Solidariedade ou negocio?

Rodríguez Valderrey

Os Centros Especiais de Emprego están en auxe dende fai uns anos. Neles, un mínimo do 75% dos contratados son persoas con algún tipo de discapacidade. Hoxe en día e debido aos  grandes incentivos económicos, custa diferenciar se realmente estamos a falar de interese social ou, pola contra, dun beneficio económico.

Contratos de persoas con discapacidade en CEE e en empresas ordinarias. 2005-2016

post.png
Fonte: ODISMETFundación ONCE sobre os contratos de persoas con discapacidade en CEE entre 2005 e 2016

Na noticia publicada por El Mundo, “Cuando la discapacidad se convierte en un negocio”en septembro de 2016, coméntase que: “De los más de 182 millones de euros otorgados por el gobierno en ayudas concedidas a la integración laboral de personas con discapacidad en 2014, más del 90% fue a parar a las arcas de los CEE, según datos del Observatorio sobre la Discapacidad y Mercado de Trabajo en España (ODISMET)”.

Ao falar dos salarios neste tipo de empresas destácase que, a pesar das subvencións, os CEE caracterízanse na súa maioría por manter condicións precarias. Segundo un estudo realizado por Vanesa Rodríguez e Begoña Cueto, docentes da Universidade de Oviedo, a remuneración das persoas discapacitadas é menor nunha CEE que nas empresas ordinarias.

Esta diferenza débese, en parte, á existencia do Convenio Colectivo de Centros Especiais de Empleo que regula a nivel estatal as claúsulas laborais das persoas con discapacidade. Os traballadores cobrarían máis se este sistema estivese rexido polos convenios xestorais das actividades que realizan.

A estas condicións precarias hai que sumarlle a orixe empresarial dos novos Centros Especiais que resultaron ser un negocio rentable. Proba disto é a creación de empresas deste tipo cuxa única finalidade é a de conseguir beneficio a través das subvencións. De feito, dende o Centro Español de Documentación sobre Discapacidad (CEDD), afírmase que a forma máis común de alcanzar a cota do 2% nos grupos empresariais é creando un propio CEE.

Loli Portela, representante da asociación FADEMGA Plena Inclusión, explica que actualmente as CEE son a principal fonte de traballo para as persoas con discapacidade, superando así ás empresas ordinarias. Ademais, para poder acceder a un posto de traballo nun Centro Especial, é necesario un mínimo dun 35% de discapacidade.

Dende FADEMGA critícase tamén a opinión pública xa que, por falta de interese, non se fala da situación precaria que viven as persoas con discapacidade. “Ao non ser un tema que lles toca de fronte, non dá tempo a que lles afecte dalgún xeito”, explica Portela.

Tamén se comenta a falta de claridade ao determinar o grado de discapacidade das persoas que acoden ás CEE. Loli Portela, ao mesmo tempo, non considera que estas empresas teñan un obxectivo máis alá da solidariedade. A representante de FADEMGA explica a existencia da asociación Juan XXIII, en Pontevedra, que se encarga de axudar ás persoas con determinadas dificultades a atopar postos de traballo no ámbito da xardinería. Por último, recorda que a Asociación traballa man a man con algúns Centros Especiais.

 

6 comentarios en “Solidariedade ou negocio?

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “dun beneficio económico” (gralla de redacción)
    – 2º parágrafo
    Ao principio da oración repítese a palabra “publicada” dúas veces
    – 7º parágrafo
    “non dá tempo” (gralla de acentuación, acento diacrítico)

    Gústame

  2. Poñéndonos na pel dunha persoa con algún grado de discapacidade, ten que ser moi difícil vivir nun clima no que xogan co teu posto de traballo como un interese económico para as empresas contratantes. E xa non só iso. En Internet hai diversos portais de búsqueda de traballo expresamente para persoas discapacitadas, con nomes tan desafortunados como http://www.disjob.com/home.php

    Na actualidade non debería haber estigmas sobre as discapacidades (tanto físicas como cognitivas) e as barreiras coas que se teñen que atopar para acceder a algo tan básico como un posto de traballo, deberían comezar a disiparse, sen intereses económicos que motiven a inclusión das persoas no mundo laboral.

    Gústame

    1. Rodríguez Valderrey

      Estou totalmente de acordo coa idea de que non deberían de existir os estigmas socias pero, pola contra, estes prexuízos conforman a sociedade actual e polo tanto debemos tratar de cambialos pouco a pouco xogando coa concienciación da poboación. É por isto que cómpre sinalar que o 60% das persoas con algunha discapacidade están empregados por un centro especial. De feito, actualmente, estes CEE son a principal fonte de emprego. Soe criticarse o feito de que as empresa traten de beneficiarse das persoas con dificultades, no obstante, son estes centros os encargados de contratar persoal de apoio ao que pagan para que traten de axudar ao resto de individuos. Trátase así de integrar a todo tipo de persoas no ámbito laboral e non se debe de interpretar como unha forma de excluír senón todo o contrario, unha maneira de inclusión. Destaca neste ámbito a seguinte información publicada en setembro do pasado ano no que se trata o tema de que a Xunta de Galicia decide destinar unha elevada cantidade de diñeiro a centros especiais de emprego así como a traballadores con discapacidade. Lógranse crear deste xeito 90 postos de traballo indefinidos. http://cegasal.com/la-xunta-de-galicia-acuerda-destinar-a-los-centros-especiales-de-empleo-13-millones-de-euros-que-beneficiaran-a-2-500-trabajadores-con-discapacidad-y-permitiran-la-creacion-de-90-puestos-indefinidos/
      O mesmo ocorre con esta noticia publicada a finais do 2016 onde se mencionan as 400 persoas con discapacidade empregadas grazas aos CEE. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2016/10/03/ochocentros-especiales-emplean-400-personas-discapacidad/0003_201610S3C4995.htm

      Gústame

      1. Comprendo a iniciativa e comprendo que é moi beneficiosa para a inclusión laboral da xente con algún grao de discapacidade, pero aínda así máis do 70% das persoas discapacitadas están en paro en España: http://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1254736055502&menu=ultiDatos&idp=1254735976595

        Loxicamente, os CEE serven como medida de inclusión, pero é unha mágoa que estas persoas teñan que acudir a centros especializados para acceder a algo tan básico como o mundo laboral. É obvio que o grado e tipo de discapacidade pode condicionar para algúns labores, pero noutras ocasións son os estigmas sociais os que máis condicionan.

        Gústame

        1. É verdade que continúan existindo certos estigmas sociais, pero a verdade é que por lei tanto empresas públicas como privadas vénse na obriga de empregar a persoas con discapacidade (https://www.sepe.es/contenidos/empresas/contratos_trabajo/contratacion_personas_discapacidad/contratacion_personas_con_discapacidad.html).

          Doutra banda, paréceme interesante destacar a existencia de portais en internet especializados en ofertas de traballo especiais para persoas discapacitadas, como é o caso de disJob (http://www.disjob.com/home.php).

          O que intento mostrar é que non necesariamente teñen que acudir ás CEE para poder atopar traballo, aínda que volvo a destacar a labor destes centros como principais fontes de emprego.

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s