Iria Pinheiro denuncia por acoso sexual ao director dun programa da TVG

A intérprete Iria Pinheiro, habitual da escena dramática e musical da televisión pública, denunciou o pasado mes de marzo unha situación de acoso sexual por parte do director do programa “Con amor e compañía”, José Luis Viñas Orta. A partir da demanda, presentada no xulgado de garda de Santiago de Compostela, a actriz declarou para diversos medios, como o diario Público, que levaba meses enfrontándose a “tocamentos, insinuacións e humillacións”.

Nunha entrevista realizada por Sermos Galiza, a actriz relata parte dos episodios vividos, como o que levou a cabo o presunto acosador xuntando a súa pelve coa dela e dicíndolle “que sexa a última vez que actuas mal para que eu teña que elixir a toma que ti queiras”. Pinheiro asegurou que varias compañeiras sufriron o mesmo tipo de comportamentos misóxinos, pero ela non estivo disposta a someterse por máis tempo a tal situación e, sen garantías de cambio por parte da produtora audiovisual CRTVG, viuse obrigada a abandonar o programa.

Un comentario en “Iria Pinheiro denuncia por acoso sexual ao director dun programa da TVG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s