Protéxense realmente a liberdade e indemnidade sexuais?

Pérez Viéitez; Piñeiro Maneiro

Unha das reformas en España do Código Penal, concretamente a do 25 de novembro do 2003, supuxo a introdución dun novo artigo: o 184, para o delito de acoso sexual. O concepto en si, refire á situación producida cando unha persoa no ámbito dunha relación laboral, docente ou de prestación de servizos aproveita dita circunstancia para solicitar favores de natureza sexual a outra persoa xerando unha situación intimidatoria e humillante. E é que esta situación condénase ou ben con prisión de tres a cinco meses, ou multa de seis a dez meses. Porén, se o culpable se prevaleu dunha situación de superioridade laboral, docente ou xerárquica para dar lugar a unha situación perxudicial para a vítima, condénase con prisión de 5 a 7 meses ou multa de 10 a 14 meses. O ben xurídico protexido é o da liberdade e indemnidade sexuais.

Segundo Tamara Canosa, vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual, o acoso sexual “é un delito dificilísimo de probar” e afirma que ás veces, en vez de denuncialo, as vítimas danse de baixa das asociacións ou academias. Deben darse os seguintes elementos para tipificalo como acoso: solicitude dos favores por vía oral ou escrita; provocación dunha situación como as antes mencionadas; necesidade de existencia dunha relación como as xa mencionadas de xeito habitual ou continuado; e finalmente o dolo.  Emporiso, ás veces é cuestionable o feito de que o ben xurídico que se protexe coa tipificación do delito de acoso sexual, sexa protexido como debe, xa que probar estes catro elementos pode non ser posible nalgúns dos moitos casos existentes. É interesante que, se pensamos en denuncias por acoso sexual coma o gran movemento Me Too xurdido polas acusacións contra Weinstein, productor cinematográfico acusado de acoso sexual a diversas profesionais do mundo audiovisual e da comunicación, estas denuncias “saen adiante, porque é un mundo máis grande e non todos se coñecen. Aquí sería moito máis complicado porque semellarían ataques persoais e podería cerrar portas laborais”, afirma Daniel Domínguez, guionista.

WhatsApp Image 2018-04-15 at 15.07.25.jpeg

Tamara Canosa na segunda reunión co círculo. Fonte: elaboración propia.

 

Este tipo de debates vense truncados debido á existencia das redes sociais, xa que hoxe en día é totalmente compatible ser ultrafeminista de cara ó publico e, á vez, non ter capacidade para facer autocrítica. Ademais, os poderes son quen marcan as tendencias, é dicir, de que se pode falar e de que non. De aí, os temas da actualidade. Queren tratar os feitos como meros sucesos, un concepto totalmente erróneo. Por exemplo, o acoso sexual ou a violencia de xénero non son asuntos a tratar coma tal, sen embargo así se fai. É o caso de Diana Quer, que foi calificado de suceso debido á importancia por especulación que se lle deu cando, en realidade, era un caso de violencia de xénero.

Outro factor determinante á hora de identificar as denuncias é a ausencia de intención por parte dos poderes públicos. Segundo Tamara Canosa, esta ausencia de vontade vese reflectida á hora de contabilizar os casos de violencia de xénero: os balances trimestrais non recollen a segregación por sexo que obriga a lei. Por iso, moitos dos casos de violencia sistematizada contra mulleres pasan desapercibidos como mera violencia, e as cifras proporcionadas polas autoridades vense reducidas.

Daniel Domínguez asegura que a maior arma do funcionamento dos poderes en España é a invención dun inimigo interno. Desvelar as cifras reais de violencia de xénero/acoso sexual implicaría recoñecer que existe un inimigo interno, é dicir, o home. Este é o motivo de que os partidos políticos manteñan a énfase por invisibilzar a situación e manterse fóra da problemática. O mesmo presidente do goberno declarou que prefería “no meterse en eso”. A día de hoxe, estes dous asuntos seguen a ser un tema tabú para os poderes políticos, e non recoñecer a súa existencia non implica que non exista ou que non precise solucións. 

717ba8ef-809b-47c8-9221-3368a1fe1a68

Daniel Domínguez na segunda reunión co círculo. Fonte: elaboración propia.

 

 

Este baleiro legal provoca tamén unha confusión de conceptos entre acoso, abuso e agresión sexual. Aínda que o acoso sexual é o máis leve, este delito xa implica unha petición sexual, verbal ou non verbal, a unha persoa que está rexeitándoa. Sen embargo, que ata este punto non chegue a falarse de acoso non implica que os actos exercidos con anterioridade carezan de gravidade. Máis aló de que o acoso sexual en si sexa difícil de probar, todo tipo de desprezos, comentarios machistas, miradas ou piropos indesexados que tamén supoñen un perxuízo para as mulleres, quedan esquecidos nunha especie de limbo.

