O tratamento intermitente do turismo nos medios de comunicación

López Cillero, López Rey

Con motivo da Semana Santa, os medios de comunicación énchense de información sobre as previsións de ocupación en aloxamentos nas principais cidades españolas. Ademais disto, tras os días festivos, as novas sobre a polémica da regulación de vivendas turísticas en Santiago de Compostela, que xa ocuparon a portada de xornais meses atrás, volven a ser novidade. Por esta razón, imos analizar o tratamento destas temáticas na prensa.

portada

A Semana Santa

As previsións de ocupación durante a Semana Santa feitas por xornais de tirada nacional como ABC  ou La Vanguardia recalcaron que as cifras que se alcanzarían serían menores que outros anos, porén, seguirían sendo altas. Estes medios recolleron a información da Secretaría de Estado de Turismo, que estimaba que a taxa de ocupación na capital galega pasaría do 81% no 2017, ao 70%. Pola contra, xornais galegos como La Región deron previsións máis positivas trala consulta doutras fontes. Difundiron datos ofrecidos polo Clúster de Turismo de Galicia que apuntaba que a ocupación hoteleira para a Semana Santa sería superior ao ano anterior. Por outra banda, a presidenta da Asociación Local de Hostelería, Sara Santos, explicaba que as reservas rondaban o 80%.

A problemática das vivendas turísticas

A prensa tamén tratou o tema das vivendas turísticas nos últimos días. Algunhas cabeceiras céntranse en falar da situación deste tipo de vivendas arredor de Galicia, sen embargo, outros destacan a aplicación de alquiler de vivendas de Airbnb e algunhas das súas consecuencias, tanto negativas como positivas.

Ás vivendas turísticas de Santiago de Compostela cústalles acadar a regularización e acusan desta dificultade a Raxoi. Así pois, Dulcinea Aguín -presidenta de Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia-  explica que hai casos que están pendentes de resposta, a pesar de comezar co proceso de regularización cando este foi ordenado – 10 de maio de 2017-. Ademais, hai persoas que se atoparon con demasiadas trabas e non lograron iniciar o proceso e hai outro grupo de veciños que segue esperando polo papel que acredita o Concello por ter todo en orde. Aguín incide moito en que o Concello de Santiago destinou 21.000€ de diñeiro público a un estudo sobre vivendas de uso turístico non reguladas e non se interesa no impacto económico desta actividade na propia cidade.

Na mesma liña, Marcos Pombo -presidente da Asociación de Veciños Casco Histórico- explica que se as vivendas do casco histórico son empregadas como pisos turísticos é polos problemas que pode conlevar vivir nesta zona: hai unha maior despoboación dende hai 30 anos debido a cousas tan básicas como o aparcamento e o acceso á rede, que antes non eran tan necesarias como agora.

Por se fosen poucas as eivas, semella que o Concello defende os intereses do sector hoteleiro, a pesar de que é un sector onde a precariedade laboral é constante, xa que Compostela Aberta estuda aplicar unha moratoria como se lles aplica aos hoteis. Os veciños e donos de vivendas turísticas defenden que non se lles debe aplicar a taxa.

Todo isto parece acentuarse canto máis nos achegamos á zona vella. O Concello pretende prohibir os pisos turísticos na zona e racionalizalos polo resto do espazo. Os donos de pisos turísticos na zona da Catedral defenden que debe haber estes tipo de vivendas porque é un dos lugares maioritariamente elixido polos visitantes e moitos deles prefiren hospedarse en apartamentos completos antes que nun hotel, e que polo tanto, teñen valor turístico. Reclaman que non deben ser apartados da elaboración do Plan Especial e que a revitalización da zona histórica debe ser pensada como unha cidade capaz de aproveitar as sinerxias do turismo.

