Pódense defender os dereitos animais sen ser antiespecista?

Vidal Fiuza

No anterior post, contactaramos cunha activista polos dereitos dos animais chamada Lucía Cebreiro para falar dos mitos veganos e tamén para tratar de explicar de que se trata o antiespecismo. Deste xeito, puidemos concluír que o especismo é a tendencia de tratar aos animais coma se fosen inferiores só por motivos de intelixencia, crendo que isto danos razóns para poder explotalos. Por outra banda, tamén vimos que hai persoas que teñen estas capacidades propias dos seres humanos reducidas por diversos motivos, e que por isto non os excluímos como facemos co resto de seres vivos. O antiespecismo é a corrente que se enfronta a estas ideas e defende que todos os seres vivos temos os mesmos dereitos e somos iguais, polo que non hai xustificación pola cal os humanos poidamos pornos por enriba do resto.

Seguir lendo “Pódense defender os dereitos animais sen ser antiespecista?”

España, cuestionada pola exclusión dos medios alternativos no reparto de licenzas audiovisuais

SOUTELO CHARLE A ONU pediu explicacións ao goberno español por non conceder licenzas de televisión e radio a medios comunitarios. A denuncia interposta por ReMC (Rede de Medios Comunitarios) e Radio Televisió Cardedeu (Barcelona) tivo resposta o vindeiro 5 de marzo. A loita destes medios (veciñais, universitarios…) leva vixente toda a vida e, dende hai oito anos, está esperando unha melloría que lles permita estar dentro da legalidade. Esta … Seguir lendo España, cuestionada pola exclusión dos medios alternativos no reparto de licenzas audiovisuais

A bicicleta necesita un plan

Martínez Gómez Palacios Ferreira O sinistro do pasado xoves no que unha condutora atropelou mortalmente a un ciclista e feriu a outros nove en Calpdepera (Mallorca) volveu a poñer de manifesto os riscos ós que están expostos nas estradas os colectivos máis vulnerables coma os peóns, os motoristas e, por suposto, os ciclistas. O número de accidentes con bicicletas implicadas duplicouse nas vías interurbanas nos … Seguir lendo A bicicleta necesita un plan

Marcos Pombo: “Santiago é máis”

López Cillero, Pérez Cacharrón

Se fosemos pola rúa preguntándolle ás persoas que é o primeiro que se lles vén á cabeza cando se fala de Santiago, a maioría das respostas xirarían entorno á Praza do Obradoiro e á Catedral. Así pois, cando nos poñemos a navegar pola rede para coñecer que lugares se poden visitar en Santiago, case todas as páxinas web ofrecen un top 10  de puntos de interese e a maioría pertencen ao casco histórico da cidade. Está moi enfocado ao turismo relixioso. Pero, existe a posibilidade de que se desconxestione a améndoa da cidade vella e se logre un turismo máis sostible? Por iso, falamos con Carlos Piñón, responsable do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e con Marcos Pombo, presidente da Asociación de Veciños do Casco Histórico. Seguir lendo “Marcos Pombo: “Santiago é máis””

Marcos Pérez Gulín: “Os medios están desacreditados e xa non teñen poder de concienciar”

Fernández Soto Ferreiro Rodríguez Nas últimas semanas atopamos na prensa unha chea de noticias relacionadas cos intentos de recuperación do río Sar: políticos facendo campaña, reunións do equipo de goberno do Concello, discusións sobre a ubicación da depuradora… Sen embargo, en ningunha das noticias atopamos cales son, por exemplo, os factores que producen a contaminación. O certo é que os principais causantes da contaminación do … Seguir lendo Marcos Pérez Gulín: “Os medios están desacreditados e xa non teñen poder de concienciar”