Educomunicación ou educación mediática?

SOUTELO CHARLE; VÁZQUEZ MARTÍNEZ

A evolución das doutrinas sobre medios de comunicación comunitarios avanzou de forma moi diferente dependendo do lugar no que reparemos. Existen dúas correntes principais: a sudamericana e a europea. Comezando pola primeira das dúas teorías nomeadas, podemos dicir que, baixo o nome de educomunicación, a evolución chegou a un punto no que se pode definir como “a dinámica ambivalente entre a comunicación, a educación e a comunidade”, segundo a doutora en Comunicación e Xornalismo Carme Mayugo.

Pola súa parte, a rama europea rematou por chegar a unha concepción puramente anglosaxoa, a chamada Media Literacy, definida como unha ferramenta para “desenvolver habilidades de pensamento crítico, comprender como as mensaxes dos medios forman a nosa cultura e sociedade, nomear as técnicas de persuasión e recoñecer a desinformación e as mentiras”, como se pode ler web da Media Literacy Project.

A situación social e o contexto latinoamericano son as principais causas desta evolución. Como dice Diego Horschovski, da revista Lume, o clima hostil coa sociedade actúa como unha motivación para loitar por conseguir máis dereitos e mellores condicións de vida. Unha das armas empregadas pola cidadanía sudamericana é a comunicación comunitaria, canalizada a través das asociacións e os obxectivos comúns, como a educomunicación. Baixo o paraugas desta última, as comunidades aprenden a loitar polos seus intereses e a desenvolver un pensamento crítico e independente.

A sociedade europea, moito máis acomodada históricamente, non tivo esta necesidade de loita e de revolta. É por iso que hoxe o movemento do xornalismo comunitario evolucionou cara a unha versión menos combativa, centrada máis ben na teoría que na acción, tal e como se demostra a través das definicións anteriormente ofertadas. Carme Mayugo afirma que a educación mediática é unha vertente que serve para “minorar os efectos psicosociais dunha sociedade crecentemente multipantalla e mediada polos medios de masas”. Polo tanto, esta definición apártaa da vertente combativa da educomunicación.

As doutrinas da educación mediática están ampliamente extendidas polo continente europeo, mais os grandes medios tradicionais non parecen poñelas en práctica. Peter Lewis, profesor titular en medios comunitarios na London Metropolitan University,  declara neste sentido que “a existencia dos medios comunitarios, as radios en particular, débese a unha ausencia nos medios hexemónicos de programas para grupos marxinalizados” e engade que “os grandes medios de comunicación distorsionan, desatenden e mesmo ignoran as súas necesidades cando deberan ser a súa voz tamén”.

As radios comunitarias son exemplos de entidades que se formaron no seo da educación mediática, como afirma o profesor Lewis. Existen medios deste tipo no noso entorno, como a radio comunitaria Radio CampusCulturae, nacida baixo o amparo da Universidade de Santiago de Compostela. Toni España é membro fundador deste organismo e, baixo o seu criterio, en España e Europa non se produciu unha evolución cara á educomunicación porque a sociedade do vello continente está máis acomodada que a de Sudamérica: “dá a impresión de que estes movementos aquí non fosen necesarios”.

Bibliografía

Mayugo i Majó, C. (2015). La confluencia entre educomunicación y comunicación comunitaria en las prácticas de creación audiovisual participativa (tesis doctoral). Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela. Recuperado de https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/14611/rep_1105.pdf?sequence=1

Revista RICD. (30 de xuño de 2015). Conversa entre Sonia Livingstone e Peter Lewis sobre medios comunitarios e educomunicación. [Archivo de video]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=HeiAnqpqBzw

EFE. (13 de febrero de 2014).La primera radio abierta de la USC, campUSCculturae, ya está en las ondas. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/02/13/primera-radio-abierta-usc-campuscculturae-ondas/00031392307761287339767.htm

 

10 comentarios en “Educomunicación ou educación mediática?

