia bastante xeneralizada sobre os coidados que realmente necesitan os cans. Os nosos expertos indícannos que estes non dependen unicamente da raza, senón tamén do tamaño e do tipo de pelo, entre outros, como o posto que ocupan na clasificación canina segundo a neotenia,  é dicir, segundo as características que perviven no can adulto pero que son típicas dos cachorros. Esta clasificación estandariza as diferentes razas dende as máis próximas aos cachorros ás máis semellantes aos lobos, de maior intelixencia e máis difíciles de educar.

A pesar das diferenzas xa nomeadas, as nosas fontes indícannos que todos os cans se comportan por instinto, con independencia da raza. Os donos esquecen que a base do comportamento das súas mascotas é este, polo que os humanizan e os hiper miman, e isto produce problemas psicolóxicos aos animais. Carlos, educador, indica que case o 90% dos cans sofren maltrato psicolóxico. Das súas consecuencias destacamos a ansiedade por separación: prodúcese cando o can pensa que ten que controlar a situación, cando pensa que el é o amo. Cando o dono marcha de casa sen el, actúa de maneira agresiva, rompendo obxectos. Na rúa maniféstase a ansiedade cando o can ten a necesidade de defender ao humano doutras persoas e animais, polo que é importante que o dono sexa o líder da manada, evitando que a mascota desenvolva ese rol. Este maltrato é moi nocivo para o animal e é moito máis frecuente que o físico, sen embargo non está mediatizado. A prensa non difunde os problemas que arraiga a humanización das mascotas.

Para evitar o maltrato psicolóxico e a confusión do animal é indispensable coñecer como fala o can. A linguaxe animal baséase en movementos de cola, de pescozo, de fociño, etc. Carlos infórmanos de que os cans non emiten sons se están tranquilos. Se nós falamos con eles, ao emitir sons, perciben nerviosismo ou medo, e actúan en consecuencia. “Relacionámonos moito máis rápido con eles sen emitir sons que dando ordes”, afirma o educador, que tamén asegura que  “se deixas que o can sexa can e te compraza vai facer moitas máis cousas que dándolle instrucións”. Para coñecer a linguaxe canina recomendamos a lectura de “El lenguaje de los perros. Señales de calma”, libro escrito por Turid Rugaas.

Ademais do indicado, se adoptas tes unhas complicacións engadidas que deberían terse en conta. Gloria, dona dunha cadela de labrador adoptada, asegura que á hora de adoptar tes que ser consciente de que o can viviu unha situación de estrés, e que ese animal vai a requirir moito esforzo, gasto e paciencia. “Volver a equilibrar ao can é complicado”, asentiu. A pesar das obrigas e coidados que requiren, os nosos entrevistados aseguran que é moi beneficioso ter un can. “Ter mascota mellórache a vida. Actívate e acompáñate. Ensínache a estar tranquilo e equilibrado. Dache todo e non che pide nada”, asegurou Gloria.

Durante a entrevista, tamén dimos certas pinceladas sobre o diferente trato na cidade e no rural. Carlos asegura que as diferenzas son moitas: “por un lado temos cans hiper mimados, e por outro, cans encadeados nunha finca”. Ambos extremos do tratamento e coidados son perxudiciais para os animais. No rural aínda existe unha concepción dos animais como instrumentos de traballo, como argumentan os defensores da caza e dos cans de protección na seguinte ligazón: https://cazawonke.com/opiniones/54288-la-ley-bienestar-animal-mazazo-definitivo-rural-gallego, mentres que nas cidades son membros da familia. Ademais, nas áreas non metropolitanas é común o encadeamento de cans e o perfil de maltratador identifícase con persoas pertencentes ao rural.

Por outra banda, coincidindo cos membros do círculo, os expertos sinalan que se deberían esixir uns requisitos mínimos para ter un can, ou polo menos ter certa información e coñecementos básicos que a maioría dos donos non teñen. Tamén destacan que aos cans non soamente hai que darlles cariño: é importante corrixir cando fan algo mal, se non o can confúndese. “Os voluntarios teñen moita vontade, pero solo iso. O 90% non teñen nin idea de tratar a un can”, asegura o educador de O Meu Carón. E certo é que as protectoras non esixen ningún requisito para pasear e coidar aos seus cans.

En último lugar, falamos de que na actualidade, coas correntes animalistas, palabras como dominio son tabú. “Non podes dicir dominio porque a xente non sabe o seu verdadeiro significado, que é control”, asegurou Carlos.

A continuación, o vídeo da entrevista:

8 comentarios en “A linguaxe dos cans

  1. Sorpréndenme moito os datos sobre a cantidade de cans maltratados psicoloxicamente, xa que é unha realidade sobre a que non se fala, e penso que mesmo os donos de animais de compañía descoñecen.
    Paréceme moi interesante tentar comprender porque os humanos tratamos así aos animais de compañía, chegando hasta extremos insospeitados como mercarlle un traxe para a túa boda ao teu can, ou levalos a un spa (https://elpais.com/elpais/2016/12/04/eps/1480806319_148080.html). Pero sobre todo chámame a atención tamén que isto sucede en culturas de distintos lugares do mundo, sen un exemplo moi claro Xapón, onde tratar ás mascotas desta maneira está completamente normalizado. (https://www.20minutos.es/noticia/1568447/0/mascotas/japonesas/excentricas/)
    Na miña opinión, isto débese á idea equivocada que temos dos animais, non como seres independientes, senón como obxectos que podemos utilizar ao noso antoxo (xa sexa para comer, vestir, ou utilizalos como xoguetes). Gustaríame saber que opinades vós.

