A loita contra a desinformación LGTB non está perdida

Maceira Borrazás e Hueso Gutiérrez 

Como observamos nos posts anteriores, a conciencia social sobre a realidade do colectivo LGTBI é moi escasa. Educar dende o respeto e a liberdade significa tamén entender que o público debe ter nocións de temas como a diversidade sexual, a responsabilidade mediática, a discriminación positiva, o sensacionalismo, etc. Por esta razón, os medios deben estar á orde do día nestas cuestións, o que, desgraciadamente, brilla pola súa ausencia. Os medios buscan a comodidade e o sensacionalismo por enriba dunha información contrastada por parte de expertos ou persoas entendidas na materia, que axuden a non caer nos tópicos ou en diferentes discriminacións.

A importancia de estar ben informado

Para o noso círculo, a visión do colectivo LGBT nos medios é escasa; cando se abordan temas desta índole o seu tratamento é ignorante, desinformado e, segundo Alberto Hernández, xera confusión. Ao non comprender do que se fala, é imposíbel ofrecer unha información de maneira correcta polo que a poboación vese danada.

Por exemplo, outra forma de prexudicar á visualización do colectivo nos medios é a utilización de certos termos. Alberto sinala que se fai un uso incorrecto do calificativo “trans”: “Hai noticias nas que non fai falta dicir que tal persoa é trans. A prensa utilízao para xerar morbo e para estigmatizar, como nesta noticia que atopamos no diario El Correo de Andalucía, no que unha muller transexual foi agredida por un home nun bar cun vaso de cristal tras insultala reiteradamente, provocándolle feridas de moita gravidade.  ‘Agredida unha transexual nun bar da Encarnación’ era o titular empregado, cando isto non era relevante para a información. ¨Se un home é hetero e agrede a alguén non se menciona a súa condición sexual¨, sinalaba Alberto.

Os estereotipos no audiovisual

Ademais, hai moitos estereotipos que tamén están moi presentes no panorama audiovisual. Por exemplo, Alberto critica isto facendo unha referencia á famosa e galardoada película Call me by your name: “A película sucédese nun ambiente burgués, onde está todo moi normalizado. A homofobia é citada polo acalada que se encontra, pero non se ve nada máis. Os medios audiovisuais deberían analizar os problemas máis directamente, non de forma indirecta. Estereotípase a realidade”.

Falando sobre os productos audiovisuais e o tratamento do colectivo LGBT, o círculo destaca El Sexo Sentido, un documental no que se ofrece o resto de horizontes da comunidade LGBT que poden existir, sen centrarse na imaxe estereotipada que se adoita dar dos transexuais, gais, lesbianas, etc. Os nosos colaboradores tiñan esta peza audiovisual como modelo de referencia á hora de crear contido na búsqueda da fin dos estereotipos sobre o colectivo. Por exemplo, quéixanse de que no resto dos medios non aparecen as persoas non binarias, as lesbianas que non son masculinas, gais sen “pluma”, ou persoas trans que están a gusto co seu corpo e non desexan cambialo. Todo isto é clave para a visibilización e para derrocar os estereotipos que inundan os medios. Para moitos membros do noso círculo o uso de termos para referirse aos membros do colectivo son moi necesarios para lograr en certa medida a visibilidade pero, aos mesmo tempo, prensan, que tampouco pode etiquetarse a todas as persoas, pois cada quen é único e diferente.

Un exemplo desta homofobia encuberta nos medios foi o caso do xuíz Fernando Grande-Marlaska. Este maxistrado apareceu en moitos medios debido ás súas declaracións nas que expresaba a súa homosexualidade. Esta noticia foi extraída dunha entrevista na que se trataban moitos temas de actualidade que nin sequera se mencionaron nos medios. Inma Rodríguez, membro do noso círculo, defende que isto sexa destacado nun segundo plano, mentres que Nacho Núñez apunta que só debería mencionarse se ten relevancia no tema a tratar. Sobre isto, Inma aporta que debería existir unha sección dentro dos medios de LGBT e de LGBT-fobia que reúna todas as noticias importantes, e rexeita que se engadan á sección de sociedade cando nos refiramos aos medios convencionais, tanto online como prensa.

