Marcos Pérez Gulín: “Os medios están desacreditados e xa non teñen poder de concienciar”

Fernández Soto

Ferreiro Rodríguez

Nas últimas semanas atopamos na prensa unha chea de noticias relacionadas cos intentos de recuperación do río Sar: políticos facendo campaña, reunións do equipo de goberno do Concello, discusións sobre a ubicación da depuradora… Sen embargo, en ningunha das noticias atopamos cales son, por exemplo, os factores que producen a contaminación. O certo é que os principais causantes da contaminación do río, como ben dixemos no noso anterior post, somos nós, as persoas que vivimos ao seu carón. Como sociedade non nos preocupamos polo seu mantemento cando somos conscientes de que coidar o ecosistema beneficia a nosa saúde. Ben sabemos que a depuradora antiga e obsoleta, de pouca forza para unha cidade do tamaño de Santiago, é un factor importante para que o río siga levando auga sucia polo seu percorrido. Mais, e se coidásemos o noso río, como melloraría a situación deste?

Falta de concienciación ?

Ao falar da problemática da contaminación hídrica, dámonos de conta de que o punto de partida atópase na falta de concienciación. A poboación non se ve inmersa no coidado do medio ambiente, moitas veces indo contra a súa propia saúde.

O noso círculo de lectura vai máis aló. Marcos Pérez, da Fundación Galicia Sustentable, asegura que o problema da situación do medio ambiente atópase na sociedade, na nosa propia mentalidade. Non existe unha falta de conciencia por parte dos medios de comunicación, senón que é un problema de base, da nosa cultura e educación. “Para poder solucionar a situación actual habería que partir de cero”. Manuel, representante do Club de Sendeirismo Vía Láctea, secunda a afirmación asegurando que: “todos deberíamos volver ao útero da nosa nai. Resetearnos e volver aos inicios”. Manuel tamén asegura que somos un caso perdido: “A xuventude segue pensando que os recursos naturais os paga o Estado, pero non se dan conta de que o diñeiro o aportamos todos.”

Os medios de comunicación poden mellorar a situación?

Segundo o punto de vista de Marcos Pérez:  “os medios están desacreditados e xa non teñen o poder de concienciar”. A día de hoxe, a campaña de concienciación que se leva nos medios é moi escasa e non se adecúa á realidade. Podería facerse información de calidade tan só con achegarse ao lugar dos feitos e mostrarlle á xente como está o río. Ademais, os medios responden a intereses políticos e económicos. Ningún medio cuestiona en exceso a acción dos políticos. Isto débese á forte dependencia das subvencións, dato que, ademais de ser corroborado polo noso círculo, pode verse reflectido nesta noticia que fala dun estudo feito por MediaACES no cal se demostra a existencia dunha forte dependencia do poder público. Segundo Manuel González: “os medios, especialmente a prensa escrita, levan unha partida de millóns ao ano de publicidade que o Goberno podería quitarlles obrigándoos a pechar se non seguen a liña institucional que marcan.” Do mesmo xeito, aos políticos non lles interesa moito tirar de medidas ecolóxicas xa que a mellora, por exemplo, das augas dos ríos de Santiago de Compostela, sería unha acción de longo prazo e os méritos os levaría o seguinte grupo político en chegar ao poder.

Por outra banda, cando estes medios publican informacións sobre estas problemáticas, fano dende unha perspectiva sensacionalista. “Buscan noticias que vendan”, asegura o representante da Plataforma pola defensa do Sar, Luís Matos. “Cando os medios localizan noticias novidosas e sensacionalistas as publican e difunden rapidamente, pero vanse diluíndo, non seguen a traxectoria do problema.” Polo tanto, as noticias perden a actualidade e a contaminación continúa aumentando sen que ninguén actúe para remedialo.

Aínda así, Luís aportounos unha visión positiva dos medios, asegurando que algúns xornais teñen sección ecolóxica e intentan preocuparse, aínda que sexa minimamente, polo medioambiente. Por exemplo: La Voz de Galicia conta cun fascículo medioambiental. Pero, o maior problema é que: “os medios non te din que tes que pensar, senón en que tes que pensar”, asegura o representante da Fundación Galicia Sustentable. Polo tanto, sen darnos de conta, focalizan a nosa atención nos temas que lles interesan. Temos a mente ocupada onde os medios desexan e a inmediatez da información leva a que non teñamos tempo nin espazo para preocuparnos polo que nos rodea, para ver e saber ata que punto o ecosistema precisa de nós.

Moita concienciación, pouca acción.

Na actualidade, a sociedade, e especialmente as xeracións máis novas, atópanse moito máis concienciados sobre os problemas que sofre o mundo. Existen cada vez máis loitas a favor do feminismo, contra o maltrato animal, máis coidado coa natureza… Pero, aínda así, segue sen ser suficiente. Segundo Luís Matos é moi difícil atopar xente nova que non estea concienciada co maltrato animal, cando antes era habitual entre os mozos realizar trasgadas aos mesmos. “Se isto cambiou, por que non pode cambiar a concienciación no marco fluvial?”. Por outra banda, Marcos Pérez Gullín afirma que a concienciación é previa a acción, mais se non hai acción non hai cambio. E, claramente, iso é o que falta na sociedade. O problema provén do contexto no que nos atopamos. Na actualidade, estamos educados nunha maneira de pensar que non nos permite romper con nada do establecido. Edúcannos para pensar soamente no noso futuro laboral e non nos permite implicarnos nunha loita. Deste xeito, os adultos crearon un entorno de ultraprotección, dentro do cal somos intocables. “A concienciación de coidar os ríos é previa á acción, pero non se dá chegado a realizar a acción. Hai que botarse a rúa para romper convencións”, asegura Marcos.

