Os mitos veganos

Pérez Permuy, Viqueira Valero

Esta vez, contactamos con Lucía Cebreiro, activista polos dereitos animais, para tratar un tema que cada vez está máis ao día: o antiespecismo. Este movemento xorde tras ser conscientes do que é o especismo: unha discriminación xustificada cara aos animais por pertencer a unha distinta especie. Adóitase facer un paralelismo con outras disriminacións, como o sexismo ou o racismo. Nestes casos, vese claramente que estas discriminacións non deberían acontecer, pero no caso dos animais aínda non se ten moi claro se esta discriminzación debería acontecer ou non.

Os animais tamén sofren como podemos facelo os seres humanos, polo cal téndese a xustificar esta discriminación polo nivel de intelixencia de cada especie, querendo pór ao ser humano nunha posición superior ao resto de seres vivos. Por outra banda, tamén hai persoas que por diversos motivos teñen reducidas estas capacidades propias das persoas, e non por iso son motivo de discriminación, como explican dende Igualdad Animal.

Lucía Cebreiro conta que o efecto que ten a nivel personal ser conscientes do especismo non é repentino: “non se chega un día disposto a cambiar todo o que se está facendo, senón que é algo progresivo que se vai asentando dentro dun mesmo ao longo do tempo. Ao ser consciente das discriminacións que os animais sofren, comézanse a cambiar as actitudes e accións que se adoptan respecto deles, sen que sexa tan difícil como a maioría da xente quere crer”.

Como se nos mostra dende Ética Animal, unha das consecuencias do pensamento antiespecista é o veganismo, e aproveitamos esta ocasión para tumbar algúns mitos que a sociedade creou arredor desta actitude e forma de vida. Téndese a ter unha visión idílica do mundo natural como hábitat dos animais, por iso é un tema controvertido falar de como afecta o antiespecismo aos animais domésticos: debemos seguir domesticándoos ou estarían mellor no medio natural? A resposta é que realmente non ten por que ser o mundo natural o mellor para todos os animais, posto que tamén sufren por distintos motivos, como poden ser os parásitos, por eso deberíamos ter en conta a posibilidade de seguir domesticándoos na media en que sexa favorecedor para eles.

“Algunhas personas son veganas por dieta ou por crer que mellora o medio ambiente, e non ten por que ser así”, sinala Cebreiro. Así mesmo, di que pensar que unha dieta vegana pode ser máis saúdable é erróneo, xa que existen diversas opcións para comer mal séndoo. Unha das defensas ás que as personas con dietas omnívoras soen recorrer é dicir que o veganismo é unha opción cara, cando en realidade isto non sucede así: ao igual que nas dietas omnívoras, hai posibilidades máis baratas e máis caras, o mesmo sucede nas dietas veganas, aínda que si é certo que as opcións veganas en restaurantes adoitan elevar o seu prezo respecto do resto.

Outra crenza errónea que a xente ten arredor do veganismo é que o medioambiente veríase totalmente transformado ao necesitar dunha maior extensión dos campos de cultivo. No caso de adoptar toda a poboación unha dieta deste tipo, os campos de cultivo non se extenderían, senón que ocorrería o contrario: para producir un quilogramo de carne precísanse moitos máis recursos, ademáis de ter que producir os vexetais para alimentar aos animais.

A culpa de todos estes mitos que se asentan na sociedade deberían levala os medios de comunicación tradicionais, posto que a pesar de incrementarse a información que prestan sobre este tipo de temas (aínda que soe ser en seccións especializadas como en El Caballo de Nietzsche de eldiario.es), non existe unha gran cobertura sobre o especismo, o antiespecismo e as súas consecuencias. A continuación un vídeo da entrevista que infire neste aspecto:

22 comentarios en “Os mitos veganos

  1. Pois ben, na miña opinión o especismo e unha lacra da sociedade. O feito de que o ser humano sexa unha especie superior en canto ao intelecto non nos da o dereito de discriminar aos demais animais que forman parte do noso entorno. Ser mais intelixentes non vai ligado a sobreexplotación animal.

