Os prexuízos estéticos nas mulleres xornalistas: entrevista a Laura Queijeiro

Siso Zapata

Co 8 de marzo aínda na retina da sociedade, seguimos querendo coñecer as trabas polas que pasan as mulleres, sobre todo, no noso ámbito: o do audiovisual. Empezamos por un asunto que, sen dúbida algunha, é tan obvio que consegue pasar desapercibido: os prexuízos estéticos. En casos como a contratación de determinadas mulleres que posúan mellor “imaxe” por parte de empresas relacionadas coa comunicación, é moi interpretable e subxectivo, aínda que está asumido como real. Unha muller que goce dunhas medidas corporais definidas pola sociedade como “máis correctas” ten máis posibilidades ca unha que non cumpra estas características, ben sexa por rostro, peso, altura ou calquera característica física que non estea comunmente aceptada coma “axeitada”.  Exemplos disto danse en todos e cada un dos programas da televisión informativa ou de entretemento. Non acostumamos a ver mulleres en platós sen ter uns tacóns postos, certo? O subconsciente asimílao como normal, pero é unha situación máis de discriminación. Para contarnos como se vive isto desde dentro, tivemos a oportunidade de falar con Laura Queijeiro, xornalista pola USC e comunicadora audiovisual pola UDC, que traballa agora mesmo no telexornal de Telecinco. Ademais de prexuízos estéticos, preguntámoslle por moitos outros temas vinculados coa muller na comunicación. Isto foi o que nos contou:

e9407d71-0807-49bf-9d17-7a12a5719ac4-e1523270287497.jpg
 

Fonte: elaboración propia

 

Pregunta: Existe unha discriminación real contra as mulleres no mundo audiovisual?

Resposta: “Dende a miña experiencia persoal, eu non a sufrín. Iso si, se atendemos a datos, é indubidable. Os 20 xornais máis lidos en España están dirixidos por homes. É que as mulleres non temos as mesmas capacidades?”.

P: Algunha vez experimentaches un caso de discriminación na túa carreira? E sabes dalgunha compañeira?

R: “Sinceramente, mentiríache se che dixese que si. Sei que esas cousas pasan, pero, por sorte, nunca ocurreu no meu entorno”.

P: Falemos agora de prexuízos estéticos: nalgunha ocasión vícheste obrigada a vestirte de determinada forma solo por ser muller? É dicir, elixíronche o vestiario algunha vez sen consultarte, por exemplo?

R: “Nunca. E non o tivese aceptado. O único que che podo dicir é que che ‘recomendan’ evitar certas prendas. Para as mulleres, ensinar os ombreiros non está permitido en televisión. De todos xeitos, matizo isto último. Non creo que se faga por machismo, senón para dar una imaxe seria, que xere confianza no espectador. Para os homes, por exemplo, si hai normas de vestuario. Os meus compañeiros deben aparecer nas conexións en directo vestidos de traxe e gravata.”

P: Que cres que che dirían se chegas un día ao traballo e dis: “Hoxe quero saír en directo sen maquillarme”?

R: “Sen maquillar non mo permitirían. Tamén teño que dicir que eu maquíllome tódolos días, ou sexa, fágoo por iniciativa propia, non por obriga. Non me maquillo exclusivamente para saír na tele.”

P: Cambiemos de tema. Fixeches folga o 8M?

R: “Si, fíxena. Nese momento non tiña traballo, pero fun á manifestación de xornalistas igualmente.”

P: Que notaches ese día de especial? 

R: “Non esperaba esta tremenda repercusión. É a manifestación máis grande que vin na miña vida. Ninguén esperaba o que ocurreu, e non me imaxino unha mellor noticia que o éxito que obtivo.”

P: Cal cres que era a reivindicación máis importante das mulleres xornalistas?

R: “Hai moitas, moitísimas. Pero, para min, o problema máis grave é a conciliación. Hai moitísimas mulleres que o piden e precisan, sobre todo nun mundo tan volátil e cambiante como o do xornalismo. Sempre son as mulleres as que o sofren.”

P: Para rematar: que cres que é o máis difícil de ser muller no ámbito audiovisual?

R: “Xa é suficientemente difícil ser xornalista. Os falsos autónomos, a temporalidade, a explotación… Moitas veces digo que somos xornaleiros, máis que xornalistas. Respondendo á túa pregunta: por sorte non me vin nunca nunha situación na que tivese dito: ‘Isto estame pasando porque son muller’. E se algún día me pasa, non teñas dúbida de que me queixarei ben alto”.

