O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador

Estévez Ingelmo

Teo, Villestro, Vedra ou Ames son algunhas das poboacións que conforman a área metropolitana de Compostela. Estas localidades do rural amosan certas deficiencias que dificultan o día a día de quen reside nos arredores da capital, sendo así, poucos os motivos que ten a veciñanza destes municipios para residir neles. Por isto mesmo, na segunda reunión do noso círculo respondéronse ás incógnitas que existían en torno a este tema.

O pasado mes de decembro, o Faro de Vigo informou sobre o abandono do rural galego cara á cidade nos últimos 30 anos, sendo exclusivamente 60 concellos aqueles que aumentaron a súa poboación. Segundo os datos ofrecidos polo diario vigués, Galicia perdeu 125.000 habitantes e 249 núcleos de poboación, dos cales a gran maioría non alcanzan as 20.000 persoas, deixando así un panorama moi pouco esperanzador para as zonas rurais.

mapas_juntos
 

Fonte: Faro de Vigo

 

En canto á sanidade

Se falamos da sanidade no entorno rural galego, “dificultade” e “complexidade” son as mellores palabras para definila. O xornal La Voz de Galicia publicou unha noticia sobre Manuel Rey Rionegro, un médico que desenvolve o seu traballo en pequenas poboacións galegas, na que podemos observar como conta de primeira man o día a día dun profesional da sanidade nas zonas rurais. Un dos principais problemas que existen neste contorno é que moitos dos pacientes están encamados, o que provoca que teña que acudir á súa vivenda. Por isto mesmo, o médico ourensán transmitiulle ós compañeiros de La Voz de Galicia a dificultade de atender a persoas que viven a moitos quilómetros de distancia do centro de saúde. Cando o horario non dá para máis e as distancias son considerables, aínda que pareza triste, Manuel ten que establecer prioridades para visitar os pacientes. Este é un claro exemplo de todo o que ten que mellorar este sector tan importante e necesario para a sociedade. No rural galego saen a pasear as vergoñas e as deficiencias da sanidade, deixando entrever todo o camiño que queda por percorrer para acadar un nivel óptimo neste ámbito.

Non esquecer o transporte

Á hora de falar de transporte, Fernando Nieto, veciño de Villestro, comentounos o seu punto de vista sobre o servizo interurbano da zona: A todo o mundo se lle enche a boca e logo polo rural non mira ninguén. En relación ó transporte público, é un tema que nos preocupa. Precisamente, eu non son usuario porque non me dan un servizo que me poida levar e traer a unas horas que sexan factibles. Ademais, Fernando falou dun mal deseño deste servizo xa que priman os intereses económicos por riba da calidade. “Hai servizos públicos que non se poden rexer por un carácter económico. Non podes pensar en que para dar este tipo de servizos, tes que obter beneficios porque pasa a ser unha actividade mercantil. Se ti queres dar un bo servizo, non podes pensar que se vai pouca xente no bus non podes dalo. Perde todo o seu sentido., criticou con dureza o veciño da parroquia de Villestro.

María Visitación García, vicepresidenta da Asociación de Veciños Casco Histórico, tamén nos transmitiu a súa desconformidade cos horarios do transporte interurbano da zona: O servizo de autobuses é penoso. Por exemplo, se vas ás nove da mañá a Villestro dende Santiago non podes volver ata ás doce. Isto pasa en Villestro e en moitos máis sitios, e o fin de semana xa non che digo. É negocio”.

O comercio no rural

En canto ó comercio, falamos dun sector que no medio rural está vivindo un decrecemento constante. Por esta razón, o pasado mes de marzo o partido político En Marea solicitou axudas para o fomento do comercio na zona rural de Galicia. David Rodríguez, deputado ourensán de En Marea, alertou de que as localidades con menos de 5.000 habitantes rexistraban cada vez menos actividade e pediu ó goberno autonómico este plan de axudas para mellorar a situación nestes pequenos concellos. Para confirmar a proposta de David Rodríguez, Fernando Nieto explicounos a ausencia de servizos que existen e os motivos de desprazamento na súa zona: A razón primordial de desprazamento da xente de Villestro a Santiago é o traballo, despois xa van os quefaceres cotiáns como ir á compra, ir ó médico ou calquera xestión coa administración pública. O comercio non existe. Non hai nada, nin para comprar unha barra de pan”.