    Por outra banda o veganismo é unha resposta social. Non creo que haxa moita xente vegana a que non lle guste a carne, moitas veces un adquire este tipo de alimentación por ideoloxía, porque si estou totalmente de acordo, o ser humano fai un consumo de carne insostible. O cambio pasa por concienciar a xente, que vexan os productos carnicos e sexan conscientes do que adquiren en realidade, e que sepan valoralo. Temos a sorte de ser unha especie privilexiada e podemos comer outras como o polo, ou a tenreira, pero sen abusar. Non nos podemos deixar levar polo lado egoísta da nosa psicoloxía.

    http://www.igualdadanimal.org/noticias/7812/cuanta-carne-se-consume-en-el-mundo
    http://cadenaser.com/ser/2017/02/08/gastro/1486576548_993325.html

    Gústame

    1. Efectivamente, cando falamos de veganismo falamos dunha resposta social ante a crueldade que exercemos sobre os animais. Esta resposta beséase no cese de consumo de productos desta orixe; por iso, o que ti describes sería o chamado “vexetarianismo”, o cese do consumo de carne. O veganismo vai máis aló; ademáis da carne, renégase dos productos lácteos, ovos, etc. como se explica neste artigo sobre as diferencias entre ambas as dúas dietas: http://www.abc.es/sociedad/abci-dietas-vegetariano-o-vegano-estas-diferencias-201709252044_noticia.html.

      Sen embargo, o veganismo non pode reducirse a tan só unha forma de alimentación, posto que a crueldade cara aos animais é empregada na industria alimentaria como tamén sucede na industria textil e cosmética, entre outras. Como ben explican dende Iguadad Animal http://www.vivevegano.org/que-es-el-veganismo.php

      Gústame

      1. Sei de sobra cales son as diferenzas. Non faria distinción en tanto aos fins que se queren obter da sociedade. Tanto Vexetarianismo coma Veganismo son condutas morais que buscan a reacción da sociedade. Que as persoas que consomen moita carne dense de conta do problema ambiental, ese e o obxetivo destas dietas. https://blogsostenible.wordpress.com/ecoarticulos/agua-y-comida/razones-para-ser-vegetariano/

        Porén e certo que o veganismo xorde coma un vexetaranismo mais radical. Pasamos de non comer carne, a reducir moitisimo a gama de alimentos. Hai que visualizar ata que punto estás comprometido coa loita contra o sobreconsumo de carne. E quizais son retrogrado pero penso que o ser humano debe comer de todo, sempre e cando sexa na sua xusta medida. Non creo que deixar de comer hovos ou leite vaia a provocar unha reacción na sociedade, e si que pode provovar unha reacción maior no teu propio organismo. http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/05/160520_salud_dieta_vegana_riesgos_il

        Liked by 1 person

        1. Respecto do riscos que pode involucrar ter unha dieta vegana para a saúde xa se pronunciaron diversos nutricionistas como Victoria Lozada, sendo ela mesma vegana (http://www.vogue.es/belleza/nutricion-dietas/articulos/vegana-dieta-comer-alimentos/30841). Tanto estes nutricionistas como a Academia de Nutrición e Dietética Americana explican que ao igual que unha dieta omnívora debe estar ben planificada para ser totalmente saudable e evitar deficiencias dos diferentes nutrientes, así o ten que ser unha dieta vegana, xa que, excepto a Vitamina B12, temos a posibilidade de obter o resto de nutrientes en alimentos de orixe vexetal, como se explica neste artigo: https://elpais.com/elpais/2017/04/18/ciencia/1492533970_022074.html

          Gústame

          1. Enton semella que o veganismo ten moitos pros. Mais si é tan maravilloso como se pinta, se todo tipo de vitaminas se poden obter a partires dun Vexetal, porque só un porcentaxe (cada vez maior), mínimo da sociedade opta por a dieta vegana ou a vexetariana? . E digo máis, o auxe que teñen ditas costumes de alimentación non terá moito que ver con xente como a da revista Vogue. http://www.bbc.com/mundo/noticias/2014/05/140522_finde_salud_nutricion_veganos_parciales_lavcocina_molecular_finde_az . Este artigo amosa moi ben o que estou dicindo, moita xente que é Vegana o fai por moda, por probarse a si mesmos, non por verdadeira convicción. Por certo Beyoncé, que se cita no teu enlace, tamén foi Vegana durante 22 días, como parte dunha limpeza espiritual.