Os prexuízos estéticos son unha problemática de moi difícil solución, xa que as diverxencias de opinións nacen desde a orixe da disputa, e o tema admite multitude de interpretacións debido á súa subxectividade. Gran cantidade de estudos, escritos e artigos intentan deconstruír este asunto e investigar e razoar ata o último fío do problema. Antena 3, por exemplo, adicoulle un artigo con vídeo a esta cuestión o día 8 de marzo, xornada da folga e manifestación feminista. No artigo pregúntanse como evolucionou a imaxe da muller nos anuncios de televisión nos últimos 50 anos. Este tema está fortemente vinculado co noso, xa que afecta directamente á comunicación e, sobre todo, á televisión. O vídeo introdúcese co seguinte texto: “La mujer se presentaba en los anuncios de los años 60 como una persona sumisa y ama de casa sin más pretensiones. Ahora, 50 años después, se ha avanzado mucho, y han aparecido medios para desterrar campañas publicitarias discriminatorias. Aún así, tres de cada diez anuncios son machistas.” Indo un paso máis alá, podemos acudir ao artigo que escribiu Dolores Comas d’Argemir para eldiario.es. Os datos son de fai case cinco anos, pero poderían extrapolarse á actualidade sen problema. Nesta publicación, a autora repasa os maiores problemas que teñen as mulleres xornalistas á hora de verse representadas e reflectidas nos medios de comunicación. Sen dúbida, a estética e imaxe son un destes grandes problemas. Para rematar, gustaríanos deixar claro o crítico que é este asunto, polo real que é e polo desapercibido que pasa na sociedade. Os compañeiros do blog independente “Estereotipos y prejuicios” realizaron unha táboa na que, ademais dos estéticos, comparan os distintos prexuízos aos que están sometidas as mulleres con respecto aos homes no cine e na televisión. De tan obvio que é, resulta terrible darse conta de que non se lle dá importancia e chega a asumirse como correcto entre a poboación. Este feito debe ser erradicado da sociedade de forma inminente. Do contrario, a igualdade de muller e home na comunicación nunca chegará. Os prexuízos, incluídos os estéticos, non son máis que iso. Xuízos que se dan antes de comprobar a súa veracidade aos que hai que poñerlles fin para achar a sociedade igualitaria que necesitamos.

 

15 comentarios en “Os prexuízos estéticos nas mulleres xornalistas: entrevista a Laura Queijeiro

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    ‘Resgo’ ten outro significado; ‘Rasgo’ non existe en galego
    – 2º parágrafo
    “xornais máis lidos” (gralla de redacción; empregar a forma correcta do verbo ‘ler’)
    – 3º parágrafo
    “nunca ocorreu” (empregar a forma correcta do verbo ‘ocorrer’)
    – 5º parágrafo
    “para saír na tele” (gralla de redacción)
    – 7º parágrafo
    “o que ocorreu” (empregar a forma correcta do verbo ‘ocorrer’)
    – 9º parágrafo
    “isto estame pasando” (pronome enclítico)
    – 10º parágrafo
    “os compañeiros do blog” (gralla de redacción)
    “non se lle dá” (gralla de acentuación, acento diacrítico)

    Gústame

  2. Moi boa entrevista. Boa colaboradora e preguntas axeitadas. Esta conversa fíxoseme, por así decilo, familiar. Digo isto porque, na maioría das entrevistas a xornalistas, as respostas das nosas compañeiras seguen a mesma tónica: “Sei que pasa, pero eu, por sorte, non o sufrín”, ou semellantes. Esta reflexión faime pensar sobre si realmente é certo que non viviron situacións de acoso ou discriminación, ou si o que fan é ocultalo.
    Oxalá fora certo que estas situacións deixan de existir e cada vez menos xornalistas sofren este tipo de prácticas, iso significaría que o noso mundo e a nosa materia segue avanzando con paso firme cara un futuro mellor.

    O que me fai dubidar da tan perseguida igualdade son os datos que aporta a noticia que deixades no voso post, onde se seguen vendo notables diferenzas por razón de xénero.

    Respecto ao tema da folga, gustaríame saber si Laura Queijeiro, xa que acudiu á folga e manifestación feminista, tamén formou parte do proxecto do Manifesto “Las Periodistas Paramos”.