A calidade reside nos medios alternativos

Captura.PNG
Captura da páxina web Shangay, na sección de noticias LGTB

En moitos casos é moi complicado atopar medios alternativos que escriban sobre o colectivo LGTBI correctamente. De feito, moitas das páxinas de noticias sobre o colectivo LGTBI non son coñecidas pola meirande parte da poboación. Por iso, dende este blog queremos achegarvos algúns dos medios pro LGTBI que máis e mellores noticias de calidade xeran:

Dos Manzanas: É unha web que pretende tratar as principais noticias relacionadas co colectivo LGTB no ámbito político, social e cultural. Todo isto, coa participación dos seguidores da páxina como eixo de debate e reflexión. Buscan que a súa páxina sexa un punto de información e discusión.

Shangay:  É a web líder en España en información de ocio e moda do colectivo de gais e lesbianas.

Cáscara Amarga: É un portal web que baixo o lema “información dende a outra calzada” trata de combater os prexuízos contra a comunidade LGTB.

Mirales: É o medio de comunicación referente para mulleres lesbianas e bisexuais. O seu obxectivo é o de visibilizar, informar, empoderar, integrar e poñer en contacto a mulleres lesbianas e bisexuais de todo o mundo.

Se queredes coñecer máis de preto o que opina o noso círculo sobre este tema, non te esquezas de ver o noso último vídeo de YouTube.

BIBLIOGRAFÍA

 

14 comentarios en “A loita contra a desinformación LGTB non está perdida

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “o respecto e a liberdade significa” (gralla de redacción; non separa o suxeito do verbo)
    – 3º parágrafo
    “outra forma de prexudicar” (gralla de redacción)
    “que co calificativo” (gralla de acentuación)
    Repasar a transcrición da cita
    – 4º parágrafo
    “a película sucédese” (gralla de acentuación)
    – 6º parágrafo
    “Grande-Marlaska. Este xuíz” (son dúas oracións diferentes)
    “que reunise todas” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo)
    – 10º parágrafo
    ‘Acera’ non existe en galego

    Gústame

  2. Respecto da reperesentación do colectivo no mundo audiovisual, vemos un aumento na creación de personaxe LGBT e, como se explica neste artigo http://www.revistagq.com/noticias/cultura/articulos/evolucion-personajes-lgtb-series-television/26343, non só en cantidade senón en diversidade e tamén na profundización que se realiza neles. Xa non só existen personaxes LGBT secundarios e estereotipados, senón que pasan a ser tamén protagonistas.

    É así como a pertenencia ao colectivo comeza a ser o eixo central da trama de diversas produccións audiovisuales, visibilizando os problemas e conflictos aos que se ven expostos. Exemplos claros disto poden ser as series “Sense8” ou “Skam”, ademáis de outras como as que podemos ver aquí expostas: https://elrincon.tv/series/representacion-lgtb-series-de-tv/

    Gústame

    1. Si que é verdade que cada vez podemos ver máis personaxes en series que forman parte do colectivo LGTBI, pero en moitos de estes casos os actores que o representan son actores que na súa vida non son persoas pertencentes ao colectivo. Isto favorecería o fin dos estereotipos dentro do mundo das series ou as películas. Aínda así, hoxe en día estase a ver un aumento de persoas trans que actúan en series.

      Neste artículo: https://www.vozpopuli.com/altavoz/pantallas/estereotipos-angeles-personajes-LGTB-personas_0_1037897141.html, aparecen algúns exemplos de actores do colectivo LGTBI que fan unha boa representación da realidade das persoas que forman parte do colectivo; cabe salientar que moitos deles foron recomendados polos membros do noso círculo, por considerar que facían unha boa labor.
      Tamén tes razón en que onde se producen máis casos de aparición deste tipo de personaxes é en espazos máis independentes como Netflix, saíndo un pouco das canles habituais onde podemos encontrar as series.

      Gústame

      1. Se ben é certo que moitos destes papeis son postos en escena por actores e actrices non pertencentes ao colectivo, cando intentamos indagar sobre persoas desta profesión que o sexan vemos un claro amarillismo nas informacións que se aportan sobre estas, como podemos ver neste artigo de El Mundo: http://cinemania.elmundo.es/noticias/cambiando-de-cuerpo-los-transexuales-de-hollywood/. Parece que nestes casos non importa dar visibilización ao colectivo LGTB, senón espoñelos ao público.

