A importancia da educación viaria na sociedade

Forja Pena

García Vilariño

A educación viaria é un factor moi relevante á hora de falar sobre seguridade viaria. É a base fundamental para crear conciencia, coñecementos e valores sociais dende idades temperás, momento no que somos moito máis influenciables.

“A educación viaria é educación en valores, a ensinanza que dan nas autoescolas é unha ensinanza moi técnica, pero a nivel comportamento esquecémonos por completo”, sinala Jeanne Picard, de Stop Accidentes. Resulta vital cambiar os patróns sociais, onde tanto os pais como as escolas xogan un papel fundamental, pero non son os únicos. Tamén as empresas privadas do ámbito automobilístico e o Estado teñen unha gran relevancia neste aspecto; aínda que, sen dúbida, os medios de comunicación exercen a función de nexo entre estes organismos e a sociedade, polo que teñen unha gran capacidade para reverter a situación.

 

A materia de Movilidad Escolar Sostenible y Segura en Galicia

descarga
 

Fonte: dgt.es

 

O ano pasado apareceu a nova de que, no próximo curso 2017/2018, poderase impartir nas diferentes aulas galegas a materia Movilidad Escolar Sostenible y Segura, unha iniciativa levada a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, co fin de incentivar a educación viaria, tan esquecida nos colexios dende fai anos. Jesús Vilariño, o director da autoescola Santa Eulalia, opina que esta materia debe ser implantada dende o interior, dende os colexios e os institutos, pois a educación é a base para cambiar. Os nenos e os adolescentes son os futuros condutores, e se dende novos se lles ensinan os verdadeiros valores e as normas a seguir, poderemos modificar a actitude nas rúas.

 

A pesar de que España se sitúe como cuarto país europeo con menos mortes de tráfico, estamos á cola en canto a educación viaria se refire. Un claro exemplo a seguir é Suecia, país onde ensinan a educación viaria nas escolas como materia obrigatoria, e onde se realizan ademais consellos sobre este tema nos que participan alumnos, profesores, pais e diferentes administracións locais.

A función dos pais cos máis pequenos

30_09_14_08_09_16_BLOG_
 

Fonte: kidon.co

 

Sen ningunha dúbida, a influencia familiar é un factor moi relevante á hora de educar a un neno. Os pais son o modelo que teñen a seguir, a figura que toman como exemplo en todo momento, o espello no que se ven reflectidos; e se son os pais os que levan a cabo condutas inadecuadas, coma condutores ou coma peóns, os seus fillos farán o mesmo nun futuro, promovendo así unha gran falta de concienciación. “A educación é moi importante, primeiro nos pais. Os primeiros que debemos cambiar a nosa actitude somos nós”, sinala Jesús Vilariño.

 

O papel do goberno e o das empresas privadas

É certo que moitas empresas do sector privado que pertencen ao ámbito automobilístico están cada vez máis involucradas en temas como a educación e a seguridade viaria,  onde invisten unha gran cantidade de diñeiro, aínda que sexa por intereses propios, coma plans de estratexia publicitaria. Estas iniciativas poden ter unha repercusión puntual na cidadanía, pero non van máis aló. O mesmo pasa co goberno, o cal ten recursos máis que suficientes para poder incidir na poboación neste aspecto, pero as maneiras non son as correctas. Tal e como explicaba o xornalista Xaime Leiro, “o problema da seguridade viaria pode ser o plan de goberno dunha concellería, ou pode ser o plan de goberno de todo o Estado”. É preciso que impacte en toda a sociedade para que se produza o cambio, en lugar de levar a cabo pequenas medidas que ao final só serven como parches que non solventan o problema de raíz.

Un bo exemplo témolo en Pontevedra, a cidade que se converteu nun modelo a seguir no tema de seguridade viaria, debido ao proxecto global que se levou a cabo e que non se abandonou a pesar das polémicas iniciais xeradas.