    LA VANGUARDIA: Más de 5000 mujeres periodistas promueven un manifiesto contra el machismo en los medios. http://www.lavanguardia.com/vida/20180302/441187929165/mujeres-periodistas-manifiesto-machismo-medios.html

    Gústame

    1. É evidente que, na maioría das ocasións, as vítimas do acoso non levantan a voz por medo. Facelo pode pór en perigo tanto a súa carreira como a súa situación persoal ou profesional. Son poucas as mulleres que afrontan o perigo de denunciar determinada situación, pois o habitual é pasalas por alto ou restarlle importancia. Un exemplo recente desta valentía é o caso de Iria Pinheiro, actriz da TVG que denunciou ao director do programa “Con amor e compañía” por tocamentos, humillacións, insinuacións e comentarios no eido laboral. Para ela, isto chegou a ser tan insoportable que sofreu insomnio e ansiedade.

      Ademais, ás veces, nin as mesmas mulleres perciben o machismo que se cingue sobre elas, sobre todo os comentarios referentes ao seu aspecto físico -e que pasan desapercibidos xa que se entenden como “piropos”-. Sen embargo, a súa presenza, aínda que silenciosa, é innegable, e non por non velo deixa de existir: a violencia machista obsérvase nas situacións máis insignificantes -ou normalizadas na sociedade-.. O seguinte vídeo de El País exemplifica moi ben algúns destes casos.

      Pérez de las Heras, N. e Martínez, C. (2018, 10 de abril). Feminismo para torpes: ¿Esto es acoso?. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/04/09/mujeres/1523286518_485744.html

      Salgado, D. (2018, 9 de abril). A actriz Iria Pinheiro denuncia ao director do programa da TVG “Con amor e compañía” por acoso. Sermos Galiza. Recuperado de: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/actriz-iria-pinheiro-denuncia-director-amor-compania-acoso/20180309094554066839.html

      Gústame

      1. Paréceme moi correcta, tanto a túa resposta coma a peza audiovisual que nos deixa El País para aclarar e visibilizar. dun xeito dinámico, todo o tema do acoso por razón de xénero.
        O exemplo de Iria Pinheiro déixame con máis dúbidas. Isto é así porque a actriz denunciou o acoso sofrido cando xa non estaba traballando na serie, senón que xa facía varios meses que o rodaxe rematara.
        Quizáis deberíamos implantar algún modo para garantir de seguridade a todas aquelas persoas que sofren este tipo de acoso, especialmente no ámbito laboral, xa que están en xogo moitas cousas.

        Algunhas institucións xa comezan a establecer protocolos para a protección dos denunciantes de situacións de acoso laboral, o que debería facer que se vaian perdendo os medos. Aquí un exemplo: https://www.trendencias.com/psicologia-1/me-acosan-en-el-trabajo-pasos-a-seguir-para-poner-fin-a-esta-situacion
        Este debería ser exemplo para que o resto de entidades fagan algo similar para erradicar do mundo laboral a lacra do acoso e discriminación.

        Gústame

        1. O artículo que adxuntas é moi interesante en relación co mobbing, pero o aspecto ao que nos referimos no noso grupo é, concretamente, ao acoso sexual. Por suposto que é necesario atopar unha solución, xa non só a este problema, senón a calquera tipo de perxuízo que sofran as mulleres e que non estea recollido baixo os diversos tipos de delito que implicarían. Xustamente este tema foi tratado na nosa reunión co círculo, e tódolos membros coincidiron en que unha posible solución sería a creación dun axente externo á empresa de comunicación que analizara estes casos e intervira cando fora necesario, sen chegar necesariamente ao delito. Pode que sexa de interés botar unha ollada ao noso último post, no que falamos deste tema e aclaramos algún aspectos.

          De Innocenti, Z. (2009). Acoso sexual y laboral. Instituto Salvadoreño para el Desarrollo de la Mujer. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de: http://www.isdemu.gob.sv/index.php?option=com_phocadownload&view=category&id=36%3Aboletines-2009&download=79%3Aacoso-sexuallaboral&Itemid=0&lang=es

