Marcos Pombo: “Santiago é máis”

López Cillero, Pérez Cacharrón

Se fosemos pola rúa preguntándolle ás persoas que é o primeiro que se lles vén á cabeza cando se fala de Santiago, a maioría das respostas xirarían entorno á Praza do Obradoiro e á Catedral. Así pois, cando nos poñemos a navegar pola rede para coñecer que lugares se poden visitar en Santiago, case todas as páxinas web ofrecen un top 10  de puntos de interese e a maioría pertencen ao casco histórico da cidade. Está moi enfocado ao turismo relixioso. Pero, existe a posibilidade de que se desconxestione a améndoa da cidade vella e se logre un turismo máis sostible? Por iso, falamos con Carlos Piñón, responsable do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e con Marcos Pombo, presidente da Asociación de Veciños do Casco Histórico.

Pisos turísticos

Cando imos de viaxe, temos que tomar a decisión de aloxarnos ou ben nun hotel ou ben nun piso. Se nos puxésemos a buscar pros e contras de calquera destas dúas formas de aloxamento, entraríamos nun debate. No mesmo debate no que se atopan os veciños do casco histórico, xa que coa chegada de Semana Santa, volveu saír o problema que teñen co Concello á hora de regular os seus pisos turísticos. Marcos Pombo incidiu na necesidade de que o Concello vexa unha regularización e non unha prohibición destes pisos. Explica que a Asociación de Veciños do Casco Histórico naceu porque o casco se estaba abandonando, xa non só polos propios residentes, senón tamén pola perda de estudantes, os que quizais atopasen a insuficiencia de servizos unha das principais motivacións para facelo. “O Plan Especial tense que adaptar ás realidades do século XXI, e nas reunións que estamos tendo, estamos demandando que o turismo non é o causante da perda de poboación de hai vinte anos, isto vén sobre todo por un plan que ten máis idade é que fai que a xente marche do casco histórico”, comenta Marcos, sobre problemas de servizos e mobilidade.

Subvención Xunta

A parte pola cal máis pode destacar Compostela é polo Camiño de Santiago e a chegada dos peregrinos á súa meta. Por iso, a Xunta e a Catedral renovaron a colaboración coa intención de mellorar a atención dos peregrinos. Son nada máis e nada menos que 350.000€. Carlos Piñón non é partidario deste tipo de subvencións. “Sempre distinguín entre un peregrino e un turista […]. O camiño está sobre-promocionado”. Tanto el coma Pombo están de acordo en que se mire polo Camiño, pero inciden en que hai “outras cousas” e que tampouco se sabe ben cara a onde van realmente os fondos.

Novo Turismo

O turismo actual segue dominado polas grandes operadoras, que traen grandes grupos de turistas á cidade aos que lles ofrecen paquetes turísticos. Estes paquetes carecen de personalidade na maioría dos casos, limitándose a percorridos polo casco histórico e que propician unha estancia curta e predeterminada. Aínda que ese é o modelo preferido por moitos, existe unha gran cantidade de visitantes que queren gozar do verdadeiro Santiago e vivir unha experiencia única. Iso non se consegue cos paquetes turísticos, senón coa promoción de experiencias alternativas. Con isto, non se trata de derrogar o modelo actual, senón de que ambas posibilidades coexistan.

Unha operadora é unha empresa privada e o que busca é lucrarse, polo que non resulta estraño que ofreza rutas predeterminadas, con paradas en certos restaurantes e tendas. Como explica Carlos Piñón, se nun restaurante ofrecen un menú un euro máis barato, a operadora escollerá ese sen impotarlle a experiencia do visitante, xa que é mellor economicamente. A capital galega é unha cidade con moitos recursos e potencial, polo  que poderían explotarse moitas alternativas fronte ao actual turismo masificado e estacional. Os operadores buscan o seu propio beneficio, e mentres o plan actual non lles prexudique, é ata comprensible que non o cambien; é aquí cando se espera máis da Administración.

29_692561_0x0_izda
 

Cartel da pasada edición de 50 anos aló, unha das propostas civís para promover a cidade galega. Fonte: El Correo Gallego

 

Existen propostas civís para promover outros aspectos da cidade, pero que non obteñen a atención nin a promoción desexada por parte da Xunta ou do Concello. Dende a asociación veciñal de Compostela Vella, promoven diferentes eventos culturais dentro da cidade. A organización de foliadas, a celebración do Magosto ou a decoración do casco vello ambientándoo na Compostela dos anos 60 e 70, que se celebra a primeira semana de xuño, son todo eventos impulsados pola sociedade civil, con grande acollida por parte dos turistas, pero que non son promocionadas polo Concello, pese dar a coñecer un ambiente cultural galego diferente ao predeterminado dos paquetes turísticos.