Os “vicios” que poñen en perigo a nosa seguridade

Se falamos de vicios a todos se nos vén á cabeza aquilo que facemos mal no día a día a pesar de saber que non é correcto. Todas esas accións que entendemos como normais e que non teñen maior repercusión sinalan, en realidade, un problema de raíz e unha serie de actitudes que acaban producindo sinistros. Entre estas destacan dous dos principais sistemas de seguridade que, a pesar de levar implantados anos, moita xente segue a prescindir deles.

descarga (1)

Fonte: La Voz de Galicia

No ano 2018 morreron 76 persoas nas estradas galegas, das cales 44 eran condutores ou pasaxeiros. A alarmante cifra de 17 persoas ían sen cinto de seguridade. Algo tan básico e que a primeira vista parece que xa está implantado e normalizado, segue a aparecer ano tras ano nos medios. Onde parece que non acaba de normalizarse o uso do cinto é nos autobuses. “Eu un día collín aquí o autobús dirección Noia para ir a Bertamiráns e era un de largo percorrido, tiña cintos e moitas persoas apartaron o cinto para non sentarse enriba del”. Esta anécdota, que nos contaba Jesús Vilariño, non é illada, senón que está totalmente xeneralizada e está normalizado que nos autobuses non se empregue o cinto. Contábanos tamén Vilariño que en Pontevedra unha nai se negou a que o seu fillo viaxase nun autobús escolar que carecía cintos. Tras a protesta conseguiu que cambiaran o autobús por un con cintos.

O casco é ás bicicletas e motos o que o cinto aos coches ou autobuses. Aquí tamén nos atopamos unha problemática e unha falta de concienciación. Tanto os condutores como os pasaxeiros dunha moto están obrigados a usar casco. Por outra banda, chama a atención que isto non sexa así nas bicicletas. Segundo a normativa, os ciclistas maiores de 16 anos non están obrigados a empregar casco na cidade. “Se o casco é bo, vaino ser para todos e debe ser obrigatorio”, dicía Vilariño.

O labor dos medios na educación viaria

Ademais de educadores, autoescolas, a DXT ou o goberno, os medios teñen unha importante labor a prol de conseguir unha sociedade concienciada e educada. Os medios e os xornalistas deben axudar a crear unha ponte entre as campañas de concienciación ou as pequenas accións e o gran público conseguindo así corrixir os erros e inculcar unha serie de valores que fagan as vías máis seguras para peóns e condutores.

 

BIBLIOGRAFÍA:

ABC. (2017, 9 de Abril). ¿Es obligatorio ponerse el cinturón de seguridad en un autobús? ABC. Recuperado de http://www.abc.es/motor/reportajes/abci-obligatorio-ponerse-cinturon-seguridad-autobus-201704071659_noticia.html

CIRCULA SEGURO. (2015, 9 de Maio). ¿Cuándo es obligatorio usar casco al circular en bicicleta? Circula seguro. Recuperado de http://www.circulaseguro.com/cuando-es-obligatorio-usar-casco-al-circular-en-bici/

LA VOZ DE GALICIA. (2018, 15 de Marzo). El modelo de movilidad peatonal de Pontevedra también despierta interés en Suecia. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2018/03/15/modelo-movilidad-peatonal-pontevedra-despierta-interes-suecia/0003_201803P15C6992.htm

MANUEL PAN, J. (2018, 28 de Febreiro). 17 muertos sin cinturón en el año con menos víctimas. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/28/17-muertos-cinturon-ano-victimas/0003_201802G28P12995.htm

SANMARTÍN, G. (2017, Outubro). Galicia lleva la educación vial a secundaria. Revista DGT. Recuperado de http://revista.dgt.es/Galerias/educacion-formacion/reportajes/2017/N-242-43-SEG-VIAL-EN-GALICIA-c.pdf

TRAD FAGER, C. (2017, 5 de Setembro). Visión cero y seguridad vial sostenible: el ejemplo de Suecia. Los Andes. Recuperado de http://losandes.com.ar/article/vision-cero-y-seguridad-vial-sostenible-el-ejemplo-de-suecia

VILASERÓ, M. (2017, 29 de Marzo). España escala al cuarto puesto de países europeos con menos muertos de tráfico. El Periódico. Recuperado de https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20170328/espana-escala-cuarto-puesto-de-paises-europeos-con-menos-muertos-de-trafico-5933607