          Liked by 1 person

  3. Son moitos os medios que aínda hoxe buscan sexualizar a imaxe da muller; un claro exemplo é o de TVE no seu especial “Telepasión” , onde se presentaba un sketch dun hospital con homes vestidos realmente como persoal sanitario, mentres que as mulleres ían sen pantalóns. Recibiu numerosas críticas, mais a resposta do presidente de RTVE, tal e como recolle “Público” consistiu en aludir á inspiración en musicais, intentando xustificar absurdamente a sexualización da muller que se produciu no espazo.
    Outro caso é o da actriz Iria Pinheiro, que denunciou o acoso vivido por parte do director do programa no que traballaba, feito que se difundiu a nivel nacional. Entre as súas denuncias, tamén se atopaba a cuestión do vestiario. Tal e como recolle “El País”, a actriz intentou denunciar a situación ante a AAC, mais alegóuselle que ninguén daría a cara por ela. E aí se atopa a gran razón pola que moitos dos casos non saen á luz; os seus traballos dependen dos directivos dos medios e denunciar a situación suporía a perda do seu traballo.
    A muller xa ocupa un espazo menor nos medios e ademais ten que soportar que o seu papel, en moitos deles, se reduza a mostrar os seus atributos físicos. Non se valora a súa capacidade intelectual nin o seu traballo. Tal e como se recolle nun artigo de “La Voz del Sur”, hai un canon físico e estético establecido en determinados medios, e as mulleres que non entren nel son rexeitadas, independentemente de que estean capacitadas para realizar o oficio. Todo isto vai acompañado de que a sociedade ten asumida unha imaxe da muller sen credibilidade, o que se ve reflectido, por exemplo, en debates, onde ocupa un menor espazo que os homes.
    A solución a todo isto é que os responsables dos medios de comunicación comecen a crear convenios en busca da igualdade e a non discriminación da muller, respectándose os seus dereitos fundamentais. Ademais, é importante que se comecen a aplicar criterios de selección do persoal que se afasten do físico, valorando a preparación e as aptitudes para desenvolver unha determinada tarefa. Os directivos son o poder que pode cambiar a situación da muller nos medios.
    BIBLIOGRAFÍA:
    González Romero, Claudia (12 de abril de 2018). Cinco errores machistas que suelen cometer los periodistas. Lavozdelsur.es. Recuperado de: https://www.lavozdelsur.es/cinco-errores-machistas-que-suelen-cometer-periodistas
    Huete, Cristina (10 de marzo de 2018). La actriz Iria Pinheiro denuncia por acoso sexual al director de un programa de la Televisión de Galicia. El País. Recuperado de: https://politica.elpais.com/politica/2018/03/09/actualidad/1520619095_631103.html
    Redacción (10 de abril de 2018). El presidente de RTVE justifica sexualizar a las enfermeras en ‘Telepasión’: “Es una parodia de Dirty Dancing en Centro Médico”. Público. Recuperado de: http://www.publico.es/culturas/presidente-rtve-justifica-sexualizar-enfermeras-telepasion-parodia-dirty-dancing-centro-medico.html

    Gústame

    1. Piñeiro Maneiro
      Respecto á sexualización da imaxe da muller da que falas que fan os medios de comunicación, eu penso que é máis concretamente unha sexualización do seu corpo. Pero non somentes caen neste erro os medios de comunicación senón tamén a sociedade en sí. Gustaríame destacar que este fenómeno dáse en numerosas ocasións, é algo evidente. Pero, ás veces poden malinterpretarse determinados asuntos. Foi o caso dunha campaña publicitaria de Yves Saint Laurent, a cal foi tremendamente criticada e tildada de “machista” porque nela se incitaba á “sexualización do corpo da muller”. Penso, que persoalmente, se a sexualización a produce a nosa mente, o problema non quen tivese dirixido esta campaña de Yves Saint Laurent. O corpo da muller leva séculos sendo un dos máis fortes recursos da arte, e máis que criticar esta campaña habería que pararse a pensar no afán de chamar a atención, de romper cos moldes xa estabecidos: é o que fai a moda. Alesandro Michele, por exemplo, mostrou a tódalas modelos de Gucci na semana da moda de Milán con réplicas da súa testa portadas ao brazo. Foi un boom e foi un dos principais focos de atención do desfile. E diso se trata, de romper coas expectativas xa habidas.

      Cando falas do caso de Iria Pinheiro e o seu intento de denuncia ante a AAC, efectivamente, coincido en que unha das razóns de non denunciar é o non apoio por parte dos directivos. Porén, iso non quere dicir que nun ámbito moito máis grande non poida ser apoiada debido a que non a coñecen. Deste xeito, os problemas laborais que pode acarrear a demanda non teñen lugar ao contar cun maior apoio. Gustaríame destacar tamén a dificultade de probar un delito á hora de tipificalo como acoso, pois ten que terse solicitado por vía oral ou escrita; provocar na vítima unha situación hostil, humillante, intimidatoria e obxectiva; que exista entre ambos unha relación laboral, docente, ou de prestación de servizos; e vontade de dolo. Destaco estes requisitos para facer unha crítica ao texto legal que os recolle, o artigo 184 do Código Penal, pois dificulta a investigación e proba dun delito que, hoxe en día, adquiriu unha relevancia innegable.