        Por outra parte, é curioso que as informacións que pretenden dar visibilidade ao colectivo dentro do mundo cinematográfico sexan, preciamente, artigos que nos amosan aos actores e actrices cisheterosexuais que o apoian activamente, como ocorre neste caso: https://www.ecartelera.com/noticias/40343/actores-actrices-heterosexuales-apoyan-colectivo-lgbt/3/

        Gústame

        1. Realmente o que buscamos desde ou primeiro momento no noso traballo é evitar ese tipo de titulares, que son un exemplo de mal xornalismo e desinformado sobre o colectivo. En todo momento falamos nos nosos posts de que o problema máis grande e a estereotipación e ou sensacionalismo dous grandes medios, e o Mundo é un exemplo claro. os exemplos de trans que mencionan nese articulo o único que buscan é o estereotipo fácil, chegando nalgúns casos á ofensa na miña opinión. https://www.20minutos.es/noticia/3076924/0/transexualidad-actrices-actores-trans-visibilidad-cine-television/ Estes son algúns exemplos de actores e actrices trans que non se adaptan ao rol típico que todos vemos nos medios e na televisión.
          Doutra banda o que comentas sobre o apoio que dan persoas famosas ao World Pride é importante a nivel de dar maior visibilidade ao colectivo pero a nosa opinión é que o World Pride xa é demasiado mediático e que é máis necesario visibiliza outros movementos como o orgullo crítico aquí déixoche o noso post falando sobre o tema.https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/04/03/orgullo-critico-o-pride-non-mediatico/

          Gústame

  3. Sobre o caso que comentades de Grande-Marlaska, aínda que é certo que se fose unha persoa heterosexual non se trataría nos medios o tema da súa orientación sexual, considero que por iso mesmo pode ser interesante que se fale, xa que contribúe a visibilizar o colectivo LGTBI e a normalizalo. Que nunha entrevista do ano 2006, despois de toda a polémica que houbo coa legalización do matrimonio homosexual, todo un xuíz da Audiencia Nacional fale publicamente con naturalidade de que é gay e está casado con outro home pode rachar os esquemas preconcibidos de moita xente e os estereotipos dos que falades. Seguramente alguén do perfil de Grande-Marlaska non é o prototipo de persoa homosexual que imaxine unha persoa calquera.

    De feito, el mesmo fala disto na entrevista con Rosa Montero (https://elpais.com/diario/2006/06/11/eps/1150007214_850215.html): “Si te soy sincero, es por eso por lo que me he decidido a dar esta entrevista. Porque yo no me siento modelo de nadie, pero hay muchos chavales que viven en pequeños pueblos y que lo tienen muy difícil. Y con esto puede que se digan, mira, ese tío del que hablan tanto los periódicos también es así, entonces lo mío no será tan raro, no será tan malo. Y no es que al día siguiente lo vayan a tener más fácil, pero creo que por lo menos se van a sentir un poquito mejor.”. Polo tanto, máis que algo que destacaran os medios pola súa conta, foi unha escolla persoal súa para axudar a normalizar a comunidade LGTBI.

    Gústame

    1. Tes razón no que se refire en que as persoas da comunidade LGTBI deben ter referentes fóra dos tópicos que nos atopamos.
      Un exemplo similar ao de Grande-Marlaska foi o de Jason Collins, o primeiro xogador da NBA en declararse abertamente gay, pois este foi un exemplo para toda a comunidade LGTBI, xa que igual que Grande-Marlaska no seu ámbito, o deporte profesional, non é habitual ver a persoas do colectivo e é bo que estos sexan cada vez máis visibles. Aínda así, hai diarios que non están conformes con estas declaracións. No caso de Jason Collins o diario Marca criticou que a sua retirada únicamente foi mediatica polo feito de ser gay e non pola súa carreira. http://www.marca.com/2014/11/19/baloncesto/nba/noticias/1416421604.html
      Este tipo de acusacións son as que fan que estas persoas se vexan perxudicadas cando buscan reivindicar os seus dereitos.

      Gústame

      1. En relación ao caso que comentas, é inevitábel ás veces que o que pretende ser un paso adiante persoal para visibilizar e normalizar sexualidades non heteronormativas acabe sendo en ocasións magnificado polos medios, pasando a ser desde entón a orientación sexual a principal característica para referirse á persoa, sen ter en conta o seu talento profesional ou calquera outra habilidade. Seguramente por iso moitos pénsano dúas veces antes de revelar publicamente a súa condición sexual, ante o temor a que o que fagan a partir de entón non sexa apreciado por si mesmo.