Como puidemos observar ao longo das noticias analizadas, semella que en períodos vacacionais é cando calquera problemática relacionada co turismo sae a relucir nos medios de comunicación e o resto do ano non fose tratado do mesmo xeito. Recibe un tratamento intermitente, xa que podemos ver como o conflito dos pisos regulados ten máis importancia nestes momentos, xa que se acaba de pasar por un período vacacional  e o volume de turistas é maior. Neste aspecto coinciden membros do noso círculo como o Xerente da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental, José Ángel Blanco e a profesora de Turismo na Universidade de A Coruña, María Elvira Lezcano. Por outra banda, ámbolos dous comentan que o tratamento deste tipo de información sempre é frívola, xa que adoita ser noticia cando se “baten récords ou se alcanzan altas cifras”. No canto da problemática das vivendas alquiladas, José Ángel Blanco cre que a cobertura dos datos está sesgada e ten intereses; pola contra, Elvira Lezcano opina que este tipo de actividades -como o transporte “colaborativo” e os free tours– agora son máis coñecidas porque se difunden a través das redes sociais, pero que sempre estiveron aí.

Bibliografía:

Axencias. (24 de marzo de 2018). El sector hotelero gallego espera una Semana Santa al borde del lleno. La Región. Recuperado de:http://www.laregion.es/articulo/galicia/sector-hostaleiro-galego-espera-semana-santa-preto-do-cheo-despois-dun-inicio-positivo-ano/20180324191002780597.html

Calveiro, P. (17 de marzo de 2018). Dueños de pisos turísticos acusan a Raxoi de dificultar su regularización. La Voz de Galicia. Recuperado de:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/17/duenos-pisos-turisticos-acusan-raxoi-dificultar-regularizacion/0003_201803S17C1992.htm

Couso, S. (28 de marzo de 2018). Airbnb arrasa en Semana Santa. El Correo Gallego. Recuperado de:http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/airbnb-arrasa-semana-santa/idEdicion-2018-03-28/idNoticia-1107239

Couso, S. (30 de marzo de 2018). Compostela es la segunda urbe de Galicia con más viviendas turísticas. El Correo Gallego. Recuperado de:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2018/03/30/tiron-turistico-santiago-llega-pisos-vacacionales-milladoiro/0003_201803S30C4991.htm

E. P. (28 de marzo de 2018). Turismo prevé una caída de la ocupación de seis puntos esta Semana Santa y un desplome en Barcelona. ABC. Recuperado de:http://www.abc.es/economia/abci-turismo-preve-caida-ocupacion-seis-puntos-esta-semana-santa-y-desplome-barcelona-201803281205_noticia.html

Europa Press. (16 de marzo de 2018). Viviendas de uso turístico acusan a Noriega de “persecución” y critican que no se interese por su “impacto”. El Correo Gallego. Recuperado de:http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/viviendas-uso-turistico-acusan-noriega-persecucion-critican-no-interese-impacto/idEdicion-2018-03-16/idNoticia-1105380/

Redacción. (23 de marzo de 2018). Los dueños de pisos turísticos quieren aportar al Plan Especial. La Voz de Galicia. Recuperado de:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/23/dueos-pisos-tursticos-quieren-aportar-plan-especial/0003_201803S23C2991.htm

Redacción. (28 de marzo de 2018). Secretaría Estado Turismo prevé caída de 13 puntos Barcelona Semana Santa. La Vanguardia. Recuperado de:http://www.lavanguardia.com/vida/20180328/442008291889/secretaria-estado-turismo-preve-caida-de-13-puntos-barcelona-en-semana-santa.html

Redacción. (1 de abril de 2018). Un tercio de los concellos tienen algún piso turístico legalizado. La Región. Recuperado de:http://www.laregion.es/articulo/ourense/tercio-concellos-tiene-algun-piso-turistico-legalizado/20180401082908782383.html

11 comentarios en “O tratamento intermitente do turismo nos medios de comunicación

  1. Nos últimos anos o sector turístico en España medrou a unha velocidade vertixinosa, e sobre todo houbo un aumento significativo no aluguer de vivendas turísticas. No ano 2017, este tipo de aloxamento creceu un 37%, mentres que a ocupación hoteleira tivo un crecemento moito máis discreto. Ademais, o gasto medio por turista viuse reducido arredor dun 4% debido a este tipo de réxime de aloxamento. Nesta noticia do xornal El Mundo tendes máis información acerca dos datos que vos achego: http://www.elmundo.es/economia/2017/07/13/59676196ca47410b748b457d.html

