España, cuestionada pola exclusión dos medios alternativos no reparto de licenzas audiovisuais

SOUTELO CHARLE

A ONU pediu explicacións ao goberno español por non conceder licenzas de televisión e radio a medios comunitarios.

A denuncia interposta por ReMC (Rede de Medios Comunitarios) e Radio Televisió Cardedeu (Barcelona) tivo resposta o vindeiro 5 de marzo. A loita destes medios (veciñais, universitarios…) leva vixente toda a vida e, dende hai oito anos, está esperando unha melloría que lles permita estar dentro da legalidade. Esta promesa está escrita na Lei Xeral de Comunicación Audiovisual publicada no BOE o 1 de abril de 2010, na que se garante por parte das institucións públicas “a dispoñibilidade do dominio público radioeléctrico”.

A denuncia alega que ningún servizo de comunicación audiovisual comunitario puido acceder á autorización de uso de frecuencias na modalidade de radio nin de televisión, aínda que, o ano pasado, na Proposición Non de Lei dictaba as “autorizacións temporais a servizos de comunicación comunitaria radiofónica e televisivos”. A partir de agora, España terá seis meses para dar explicacións por escrito.

“Entre as medidas de reparación que solicitamos ao Estado atópanse a planificación de frecuencias para radios e televisión comunitarias sen ánimo de lucro, as medidas de fomento do sector, a revisión da normativa de adxudicación e renovación de licenzas, a creación dun organismo audiovisual independente e imparcial e unha indemnización polos gastos xudiciais” declarou o Gabinete de ReMC. Actualmente, no noso territorio hai 200 medios comunitarios dentro da ReMC e RICCAP (Rede de Investigación en Comunicación Comunitaria Alternativa e Participativa).

2 comentarios en “España, cuestionada pola exclusión dos medios alternativos no reparto de licenzas audiovisuais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s