Buscar unha solución a estes subtipos de “acoso” que non quedan recollidos baixo a definición é un paso esencial na erradicación do machismo no ámbito audiovisual, e é tamén un dos principais motivos de que as vítimas non recorran a denunciar. Aínda que sexan condutas que están normalizadas, non son máis que o produto da misoxinia cultural que caracteriza a nosa sociedade. A loita contra ela debe comezar no respecto, e o respecto atópase a unha distancia enorme do que asumimos como “acoso sexual”.

BIBLIOGRAFÍA

SaveSave

6 comentarios en “Protéxense realmente a liberdade e indemnidade sexuais?

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “o concepto en si” (gralla de acentuación)
    “se o culpable se prevaleu” (pronome proclítico)
    “unha situación prexudicial” (gralla de redacción)
    – 3º parágrafo
    Non misturar as terminacións -ble / -bel no mesmo texto
    – 4º parágrafo
    É ‘emporiso’ (non obstante) a conxunción que se quere empregar?
    – 7º parágrafo
    “comezar no respecto, e o respecto” (gralla de redacción)
    – Falta xustificar a bibliografía

    Gústame

  2. Vivimos en una sociedad en la que cualquiera puede opinar sobre cualquier tema sin la necesidad de tener un conocimiento previo sobre dicha materia. Algo que, como es natural, ha venido a raíz de las redes sociales que, en lugar de utilizarse como una herramienta para facilitar las situaciones, en muchas ocasiones, las dificultan en gran medida, llegando a crear grandes perjuicios para aquellos que son los receptores de estas palabras. A día de hoy, el acoso laboral a la mujer es uno de los temas más comentados, por actualidad y, por desgracia, por el aumento del número de casos en los últimos tiempos. O, al menos, una mayor visibilidad, dando más voz a las mujeres en este tipo de problemas, tal y como se puede observar en esta noticia: http://www.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-acoso-sexual-ambito-laboral-afecta-mujer-dia-espana-20171120135557.html

    Si bien es cierto que las leyes amparan en un principio a la mujer contra este tipo de situaciones, es obvio que, en muchos casos, no se ve respaldada. Muchas veces por su silencio, otras por la incredulidad de la policía. No son pocos los acosos conocidos. Precisamente por eso, han saltado las alarmas en nuestra sociedad. Quizás un poco tarde. Se habla también del caso de Diana Quer, uno de los temas de actualidad en nuestros días. En esta cronología de los hechos de el diario El País, no se le trata como violencia de género, si no como un asesinato: https://politica.elpais.com/politica/2017/12/29/actualidad/1514544485_578661.html. Este caso evidencia la falta de conocimientos por parte de la sociedad en general al tratarlo no como violencia de género, si no como un delito y una muerte. Y considero que esto, probablemente, sea culpa de la educación que se recibe en las escuelas desde niños. Tanto en la televisión como en el colegio, se tratan estos temas con mucho cuidado, sin informar realmente de todo, sin exponer de manera clara las diferencias que existen entre los diferentes términos. Precisamente este es el gran problema de la sociedad, no se ponen culpables claros frente a estos delitos, por lo que, al final, los jóvenes no saben cuáles son los límites, a pesar de que, como ser humano racional, debería saber diferenciarlo.
    Creo que la pregunta clave a esta situación es: ¿por qué las mujeres no denuncian el acoso laboral y sexual al que muchas veces tienen que enfrentarse? ¿Cuál es su mayor miedo? ¿Perder su trabajo? Y lo peor, ¿es culpa de la ley, que no las ampara como debería?