            Estou a favor do Veganismo da xente que o sinta de verdade e que o fai por un ideal. Pero por outra banda estou moi en desacordo con xente que xoga un papel hipócrita e que despois de ser veganos un mes, volven a comer 10 kilos de carne por semana.

            Gústame

            1. Efectivamente, queda moito aínda para concienciar á sociedade dos verdadeiros motivo polos que se debería adoptar unha dieta vegana. Como se mostra neste artigo de La Vanguardia (http://www.lavanguardia.com/vida/20161102/411497580558/adolescente-veganos-moda-etica-salud.html), moitos adolescentes acoden en busca de asesoramento en este tipo de dieta para modificar o seu físico. Quizáis estos motivos e estas dietas por moda que aportas e non por verdadeira convicción se deban á pouca información que os medios de comunicación nos achegan sobre o antiespecismo e o veganismo.

              Gústame

              1. Eu creo que o problema non é que sexa cuestión de pouca información. Mais ben todo o contrario, demasiada. Ese é o asunto, canto maior é o eco dunha noticia ou dunha tendencia máis adeptos conseguirá. A desinformación ten moito que ver coa sobrecarga de contidos sobre un mesmo tema, nomeadamente nos tempos de hoxe en día, internet é a principal ferramenta de expansión de información e calquera pode facer un documento que sexa lido por outras persoas. Sen que tan sequera se comprobe a veracidade da información. Este e o principal problema que temos nos tempos de hoxe en día, non hai ningún tipo de filtro a hora de publicar. Unha mentira repetida mil veces remata sendo verdade.
                https://elpais.com/diario/2012/02/02/opinion/1328137212_850215.html

                Gústame

  2. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “pero no caso” (gralla de redacción)
    – 2º parágrafo
    Non facer unha oración-parágrafo
    – 5º parágrafo
    “omnívoras soen recorrer” (empregar a forma correcta do verbo)
    “en realidade isto” (empregar a forma correcta do demostrativo neutro)
    “hai posibilidades máis” (gralla de redacción)

    Gústame

  3. Creo que cada vez hai máis xente vegana, pero é moi difícil tomar esta decisión porque o ser humano é un gran consumidor de carne e cree nos mitos que di Lucía Cebreiro. En 50 anos, o consumo de produtos cárnicos dobrouse en todo o mundo e a OMS alerta de que este gran consumo pode provocar cancro colorrectal (http://www.elcomercio.com/tendencias/oms-arremete-consumo-excesivo-carnes.html).

    O veganismo, ao igual que o especismo e o antiespecismo, non é un tema moi tratado nos medios, e cando o fan, publican novas nas que dan “os pros e os contras” desta práctica. Falan con médicos e expertos en nutrición, sen embargo, empregan unhas liñas escasas para aportar información inútil xa que o que din, todo o mundo o sabe como nestas novas de La Vanguardia e Women’s Health: http://www.lavanguardia.com/vivo/nutricion/20161018/411070163160/dieta-vegana-pros-y-contras.html, http://www.womenshealth.es/nutricion/articulo/dieta-vegana-pros-y-contras.

    É moi importante que a poboación estea moi informada neste tema para que non caia en mitos. Quizais é por isto que os comedores infantís non presentan nos seus menús comidas veganas, tanto pola falta de información como de concienciación social. O diario El Confidencial, ten un apartado chamado “Alimente” onde se publicou esta nova: https://www.alimente.elconfidencial.com/consumo/2018-03-16/colegios-comedores-ninos-veganos_1526249/. Só está recoñecido o dereito a solicitar un menú vexetariano ou vegano en Euskadi, que ten a súa propia regulación desde fai case un ano. Quizais deberíamos aprender do noso país veciño, Portugal, cuxo Parlamento aprobou unha lei pola que todos os comedores públicos están obrigados a ofrecer, ao menos, un prato vexetariano puro. Ademais, os médicos tampouco saben que recomendarlle en moitas ocasións á xente que quere facerse vegana ou mesmo levar un embarazo vegano, porque como di a nova de El Confidencial, os médicos non recibiron este tipo de formación durante os seus estudos.