      No que concirne aos cánones estéticos que sofre a muller, penso que está tan normalizado que debe buscarse unha solución moitísimo máis pragmática e impactante das que hai. Sería interesante que, algún día, as mulleres tomasen o seo dun plató de tv para vestir coma homes, en axuda destes vestidos coma mulleres, e retransmitisen un informativo coma se fose o correctamente establecido.

      A creación de convenios feministas é algo bastante interesante á hora de reflexionar sobre unha solución para dita problemática. De feito, os integrantes do noso círculo, como traballadores de asociacións galegas de profesionais do mundo da comunicación, pensan que sería interesante a instauración de protocolos a seguir nas asociacións. Deste xeito, se cambiaría a selección da persoal da que falas, e se podería transformar en gran medida o proceso contractual de determinadas empresas de comunicación.

      BIBLIOGRAFÍA
      – Barcelona, L. (2017, 7 de marzo). Con Yves Saint Laurent volvió la polémica. elperiodico. [Consultado el 17 abril del 2018] Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/gente/20170307/yves-saint-laurent-desata-polemica-campana-sexista-5881310
      – España. “Ley Orgánica 15/2003, de 25 de noviembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.”. Boletín Oficial del Estado. [Consultado el 14 de abril del 2018] Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2003-21538
      – Gándara, A. (2018). De cabezas seccionadas y dragones: el quién, el cómo y el significado del ‘atrezzo’ macabro de Gucci. Vogue. [Consultado el 17 abril del 2018] Recuperado de: http://www.vogue.es/moda/news/articulos/gucci-efectos-especiales-makinarium-cabezas-dragon/33340

      Gústame

      1. Estou de acordo en que moitas veces a sociedade interpreta como machistas actos que non o son. Un dos casos con máis repercusión e que se leva repetindo varios anos é o das críticas a Cristina Pedroche en noitevella pola súa vestimenta. Acúsana de machista por levar un vestiario máis atrevido, mais realmente ela transmite sempre que ninguén a obriga a levar un determinado traxe, senón que ela toma a decisión, e que precisamente por iso é feminista, pois leva o que quere cando quere.
        Pero esta situación está reflectida en todos os ámbitos, e as redes sociais teñen un grande efecto nisto. Ao buscar o nome da actriz española Anna Castillo, tal e como se relate en “Diario Sur”, aparece relacionada con publicacións nas redes nas que está espida. Ela mesma destaca o sorprendente de que unha fotografía así teña tanta repercusión e, de feito, é o primeiro que aparece dela en internet, obviando así a súa traxectoria laboral.
        É unha situación que sempre se repite; as mulleres son xulgadas por como visten e pola súa figura, e as críticas sempre están aí, leven máis ou menos roupa. Esta é a realidade que teñen que afrontar os rostros mediáticos, que por enriba dos seus traballos transcenda a súa imaxe.
        Respecto ao tema da publicidade, é un sector no que a discriminación da muller sempre estivo e aínda hoxe está latente. Atópanse mulleres submisas, en papeis secundarios e, en moitos casos, sexualizadas. E isto empeora a situación, pois a publicidade é un medio que podería aportar unha grande axuda na destrución de estereotipos, mais parece que, aínda que hai avances, non se consegue saír dunha situación de estancamento.
        Porén, iniciativas como #Over, iniciada polo Círculo de Creativos do sector, tratan de romper cos prexuízos que fomenta a publicidade. Preténdense romper as tradicións arcaicas da publicidade, buscando que tanto o cliente como as axencias renoven as súas visións das mulleres. De novo, hai que iniciar unha loita nos sectores para poder derribar os moitos obstáculos cos que se atopa a muller. A mobilización é o camiño para o cambio.