A solución: os máis cativos.

2018-04-13 (2).jpg
 

Paseo á beira do río Sar cos membros do círculo

 

Como xa dixemos no primeiro punto do post, para poder conseguir un avance e comezar a loitar de verdade pola contaminación dos ríos, temos que partir dende cero. Por isto, as xeracións máis novas son o futuro. Manuel González, Luís Matos e Marcos Pérez están de acordo en que as nosas xeracións xa están perdidas, atopanse contaminadas. Polo tanto, débese por o punto de mira nos máis cativos. “Se levas aos nenos, que queren aprender, ao río, van estar cos ollos ben abertos”, asegura Manuel González. Cando somos pequenos é cando máis se nos pode dirixir e cando se nos comeza a educar. .Polo tanto, Manuel asegura que o que lle falta a sociedade española é educación. Por outra banda, engade que escoitar as historias do lugar e visitalo son as mellores forma de educación medioambiental.

Para mostrar a falta de coñecemento existente entre a poboación lanzámonos a rúa para facerlle catro pequenas preguntas aos habitantes de Santiago de Compostela. A resposta foi a seguinte: https://www.youtube.com/watch?v=_dmL3ZDNFRg&t=20s

BIBLIOGRAFÍA:

ALONSO, S., Galicia, L., & S.A., L. (2018). Concello, Acuaes y Xunta buscan hoy con propuestas enfrentadas una solución para la depuradora. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/04/09/concello-acuaes-xunta-buscan-hoy-propuestas-enfrentadas-solucion-depuradora/0003_201804S9C3991.htm

ALONSO, S., Galicia, L., & S.A., L. (2018). El voto de Compostela Aberta rechaza el convenio de la depuradora de O Souto. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/16/voto-compostela-aberta-rechaza-convenio-depuradora-souto/0003_201803S16C3991.htm

Enquistada, L. (2018). La construcción de la nueva depuradora de Santiago sigue enquistada. esRadio. Recuperado de: https://esradio.libertaddigital.com/galicia/2018-04-10/la-construccion-de-la-nueva-depuradora-de-santiago-sigue-enquistada-1276616860/

González, C. (2018). Así denuncia el PP de Santiago la contaminación del río Sar: arrojando basura al agua. Publico.es. Recuperado dehttp://www.publico.es/tremending/2018/02/15/asi-denuncia-el-pp-de-santiago-la-contaminacion-del-rio-sar-arrojando-basura-al-agua/

La capacidad de aprendizaje de los niños. (2018). guiainfantil.com. Recueprado de: https://www.guiainfantil.com/blog/educacion/inteligencia/la-capacidad-de-aprendizaje-de-los-ninos/

La importancia de la educación ambiental para los niños. (2018). Blog.delphinusworld.com.Recueprado de: http://blog.delphinusworld.com/es/educacion-ambiental-para-los-ninos

SAR, X., Galicia, L., lado, j., Amil, S., Galicia, L., & p., r. et al. (2018). La Voz de Galicia. Medio ambiente. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/medioambiente/

Un estudio alerta de la dependencia de los medios gallegos de las subvenciones. (2018). MUNDIARIO. Recuperado de: https://www.mundiario.com/articulo/politica/estudio-alerta-dependencia-medios-gallegos-modelo-subvenciones/20170210201122078935.html

 

3 comentarios en “Marcos Pérez Gulín: “Os medios están desacreditados e xa non teñen poder de concienciar”

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “mais, e se” (gralla de acentuación)
    – 4º parágrafo
    “non se adecúa á” (gralla de acentuación)
    “mostrarlle á xente” (gralla de acentuación)
    “o Goberno podería quitarlles [aos medios]” (concordancia do pronome co CI en plural)
    “obrigándoos a pechar” (empregar o pronome de CD)
    “se non seguen” (gralla de redacción)
    – 5º parágrafo
    “fano dende unha” (pronome enclítico)
    “pero vanse diluíndo” (pronome enclítico)
    “actúe para remedialo” (gralla de redacción)
    – 6º parágrafo
    “Luís aportounos” (non separar cunha coma o suxeito do verbo)
    – 7º parágrafo
    “que non estea concienciada” (empregar a forma correcta do presente de subxuntivo do verbo ‘estar’)
    “Edúcannos para pensar” (pronome enclítico)
    “non se dá chegado” (gralla de acentuación, acento diacrítico)
    “hai que botarse” (gralla de redacción)
    – 8º parágrafo
    “perdidas, atópanse contaminadas” (pronome enclítico)
    “cos ollos ben abertos” (gralla de redacción)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s