    Gústame

    1. Como ben demostran os estudos da OMS sobre que o gran consumo de carnes vermellas pode provocar cancro colorrectal, outros estudos como o elaborado pola Universidade de Oxford que foi publicado na revista PNAS demostran os beneficios que o veganismo pode aportar á saúde das persoas, pero, ademáis, aqueles beneficios respecto do medio ambiente e da economía (http://www.lavanguardia.com/vida/20160417/401162648583/puede-el-veganismo-salvar-al-mundo.html). Neste estudo tamén se fala doutro mito que a sociedade conformou arredor de casos de rapaces con deficiencias de Vitamina B12, ferro, etc. como os que se mostran neste artigo https://elpais.com/elpais/2016/08/22/mamas_papas/1471873254_453836.html, afírmase que a dieta vegana ben planificada é perfectamente aplicable aos rapaces pequenos. Isto é algo sobre o que se debería prestar máis información á hora de discutir o feito de que nos colexios se proporcionen ou non menús veganos.

      Gústame

      1. Todo o que acabas de dicir, por sorte dunha forma u outra sae nos medios. Estas novas ademais, son necesarias para que a xente non teña medo de facerse vegana. Aínda así, claro que a saúde é moi importante, pero tamén debería falarse mais quizais dos produtos elaborados con animais, coma unhas botas. Moita xente non é consciente de que é o que está comprando porque asume que é sintético. Deberían publicarse novas coma esta do diario Rioja2 https://www.rioja2.com/n-118478-2-calzado-vegano-fabricado-en-la-rioja-y-unico-en-espana/ para que a xente coñeza proxectos coma o de Ecoalkesan. Deixovos por aquí a súa páxina web https://www.ecoalkesan.com/.

        Pode ser que o feito de que famosos deportistas se pasen ao veganismo, axude á sociedade a cambiar a súa visión con respecto a esta práctica. Nesta nova do apartado de “Deporte y Vida” de As, https://as.com/deporteyvida/2018/03/23/portada/1521817417_359682.html, danse pequenos consellos para facer este tipo de dieta e ponse varios exemplos de deportistas que a seguen. Tamén actores como Zac Efron súmanse a esta práctica segundo La Vanguardia http://www.lavanguardia.com/muyfan/20180321/441774515414/zac-efron-vegano-dieta.html. Malia ser unha noticia interesante porque o feito de que un famoso diga que segue unha dieta vegana, inflúe na poboación, é unha noticia que parece insinuar que se te volves como Zac Efron, tamén conseguirás o seu corpo. Que opinades vos?

        Gústame

        1. Probablemente non sexa o máis adecuado dar un enfoque ao tema do veganismo como o que da La Vanguardia neste artigo que nos achegas. Cremos, principalmente, que someterse a unha dieta vegana tendo como obxectivo modificar o noso corpo en referencia a unha celebridade non é adecuado, posto que non todas as personas contamos co mesmo motabolismo nin vamos a conseguir resultados coa mesma facilidade, quizáis esto se deba tamén a unha certa desinformación sobre nutrición. O verdadeiro motivo polo que unha persoa debería volverse vegana é a ética, referíndonos aos animais e para acabar co seu sufrimento, como se explica a continuación https://recetasveganas.net/veganismo-por-que-ser-vegano. Posteriormente, poderíamos falar dun compromismo co medioambiente, pero un obxectivo físico pode levar a abandonar este tipo de dieta facilmente se non obtemos resultados inmediatos.

