Ríos, que ríos?

Fernández Facorro

Figueroa Rodríguez

A área de Santiago de Compostela é un territorio profundamente definido polos seus ríos, dado que estes conforman un dos principais recursos hídricos de Galicia.  A riqueza da flora e fauna, e mesmo paisaxística, que caracteriza á contorna fluvial da cidade constitúe un rico patrimonio, o cal non está sendo suficientemente coidado. O punto de partida desta ausencia de responsabilidades de cara a manter en bo estado o patrimonio fluvial de Santiago provén da ubicación periurbana dos ríos.

Segundo Jon, representante da Asociación de veciños en defensa do río Sarela, Santiago de Compostela é a cidade galega con máis zonas verdes. É interesante destacar que, tal e como mostra a páxina do concello de Santiago, a cidade conta con máis de 1.500.000 m2 de zonas verdes, pero na práctica, só se preocupan por manter a “cara visible” da cidade. Deste modo, céntranse en coidar a Catedral e os parques que están situados no centro, e esquécense de preservar estas zonas verdes, situadas no rural, pero polas que miles de peregrinos pasan ao longo do ano.

2 reunion.jpg

Segunda reunión co círculo de debate

 

Que fai o concello para mellorar a situación?

Mostrámoslle ao noso círculo de lectura unha noticia do Diario Marítimo onde se afirmaba que  o Plan de Medio Ambiente da Deputación da Coruña achegaría unha cantidade de 61.222 euros para restaurar a zona fluvial do Sarela. Relacionado con isto, Jon explícanos que a cantidade dos 60.000 é unha cantidade estándar que aparece nos medios cando os políticos queren saír do paso: “pero a realidade é que ese diñeiro nunca chega”.

Luís Matos, representante da Plataforma pola recuperación do río Sar, tamén denuncia a falta de mantemento por parte do goberno local e alerta de que a concentración de lixo nas contornas fluviais podería provocar un “efecto chamada”. Manuel, representante do Club de sendeirismo Vía Láctea, conta con resignación que: “aos peregrinos que pasan pola beira do Sarela non lle podes recriminar que tiren unha botella de cervexa ao río, cando nós, os propios habitantes de Santiago, somos os primeiros en facelo”.

Esta mala imaxe que da o río Sarela e o seu entorno repercute en todo Santiago, porque a cidade vive do camiño e os peregrinos non se encontran cómodos nin seguros ao facer este tramo do percorrido. “O Sarela é a ruta etnográfica máis importante do camiño e non se coida”, insiste Manuel.

De onde ven esta contaminación?

“O río é algo máxico porque se tes unha neveira vas ao río e desaparece. É capaz de levar calquera cousa, a auga limpa todo”, asevera Jon. Por desgraza, na realidade na que nos atopamos é frecuente que a xente colla a bolsa de lixo da súa casa e se dixira cara a un río para desfacerse dela. Jon afirma ter visto todo tipo de obxectos mergullarse nas augas do Sarela, dende carriños de bebé, a neveiras e candelabros, considerando estes feitos un claro problema xeracional. A sociedade acostuma a pensar erroneamente que non é o seu lixo, senón que é o lixo do río, polo que alguén xa se encargará de limpalo.

A estas denuncias súmase Matos, quen evidencia a mesma situación de abandono tanto no Sar como nos seus afluentes. Actualmente chegouse a un punto no que a xente ve zonas de determinados ríos como puntos de vertido, podendo ser atopados ata coches tirados; fanse escombreiras e a xente desfaise de electrodomésticos polo mero feito de non achegarse a un punto limpo de recollida. Esta situación exemplifícase claramente nesta noticia de La voz de Galicia, na que se mostra as pésimas condicións sanitarias nas que se atopa o río. “Tan pronto aparecen unhas lavadoras nun sitio, o lugar acábase convertendo nun vertedoiro”, declara Luís. A mala acción dunha persoa non pode ser unha escusa para que o resto da sociedade actúe da mesma maneira, e é aquí onde os órganos institucionais deberían dar maior exemplo.

Que podemos facer para evitar esta situación?

Á hora de falar de solucións, ante esta situación de desacougo hai opinións bastante diversas. Marcos Pérez, de Galicia Sustentable, asegura que para abordar o problema débese comezar por un mesmo. Pero Jon vai máis alá. “O Concello ten que facer campañas de concienciación a través de Asociacións de veciños. Martiño Noriega non sabía da existencia do barrio ata que foi invitado e pasou o mesmo co concelleiro de Medio Ambiente. Remarca ademais a necesidade de fomentar un modelo de turismo máis enfocado a esta parte verde da cidade. Pero como el mesmo di acto seguido, falta inversión: “ Son dez anos sen mantemento do paseo fluvial, moitos dos ríos galegos están completamente esquecidos”.

Para Luís, existen catro medidas claras que o Concello ten que levar a cabo para solucionar esta situación:

  • Facilitar a recollida máis activa dos residuos.
  • Facilitar lugares onde acudir: puntos limpos. No polígono do Tambre e no Milladoiro existen dous, non obstante a maioría das persoas descoñécenos. “Falta información, e isto débese a que non hai política de información por parte do Concello”, declara Luís.
  • Levar a cabo unha maior labor de control por parte da policía municipal. Identificar aos causantes e sancionalos. Pero con sancións máis equilibradas e asequibles. Luís pensa que “non interesan multas salvaxes. As sancións mínimas son de 3.000€ e non son asumibles por ninguén”.
  • Reverter os puntos negros, é dicir, identificalos e controlalos.

 

3 comentarios en “Ríos, que ríos?

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “fauna, e mesmo paisaxística, que” (pechar a aclaración)
    “patrimonio, o cal non se” (non cortar a oración subordinada cunha coma)
    – 2º parágrafo
    “Segundo Jon, representante […], Santiago” (o guión é innecesario)
    – 6º parágrafo
    “se dirixa cara a un río” (estrutura cara a +)
    – 7º parágrafo
    “ata coches tirados; fanse escombreiras”
    “electrodomésticos polo mero” (gralla de redacción)
    “o lugar acábase convertindo” (gralla de acentuación)
    – 8º parágrafo
    “o problema débese” (pronome enclítico)
    “Martiño Noriega non sabía” (non separar cunha coma o suxeito do verbo)
    -9º parágrafo
    ‘Vixiancia’ non é a forma correcta en galego

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s