Familia e sexualidade dentro das barreiras físicas e cognitivas

Ruíz de Eguilaz Ayensa, Vilariño García

Todo o mundo ten dereito a casarse e ter descendencia. É por isto que a ONU recoñece o dereito das persoas con algún tipo de discapacidade a casarse e ter posteridade, sen reparar en minorías estatísticas. Non obstante, isto segue a ser un tabú na sociedade.

NOTICIA 1: A familia

A noticia en cuestión atópase na sección de Sociedade de El Mundo e trata sobre Juan e Araceli, un matrimonio con discapacidade intelectual con dous fillos propios, Juan e Lucía. Esta trata de narrar a súa historia de xeito que se presentan as dificultades ás que teñen que facerlles fronte como familia, así como as calidades coas que contan e as  distintas axudas das que gozan.

Así mesmo, ao debater acerca deste tema e a súa repercusión na sociedade, o círculo de Accesibilidade, conformado tanto por especialistas como por afectados de algún tipo de dificultade, ben de mobilidade, ben cognitiva, alegan que este é un tema tabú entre a sociedade, xa sexa por falta de interese propio ou por falta de información.  De feito é común crer que se dúas persoas con discapacidade teñen un fillo este tamén vai ser portador da mesma, o cal é un erro.

Na noticia móstrase como Araceli (nai) presenta un medo ao futuro, a cando non estean presentes para coidar aos seus fillos. Este medo é xeneralizado posto que ninguén fai uso dun manual de instrucións cando se trata dun neno. Todo isto lévanos á tendencia actual da sobre-protección e ao medo á repercusión que poida ter unha mala educación. “Un exceso de cuidado y protección a las personas con discapacidad, les quita a ellas poder tener consecuencias ‘negativas’ de las que aprender” así nolo relata a asociación FADEMGA, Plena Inclusión.

A educación, como ben dixemos anteriormente, xoga un papel moi importante. O que ocorre nestes casos é que os nenos, sen darse conta da discapacidade, tenden a asociar o ‘distinto’ con algo malo. Por isto mesmo é importante que se ofreza una educación axeitada. “Etiquetamos para reducir la realidad a cosas muy concretas y manejarlo. Esto es necesario pero debemos hacer la reflexión posterior para determinar que una característica no define a las personas ni debe de ser una barrera”- FADEMGA, Plena Inclusión.

14873619411213
Juen e Araceli, matrimonio de afectados con discapacidade intelectual, acompañados dos seus dous fillos, Juan e Lucía.  Fonte: El Mundo

NOTICIA 2: A sexualidade

A segunda noticia a tratar foi publicada por El Mundo e dicía así: “La figura de los ‘acompañantes’ íntimos para personas con discapacidad física”. Esta nova fai referencia ao dereito que temos todas as persoas de expresar, compartir e desfrutar a nosa vida erótica. Podemos observar do mesmo xeito que, mentres están en marcha centros de desenvolvemento sexuais, a educación inclusiva pode que sexa un elemento clave para axudar ás persoas con diversidade funcional.

A pesar de ser considerado un tema tabú na sociedade, xa comezan a aparecer nos medios un maior tratamento dos contidos. Destaca así un programa emitido en Cuatro o pasado mes de novembro onde se relata o día a día dunha persoa cun determinado problema de mobilidade e que, debido a isto, non pode desfrutar da súa propia sexualidade. Por este motivo existen unha serie de persoas que se encargan de axudar, son as coñecidas como asistentes sexuais. Afástanse así  todo tipo de prexuízos coa finalidade de fomentar a igualdade e abrir mentes.

Para saber máis sobre este tema contactamos con Anxela López Leiceaga, Presidenta de Vigalicia, a entidade promotora e impulsora do proxecto de Asistencia Persoal en Galicia. Estes seguen o modelo de vida independente e reivindican a existencia sexual como dereito ao acceso propio do corpo. “Queremos una igualdad, libertad y autodeterminación del individuo para que cada persona elija lo que quiere hacer con su vida”. Aquí é onde os asistentes sexuais xogan un papel importante. Tras establecer un pacto entre o asistente e o asistido, o primeiro exerce o papel de ‘facilitador’ sexual e ofrece ao segundo a opción de desfrutar.

Non manteñen relacións sexuais entre eles, senón que levan a cabo aquelas tarefas que a persoa asistida non pode facer por sí mesma. Por exemplo explorar o seu corpo, masturbarse, ou mesmo conseguir posicións e movementos en prácticas sexuais con outra persoa. Hai que destacar que a persoa asistente non ten entre as súas obrigas excitar á persoa asistida, excitarse ela mesma, sentir pracer, educar ou intervir de xeito terapéutico.

15206554088670
A figura dos asistentes sexuais. Fonte: El Mundo

Este tema dá lugar a debate posto que, hoxe en día a figura dos acompañantes íntimos posúe unha imaxe algo polémica. Isto é debido á existencia duna delgada liña entre se se trata de prostitución ou non. Relacionado con esta información, Ánxela explícanos que están a loitar por unha proposición de lei co fin de que a capacidade económica das persoas con determinadas problemáticas físicas non inflúa á hora de desfrutar dun dereito tan básico como é a necesidade sexual. Propoñen así que a asistencia estea libre de retribución para que, deste xeito, se permita a toda a sociedade vivir en igualdade.

2 comentarios en “Familia e sexualidade dentro das barreiras físicas e cognitivas

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    Ao comezo da segunda oración semella faltar unha palabra
    – 3º parágrafo
    “crer que se dúas” (gralla de redacción)
    “este tamén vai ser portador” (perífrase ir + inf.)
    – 5º parágrafo
    A segunda parte da primeira oración é redundante (rol ≈ papel)
    – pé de foto
    “matrimonio afectado / matrimonio de afectados” (gralla de redacción)
    – 6º parágrafo
    “ mesmo xeito que, mentres” (separar ben a aclaración)
    – 10º parágrafo
    “liña entre se se trata” (gralla de redacción)
    “que a asistencia estea libre” (empregar a forma correcta do presente de subxuntivo do verbo ‘estar’)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s