    Liked by 1 person

    1. Efectivamente, como ti mesma indicas o maltrato psicolóxico dáse principalmente polo descoñecemento dos donos das mascotas, que por sobre protexelas, humanizalas e mimalas en exceso provocan danos mentais nos animais sen intención de causalo.

      A noticia que aportas no teu comentario ten un titular curioso, “Meu can manda máis que eu”. Como nos indicamos no post é moi importante para o equilibrio das mascotas que nos mandemos sobre elas, que sexamos os “reis da manada”. Se o can exerce o rol de líder non obedecerá e o seu comportamento non vai a ser o correcto, ademais desempeñará funcións que non lle corresponden, o que claramente é perxudicial para a súa saúde mental.

      Da noticia referente ao trato dos cans en Xapón gustaríame destacar que indica que a adquisición de cans pequenos para as vivendas “diminutas” é xa unha moda. Un tremendo erro, xa que os cans de maior tamaño son en xeral máis tranquilos e non necesitan tanta actividade física. Os cans de razas máis pequenas necesitan descargar a súa enerxía e estar en espazos pequenos pode perxudicarlles.

      Por outra banda como ti indicas a maioría das persoas consideran as súas mascotas un obxecto, un boneco, e de aí que aínda se regalen animais por Nadal ou como premios.
      https://www.elespectador.com/noticias/actualidad/las-mascotas-no-son-un-buen-regalo-de-navidad-articulo-728625

      Tamén hai que dicir que se está avanzado na protección das mascotas e desde as institución xa non son tratadas como un moble máis da casa, por exemplo nos casos de separación. Ademais, o pasado mes entrou en vigor o convenio europeo que prohibe regalar mascotas como incentivos ou premios.
      https://elpais.com/elpais/2018/02/01/animalesycia/1517486209_345769.html

      Gústame

      1. Aínda que, como ben indicas, xa non se podan regalar animais como premios en España e, desde decembro do ano pasado, o Congreso aceptara considerar aos animais seres vivos, e non cousas, a nivel xurídico, aínda é moi frecuente o maltrato animal. Con esta modificación do Código Civil, os animais deixaron de ser considerados bens mobles, evitando que podan ser, por exemplo, embargados. Esta reforma otorga maior protección aos animais, e se permite un réxime de custodia nos casos de crises matrimoniais. (https://politica.elpais.com/politica/2017/12/12/actualidad/1513066545_704063.html?rel=mas)

        Pero este cambio da lexislación española, malia que importante, segue sen ser suficiente. Por exemplo, a pesar de que moitas cidades españolas xa prohibiron os circos con animais, non é unha prohibición a nivel estatal. Como podemos comprobar nestes datos de InfoCircos (http://www.infocircos.org/lista-de-ciudades-libres-de-circos-con-animales-en-espana/), en Galicia non se permiten os circos con animais, pero España segue a estar entre os 9 países europeos que aínda non o prohibiron. (http://www.publico.es/sociedad/maltrato-animal-30-animales-circos-son-victimas-accidentes-trafico-ano-ue.html). Este último caso está de plena actualidade co accidente de tráfico que afectou a varios elefantes (http://www.publico.es/sociedad/camion-transportaba-elefantes-circo-vuelca-30-paso-albacete.html).

        En relación co post e co que estamos comentando, ademais dos datos que acabo de mencionar, podemos concluir que España aínda está lonxe de acadar un bo benestar animal, e da protección que os animais verdadeiramente merecen. É necesario un cambio na mentalidade da sociedade que, na miña opinión, semella que levará moito tempo acadar nun país no que en pleno século XXI aínda se considera a tauromaquia como cultura.

        Gústame

        1. Como ti ben indicas, aínda queda moita labor por facer. Sen embargo, a reforma do Código Civil, entre outras medidas, é un paso axigantado na protección dos animais. Pero isto non é suficiente, claro está. Ademais, o principal problema quizais non sexa a falta de lexislación, senon a falta de coñecemento e concienciación.