  1. A corrixir:
    – ou educación mediática?” (gralla de redacción)
    – 1º parágrafo
    “ [a evolución] avanzou de forma” (concordancia do verbo co suxeito en singular)
    – 4º parágrafo
    “evolucionou cara a unha” (estrutura cara a +)
    ‘Amortiguar’ non existe en galego
    “esta definición apártaa” (gralla de acentuación)
    – 6º parágrafo
    “evolución cara á educomunicación” (estrutura cara a +)
    “dá a impresión” (gralla de acentuación, acento diacrítico)
    “non fosen necesarios” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ser)

    Gústame

  2. A manipulación que exercen os medios de comunicación sobre unha sociedade é algo evidente, cando xa durante as guerras empregábanse os medios de comunicación para influír nos ideais dos cidadáns. Esta manipulación é, aínda que observable, discreta. O intelectual estadounidense Walter Lippmann, foi un dos pioneiros en escribir acerca dos medios de comunicación de masas. Lippmann compara á audiencia cun rabaño desconectado, o cal precisa ser guiado polas clases gobernantes (neste caso, os medios). Ao fin e ao cabo, son os medios coa súa manipulación os que alteran o funcionamento da sociedade.

    Se os medios de comunicación, polo tanto, teñen tanta influencia na nosa vida, a educación mediática paréceme algo aínda máis importante, porque como dicides, estase a encargar de minorar os efectos que teñen os medios sobre nós, polo tanto, de controlar o seu poder. É posible que se non existisen medidas coma estas non habería ningún tipo de control, e podería afectar á sociedade cada vez máis.

    BIBLIOGRAFÍA:
    The Vigilant Citizen. (2013, 7 de mayo). Teorías de control mental utilizadas polos medios masivos. Tercerainformacione.es (Consultado el 15 de Abril de 2018). Recuperado de:
    http://www.tercerainformacion.es/antigua/spip.php?article51327

    Gústame

    1. Totalmente de acordo, os medios de comunicación hexemónicos levan manipulando a sociedade de xeito evidente dende practicamente a súa aparición. Polo menos entendendo manipulación no sentido de impor unha linguaxe dominante nos medios, unhas formas de actuar establecidas que xeran ou configuran un panorama moi complicado para medios ou alternativas por dicilo así contrahexemónicas.
      Dende o momento no que os medios de comunicación de masas dependen completamente da súa financiación baseada na publicidade e en normalmente grandes empresas privadas que financian varios medios, compréndese o interese privado que está detrás sen ir máis lonxe da Radio, Televisión e Internet.
      Tal e como se pode observar neste gráfico sobre as empresas que están detrás dos medios de comunicación en España: https://ssociologos.com/2012/09/25/quien-esta-detras-de-los-medios-de-comunicacion-en-espana/

      A linguaxe non é inocente, e unha palabra pode cambiar o sentido dunha noticia para variar o concepto que tiñamos sobre un acontecemento. A adxectivación negativa para tratar noticias relacionadas con temas delicados para a sociedade tales como manifestacións, movementos sociais… etc. e outro dos métodos que exercen os medios de comunicación de masas.

      La mirada del Mendigo (9 de Xulio, 2012). Los dueños de la información II. WordPress. Recuperado de https://esmola.wordpress.com/2012/07/09/los-duenos-de-la-informacion-ii/

      Gústame

      1. Non temos dúbida que os medios de comunicación son o cuarto poder do estado, polo tanto saber de onde provén a información é un punto moi importante. No ano 2014, saía publicado un libro do xornalista Jacobo Rivero, no que analizaba a política de Podemos e polo tanto contaba con declaracións do líder do partido. Iglesias afirmaba nesta publicación que os medios de comunicación teñen que contar con mecanismos de control público. Para o líder de Podemos o problema que supón a privatización dos medios é que a lóxica do seu funcionamento é o beneficio económico. O que él vota en falta, polo tanto, é a calidade da información e o interese social. Que creedes vos? É preciso vincular a información cara uns beneficios económicos? Ou optades pola preferencia dunha información de calidade e veraz?

        BIBLIOGRAFÍA:
        García de Blas, E. ( 2014. 3 de julio). Iglesias: “Los medios de comunicación tienen que tener control público”. El País. (Consultado el 18 de abril de 2018) Recuperado de:
        https://politica.elpais.com/politica/2014/07/03/actualidad/1404411245_142299.html

        Gústame

        1. Nós apostamos pola información sen ningún tipo de dúbida. Na nosa acción final do pasado Martes, que constitíu nun debate sobre a cultura hexemónica nos medios de comunicación, Charo Lopez, de http://novas.gal/ afirmaba que o seu medio tiraba un pouco máis ao tradicional e seguindo a súa liña editorial sempre contrastan fontes e seguen uns valores e compromisos ético-culturais que non se atopan na axenda mediática dos medios de comunicación de masas.
          Ben é certo que os medios de comunicación precisan de ingresos para elaborar información pero para nós o correcto tería que ser a través dunha boa praxe do xornalismo conseguir eses ingresos e non ao revés, xa que moitos medios hexemónicos se atopan subvencionados polas diversas administracións sen ter ningún tipo de control sobre a información que ofertan ao público. A publicidade e as subvencións se reparten entre os medios privados sen obxectividade nin transparencia. Os cidadáns gastámonos máis de 2.000 millóns de euros en subvencionar ás televisións e radios públicas, mentres que o goberno reparte en términos de publicidade institucional e comercial, unha cifra que ronda os 170 millóns de euros. Con estas cifras enténdese perfectamente que os medios de comunicación hexemónicos non teñan ningún tipo de reparo en coidar o máis mínimo a forma na que elaboran e ofertan a súa información.