Para rematar, hai que destacar a situación preocupante que está vivindo o medio rural galego. O pasado mes de novembro, a páxina web Campo Galego colgou un texto que trataba o abandono do rural, no que tamén se comentaron as propostas que se puxeron enriba da mesa na “Xornada sobre o abandono do rural” na Escola Politécnica Superior de Lugo. O medio rural de Galicia está vivindo unha crise importante polo descenso de poboación e o peche de explotacións. Un dato alarmante é que, aínda que o rural en Galicia ocupe o 75% do territorio da nosa comunidade, nel soamente vive o 25% da poboación, cando na década dos 50 residía o 80% dos galegos. O noso rural está sufrindo unha perda de peso importante por mor do abandono das terras agrarias, pero para algúns expertos no sector primario pode ser unha oportunidade para innovar e inverter neste medio.

abandono_rural_xornada2
 

Fonte: Campo Galego

 

Material Bibliográfico empleado: 

En Marea solicita ayudas para fomentar el comercio en el rural. (2018, 14 de marzo). La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/03/14/economia-marea-solicita-ayudas-fomentar-comercio-rural/0003_201803O14C5995.htm

9 comentarios en “O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador

  1. Adriano Ferreiro Rodríguez

    O abandono do rural en Galicia é a día de hoxe un problema de importancia crecente. As carencia económicas de sanidade e transporte en comparación co auxe que están a vivir as cidades resulta moi sorprendente. Mentres Santiago de Compostela desfruta dun apto servizo de comunicación interior e exterior con outras cidades galegas, as vilas e comarcas próximas á capital autonómica teñen moitos problemas para facer uso dun correcto servizo de transporte. Atopamos por exemplo Bertamiráns, que a escasos 12 km da cidade conta con moi poucas liñas de bus
    diarias: https://www.bertamiransvirtual.com/autobuses.html

    Non se coida a área metropolitana da cidade de Santiago. Outras cidades galegas como A Coruña, nos últimos meses melloraron o seu servizo de autobuses e agora, concellos próximos como Culleredo, Cambre ou Sada poden acceder en transporte público ao mesmo centro da cidade en cuestión de media hora.
    https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/bergondo/2017/10/25/doce-lineas-buses-metropolitanos-llegaran-centro-partir-dia-6/0003_201710H25C1995.htm

    Coas melloras en transporte, os concellos de arredor poderían reactivar o seu comercio, a circulación e incluso o interese turístico. O continuo deterioro das redes de circulación no rural levan a unha morte lenta deste.

    Gústame

    1. É certo que o abandono do rural é preocupante e, como apuntei no texto, o futuro próximo en relación a este tema ofrece poucas esperanzas para os residentes destas zonas. Sobre o que comentas, o transporte pode ser o único ámbito no que exista algunha opción de progreso. Aínda que quede moito camiño por percorrer no área metropolitana da capital galega, o primeiro paso dérono os concellos de Teo e Ames cunha proposta que consiste na implantación dun bus circular en conexión directa con Santiago. Con esta posible innovación, outras localidades como Padrón, Vedra ou A Estrada beneficiaríanse deste acordo. Os concellos enviaron a proposta á Xunta co fin de que a inclúan no próximo Plan de Mobilidade (http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/ames-teo-proponen-un-bus-circular-viajar-santiago/idEdicion-2018-03-20/idNoticia-1105831/).

      Se existe unha posibilidade de mellorar a situación en relación ó transporte, por moi pequena que sexa, débese apostar por ela. Jorge Duarte, concelleiro responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, propuxo o pasado mes de novembro un plan de transportes no que o autobús urbano cubrirá un maior espazo xeográfico pese á redución de liñas á metade (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/11/22/bus-urbano-llegara-aeropuerto-cubrira-rural-vehiculos-pequenos/0003_201711S22C2993.htm). Ademais, o plan presenta avances nas frecuencias e unha cobertura con distintos vehículos para o rural e o aeroporto. Ninguén dixo que ía ser doado, pero se todos poñen da súa parte mellorarase o actual abandono rural.