        Un exemplo disto e da banalización que exercen ás veces os medios neste tema témolo no seguinte ránking da edición online do diario El Mundo: “Los 50 homosexuales más influyentes de España 2017” (http://www.elmundo.es/album/loc/2017/06/24/594b900de2704ea76f8b4664.html). O primeiro da lista é, precisamente, o xuíz Grande-Marlaska. A pesar de que el mesmo tomou a decisión que tomou para visibilizar o colectivo, até que punto lle gustará aparecer neste tipo de contidos?

        Gústame

        1. Ante estos temas, como dices es importante pensar qué manera es la más adecuada para referirse a esa persona, no por la orientación sexual que pueda tener la persona sino por si es relevante o no. Al igual que destacan Inma y Nacho en nuestro círculo, depende del tema que sea es importante mencionarlo o no. Por eso, la reflexión que debemos hacer los periodistas sobre el tema va mucho más allá de si se debe calificar o no a la persona; deberíamos preguntarnos cómo serán las consecuencias a las que llevará destacar la orientación sexual de la persona o no.
          El primer paso es que el periodista se de cuenta de la importancia que tiene un simple calificativo en la visibilización de un colectivo entero. Cuando todos se den cuenta de ello el paso que estaremos evolucionando como profesionales y como personas. Aquí os dejo un enlace de una noticia en el que es necesario aclarar que los dos afectados eran homosexuales: https://politica.elpais.com/politica/2018/02/21/actualidad/1519211803_496800.html

          Gústame

  4. O certo é que a pesares de toda a desinformación e estigmatización do colectivo nos medios, aínda quedan raios de esperanza. Existen algún medios, como por exemplo eldiario.es, que teñen o seu suplemento referido únicamente á temática LGTB.

    O que si ue podemos ver, é que igual son usados só para captar a atención, xa que hoxe mesmo atopei unha noticia que non é do agrado de ninguén acerca do colectivo: https://www.eldiario.es/desalambre/Putochinomaricon-Dentro-comunidad-LGTBI-racistas_0_760474763.html . Nela, un rapaz chinés critica o racista e estereotipado que está o colectivo, que, en moitos casos, semella non deixarlles cabida.

    De todos os xeitos, esta guerra do colectivo cos medios é aínda unha batalla sen gañar, xa que queda moito por facer. Ao ser humano venlle grande cambiar de aires, cóstalle porque está afeito a unha cousa e pensa que está mellor sen arranxala ou cambiala. O século XXI, en moitos casos, vénselle demasiado grande.

    Por exemplo en Rusia, ser homosexual é explícitamente ilegal e a manifestación dunha persoa como tal pode ter consecuencias terribles, como ben se vía na reportaxe de Alejandra Andrade para Cuatro en Fuera de Cobertura: https://www.cuatro.com/fueradecobertura/temporada-01/Alejandra-Andrade-enfrenta-homofobia-cobertura_0_2277975623.html . O certo é que eu descoñecía as consecuencias que podía ter ser do colectivo en Rusia antes desta reportaxe, polo que destaco o seu carácter informativo.

    Tamén cabe destacar o factor da memoria histórica, xa que, aínda non hai moito tempo, durante a ditadura, en España, ser gay era ilegal e estaba penado. Sen ir máis lonxe, o cantante Miguel de Molina tivo que fuxir a Arxentina despois dunha malleira polo feito de ser homosexual, e por riba, republicano.

    Gústame

    1. Persoalmente non entendo moi ben o que comentas de que os medios só buscan captar a atención poñendo de exemplo a denuncia de putochinomaricón en eldiario.es. Non creo que esa noticia non sexa do agrado de ninguén do colectivo, máis ben ao revés, só non é do agrado daqueles que pertencen ao colectivo e efectivamente son racistas. Polo demais, na miña opinión é moi necesario salientar nos medios este tipo de situacións invisibilizadas, como é o racismo dentro do movemento LGTB. Desde logo, todxs somos educados nunha sociedade cisheteropatriarcal e racista, e os membros de colectivos oprimidos non son unha excepción, polo que a poboación branca desde colectivo debe tamén analizar os seus comportamentos racistas para erradicalos. De feito, atopei esta noticia que fala como a túa da discriminación das apps de ligue gay. (https://www.vice.com/es/article/xy7q4a/apps-gay-discriminacion-lgbt) Nela destácase a posición máis privilexiada dos homes cis gays brancos sobre o resto do colectivo. “Se es negro e estás online nunha app de ligue, dáse por sentado que buscas sexo, que es pollón, que es activo e que non ties corazón” comenta un rapaz negro no mesmo artigo.