13 comentarios en “A importancia da educación viaria na sociedade

  1. Inés Fernández

    Vencellado coa nova materia de Movilidad Escolar Sostenible e Segura da que falades no post, estou moi de acordo co que di Jesús Vilariño. Dende a miña perspectiva, a seguridade vial é unha materia moi relevante, e a mellor forma de facela chegar á sociedade é a través da concienciación aos máis cativos, implantando a materia dende os colexios e institutos. Moi relacionado con isto paréceme interesante mencionar unha iniciativa que levaron a cabo os alumnos dun colexio de Teo. Alumnos de 6º de primaria e 1º da ESO, que forman parte do Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA), reivindicaron aos adultos unhas melloras na seguridade vial do Concello. Paréceme moi interesante a nova para o voso contido, xa que mostra claramente uns comportamentos moi dignos a seguir por parte de persoas moi cativas: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/02/25/ninos-teo-disenaran-campana-sobre-seguridad-vial-convencer-adultos/0003_201802S25C6991.htm

    Por outra banda, tamén é verdade que toda concienciación procede dunha educación. E, por suposto, a principal educación que todos recibimos de nenos é na casa. Polo tanto, todo o que fagan os nosos pais vai ser un exemplo a seguir para nós. Vecellado a isto, cabe mencionar esta noticia de marzo de 2018  ( http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2018/03/24/trafico-detecta-repunte-conductores-pasajeros/1275238.html ) co titular “Galicia dobla la tasa de muertos en carretera que viajaban sin cinturón de seguridad”. Unha mostra clara dos malos comportamentos nos que están inmersos moitos condutores galegos, que non son un bo exemplo para os seus fillos (ademais de poñelos en risco en moitos casos). Así mesmo, como se di en dita noticia, e tamén no voso post, é salientable que un xesto tan simple como facer un “click” ás veces custe tanto. Por último, cabe facer fincapé na cuestión que, dende o meu punto de vista, é onde máis fallamos todos: colocar o cinto nos autobuses. Quizais, parécennos máis seguros e menos necesarios e despreocupámonos, pero é igual de importante poñelo ca no coche. Tamén cabe salientar que en caso de accidente reduce a metade o risco de perder a vida. Dita información menciónase no blog Circula Seguro, déixovos a continuación o enlace que vos pode ser de axuda: http://www.circulaseguro.com/cinturon-seguridad-autobuses/

    Gústame

    1. Estou de acordo co que dis Inés. A educación viaria é moi necesaria para poder cambiar tanto a concienciación cidadá como a base dos que serán os futuros condutores: os nenos. Ademais, os cativos son moito máis influenciables ca os adultos, pero isto non serve de nada se non somos capaces de crear información adaptada á súa capacidade de comprensión. Un exemplo disto podémolo atopar na páxina da DXT, onde publican diferentes documentos sobre educación viaria, dirixida aos máis pequenos:
      http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/recursos-didacticos/infancia/

      Por outra banda, como ben dis a nosa educación sostense por dous pilares moi importantes: por un lado está o papel dos pais, os exemplos a seguir de cada neno, e por outro, tamén esencial, a escola, onde constantemente obteñen coñecementos que máis tarde lles servirán para ter unha mellor calidade de vida. Por iso, para modificar a conduta dos futuros condutores é necesario ter en conta os dous ámbitos.
      Algo que xa se fai en Suecia, o principal modelo europeo a seguir en canto a educación viaria se refire. Aquí che deixo un enlace onde podes informarte mellor do proxecto que están a levar a cabo, Visión cero:
      http://www.ancosev.org/la-vision-cero-en-camino-seguridad-vial-en-suecia/

      Gústame

      1. Inés Fernández

        Penso que a clave atópase no que ti mesmo dixeches: crear información adaptada a capacidade de comprensión dos máis cativos. Unha iniciativa tamén interesante é o concurso de Premios Nacionais de Curtrometraxes de Seguridade Vial (https://www.race.es/seguridadvial/educacion-vial/premios-de-educacion-vial ), onde se intenta promover entre as diferentes escolas, que se realicen vídeos de concienciación de entre 30 e 60 segundos. Paréceme un proxecto moi nutritivo, que pode facer que os nenos pasen un bo rato e ao mesmo tempo aprendan temas relacionados coa seguridade vial.