      Gústame

      1. Co próximo Plan de Mobilidade que propoñen os concellos de Teo e Ames, as comunicacións entre o rural e a capital galega poderían ser de mellor calidade. O servizo de transporte público na capital aínda ten moito que mellorar. Hai liñas moi longas, con moitos desvíos e perda de tempo de eficiencia.
        No pasado mes, veciños queixábanse sobre a falta de información do transporte público.
        http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/enfado-abandono-mala-informacion-transporte-urbano/idEdicion-2018-03-27/idNoticia-1107052/
        Está moi ben facer novas liñas, dinamizar as existentes e mellorar as comunicacións sempre que supoña dar un servizo de calidade a poboación. É mellor das poucos pasos de calidade que pasos moi ambiciosos.

        Gústame

        1. Aínda que todas estas propostas contribúen a un avance do sector, o proxecto da nova estación intermodal en Santiago será a guinda do pastel (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/12/20/presentan-nueva-estacion-intermodal-eje-santiago-galicia/00031513777206909971631.htm). Supoñerá unha mellora brutal no transporte e acceso á capital galega. A estación asegurará que, todos aqueles que viaxen tanto en bus coma en tren, a chegada a Santiago se produza en pleno centro, dándolle así máis facilidades ós pasaxeiros. Este proxecto reorganizará a estrutura do transporte na comarca de Santiago e Galicia, e veremos que papel tomará no rural. De primeiras parece todo moi bonito, pero ó final case todas as iniciativas que pretenden mellorar a situación do rural galego non acaban funcionando. Todo o mundo fala do rural, pero despois non existe para ninguén. O único que está claro é que a situación neste entorno debe cambiar canto antes se non queremos que siga aumentando a despoboación pola falta de medios e servizos.

          Gústame

  2. Christian Rodríguez Pereira (S3B: Accesibilidade)

    El rural gallego se encuentra en una situación crítica. La despoblación es una consecuencia lógica, pues es muy difícil que una familia se plantee hoy en día vivir en un pueblo. Veo tu texto como una acertada descripción del panorama incierto que se presenta en el rural: difícil acceso a la sanidad y una cobertura de transportes deficiente, a lo que yo añadiría, sobre todo ello, la falta de oportunidades de trabajo. Aún con todos estos problemas sobre la mesa, parece que en Galicia tenemos un Gobierno que el único futuro que le ve al rural es convertirlo en un recurso libre de ser explotado por los más ricos, mientras perjudica mediante la legislación a las comunidades que lo integran. Te recomiendo que leas esta entrevista que le hicieron en praza.gal a Xosé Alfredo Pereira, acerca de la modificación de la Lei de Montes Veciñais en Man Común: http://praza.gal/movementos-sociais/16465/o-pp-quere-roubarlles-o-monte-vecinal-as-comunidades/

    Estoy de acuerdo con las palabras de Fernando Nieto; nadie apuesta lo suficientemente fuerte por el rural, y quien sí lo hace, quizá no disponga de todas las partidas presupuestarias o todo el apoyo institucional que necesita. En relación al tema del transporte, lamento que el principio de la rentabilidad seguirá primando sobre la calidad del servicio. La Unión Europea ha modificado recientemente la normativa que regula el transporte público, y obligará a España a liberalizar todas las líneas con más de cien kilómetros entre paradas. Esta medida que promueve la competencia, perjudicará a los servicios en zonas rurales que son deficitarios desde el punto de vista económico: http://www.laopinioncoruna.es/economia/2017/12/28/liberalizacion-transporte-planea-ue-pone/1248746.html

    Gústame

    1. Para comezar, non creo que a noticia se axuste co tema porque a Lei de Montes non xoga un papel fundamental para tratar o crecente abandono do rural. Sobre todo porque se trata dun plan forestal no que a temática é o descontento co Partido Popular.
      Por outro lado, o abandono rural en Galicia é unha realidade. Os habitantes da nosa comunidade están optando por trasladarse a zonas urbanas polas poucas prestacións que hai no entorno rural. Na seguinte noticia podemos observar a despoboación masiva das aldeas galegas: http://www.radiocable.com/despoblacion-cadiz-galicia-aldeas-fantasma3600.html7.
      En último lugar, a aposta polo rural ten dúas vertentes. Para nós, o primeiro problema chega ao non existir unha concienciación e todo se ve dende un prisma de retroceso. A segunda problemática é que si hai intentos de modernizar o rural por parte do goberno da Xunta de Galicia. Nesta noticia coméntanse as novas opcións en relación a este tema (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/12/05/xunta-apuesta-cooperativismo-modernizar-rural-galicia/0003_201712S5C4995.htm).

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s