          Sanclemente, J. (2014, 16 de Xullo). “El control político de los medios de comunicación”. En Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/zonacritica/control-politico-medios-comunicacion_6_409869024.html

          Gústame

  3. En canto á educación mediática, é certo que sería moi importante inculcar ese tipo de pensamento crítico na nosa sociedade, sobre todo comezando por nenos e xente nova en xeral, que soe estar perdida en canto á selección da información e son fácilmente manipulables. É por iso que, no 2008, o Parlamento Europeo propuso crear e impoñer nas escolas unha asignatura de, precisamente, educación mediática. O obxectivo práctico era o de saber diferenciar entre a información básica e a manipulada, ter claro que toda noticia debe de pasar primeiro por un filtro e, polo tanto, axudar a configurar este filtro. Resaltan, ademais, a importancia desta capacidade de selección de información para centros de nenos con “necesidades especiais”.

    De todas formas, considero que a creación de medios comunitarios quizais non debería de ser impulsada dentro da educación mediática como unha alternativa viable polo de agora. Principalmente porque no noso país a esta práctica se lle presentan moitos impedimentos para desenvolverse con total liberdade. Sen ir máis lonxe, o Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas está a investigar a España por non asignar licencias a medios comunitarios como, por exemplo, a radio barcelonesa Ràdio Televisió Cardedeu. En Galicia tamén se plantexaron problemas, especialmente con radios comunitarias. No 2012, a cadea Cuac FM foi rexeitada dun concurso para obter licencia organizado pola Secretaría Xeral de Medios só por ser unha radio sen ánimo de lucro. Por iso, quizais é mellor centrarse en que o Estado recoñeza este tipo de medios como medios igual de lícitos que os tradicionais antes de plantexalo como a opción idónea para poñer en práctica a educación mediática recibida.

    BIBLIOGRAFIA:

    ELPAÍS (16 de diciembre, 20008). La UE propone crear la asignatura de “Educación mediática”. El País. Recuperado de: https://elpais.com/sociedad/2008/12/16/actualidad/1229382001_850215.html

    PÚBLICO (14 de marzo, 2018). La ONU investiga a España por dejar sin licencia a los medios comunitarios. Público. Recuperado de: http://www.publico.es/culturas/medios-comunitarios-onu-investiga-espana-medio-comunitario-licencia-tv.html

    Pampín, M. (22 de agosto, 2012) El reparto de licencias de radio veta a las comunitarias. El País. Recuperado de: https://elpais.com/ccaa/2012/08/22/galicia/1345657848_258731.html

    Gústame

    1. Os medios comunitarios viábeis existen, e deben ser coñecidos e tomados como exemplo. Se partimos dunha base de educación mediática marxinando aos medios comunitarios volvemos ao problema de sempre. Se ben é certo que en España non hai demasiadas facilidades por parte dos órganos de poder á hora de desenvolver este tipo de proxectos, a solución nunca pode ser a marxinalización. Precisamente debería inculcarse e promoverse a creación de novos proxectos alleos aos medios de masa convencionais, de xeito que nalgún momento, o que hoxe en día se considera “alternativo”, quizais mañá poida convertirse en mainstream, e ese é o obxectivo.
      Algo así está a pasar, por exemplo, co feminismo, que nos últimos anos está tomando as principais cadeas de roupa e todo tipo de media, fenómeno que como se explica neste artículo de El Salto, https://www.elsaltodiario.com/el-rumor-de-las-multitudes/la-moda-del-feminismo, prodúcese pola capacidade de capturación do capitalismo de incluso “aquelas expresións políticas, sociais ou culturais nun principio enfrontadas ao discurso e prácticas dominantes”. Así, o capitalismo pode facer propios principios que nada teñen que ver con él para a súa aceptación social, algo que por outra parte pode favorecer a estas prácticas convertíndoas en mainstream ou comunes, é decir, nada fóra do normal.

