Mª A. López Cabarcos: “no 2004 gañouse unha batalla e perdéronse outras”

CORTÉS OUTÓN

 

En boca de Ángeles López, o mobbing é unha realidade moi antiga e pouco estudada. En Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela foi pioneira na análise do acoso laboral e na creación dun protocolo de actuación para combatelo. Así a todo, a profesora de Dirección Estratéxica de Persoas, Mª Ángeles López Cabarcos, asegura, coa esperanza de seguir avanzando, que aínda queda moito camiño por percorrer para lograr a prevención efectiva dunha problemática que afecta a parte dos funcionarios da universidade pública galega.

Nunha entrevista realizada o pasado mércores, Ángeles López relátanos os avances que se produciron nos últimos anos a raíz dos estudos que levou a cabo dende a Facultade de ADE no campus de Lugo. Con libros como Mobbing: cómo prevenir, identificar y solucionar el acoso psicológico en el trabajo (2003), esta experta en acoso laboral esclareceu a situación na que se atopa o campo de estudo do mobbing e o burnout.

 Angeles 3

 A. López Cabarcos, profesora de ADE e experta en mobbing

P: Que avances se produciron nos últimos anos na loita contra o acoso laboral? Que ámbitos abarca a túa investigación?

R: Pois, na miña opinión, avanzouse á hora de tomar medidas combativas (véxase o protocolo de actuación creado no 2004 e renovado hai tan só un ano), pero carecemos de iniciativas ligadas á prevención. Nese ano de creación do protocolo, gañouse unha pequena batalla, mais perdéronse outras. Eu era vicerreitora no momento en que gobernaba Senén Barro e propuxen dúas medidas que me parecían necesarias: o establecemento dun Servizo de Avaliación Periódica e a creación dunha Comisión de Resolución de Conflitos externa á institución universitaria. Ningunha das dúas medidas se chegou a materializar ao 100%, pero si se creou un Servizo de Medicina de Empresa e unha Comisión pertencente á USC.

En canto ás áreas que abarcamos no noso estudo, chegamos á conclusión de que o mobbing afecta tanto aos organismos públicos como aos privados en cantidades semellantes. A diferenciación está na forma de manifestación do acoso. Unha das partes do noso traballo baseouse na análise multisectorial da empresa privada e outra no ámbito das prisións. Para recoller os datos baseámonos na contrastación entre o “dato quente” (testimonios e achegamento ás vítimas) e o “dato frío” (enquisas, escalas, etc.) e unha das fontes ás que apelamos foi AGACAMT, nunha etapa na que Antonio París era o presidente e puidemos reunirnos con varios integrantes da asociación en Ferrol.

P: O estudo que realizaches xunto con Paula Vázquez e Eduardo Picón no 2004, Mobbing en la Administración Pública, aporta que un 11% dos traballadores da USC considéranse vítimas de acoso laboral, pero esta afirmación non fai referencia a casos reais, senón a supostos. Que procedementos se usaron no estudo para lograr a información?

R: Teño que aclarar que esa porcentaxe é relativa e pode estar suxeita a distintas interpretacións. Ademais, depende da escala de medición. No noso caso baseámonos no cuestionario de Leymann, do que se extraeu un mínimo do 6% de afectados e un máximo do 20% con relación a todas as universidades galegas. Tamén nos guiamos por un cuestionario, o NAQ-R, que avalía, a través da técnica do auto-informe, a incidencia do acoso laboral, persoal e físico. É difícil medir o acoso laboral con total precisión se atendemos ás escalas existentes ata agora. Iñaki Piñuel foi o primeiro en crear un sistema de medición, a escala Cisneros, que,  ao meu modo de ver, resulta bastante menos fiable, posto que ás veces ofrece uns resultados esaxerados. No ano 2004, nun encontro con este admirable psicólogo, eu quedei abraiada ao escoitar da súa boca que máis do 50% dos traballadores da Administración Pública do Estado eran vítimas de mobbing , un dato absolutamente desmesurado.

 

P: Con que situación se atopan os traballadores da USC? Segundo Luis Míguez, profesor de Dereito Administrativo e presidente da Comisión de Avaliación de Conflitos da propia institución, na universidade impera o feudalismo. A que pode facer referencia esta afirmación?

R: Pois, en primeiro lugar, habería que ter en conta que os vínculos dos traballadores son contractuais e, por exemplo, no caso do Persoal Docente e Investigador (PDI) , baséasense na aceptación do principio de sumisión, posto que as persoas inexpertas pasan a depender dun superior que actúa como maestro do seu discípulo. Esta dependencia é inevitable e mesmo necesaria, pero tamén pode ser motivo de abusos de poder e desembocar en condutas de acoso difíciles de resolver, pois o conflito parte da desigualdade xerada pola distinta posición e situación do acosador e o acosado. Ademais, os funcionarios contan cun condicionante previo: o feito de ocupar un posto fixo fai que o acoso, que ten como fin último botar a un determinado suxeito do seu posto de traballo, se cronifique a base de estratexias moi calculadas e sutís que se camuflan entre os poucos coñecedores da realidade das vítimas, quen se atopan nunha situación de desprotección e vulnerabilidade preocupante.

P: Unha das dificultades coas que contan os medios de comunicación e, en xeral, a cidadanía para ser consciente da situación do mobbing é o acceso á información, estrictamente restrinxida ou incluso inexistente. Que vías existen para chegar a coñecer esta realidade máis a fondo?

R: É certo o que dis. O mobbing é algo que existe dende hai moitísimo tempo, pero pouca xente o coñecía ata principios da década do 2000, cando se produciu un boom coa saída á luz da primeira escala de medición en España, a Cisneros de Iñaki Piñuel. Ata ese momento, o mobbing contaba cunha definición, certamente recente (H. Leymann, 1980), pero todavía faltaba sopesar o seu alcance. Partir desta carencia informativa e analítica dificulta o labor de calquera investigación relativa ao acoso laboral. Para avanzar deberíanse facer políticas de visibilización e sensibilización e construír estatísticas para ter unha base de información cuantitativa e fiable. Quizáis os máis activos no campo da concienciación sexan os sindicatos, a través dos cales a xente pode entrar en contacto con esta problemática.

 

REFERENCIAS E BIBLIOGRAFÍA:

  • David González-Trijueque, D.; Graña Gómez, J. L. (Vol. 13, 2013, pp.7-28). Adaptación psicométrica de una versión española del cuestionario de conductas negativas revisado (NAQ-R).  Recuperado de:   http://masterforense.com/pdf/2013/2013art1.pdf

 

2 comentarios en “Mª A. López Cabarcos: “no 2004 gañouse unha batalla e perdéronse outras”

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “realidade moi antiga” (gralla de redacción)
    – 2º parágrafo
    “Ángeles López relátanos” (pronome enclítico)
    – 3º parágrafo
    “pero si se creou” (gralla de acentuación)
    – 4º parágrafo
    “unha das partes”(gralla de redacción)
    – 7º parágrafo
    “dificulta o labor” (concordancia do artigo co substantivo en masculino)
    “e construír estatísticas” (gralla de acentuación)

    Gústame

Deixa unha resposta a Andrea Regueiro García Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s