    Como comentades ó longo do post, este tipo de aluguer está provocando problemas debidos maioritariamente á situación ilegal na que se encontran moitas das vivendas, pois non están reguladas. Como poderían acelerarse estes trámites? Hai un conflicto de intereses agochado tras esta situación que busca impedir que sigan aparecendo este tipo de aloxamentos?

    Por outro lado, este tipo de aloxamentos conlevan unha serie de problemas que están perturbando a tranquilidade de moitas cidades. Airbnb, que é unha das empresas máis importantes deste sector, acumula numerosas polémicas por eludir responsabilidades cando os pisos que oferta na súa plataforma son ilegais. Por exemplo, en Barcelona a propietaria dun piso tivo que actuar pola súa conta para conseguir que o seu inquilino deixase de subarrendar a súa vivenda a turistas a través desta plataforma: http://www.publico.es/sociedad/airbnb-indefension-ciudad-logica-depredadora-airbnb.html

    As ventaxas deste tipo de aloxamentos son moitas, como por exemplo o aforro que supón para os visitantes ou a comodidade de estar “como na casa” aínda estando de vacacións. Pero aínda así tamén hai numerosas desvantaxes, e vexo moi necesaria a implantación dunha normativa que regule o descontrol que se está a formar para lograr así que os beneficios superen ós inconvenientes, pois o crecemento do turismo implica o crecemento de moitos sectores relacionados, provocando así un beneficio común para a poboación.

    Gústame

    1. Ben Irene, como ben ti explicas, este tipo de vivendas turísticas medrou moito nos últimos anos porque nelas ti podes facer as mesmas cousas que na túa propia casa, como por exemplo facer a comida, e iso se te aloxas nunha habitación dun hotel xa non o podes facer e precisas gastar diñeiro noutro lugar. Pero como podemos ver nesta noticia de La Voz https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2018/03/30/tiron-turistico-santiago-llega-pisos-vacacionales-milladoiro/0003_201803S30C4991.htm, explícase que hai un barómetro que indica que os usuarios de casas turísticas gastan mil euros máis que os outros. Onde se atopa o maior beneficio, comprando e facendo ti, ou consumindo directamente todo feito?

      O caso xa non é centrarnos en se son mellores ou máis cómodas un tipo de estancias que outras, senón que a problemática que existe con estas vivendas que non están reguladas pasa tamén os límites das plataformas de aluguer. Nesta noticia de El Mundo http://www.elmundo.es/economia/2017/03/08/58bf2151e5fdea676b8b4591.html podemos ver como a Axencia Tributaria non só persegue a Airbnb, senón tamén outras como Cabify ou Uber e pídelle aos usuarios que declaren o diñeiro que lles procede dese aluguer.

      Por exemplo, centrándonos no que nos toca de cerca, que é Santiago, e respondendo á túa pregunta sobre os trámites, polo que se ve o Concello non axuda a moitos propietarios a que se formalice o proceso, xa que dende Aviturga denuncian que ou ben son bastantes as trabas que se lles presentan aos donos ou que dende o Concello non envían o certificado de que a súa vivenda xa está en orde.

      Intereses non sei, pero na zona do casco non contan moito coa opinión dos veciños, de feito no seguinte enlace https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1047486/compostela-monumental-compostela-vella-sobre-plan-especial-proteccion-rehabilitacion-da-cidade-historica-nos-dado-cambiazo tes unha nova dunha reunión á que asistimos, onde se ve que dende o Concello se quere deixar a un lado a revisión do Plan Especial – moi necesario para a zona vella xa que se está despoboando cada vez máis -e centrarse no Plan de Xestión, que en teoría, este debe complementar o Plan Especial. Se na zona vella non permiten tampouco as vivendas turísticas e cada vez vai máis a menos, que pasará co casco histórico compostelán? Como ben ti mencionas, o turismo está relacionado con moitos beneficios que repercuten na poboación.