          Tamén, como ti mesma indicas, en España aínda están perimitidos os circos con animais. De todos os xeitos, o dato dos municipios que prohiben ditas actividades é moi numeroso, e por iso somos positivos e mantemos a esperanza de que pronto todas as localidades prohiban estes espectáculos. http://www.publico.es/sociedad/maltrato-animal-rechazo-social-crecer.html

          O accidente do camión en Albacete que ti indicas creou moita sensibilidade. A morte inxusta do mamífero serviu para reabrir o debate e para a activar a mobilización social. Ademais, a recollida de firmas para salvar aos elefantes do Circo Gottani aínda está a ter un éxito relativo, e nós, como grupo que busca a visibilidade deste tema, pedimos que se difundan este tipo de campañas. https://firmas.pacma.es/salvemos-a-los-elefantes-del-circo-gottani/

          Por último, falas da tauromaquia. Certo é que moitos colectivos a defenden como parte da cultura española, pero non podemos esquecer que os seus detractores aumentan e o número de festexos taurinos está en descenso, ademais son moitas as prazas de touros que se rehabilitan como espazos de ocio. Tamén cabe dicir que o debate traspasou fronteiras e o Parlamento Europeo plantéase prohibir estas prácticas.
          http://www.lavanguardia.com/natural/20160608/402364094135/toros-tradicion-maltrato.html
          https://www.eldiario.es/caballodenietzsche/Galicia-taurina_6_549855013.html

          Gústame

          1. Gustaríame empezar destacando que, como ti recordas, a tauromaquia está perdendo moitos apoios, e desaparecendo pouco a pouco, por sorte. De feito, hai dous días o poder xudicial apoiou a decisión de En Marea de subvencionar mediante dinero público as corridas de toros en A Coruña, polo que a feria taurina foi finalmente suspendida. (http://www.publico.es/sociedad/feria-taurina-concello-coruna.html)
            Polo menos, consuela saber que fóra de España custa entender como pode tratarse un maltrato animal tan claro coma se fose un espectáculo, e no terceiro vídeo que se adxunta neste artigo de El País, podemos ver a turistas estranxeiros mesmo chorando ao saír dunha corrida. (https://elpais.com/elpais/2013/05/17/viajero_astuto/1368781780_136878.html). Non obstante, no mesmo artigo engádense uns argumentos defendéndoo como arte, alegando que algunhas obras de artistas da talla de Picasso trataban o tema da tauromaquia. Pola miña parte, inclínome por razoamentos como o da UNESCO sobre o tema: “A tauromaquia (…) traumatiza aos nenos e aos adultos sensibles. Agrava o estado dos neurópatas atraídos por estes espectáculos. Desnaturaliza a relación entre o home e o animal. En iso, constitúe un desafío maior á moral, a educación, a ciencia e a cultura”.
            Non só o rexeitamento aos circos con animais como ben apuntas está a crecer, senón que xa desde hai varios anos o porcentaxe de españois que se opoñen á tauromaquia está a crecer cada vez máis, así que esperemos que nun tempo, non moi lonxe, esta estea prohibida por completo.
            ( http://www.lavanguardia.com/vida/20160122/301601192081/espanoles-contra-toros.html )

            Gústame

  2. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “senón tamén do” (gralla de acentuación)
    – 3º parágrafo
    “que todos os cans se comportan” (pronome proclítico)
    – 5º parágrafo
    “ter mascota mellórache a vida” (uso do pronome de CI)
    “actívate e acompáñate” (uso do pronome de CD)

    Gústame

  3. O primeiro que chama a miña atención é a frase de que o comportamento depende do instinto, con independencia da raza. Popularmente créese que, por exemplo, o ‘pitbull’ é unha raza perigosa, pero esa frase axuda a reforzar o que outra xente afirma. https://www.expertoanimal.com/es-el-pit-bull-un-perro-peligroso-20288.html

    Relacionado con este tema, atópase a desgracia dos abandonos, que persiste como gran problema en España. Xurde aquí unha pregunta que é, están as persoas capacitadas por natureza para coidar outros animais. A miña opinión é que non. Os datos amosan iso: aproximadamente o 90% non teñen idea de como facelo, e anualmente máis de cen mil cans e gatos son abandonados. http://www.lavanguardia.com/natural/20170705/423905431262/estudio-abandono-perros-gatos-fundacion-affinity.html

    A pesar de todo o dito, cabe ter en conta a afirmación feita no post: ter mascota mellora a vida. En efecto, por natureza non estamos capacitados, pero co traballo e aprendizaxe necesarios convértese nunha gran axuda e compañía; os datos axudan a reafirmar esta cuestión, pois é innegable o benestar que proporciona a compañía animal. http://www.veterinario-vetersalud.com/veterinarios/cuidados-mascotas/otros/beneficios-para-los-ninos-de-tener-perro.html

    Gústame

    1. A base do comportamento de todos os animais é o instinto pero isto non implica que haxa razas máis perigosas que outras. De feito para adquirir un can dunha raza considerada potencialmente perigosa necesítase unha licencia especial.
      https://www.expertoanimal.com/perros-potencialmente-peligrosos-en-espana-legislacion-vigente-2018-20057.html
      Por outra banda, nós consideramos que as persoas si temos capacidade para coidar animais. As cifras de abandono non se deben á incapacidade, se non á desinformación e a falta de requisitos exixidos para adoptar ou mercar un animal. Ademais, como ti mesmo indicas ter unha mascota mellora a vida das persoas, nós axudamos en moitos casos aos animais e eles axúdannos a nós.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s