        BIBLIOGRAFÍA:
        Bellido, Isabel (14 de abril de 2018). A la actriz, premiada en 2017 con un Goya, le parece una “barbaridad” el “revuelo” por una foto que subió a su cuenta de Instagram. Sur. Recuperado de: http://www.diariosur.es/festival-malaga/anna-castillo-desnudarme-20180414001719-nt.html
        Gómez, Lula (17 de abril de 2018). La publicidad se levanta contra los estereotipos machistas. Público. Recuperado de: http://www.publico.es/sociedad/publicidad-no-sexista-publicidad-levanta-estereotipos-machistas.html
        Redacción (2 de xaneiro de 2018). Cristina Pedroche da la campanada en Año Nuevo con un discurso feminista. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2017/12/31/gente/1514739041_393818.html

        Gústame

        1. Piñeiro Maneiro
          Resúltame curioso que fales da faceta feminista de Cristina Pedroche. Realmente, á hora de levar un vestido coma o que levou, si fixo un acto feminista. É un acto feminista tendo en conta que o leva porque quere, pero, se recurrimos aos seus antecedentes, Cristina Pedroche non é máis que unha licenciada en Administración e Dirección de Empresas e diplomada en Turismo que, debido á súa beleza e os cánones establecidos dos que son vítimas as mulleres, accedeu ao sector laboral da comunicación en sustitución a outra figura vítima destes cánones (Pilar Rubio). O acto de aceptar un traballo que non se corresponde coa túa formación e cuxos motivos están silenciados é bastante machista.

          Iso si, non tiña nin idea de que Anna Castillo fose susceptible de tal discriminación. De feito, acabo de dar en buscalo no explorador e atopeime cun titular que me resultou bastante chocante: “La afición de Anna Castillo a desnudarse en Instagram”. No corpo da noticia, ademais, din que é algo bastante “habitual” -que ensine as súas curvas en Instagram- así como “non ten complexos”. Esta última frase é curiosa xa que, por que ía ter complexos? Se filosofamos sobre a linguaxe nesta frase empregada, poderiamos dicir que se lles sorprende que a actriz non teña complexos, podería o escritor deste texto dar por feito que Castillo debería telos e, por consecuente, que non cumpre cos cánones establecidos. No seguinte enlace, un xornalista fala das palabras do noso idioma que engloban a ámbolos dous sexos pero que, á hora de utilizalas, a nosa mente nos redirixe a un só sexo. Penso que che podería interesar: https://elpais.com/cultura/2018/02/23/actualidad/1519389008_808351.html

          A publicidade, coma ben sinalas, leva tempo sendo un ámbito no que hai moitas mulleres sexualizadas e sumisas pero quizais isto veña dado pola orientación da maioría dos produtos a un público feminino. Xa a nós, directamente, non nos gusta falar de público feminino xa que hai homes que consomen o mesmo que as mulleres, pero os targets son os que hai. Interesantísimo apunte que a publicidade podería ser un dos fortes recursos para rematar coa discriminación. A isto, poderíamoslle engadir un cambio dos roles a representar para un maior impacto e permanencia na mente do espectador.

          BIBLIOGRAFÍA
          – Redacción. (2018, 1 de abril). La afición de Anna Castillo a desnudarse en Instagram. ABC.es [Consultado el 18 de abril del 2018] Recuperado de: http://www.abc.es/estilo/gente/abci-aficion-anna-castillo-desnudarse-instagram-201803311319_noticia.html

          Gústame

          1. Respecto ao tema de Cristina Pedroche, o que pretendía salientar era como se cuestiona a capacidade de decisión que ela ten sobre o seu vestiario e o feito de que se confunda con actos machistas. Sen dúbida, isto está relacionado co pensamento que se difundiu -máis no pasado, aínda que no presente tamén está latente- en medios audiovisuais, influenciando á poboación cunhas determinadas ideas. Mais non relacionei ese feito con que ela ten outros estudos e accedeu á televisión por físico e non polas súas aptitudes pois, independentemente de que iso fose certo, parécenme dúas cousas moi distintas.
            Moi interesante o artigo da linguaxe, pois é certo que é a realidade que nos rodea a que inflúe nas connotacións que posúe cada palabra; unha sociedade onde o machismo segue presente, terá un vocabulario que remita a pensamentos machistas. E realmente vivimos nun mundo con gran influencia do machismo, pois se antes apuntaba ao caso de Anna Castillo, non é o único; unha muller espida, segundo os medios “revoluciona” as redes, así se presenta, por exemplo, o de Hiba Abouk en “Lifestyle”. Cabe preguntarse por que son estas imaxes noticia e non os seus proxectos, mais os mesmos artigos dan a resposta: porque incendian as redes; hai que cuestionarse pois por que sucede isto.
            A sociedade ten tan asumida a imaxe sexualizada da muller, que se lle buscan esas connotacións a todas as fotos. Como dicías noutro comentario, a arte conta con grandes obras nas que a xente está espida, pero agora unha fotografía dese carácter convértese en viral polo significado sexual que se lle aporta. E isto vese reflectido nas propias redes, nas que esas fotos chegan a ser eliminadas. E ai dúas razóns polas que se eliminan: ben porque reciben denuncias por “contido sexual”, ou porque non cumpren coas regras da propia rede. Os propios responsables das redes deciden eliminar estas publicacións, mais outras con contido racista, homofóbico ou violento, entre outros, mantéñense á vista de todo o mundo.
            Todo isto remítenos ao mesmo de sempre, a unha sociedade que ten unha mentalidade influenciada por pensamentos obsoletos e que aínda se aferra, en parte, a eles. Dende os medios de comunicación teñen o poder de cambiar isto, pois exercen grande influencia no pensamento popular, mais non o fan porque realmente son os que o seguen provocando. A loita non rematará ata que se extermine a imaxe sexualizada das mulleres e, polo tanto, os seus espidos artísticos deixen de ser noticia polo seu “contido sexual” e poidan vestir como queiran sen que ninguén as critique.