          Gústame

  4. En canto ao especismo, non resulta sorprendente que exista nunha sociedade na que unha persoa pode ser discriminada polo simple feito da cor da súa pel ou polo seu sexo. Coñecendo teorías como o antropocentrismo, é indubidable que a especie humana se cre superior a calquera outro ser vivo. Sen embargo, estilos de vida como o veganismo están tratando desfacerse de este tipo de concepcións. Dende o meu punto de vista, buscan o biocentrismo, que como ben queda definido neste artigo https://www.eldiario.es/zonacritica/Ahora-especismo-diccionario_6_721337881.html, é o tratamento de todos os animais por igual, considerándoos como seres individuais, capaces de experimentar dor e sufrimento e merecedores dun trato ético e moral. Por tanto, penso que o veganismo non é só unha dieta, senón unha forma de comprometerse cos animais e co medio ambiente, xa que grazas a este estilo de vida, a saúde do planeta pode mellorar: aforraríase auga, xa que para producir un kilo de carne son necesarios máis de 9.000 litros de auga; non se desforestarían tantos bosques; as terras adicadas ao cultivo non se esgotarían para o engorde de animais; e reduciríase o cantidade de emisións de óxido nitroso, xa que como informa as Nacións Unidas, as industrias cárnicas son as responsables do 65% destas emisións. Estes son algúns dos moitos exemplos cos que nos podemos atopar. A relación entre o veganismo e o planeta Terra queda ben explicada neste enlace: https://www.petalatino.com/blog/formas-que-ser-vegano-salva-al-planeta/

    Gústame

    1. Ademáis deste compromiso que reflexas creando unha relación do antiespecismo co medioambiente, eliminando a cantidade de recursos utilizados para producir un quilogramo de carne, podemos falar de que a explotación animal non só se reduce a ete campo. A cría de animais tamén se adica á industria textil ou para a experimentación de laboratorio, como explican dende Ética Animal: http://www.animal-ethics.org/explotacion-animal-introduccion/. Sen embaro, hai campos nos que se está levando a cabo un avance a favor da loita contra o especismo, como pode ser a prohibición de testeo de cosmética en animais, xa prohibida en Europa e de camiño a prohibirse a nivel mundial, como se explica neste artigo http://www.europarl.europa.eu/news/es/headlines/society/20180216STO98005/pruebas-de-cosmeticos-en-animales-hacia-una-prohibicion-mundial

      Gústame

      1. Entón parece que estamos logrando grandes avances á hora de falar dos dereitos dos animais, sen embargo, pódese comprobar que, a pesar de todo, e aínda que sexamos veganos, os animais seguen morrendo. Neste artigo https://www.playgroundmag.net/now/vegan-vegano-vegetariano_22670987.html explícase que para cultivar distintos tipos de vexetais primeiro realizase unha desforestación, o que fai que moitos animais morran, por outra banda, empréganse sementes envelenadas para que as especies silvestres non acaben con elas. Á súa vez, un agricultor vai empregar pesticidas para que os seus cultivos non queden destruídos. Dunha maneira ou doutra, seguimos matando animais indirectamente. É dicir, no momento no que o ser humano modifica o hábitat natural para producir vai ser culpable de mortes. Así pois, o veganismo non dá lugar a mortes directas, senón que, o que comemos como veganos dá pé a uns procesos nos cultivos nos que os animais sofren de diferentes maneiras.
        Ademais, estudos como o de Elementa, http://www.konbini.com/mx/estilo-de-vida/no-te-enganes-el-regimen-vegano-no-es-el-mas-acertado-para-ayudar-al-planeta/, sosteñen que o planeta non toleraría a produción de alimentos para a poboación en caso de que todos adquirísemos estes hábitos, xa que a agricultura concentraríase en certos produtos. Neste estudo sostense que outras variantes que serían boas para o medio ambiente serían os ovolácteovexetarianos e os flexitarianos -persoas que comen carne de vez en cando.
        Para rematar, quizais non sexa de todo saudable para o ser humano levar esta tendencia no ámbito da dieta, e non de estilo de vida -a isto refírome con empregar roupa sen animais, por exemplo-. Unha dieta vegana non sempre é saudable como se tende a pensar, por exemplo, é moi difícil conseguir o suficiente ferro e outras vitaminas, o que leva a tomar diversos suplementos. Como aquí se explica, http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/05/160520_salud_dieta_vegana_riesgos_il, é unha dieta que require ser ben coñecida para poder executala sen perigos para o noso corpo.
        Con todo isto vese, que aínda que para moitos é unha boa opción, hai outras tantas opcións eco-friendy e tamén saudables para nós.