      Gústame

      1. Comezo respondendo á pregunta que me fas sobre o gasto que realizan os turistas. O nivel de gasto dos visitantes non creo que dependa únicamente do seu tipo de aloxamento, que si que é certo que, se adican menos diñeiro ó aloxamento poden gastar máis noutros servizos; pero tamén depende do nivel económico do turista, así como tamén inflúe a cultura de consumo propia de cada país e o cambio de moeda si o houbese.

        Que a Axencia Tributaria decida involucrarse e investigar este tipo de situacións é adecuado, pois este tipo de actividades han de ser declaradas, co cal a regulación volve a ser chave. Como podes ver nesta noticia do xornal ABC: http://www.abc.es/espana/galicia/abci-viviendas-turisticas-generan-santiago-mas-8-millones-euros-sin-fiscalizar-201803131434_noticia.html, en 2017 os pisos turísticos en Santiago de Compostela xeraron 8,5 millóns de euros que non foron fiscalizados, polo que esta situación é preocupante.
        Isto consegue incrementar o número de prazas de aloxamento na cidade, pero á sua vez hai unha redución na oferta de vivendas de aluguer residencial nesta zona, provocando que debido á falta ou deficiencia dalgúns servizos, se produza un despoboamento. Tamén é importante destacar que ao diminuír este tipo de vivendas, os prezos dos mesmos vense incrementados e aumenta a competencia, perxudicando ós habitantes.

        Entendo o que me dis, e estou moi de acordo contigo en que a rehabilitación da zona vella compostelá é moi importante para a cidade, polo que eu tampouco comprendo por que o concello pon tantos problemas a algo que é fundamental. O casco histórico é probablemente a zona da cidade de Compostela que máis turistas atrae e polo que me comentas o que está facendo o Concello é un despropósito, xa que os veciños síntense manipulados ao non ver atendidas as súas necesidades. Esperemos que finalmente o concello escoite ós veciños da zona monumental para evitar a perda de vitalidade nesta concurrida zona. Nesta noticia amplíase máis información: http://www.europapress.es/turismo/destino-espana/espana-verde/noticia-ayuntamiento-santiago-teme-perdida-vitalidad-casco-historico-20180320140757.html

        Gústame

        1. Que se atendan as premisas dos residentes na zona vella e se cumpra o plan que xa estaba falado é algo básico para manter o compromiso inicial entre o concello e as asociacións. Nesta noticia vemos como hai outros partidos políticos que inciden nesta necesidade https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1049782/pp-denuncia-paralizacion-plan-especial-casco-historico porque – e recalco – o Plan Especial aprobouse en 1997 e na normativa urbanística e de protección do patrimonio houbo cambios, e é normal, pasaron máis de 20 anos de vixencia, e por iso fai falta que se cumpran os puntos aos que se chegaron.
          Probablemente, deses 8.5 millóns de euros non fiscalizados, moitos deles se podan encontrar na zona vella, polos motivos que vimos falando. Pero gustaríame comentarche, Irene, como podes ver nesta noticia http://www.abc.es/espana/galicia/abci-compostela-vigila-turismo-201708040948_noticia.html, a necesidade de racionalizar o turismo da zona vella, que se chega a masificar de maneira incontrolada, xerando problemas, e este é outro motivo para a revisión do Plan e poder comentar isto co Concello e que sexan escoitados, porque non o son, polo menos o suficiente para lograr algo. Co noso círculo, imos tratando a necesidade dun turismo sostible. Non cres que isto tamén repercutiría na fiscalización?
          Igual non son puntos tan interesantes, pero falando entre todos poderíase chegar a un acordo que achegase a todas as partes.