            BIBLIOGRAFÍA:
            Buitrago, Jesús (12 de abril de 2018). Hiba Abouk revoluciona las redes con un desnudo integral. Lifestyle. Recuperado de: https://www.larazon.es/lifestyle/gente/hiba-abouk-revoluciona-las-redes-con-un-desnudo-integral-JA18099356
            DonWeb (2018). Las redes sociales no te quieres ver desnudo. Donweb.com. Recuperado de: http://agencia.donweb.com/las-redes-sociales-no-te-quieren-ver-desnudo/

            Gústame

  4. A entrevista é interesante e presenta diversos temas aínda que non se afonda demasiado neles. Un dos temas que atopo máis interesantes dos tratados na entrevista é o da conciliación familiar no mundo do xornalismo, unha utopía pola que cada vez máis mulleres loitan, aínda que a reivindicación debería vir tamén dos homes. Con este fin, milleiros de xornalistas, políticos e entidades teñen xa anunciado numerosas veces adhesións a manifestos en favor da conciliación familiar e laboral. Apélase así aos directivos que compoñen a axenda informativa, con propostas como a de que as convocatorias de prensa non teñan lugar máis aló das seis da tarde.
    Este problema refléxase mediante os datos. En xeral, ser nai ou ai afecta negativamente na traxectoria laboral, algo que declararon un 21,1% dos homes e un 69,3% das mulleres según un estudio da Fundación Pfizer en 2014. Este contraste entre homes e mulleres é bastante representativo, e non acaba aquí. Fronte a un 39% de mulleres que renunciaron algunha vez a algún tipo de ascenso por teren fillos, só hai un 12,3% de homes na misma situación. Este problema non pode seguir así.
    Por último, cabe destacar que pese a propostas e campañas como a de APC pola conciliación familiar co lema “A prensa concilia”, os avances son mínimos, e aínda queda un longo camino por percorrer.

    Fontes:
    El Periódico (s.f.). Manifiesto de los periodistas para conciliar la vida familiar y laboral. En El Periódico. Recuperado de https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20080708/manifiesto-de-los-periodistas-para-conciliar-la-vida-laboral-y-familiar-197151
    Martínez, A. (2016, 4 de Mayo). La conciliación en el ámbito de la comunicación. En Dédalo Comunicación. Recuperado de http://www.dedalocomunicacion.com/conciliacion-ambito-comunicacion/
    APM. (2016, 15 de Enero). La APM lanza una campaña para fomentar la conciliación familiar de los periodistas. En APM. Recuperado de http://www.apmadrid.es/la-apc-lanza-una-campana-para-fomentar-la-conciliacion-familiar-de-los-periodistas/
    Vela, Alicia. (2016, 5 de Abril). ¿Es posible la conciliación familiar en los ámbitos del periodismo y la comunicación?. En PR Noticias. Recuperado de https://prnoticias.com/comunicacion/20151101-conciliacion-familiar-ambitos-periodismo-comunicacion