        Gústame

        1. Como demostra o modelo matemático desenvolto por un grupo de científicos do Instituto de Ecoloxía Social de Viena dirixidos por Karl-Heinz Erb (https://www.playgroundmag.net/now/veganismo-deforestacion-medio_22662586.html), que a adopción dunha dieta vegana por parte de toda a poboación leve a un maior nivel de deforestación é outro mito instaurado sobre o tema na sociedade actual. É, ao contrario, a industria gandeira a principal causa de deforestación, sobre todo en América Latina, ocupando actualmente un 40% do solo dispoñible na Terra, como se demostra neste artigo de La Vanguardia: http://www.lavanguardia.com/natural/20160609/402370062004/la-industria-ganadera-deforesta-mas-que-el-aceite-de-palma.html. Así mesmo non é o solo o único ben que consume a industria gandeira en maior medida que a agricultora, tamén o sería, por exemplo, a auga.

          Evidentemente, para que unha dieta vegana sexa de todo saudable debe de estar ben planificada para evitar a deficiencia de nutrientes. Ao contrario do que se soe pensar, é a Vitamia B12 o único que non se pode sustituir neste tipo de dietas sen recurrir a un suplemento. Pero como explica a nutricionista Cristina Santiago nunha entrevista (http://cocinaveganafacil.com/cristina-santiago-nutricionista-vegana/), a dieta vegana para ser totalmente saudable ten que ser planificada, pero o mesmo ocorre coas dietas omnívoras, unha dieta omnívora pode provocarnos déficits de moitos nutrientes se non é correcta.

          Gústame

  5. Fátima Fernández

    O tema que tratades paréceme moi interesante á par que necesario, pois en todo aquelo que repercuta na saúde, non hai nada máis perigoso que a desinformación. Cando falades do especismo, dicides que a discriminación de certas especies se tende a xustificar polo nivel de intelixencia de cada unha delas, non obstante, o porco é un dos animais máis consumidos e como podemos ver no seguinte artigo, está considerado como un dos máis intelixentes do mundo: https://misanimales.com/los-cerdos-unos-los-animales-mas-inteligentes-mundo/

    Quizais sería interesante que mencionásedes o factor cultural, que ao meu parecer, é o de maior peso. Unha explicación a esta postura podemos atopala no seguinte exemplo: Se a dous españois lles dis que en China é normal comer carne de can, o habitual é escoitar frases do estilo de “están tolos” ou “que barbaridade”. Así mesmo, se a un americano alguén lle di que aquí é habitual comer coello, a reacción probablemente sexa a mesma.

    Por outra banda, se nos centramos no veganismo, que é como ben apuntades unha das consecuencias directas do antiespecismo, hai un punto que non tratades e podería resultar de proveito comentar: Ben sexa por principios morais ou por querer seguir o exemplo de moitos famosos, que son os que máis publicidade deron a este tipo de alimentación, a realidade é que nos últimos anos ser vegano foise convertendo pouco a pouco e, de xeito inevitable, nunha moda, con todas as vantaxes e inconvenientes que isto supón. Así pois, sen ir máis lonxe e como dato curioso, cabe destacar que segundo un artigo publicado na BBC, entre os anos 2006 e 2016, en Reino Unido os veganos aumentaron nun 350%: http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/05/160520_salud_dieta_vegana_riesgos_il

    Unha das principais trabas de que esta filosofía de vida se volvese tan popular é o feito de que existe un número considerable de persoas, sobre todo adolescentes, que deciden volverse veganos sen consultar previamente a un médico especializado. Feito que é un dos principais causantes de que posteriormente se expandise o mito de que ser vegano non é recomendable para a saúde. A continuación, déixovos por aquí un enlace a un artigo no que, o dietista e nutricionista Aitor Sánchez, aporta unha información interesante relacionada con aspectos básicos aos que se lle debe prestar atención antes de comezar o abandono de produtos que impliquen calquera forma de explotación animal: http://www.elmundo.es/yodona/lifestyle/2017/10/21/59e48495ca474121448b4665.html

    Gústame

  6. Á hora de discriminalos mediante o especismo en xeral, fálase dos animais respecto dos humanos, non entre eles, por iso se di que as cualidades intelectuales se teñen en conta, como explican dende Especismo Cero: http://www.especismocero.org/articulos/82-animales-humanos-y-no-humanos-de-la-discriminacion-al-respeto-oscar-horta.