          Gústame

  2. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “se alcanzarían serían menores” (gralla de redacción)
    “consulta doutras fontes” (outro contrae coa preposición de)
    – 4º parágrafo
    “de SdC cústalles” (empregar a forma correcta do verbo custar)
    “cando este foi ordenado” (empregar a forma correcta do verbo ordenar)
    – 5º parágrafo
    “non eran [cousas] tan necesarias” (concordancia do adxectivo co substantivo en feminino)
    – 7º parágrafo
    “Saír a flote” é un calco da expresión española. Se non se atopa un sinónimo, poñelo en cursiva
    “xa que se acaba” (pronome proclítico)
    – 8º parágrafo
    “e ten intereses; pola contra” (o punto e coma permite manter nunha mesma oración dúas ideas enfrontadas)

    Gústame

  3. Cristóbal Lauda Durán – Mobilidade.
    A razón do éxito de Airbnb consideramos que é a súa adaptación ás posibilidades de cada usuario, tanto a nivel económico como de gustos ou comodidade. En Santiago de Compostela podemos atopar máis de 230 alugueres con prezos que oscilan dende os dez, ata os setecentos euros por noite. Moitos de estes aloxamentos promociónanse como “apartamento na zona vella” ou “apartamento con vistas á catedral” ( https://www.airbnb.es/s/Santiago-de-Compostela–Espa%C3%B1a/homes?checkin=2018-04-22&checkout=2018-04-29&adults=1&children=0&infants=0&source=mc_search_bar&s_tag=j8GqlGPu&allow_override%5B%5D=&refinement_paths%5B%5D=%2Fhomes). Ademais, fai pouco anunciaron a chegada a Madrid de Hostmaker, unha web que compite directamente con Airbnb, polo que non tardará en chegar a outras cidades de España (http://www.eleconomista.es/construccion-inmobiliario/noticias/9057128/04/18/Hostmaker-se-sube-a-la-ola-de-Airbnb-creara-un-gigante-de-pisos-turisticos-.html).
    Outro punto interesante e que debería ser máis tratado nos medios de comunicación é o da masificación de persoas na zona vella, xa que sempre é visto como algo positivo sen ter en conta os problemas que pode causar. Consideramos que é normal que dende o concello pretendan prohibir os pisos turísticos, ou polo menos tomar medidas ao respecto. Non é a primeira vez que queren facer algo así; o verán pasado o alcalde da cidade manifestou a súa preocupación ante os problemas que trae o turismo á cidade de Santiago (https://politica.elpais.com/politica/2017/08/04/actualidad/1501849123_047529.html)

    Gústame

    1. Como ben dis, o éxito de plataformas de aluguer de pisos a particulares como Airbnb está a ter un éxito innegable dende a súa apertura, ben sexa porque ten uns prezos máis económicos ou porque se adapta ás esixencias e necesidades dos usuarios. De feito, Ostelea, centro universitario especializado en turismo, elaborou un estudo que podes consultar neste enlace https://www.hosteltur.com/127379_8-ciudades-espana-donde-ha-crecido-airbnb.html, que informa sobre a situación de distintas cidades de España en canto a pisos turísticos na aplicación Airbnb. Nas gráficas recollidas, vése que Santiago de Compostela sitúase no oitavo posto cun crecemento constante dende 2015.
      Por isto, dende o meu punto de vista, o mesmo feito de que haxa pisos turísticos espallados por toda a capital galega, sexa na zona vella ou nos arredores, é un efecto que pode axudar á desmasificación do turismo en Santiago de Compostela, xa que, ademais disto, os “hosts” da vivenda poden facer recomendacións máis alén daquelas recollidas nas guías que poidas atopar en calquera hotel e dar pé a rutas turísticas diferentes ás habituais.
      Porén, o que máis chama a atención é o traballo que lles está a custar aos veciños do casco histórico para legalizar a situación dos seus pisos fronte aos veciños de zonas máis afastadas, como se pode observar neste enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/25/duenos-pisos-turisticos-piden-plan-especial-atienda-sector/0003_201803S25C3991.htm . Isto pódenos levar a pensar que esta medida se fai co propósito de evitar a masificación da zona vella de Santiago, sen embargo, hai unha grande cantidade de hoteis nesta parte que non se teñen que enfrontar a tantas dificultades.
      O punto que máis se debería ter en conta á hora de informarse sobre esta temática é en como os medios de comunicación tratan o turismo como meras cifras e récords e non dende un punto de vista máis persoal ou mesmo cultural: o importante para a prensa só son o número de turistas e os millóns de euros que deixan na cidade. Por exemplo, noticias sobre o récord de peregrinos como a que a continuación se mostra, foron das máis sonadas sobre o turismo galego a principios de ano: http://www.europapress.es/turismo/destino-espana/espana-verde/noticia-santiago-marca-records-2017-casi-15-millones-pernoctaciones-26-millones-viajeros-20180115131029.html