      Por outra parte, o feito de que a reportaxe de Alejandra Andrade te permitira coñecer a situación de opresións das persoas homosexuais en Rusia é unha proba da utilidade dun xornalismo enfocado a denuncias as inxustizas sociais. Os medios de comunicación son formadores de opinión pública, e polo tanto teñen unha responsabilidade sobre a información que difunden. Invítote a visitar o noso post ‘Como falan os medios sobre o colectivo LGTBI?’ (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/03/06/como-falan-os-medios-sobre-o-colectivo-lgtbi/). Como se indica no Portal Europeo da Xuventude: “Estes medios de comunicación (..) levan, nun sentido xeral, á universalización da cultura de masas, ensanchando os horizontes, propoñendo novos modelos sociais, conductas, valores, etc. que xeralmente responden a unha ideoloxía dominante, aínda que moitas veces, estean alonxados da realidade”. (http://europa.eu/youth/es/article/39/43440_es) Este alonxamento da realidade do que falan ten graves consecuencias: a invisibilización. Aínda que moitas realidades existan, senón están representadas nos medios de masas e non teñen un nome propio é como se non existiran, dando lugar a unha desinformación inaceptable.

      Gústame

      1. Acerca do último que comentabas, de que os medios forman, educan, e xeran unha conciencia na sociedade, debo de darche a razón. O certo é que os medios son un factor clave para determinar de que se fala, que se acepta e que papel ten cada cousa no ámbito social. No caso do LGTB, os medios están a afrontar unha realidade que representa un proceso de aceptación longo e ralentizado por determinadas ideoloxías. O certo é que hoxe ser homosexual é doado mentres se cumpran os estereotipos da noticia que comentas, o que é inxusto, pero que acontece polo xurdimento dunha burguesía gay filla do capitalismo. Déixoche aquí un post dun blog ao respecto: http://www.banderarojacanarias.org/2016/10/la-integracion-de-la-homosexualidad-en.html .

        De feito, por iso mesmo cabe destacar o noso país como un modelo de turismo gay. Xuntando o carácter semipasivo e o amor polos cartos dun español medio, a aceptación foi rápida coma un raio e axiña xurdiron mentes brillantes que, de certo modo, se aproveitaron do auxe intalando negocios e festas adicados e pensados para xerar ambiente gay. Para isto, habería que falar en cifras. Sabías que o turismo LGBT aporta seis mil millóns de euros á economía española? Déixoche un artigo con cifras: https://www.hosteltur.com/113283_turismo-gay-triunfa-espana.html . Aquí tamén se fala do perfil da persoa media do colectivo.

        En resumo, a pregunta ao respecto é: Estase aburguesando o movemento? Estase perdendo a esencia da loita?

        Gústame

        1. O que comentas de que ser homosexual é doado mentras se cumpran uns estereotipos paréceme un erro. De feito, aínda que como indicas en España a homosexualidade en concreto non está completamente rexeitada. Por exemplo, como indica o Observatorio de somoschueca, tan só en Madrid no 2017 tiveron lugar case 300 agresións homófobas (http://www.somoschueca.com/287-ataques-homofobos-en-madrid-2017-segun-el-observatorio-madrileno-contra-la-lgtbifobia/).

          Por outra parte, en relación ao artigo que adxuntas sobre o denominado ‘turismo gay’ gustaríame resaltar a parte negativa do emprego dese termo, así como a diferenciación do turismo gay do hetero, o que supón unha discriminación clara ao facer unha distinción innecesaria. Persoalmente non entendo que ten que ver a sexualidade dunha persoa no seu modo de viaxar, e aínda así, entendo que a realidade das persoas homosexuais é moi distinta ao ser a súa orientación sexual o único que teñen en común en moitas ocasións. A isto gustaríame engadir o machismo implícito no termo ‘turismo gay’ ao deixar de lado ás mulleres homosexuais, coma se a homosexualidade masculina fora a que abrangue ao resto. Sobre isto adxunto este artigo sobre o machismo que aínda existe dentro do colectivo LGTB (https://smoda.elpais.com/feminismo/a-la-cola-del-orgullo-por-que-pervive-el-machismo-en-el-mundo-lgtbi/).

          Gústame

Deixa unha resposta a maceirasite Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s