    Respecto do porque de que a xente adopte estas formas de vida está claro que, actualmente, hai quen o fai por convicción, por moda, por cambiar o seu físico, etc., o motivo principal de pasarse ao veganismo debería de ser sempre unha consecuencia do antiespecismo, como realmente etá a suceder. Un estudo realizado a principios de 2017 afirma que o 7,8% da poboación maior de idade en España é vegana, pero ademáis engade os datos de o 78% dos enquisados indicaban selo por ética e animalismo, fronte a un 22% que o facía por saude: https://www.elsaltodiario.com/antiespecismo/cinco-cosas-o-mas-que-no-sabias-sobre-el-veganismo#

    Gústame

    1. Fátima Fernández

      Efectivamente en España si parece calar esa mensaxe, ademais de polo que xa mencionas, segundo Xavier Medina, director da cátedra Unesco de Alimentación, Cultura e Desenvolvemento da Universitat Oberta de Catalunya, predominan sobre todo razóns de índole ético-políticas, xunto cunha maior concienciación medio ambiental.  Medina tamén fai fincapé no papel desempeñado nos últimos anos polo  Partido Animalista Contra o Maltrato Animal: http://www.elmundo.es/yodona/lifestyle/2017/10/21/59e48495ca474121448b4665.html

      Así mesmo, un reflexo deste avance no noso país podemos atopalo no feito de que o número de santuarios para animais de granxa e salvaxes está en aumento, existindo xa a día de hoxe 20 en toda España. Estes son propiedade, na súa maioría,  de persoas veganas que sinalan como principal obxectivo cambiar a pirámide alimentaria tal e como a coñecemos.  Así mesmo, Laura Luengo, fundadora do santuario de animais Wings of Heart, asegura que moitos animais de granxa se converterán nas nosas mascotas do futuro. Déixovos por aquí un enlace moi interesante sobre o tema por se vos resultase de utilidade para o traballo: https://www.libremercado.com/2018-04-18/crece-el-numero-de-santuarios-veganos-en-espana-salvamos-a-las-vacas-de-ser-comidas-por-el-ser-humano-1276617257/

      Gustaríame salientar por último que esta semana tivo lugar o Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaría, no recinto de Gran Vía de Feria de Barcelona. Este acto paréceme digno de mención xa que este ano notouse un importante aumento da presencia de alimentos veganos. Cada vez son máis os que ven unha oportunidade neste segmento de mercado, que se atopa actualmente en auxe. Como ben apunta Ramón Lacomba, o responsable de saídas de negocio do grupo Citrus, a día de hoxe, na sección de sobremesas dos supermercados hai unha constante necesidade especial  para os veganos que non se satisfai.  Non obstante, se as cousas seguen a tendencia actual é posible que esta situación cambie de forma radical en cuestión de pouco tempo.  Achégovos un enlace relacionado con isto por si lle queredes botar unha ollada: https://www.elnacional.cat/es/sociedad/productos-veganos-sin-gluten-ganan-presencia-alimentaria_259437_102.html

      Gústame

      1. Ademáis de todo isto, que a presenza do veganismo aumentou en España é clara por algúns outros feitos. A demanda de pratos veganos aumentou nun 161% no 2017 respecto do 2016, como se nos aosa neste artigo: http://www.buenoyvegano.com/2017/11/14/espana-los-pedidos-comida-vegana-aumentaron-161-ano/, ao aumentar a demanda aparece unha reacción a ela que é o gran aumento de restaurantes veganos e vexetarianos, o cal en ocorrendo desde fai xa anos. Neste artigo vemos reflctido como, en 2014 medranao numero de restaurantes deste tipo nun 94% respecto do 2011: http://www.fundacionsantuariogaia.org/aumenta-en-espana-un-94-los-restaurantes-vegetarianos-y-veganos/

        Gústame

Deixa unha resposta a José Estévez Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.