        En canto ao tema de Suecia, si que me parece un moi bo exemplo a seguir. Pero, non soamente no tema de educación vial, senón polas costumes da sociedade en xeral. Neste sentido, penso que o gran problema da falta de concienciación dos españois provén da mala educación e da cultura. Os españois somos moi de saltar as normas e buscar o noso beneficio propio antes co común. Pero, o máis preocupante é que moitas veces non nos damos de conta de que isto pode poñernos en perigo a nos mesmos.

        Por outra banda, paréceme interesante mencionar como as novas tecnoloxías están a pisar forte ata no ámbito da seguridade vial. Os móbiles, na actualidade, poden converterse nun arma letal que poden chegar a provocar ata mortes. A xente sabe o perigoso que pode ser, en moitos casos, andar mirando o móbil pola rúa? E, nun paso de peóns? Segundo un estudo da Fundación Mapfre, o 98% dos accidentes, nos cales o responsable é o peón, foron causados polo uso dos teléfonos móbiles. Aquí vos deixo a noticia que fala do tema, paréceme moi interesante: http://www.elmundo.es/promociones/native/2018/03/26/

        Gústame

        1. Como ben dis, non só a educación viaria é necesaria para mellorar a circulación en cidades como Santiago de Compostela, pois tamén se precisa potenciar outras medidas, como a propia das zonas 30, que provocan unha boa controversia, á vez que salvan vidas moi notoriamente. Pero non son as únicas medidas a ter en conta, pois tamén hai moitas máis ideas á nosa disposición. Como ben comentan nesta noticia de El País, as bandas laterais, ou as calzadas 2+1 (impostas en países como Suecia ou Alemaña), poden servir como outro tipo de soluciòns para reducir as mortes por sinistros de tráfico: https://politica.elpais.com/politica/2018/02/19/actualidad/1519044429_677004.html

          Para finalizar quero repuntar esta noticia subida en Esciclismo onde comentan unha iniciativa levada a cabo por Cofidis, a DXT, a Fundación Deporte Joven del Consejo Superior de Deportes, La vuelta e a Asociación de ciclistas Profesionales. Grazas á unión de ditas organizacións, pódense fomentar iniciativas como esta, onde máis de 2500 alumnos de Almería participan nun programa de concienciación cidadá, desenvolvendo contidos de ciclismo e de seguridade viaria. Así promóvense conceptos como o de mobilidade sostible, capaces de cambiar a calidade de vida de toda unha poboación con tan só regular os nosos hábitos cotiás: http://www.esciclismo.com/ampliada.asp?Id=46254

          Gústame

          1. Inés Fernández

            Tes toda a razón. Ademais da concienciación, tamén existen outras medidas (que non dependen da sociedade) que poden reducir moitos accidentes de tráfico e, especialmente, poden salvar moitas vidas. A verdade é que en moitos casos as nosas propias infraccións son as que acaban coa nosa vida, por iso é importante comezar por nos mesmos e plantexarnos unha serie de cambios que poden evitar moitos accidentes de tráfico. Nesta noticia, se recollen cinco cousas que podemos facer todos para evitar un sinistro: http://www.lavanguardia.com/motor/actualidad/20180402/441984955585/cinco-cosas-puedes-hacer-parte-evitar-accidente.html Parécenme puntos moi básicos pero que se todos os seguiramos a situación sería distinta.

            Non obstante, penso que non todo está nas nosas mans. O goberno pode establecer certas medidas que poderían axudar a reducir os risco de mortalidade á hora de producirse un accidente. En relación con isto paréceme moi interesante a noticia que engadiches de El País. A verdade é que sabía que o descenso da velocidade reducía o impacto e a posibilidade de morte dos peóns e tamén coñezo as bandas laterais, mais, non tiña nin idea das estradas “2+1”, paréceme unha iniciativa moi boa para unha maior seguridade. En relación con isto, tamén atopei outra noticias que trata as posibles medidas xerais que axudarían a conseguir unha maior seguridade nas carreteiras. Engádovos aquí os enlaces, xa que paréceme que poden ser de interese para o voso estudo:  http://www.autopista.es/noticias-motor/articulo/medidas-reales-buenas-reducir-muertos-accidentes-trafico

            Por outra banda, xa que menciónaches o tema do ciclismo penso que é moi relevante falar da situación das persoas que realizan esta actividade. Non fai falla ser moi entendido sobre o tema para saber que as bicicletas son moito máis inestables que calquera outro medio de transporte e, por iso, debemos ter especial precaución con elas. Pero, tamén cabe dicir, que os ciclistas deben ter coidado á hora de circular, especialmente, por vías con moita concentración de tráfico.