      Gústame

      1. Dende a nosa perspectiva, a masificación non é o único problema que traen os pisos turísticos , senón que tamén consideramos que pode derivar nun problema de convivencia veciñal. De momento non se fala de “turismofobia” na capital galega como xa se fai en outros lugares, pero o aumento desequilibrado do turismo, fai que algúns veciños teñan medo de que a situación sexa peor, tal e como explica aquí un deles ( http://www.abc.es/espana/galicia/abci-compostela-vigila-turismo-201708040948_noticia.html ). As cifras non paran de medrar e cada ano veñen máis persoas a visitar Santiago. As complicacións chegarán cando o turismo aumente ata tal punto que a cidade non estea preparada para albergar a tantos visitantes. No 2021 poderíase producir ese colapso debido a ser ano Xacobeo, o que xa se está promocionando como “acontecemento excepcional de interés público”, tal e como dixo o Ministro Íñigo Méndez de Vigo (https://vivecamino.com/xacobeo-2021-acontecimiento-excepcional-interes-publico_no_486/).

        No que estamos completamente de acordo é no enfoque que lle dan os medios de comunicación ao turismo. Os propios medios están moi pouco informados sobre este tema e moitas veces trátase dunha maneira superficial, sen ir máis aló das cifras de visitantes. Por iso, a maior parte da poboación non é consciente dos problemas que a actividade turística pode causar, problemas que non paran de aumentar ( http://www.elmundo.es/economia/2017/11/25/5a0d9001468aeb8a408b46a1.html ).

        Gústame

        1. Non coincido con que os pisos turísticos favorezan a masificación, máis ben todo o contrario, xa que ao estar espallados por todo Santiago de Compostela, e mesmo os seus arredores, favorece a visita doutros puntos máis alá da Catedral. De feito, se se preme neste enlace https://www.airbnb.es/s/Santiago-de-Compostela/homes?refinement_paths%5B%5D=%2Fhomes&query=Santiago%20de%20Compostela&allow_override%5B%5D=&ne_lat=42.89146422309979&ne_lng=-8.524684887320745&sw_lat=42.86489200001138&sw_lng=-8.561077099234808&search_by_map=true&zoom=14&s_tag=VPXcodg1 , pódese ver un mapa no que unha gran parte dos pisos turísticos da cidade concéntranse nos arredores da zona vella, pero non nela.
          En canto á convivencia veciñal da que falas, a clave está en regular a situación destes pisos recolléndoos no Plan Especial. E como aquí se pode comprobar https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/25/duenos-pisos-turisticos-piden-plan-especial-atienda-sector/0003_201803S25C3991.htm , os veciños composteláns están loitando para que isto poida ser así.
          Por último, en canto ás cifras se refire, está claro que os medios de comunicación só informan de cifras positivas -e por exemplo, non dos efectos secundarios que se derivan destes números tan altos-, polo que a saturación de turismo durante o Xacobeo 2021 quizais só sexa unha maneira de fomentar as actividades, unha maneira de motivar a este sector. Porén, dis que Santiago non estará preparado para albergar tantos visitantes, e se a solución está precisamente, en vivendas turísticas da contorna? (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2018/03/30/tiron-turistico-santiago-llega-pisos-vacacionales-milladoiro/0003_201803S30C4991.htm)

          Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s