      Artés, J., Martínez, M. (2018, 27 de febrero) La “moda” del feminismo: relato sobre la vida y la muerte del sistema capitalista. En El Salto. Recuperado de https://www.elsaltodiario.com/el-rumor-de-las-multitudes/la-moda-del-feminismo

      Gústame

  4. Dende o meu punto de vista, o exemplo que escolles non é do todo adecuado. As prendas de vestir con sloganes ou frases de índole feminista non son unha representación da normalización do movemento, máis ben todo o contrario. Estaría ben que agora a moda sexa ser feminista, e levar unha camiseta na que se pode albiscar “we should all be feminists” ou “girls just wanna have fun-damental rights” se as mesmas non violaran os dereitos das mulleres. Igual que neste artigo de El Periódico: https://www.elperiodico.com/es/entre-todos/participacion/quien-fabrica-las-camisetas-feministas-las-grandes-cadenas-textiles-120981 , deberiamos de preguntarnos quen é o resposable de crear estas prendas dentro de cadenas masificadas e famosas pola explotación laboral, especialmente cara as súas traballadoras mulleres.

    Isto non é ningún segredo. De feito, este 8 de marzo moitas empleadas da industria textil saíron á rúa a protestar pola precariedade das súas condicións laborais en Bangladesh. Se unha camiseta custa 7,95 euros é de ilusos pensar que quen as fabrica cobra pouco máis que iso ao día. O obxectivo principal desta manifestación era precisamente, en palabras literais, o de “protestar contra o acoso nas fábricas, a discriminación e o de reclamar un salario digno”.

    Si que estou de acordo, con todo, con que os medios alternativos deberían de recibir unha, digamos, promoción. A propia UNESCO defiende esta práctica. Na súa páxina web: http://www.unesco.org/new/es/office-in-montevideo/comunicacion-e-informacion/desarrollo-de-los-medios/medios-publicos-y-comunitarios/ falan do beneficio que aportan á nosa sociedade, sobre todo en canto ao mantemento da democracia e a intentar reducir o monopolio que as grandes empresas posúen sobre a información. Respaldan os principales valores morales do xornalismo de manter o pluralismo nos medios e a diversidade de contidos. A pregunta é como podemos facer para que os grandes conglomerados empresariais e os poderes políticos diesen de poñer trabas ao libre desenvolvemento deste tipo de prensa.

    BIBLIOGRAFIA
    Vicente, L. (14 de marzo, 2017) ¿Quien fabrica las camisetas feministas de las grandes cadenas textiles? El Periódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/entre-todos/participacion/quien-fabrica-las-camisetas-feministas-las-grandes-cadenas-textiles-120981
    Eldiario.es (7 de marzo, 2018). Estas mujeres que fabrican tu ropa saldrán a la calle el 8M contra su explotación laboral. Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/desalambre/mujeres-ropa- Bangladesh_0_747526176.html
    UNESCO. Medios Públicos y Comunitarios. UNESCO. Recuperado de: http://www.unesco.org/new/es/office-in-montevideo/comunicacion-e-informacion/desarrollo-de-los-medios/medios-publicos-y-comunitarios/

    Gústame

    1. Eu non estou falando das condicións boas ou non das traballadoras desas cadeas. Como xa indiquei no comentario anterior, o capitalismo captura incluso os discursos contrarios ás prácticas dominantes. En canto a cómo facer para que os grandes conglomerados empresariais e poderes políticos deixen de poñer trabas, quizais axudaría unha maior cooperación e asociación entre os medios comunitarios e alternativos, para ter máis forza deste xeito e conseguir os seus obxectivos. É o caso de redes como a Asociación de Radios Universitarias, que integra a unha veintena de radios universitarias emitidas dende diferentes puntos en España, ou a ReMC, que defende os fina dunha diversidade de medios e prácticas de comunicación ciudadanas dentro do chamado tercer sector.
      Este tipo de asociacións fan ver aos medios alternativos e danlles forza, pero mentres os medios de masas sigan a disposición do poder político e os seus antoxos, os medios alternativos van a ter que seguir loitando pola súa supervivencia, algo do que falamos no noso último post, mostrando a situación deste tipo de medios en varios países europeos https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/04/19/como-e-a-situacion-dos-medios-alternativos-en-europa/

      RICCAP. Redes de comunicación alternativa. En Riccap. Recuperado de
      http://www.riccap.org/redes-de-comunicacion-alternativa/

      Gústame

Deixa unha resposta a carmengrandio Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s