    Gústame

    1. O tema que escolliches resulta moi polémico, coma ben dis, as mulleres vense moi prexudicadas a nivel laboral á hora de ter fillos ou de crear un núcleo familiar. Un 75% das nais traballadoras recoñecen haber tido problemas laborais cando escolleron a súa maternidade. Debido ás limitacións que enfrontan as mulleres ante situación coma estas, moitas optan por retrasar o seu estado, ata atoparse nunha etapa de estabilidade laboral.
      O que máis me molesta sobre este tema é que, en moitas ocasións, as empresas optan por contratar homes, para evitar así cumprir os dereitos laborais que se lles concede ás mulleres cando se converten en nais , longos períodos de baixa e xornadas reducidas. Polo que chegamos á conclusión de que esta situación favorece á desigualade laboral e pode fortalecer tamén o teito de cristal, do que tanto falamos.
      Invítovos agora a ler una publicación do diario El PAIS, do ano 2013, no que una muller expuña a súa situación e como lle podería afectar no seu novo traballo o feito de converterse en nai.
      BIBLIOGRAFÍA:
      Elbebe.com. El 75% de las madres reconocen haber tenido problemas en el trabajo. (Consultado el 18 de abril de 2018) Recuperado de:
      https://www.elbebe.com/familia/75-de-madres-reconoce-haber-tenido-problemas-en-trabajo
      El País. (2013, 11 de marzo). ¿Te quedarías embarazada en un nuevo trabajo? (Consultado el 18 de abril de 2018). Recuperado de:
      https://elpais.com/elpais/2013/03/11/actualidad/1362996617_136299.html

      Gústame

      1. O certo é que a situación laboral das mulleres respecto a este tema, pese a que mellorou algo nos últimos anos, é desfavorable e inxusta. Existen moitos estudos que optan por entrevistar a familias co obxectivo de coñecer se algunha muller renunciou á maternidade por exercer a súa profesión, cando deberían centrar o seu estudo nas condicións laborais ou nas dificultades que se lles poñen ás mulleres dende as empresas. Segundo un estudio publicado polo xornal ElMundo, unha de cada catro mulleres renunciou á maternidade e o 53% das mulleres españolas afirma que ser nai impediulles maior proxección laboral.
        Porén, o problema real son as condicións de traballo das mulleres e das inxustizas que sofren, tal e como se fala na entrevista. A brecha salarial, os pocos postos de responsabilidade ou a sobrecualificación habitual exisida ás mulleres para exercer postos con maior porcentaxe de homes nas súas filas (homes seguramente, menos exisidos academicámente). Son innumerables as precariedades polo que hai que seguir loitando para trocar esta situación.
        Carrasco, L. (2016, 3 de Outubro). ¿Cómo es la situación laboral de las mujeres en España?. En tuempleo. Recuperado de: http://blog.infoempleo.com/a/como-es-la-situacion-laboral-de-las-mujeres-en-espana-dia-internacional-de-la-mujer/
        Portalatín, B. (2017 4 de Maio). Una de cada cuatro mujeres renuncia a ser madre por ejercer su profesión. En ElMundo. Recuperado de: http://www.elmundo.es/sociedad/2017/05/04/590b2385268e3ea96a8b4576.html

        Gústame

        1. En efecto, a loita debe continuar, pero son moitas as mulleres que, por verse en situacións coma as que estamos a comentar, abandonan a súa loita, e deixan de ser consideradas feministas. Isto explica un artigo publicado o ano pasado, no que se analiza o castigo da maternidade e se plantexa o abandono do feminismo por parte das novas nais. A xornalista está a explicar a súa experiencia persoal e reivindica o feito de ter un papel inferior a nivel laboral dende o momento no que pasa a ter fillos.

          No mundo laboral atopamos traballos e traballos, pero de seguro que, se a túa resposta é ama de casa, non figurarás como traballador nun documento oficial. Este traballo, no que por certo predominan as mulleres, non se valora do mesmo xeito porque non está remunerado. Ademais , coma costume social, tense asumido que a muller sexa a responsable do coidado dos fillos, da limpeza do fogar, da cociña… Steven Nelms quixo comprobar canto lle correspondería á súa muller traballando como ama de casa durante o período dun ano, e como non era de estrañar o resultado foi considerable. A súa muller cobraría nun ano a cantidade de 1 millón 370 mil 111 (pesos).

          BIBLIOGRAFÍA:
          Bruna, J. (2017, 14 de mayo). Maternidad castigada y como el feminismo ha abandonado a las madres. El mostrador. (Consultado el 19 de abril de 2018). Recuperado de:
          http://www.elmostrador.cl/braga/2017/05/14/maternidad-castigada-y-como-el-feminismo-ha-abandonado-a-las-madres/
          Gutiérrez, J. Cuanto vale el trabajo de ama de casa. Actitudfem. (Consultado el 19 de abril de 2018) Recuperado de:
          http://www.actitudfem.com/entorno/genero/cuanto-vale-el-trabajo-de-ama-de-casa

          Gústame

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.