As demandas viarias dos usuarios materialízanse en Ourense

García Vivero

A pasada semana, La Voz de Galicia facíase eco da demanda dunha asociación que pedía a retirada dun panel informativo na cidade de Ourense. O demandante tratábase de Stop Accidentes, unha asociación de afectados por accidentes de tráfico que busca previr a violencia viaria en todas as súas formas para conformar un espazo seguro.  O colectivo consideraba que o sinal, que se atopaba no medio da calzada da rúa Vicente Risco, obstaculizaba o paso de peóns e de persoas con mobilidade reducida e, polo tanto, era necesaria a súa eliminación. A asociación rexistrou o escrito como petición formal dirixida ao concelleiro de Infraestruturas esperando unha acción por parte destes. O certo é que a cidade xa recibira felicitacións por parte da DXT polo seu bo traballo na seguridade viaria urbana e esperaban que a petición fose atendida o máis rápido posible.

Dous días despois da demanda, o concello de Ourense xa tiña retirado o panel informativo de sinalización que impedía o paso dos viandantes. O escrito que ía dirixido á Concellería de Infraestruturas foi atendido, e a asociación comunicou que o panel fora retirado o día seguinte á denuncia polos responsables municipais. O papel da prensa ten, dende logo, moita importancia en todo o suceso. A mediatización e visualización do problema obrigou á Concellería a actuar o máis rápido posible. Dende logo, isto é un bo exemplo de como se deberían atender as demandas cidadás de todos aqueles problemas que poden poñer en risco a seguridade viaria dos usuarios.

 

 

2 comentarios en “As demandas viarias dos usuarios materialízanse en Ourense

Deixa unha resposta a Mónica Palacios Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s