            En relación con isto, e como ben falabades no post, para reducir as lesións en caso de accidente, é tan importante poñer o casco na bicicleta como na moto. Pero, nos ciclistas non é obrigatorio en cidade para os maiores de 16 anos, algo que dende a miña perspectiva é un gran erro. Segundo un estudo realizado por acierto.com, 4 de cada 5 españois pensan que o casco debería ser obrigatorio por vías urbanas. Así mesmo, para o 41% dos españois ir en bicicleta ao traballo é perigoso. (https://www.heraldo.es/noticias/nacional/2017/11/07/el-los-espanoles-considera-que-trabajo-bicicleta-peligroso-1206433-305.html) Tamén moi vencellado a isto, cabe salientar que, curiosamente, nos centros urbanos é onde máis se producen accidentes (70,7%). (http://www.rtve.es/noticias/20180418/se-producen-cada-vez-mas-accidentes-trafico-ciclistas/1716762.shtml) Por iso, paréceme inconcibible que non se tomen medidas ao respecto e non se establezan normas máis ríxidas.

            Gústame

            1. Tes moita razón no que dis Inés. Paréceme moi interesante a noticia de La Vanguardia que me ensinaches, pero cabe destacar que todo pode resumirse nun mesmo factor: a distracción. Tanto como peón ou como condutor as distraccións son as principais causantes da maioría dos sinistros de tráfico: conducir co móbil, fumando, ou mesmo baixo o efecto de algunha droga. E en canto aos peóns, cruzar sen prestar atención, indo co móbil, auriculares, etc.
              Teño que recomendarche que leas este artigo publicado en La Vanguardia, onde tratan o tema das distraccións a fondo: http://www.lavanguardia.com/vida/20180321/441733481842/por-que-movil-tu-juntos-sois-amenaza-brl.html

              Para finalizar gustaríame destacar tamén o artigo que compartiches de autopista.es, onde falan sobre a importancia de conceptos como son a concienciación e educación viarias, e ademais engade un factor relevante: as empresas. Unha boa parte dos sinistros que se producen son laborais, e de feito existe un incremento dun 18% de accidentes producidos en horario de traballo. Algo que deben ter en conta as empresas, xa que necesitan invertir máis na seguridade viaria dos seus empleados. Unha noticia que trata moi ben este tema é esta de El País: https://cincodias.elpais.com/cincodias/2011/12/27/empresas/1325238418_850215.html

              E xa para rematar déixoche este artigo de autonoción onde analizan 20 medidas de seguridade viaria que se poderían introducir antes do 2020 nas nosas carreteras:https://www.autonocion.com/que-te-parecen-estas-20-medidas-de-seguridad-vial-para-2020-seran-objeto-de-debate/

              Gústame

  2. A menudo obviamos el hecho de que no todo el mundo conoce los valores principales de la seguridad viaria, y este es un problema que se debe erradicar desde los inicios de toda educación social. Si que es cierto que los padres juegan un importante papel en la educación vial de sus hijos, y es muy importante que estos les transmitan de la mejor manera posible estos valores de comportamiento vial. Este artículo de Fundación Mapfre explica detalladamente la importancia de dotar de una adecuada educación vial a los hijos: https://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/educa-tu-mundo/seguridad-vial-prevencion/familias/sabias-que/importancia-educacion-vial.jsp

    Por otro lado, me parece muy adecuada la iniciativa de la Xunta de impartir una asignatura específica de movilidad segura en las aulas gallegas. Además, el planteamiento de dicha materia definitivamente es el adecuado, puesto que el trabajo en grupo suele favorecer a que los jóvenes no se tomen este aprendizaje como algo aburrido o estricto. También es cierto que los adolescentes constituyen el grupo social más flexible en el sentido de interiorizar estos valores y aprenderlos. Es por esto por lo que la página web de la DGT incluye un apartado dedicado a los jóvenes a los que además felicita por su comportamiento viario respecto al resto de la población: http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/recursos-didacticos/jovenes/