Marcos Pombo, veciño do casco vello e integrante da asociación veciñal, participa activamente nestas celebracións, e conta que os turistas se achegan con interese a elas, pero que non coñecen da súa existencia por promoción, senón que soe ser froito da casualidade. “Os turistas son persoas que van polo mundo intercambiando experiencias, á xente agrádalle o expoñente cultural e hai moito que amosar de Santiago” di Marcos, que lamenta que non se amose unha imaxe de Santiago máis cultural, co seu folclore, gastronomía, e infinidade de oportunidades que ten a cidade e que non se saben canalizar.

A dinámica da administración pública é ríxida e, en xeral, lenta; as institucións deberían intervir para fomentar as tradicións e as expresións culturais que emanan da xente. Os eventos locais: exposicións, museos, eventos… recollidos en páxinas como Compostela Hoxe deberían contar cun maior apoio, así como unha maior promoción de todo tipo de modelos alternativos, que poden coexistir cos paquetes turísticos, e que lle aportarían riqueza e unha mellor imaxe á cidade.

Bibliografía:

Calveiro, P. (17 de marzo de 2018). Dueños de pisos turísticos acusan a Raxoi de dificultar su regularización. La Voz de Galicia. Recuperado de:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/17/duenos-pisos-turisticos-acusan-raxoi-dificultar-regularizacion/0003_201803S17C1992.htm

Europa Press. (5 de abril de 2018). Xunta y Catedral de Santiago renuevan su colaboración para mejorar la atención de los peregrinos. Europa Press. Recuperado de http://www.europapress.es/galicia/xacobeo-00624/noticia-xunta-catedral-santiago-renuevan-colaboracion-mejorar-atencion-peregrinos-20180405174724.html

Callejeando por el planeta. Qué ver y que hacer en Santiago. Callejeando por el planeta. Recuperado de: https://www.callejeandoporelplaneta.com/que-ver-y-hacer-en-santiago-de-compostela/

4 comentarios en “Marcos Pombo: “Santiago é máis”

  1. Estoy de acuerdo con lo que comentáis en relación al hecho de que se le de una mayor visualización a los planes alternativos y no a los paquetes turísticos que tienen como fin ese valor económico de las grandes operadoras.

    Aún así, también están en marcha unos paquetes turísticos que no se limitan a lo que comentáis en el post, esto es, a simples itinerarios por el casco histórico y a la visita de las típicas zonas de la ciudad, sino que dichos paquetes ofrecen diferentes propuestas como “Santiago gastronómico”, el “camino Primitivo en 4×4” o el “Camino Inglés en Velero”.
    http://www.caminodesantiago.gal/es/descubre/el-camino-en-la-actualidad/otras-alternativas
    Estas distintas ofertas están vigentes desde el año 2015 y año tras año se van incrementando. Estos siguen siendo paquetes turísticos comerciales pero te dan la posibilidad de conocer y disfrutar de Galicia a través de hasta 61 proposiciones.

    Sin embargo, sí que me gustaría comentar que mientras prevalezcan los intereses de las grandes operadoras y la Xunta o el Concello siga sin prestar una mínima atención, no creo que se les va a dar mucha cabida a los planes alternativos que mencionáis. A pesar de esto, esta página de Facebook por ejemplo, ofrece una agenda cultural más variada. https://www.facebook.com/ocioensantiago
    En ella se pueden encontrar publicaciones que hablan sobre conciertos, musicales, entrevistas, festivales u otros eventos que seguramente no se den a conocer a través de estos paquetes turísticos.

    Gústame

    1. O problema deses paquetes que nos amosas é que non se distancian tanto do turismo masificado do Camiño: segue sendo a ruta cara a catedral pero en distintos medios de transporte. O que a nós nos interesa é dar a coñecer unha parte distinta de Santiago para os turistas, como poden ser as vistas desde o parque de Bonaval ou unha maior promoción e aproveitamento da Cidade da Cultura.

      O tema da Cidade da Cultura dá para falar, porque se nos fixamos no seu programa cultural ( http://www.cidadedacultura.gal/es/programacion-cultural ), podemos comprobar que existe un valeiro considerable que non se extende máis dunha visita arquitectónica e un concerto de voces femininas.

      Realmente non creemos que desde as institucións se estea aproveitando os recursos turísticos que Santiago pode ofrecer, nin unha vontade de que a situación mude, xa que a inmensa maioría dos fondos destinados ao turismo (por non dicir todos) van parar ao Camiño de Santiago e conservación da Catedral.

      Gústame

  2. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “Marcos Pombo incidiu” (non separar cunha coma o suxeito do verbo)
    “que a xente marche” (‘marchar’ non é un verbo pronominal)
    – 3º parágrafo
    “sempre distinguín entre” (gralla de redacción)
    “cara a onde van” (estrutura cara a +)
    – 7º parágrafo
    “con interese a elas” (gralla de redacción)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s