    Una de las causas de los accidentes de tráfico en España es, sin duda alguna, el desuso del cinturón de seguridad (tanto en medios de transporte públicos como en turismos). Todavía son muchos los que incumplen con las normativas de seguridad y no hacen uso del cinturón, siendo esto una de las causas por las que han aumentado las multas diarias en Galicia. http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2018/03/24/trafico-detecta-repunte-conductores-pasajeros/1275238.html

    Gústame

    1. Moi de acordo co que comentas María. En primeiro lugar, referíndonos aos valores que os pais deben transmitir aos fillos partimos desde logo dun descoñecemento. Por iso, como xa comentamos máis dunha vez nas reunións cos círculos, a educación viaria aínda que ten que estar presente nos máis novos, debe chegar tamén aos maiores. Como é lóxico, co paso do tempo as leis, as normas e mesmo os costumes que temos adquiridos deben e teñen que cambiar. Como nos explicaba Jesús Vilariño, da Autoescola Santa Eulalia, as persoas que van a cursos de recuperación de puntos teñen unha media de idade superior aos 40 anos. Polo que considero, non sei cal é a túa opinión, que se deberían levar a cabo iniciativas de reeducación.
      Falando da educación viaria nos máis novos, chegamos á conclusión de que son os que máis absorben a información ademais de seren o futuro. En canto á materia veremos que repercusións ten a longo prazo, mais pode ser unha boa maneira de implantar e aprender unha serie de valores e normas moi necesarias para conseguir unhas vías máis seguras. Pero tamén creo que non debería ser unha materia que se quede na anécdota ou que se limite a un ano académico. Debería existir unha educación viaria en todos os niveis académicos aínda que non necesariamente como unha materia, mais si intentar transmitir os coñecementos. Esta constante repetición fará que vaia calando nas novas xeracións.
      Por último, o cinto de seguridade é, en moitos casos, o gran esquecido. Por suposto son moitos os que non o usan en traxectos pequenos, en rutas nas que “saben que non os van parar” e desde logo a maioría de usuarios de autobús nin se plantean o seu uso xa que non están acostumados ou non cren que sexa necesario. O que está claro e o que necesitamos transmitir é que o cinto salva vidas e que é necesario sempre que se vaia nun turismo ou nun autobús. Ninguén cando sube nun avión se plantea non poñer o cinto, por que pasa isto nos demais medios de transporte? De novo, unha clara eiva que debemos solventar como sempre con educación viaria. Adxúntoche un artigo no que se desminten unha serie de mitos sobre o cinto e que a día de hoxe seguimos a escoitar nas rúas: https://www.sura.com/blogs/autos/mitos-y-realidades-del-cinturon-de-seguridad.aspx

      Gústame

      1. María Vaquero Cadenas (S3B)

        Es cierto que la educación es necesaria para todos, tanto para mayores como para los más jóvenes. A propósito de lo que mencionas sobre la importancia de los cursos de reeducación viaria para conductores y viandantes, me gustaria decir que estoy totalmente de acuerdo. También creo necesaria una evaluación a los conductores cada cierto tiempo, para que así comprueben sus habilidades en la conducción y puedan recordar aquellas normas que puedan haber olvidado. Existen autoescuelas que cuentan con cursos de “reciclaje” para que los portadores de carnet no ose olviden de los conocimientos de conducción teóricos. https://autoescuelalara.com/8-permisos/100-perfeccionamiento

        En cuanto al tema del cinturón de seguridad, creo que son muy útiles las campañas de organismos como la DGT. http://www.dgt.es/es/prensa/notas-de-prensa/2016/20160912-cinturon-seguridad-sistemas-retencion-infantil-objetivos-la-nueva-campania-dgt.shtml Aunque en ocasiones pueden parecer algo violentas y desagradables para ver, considero que sirven para concienciar a la población de los peligros que existen si obviamos el uso del cinturón.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s