    Gústame

  3. Non compartimos a túa visión escéptica das redes sociais. Entrando no noso ámbito, a discriminación da muller no mundo audiovisual, temos un exemplo máis que recente sobre o bo uso que se lle dá a Internet e ás RRSS para contribuír a achar a igualdade real. A pasada semana, entregouse o premio Pullitzer, un dos máis importantes do mundo do xornalismo. O galardón recaeu sobre The New York Times e The New Yorker por destapar os abusos sexuais de Harvey Weinstein, afamado produtor de cinema de Hollywood, sobre moitas actrices e demais mulleres que traballaban con el -tamén profesionais da comunicación-. A partir disto, surxiu o movemento #MeToo. Foi un dos hasthags con máis interaccións da historia de Twitter, e implicou a centos de celebridades que mostraron o seu rexeitamento ante estes actos, contribuíndo ao escarnio público do produtor estadounidense. Sen redes sociais, este movemento non sería posible, e moita xente quizais nin chegase a ter idea da dimensión deste escándalo.
    Con respecto ao segundo que dis, cremos que a lei é realmente deficiente con respecto ao que debería ser unha protección activa do sector máis oprimido da sociedade: a muller. A ausencia de denuncia é algo que queda fóra do noso alcance, e preferimos non inmiscuírrnos nas razóns que poida ter cada muller. Solo podemos dicir que, pola nosa experiencia coas mulleres que temos entrevistado, elas defenden que hai moito medo de denunciar e quedar automaticamente etiquetada. Non só supón unha posible perda do emprego, senón que tamén lles queda unha imaxe alterada para toda a vida, como se fose a súa culpa. Algo terrible que debe solucionarse, como tantas e tantas cousas con respecto a esta problemática.

    BIBLIOGRAFÍA:
    Faus, J. (2018, 17 de abril). Los Pulitzer premian las investigaciones sobre el acoso sexual y la trama rusa de Trump. EL PAÍS. [Consultado el 17 de abril del 2018] Recuperado de https://elpais.com/cultura/2018/04/16/actualidad/1523906149_687085.html

    Liked by 1 person

    1. Las redes sociales no dejan de ser herramientas y, como tal, hay maneras y maneras de tratarlas y, sobre todo, de utilizarlas. Por supuesto, hay buenas acciones, con un correcto uso de las mismas, pero no son pocos los casos de insultos y situaciones desagradables a las que, en muchas ocasiones, tienen que hacer frente los periodistas, por el simple hecho, ya no de dar su opinión, si no de proporcionar la información que se les pide. ¿Está bien la existencia de redes sociales? Sí. Precisamente por las iniciativas como #MeToo que bien explicaste anteriormente es por lo que merece todo lo demás, porque se da una visibilidad que, las personas afectadas, agradecerán, y seguramente recibirán el apoyo de la mayoría de la gente. Y por supuesto que hay más casos de situaciones muy favorables, que hacen que sea muy sencillo esta visibilidad. En el 8M, por ejemplo, sirvieron como plataforma para impulsar muchos de los movimientos que se fueron dando a lo largo de toda la jornada. En este enlace, se ven algunos de los comentarios de personas con relevancia dentro de las redes: https://www.madridiario.es/454047/el-8m-en-las-redes.
      Sin embargo, en nuestro círculo, se comentó que en un periódico se difundió la imagen de un niño que había desaparecido. El pequeño apareció tan solo una hora después (la imagen se difundió por petición de los padres). Sin embargo, a través de las redes sociales, aún a día de hoy, sigue circulando a través de Twitter, Facebook… Incluso cuando el propio periódico ya confirmó, en varias ocasiones, que el niño ya estaba con sus padres en su casa. Precisamente es por eso por lo que digo que, de vez en cuando, las redes no se usan como deberían aunque vayan con buena intención (además de los casos de faltas de respeto, que no se pueden consentir).
      En cuanto al miedo a denunciar de la mujer, comprendo que es muy complicado dar una respuesta, aunque algo que toda la sociedad conoce y entiende es el hecho de que, efectivamente, la ley parece escasa y poco definida frente al peligro que, en ocasiones y desgraciadamente, sufren cada día mujeres de todo el mundo, ya no solo de nuestro país.

      Gústame

      1. Comparto a tua opinión con respecto á lei. Escasa e pouco definida, sen dúbida. O problema é a falla de compromiso dos entes gubernamentais e lexislativos, e a pouca concienciación da sociedade. É necesario decir “Basta”, e o 8M foi a primeira pedra dun movemento que, non teñas dúbida ningunha, rematará coa consecución da igualdade muller-home. Imposible coñecer o tempo que se necesitará pero, historicamente, este tipo de cambios, de carácter progresista, son imparables. Sobre isto último falaba Laura Queijeiro, xornalista de Telecinco, nunha entrevista sobre a muller nos medios de comunicación. Sostiña que, con respecto ao 8M, era necesario ter paciencia e valorar os éxitos parciais do feminismo, como a afluencia masiva daquela xornada, e comprender que os cambios non suceden dun día para outro. Aquí está a entrevista completa: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2018/04/09/os-prexuizos-esteticos-nas-mulleres-xornalistas-entrevista-a-laura-queijeiro/
        En resumo, a cidadanía é, á fin e ao cabo, quen elixe as leis e decide como se lexisla. Unha sociedade comprometida co feminismo derivará, máis cedo que tarde, nunha lei feminista.

        Gústame

Deixa unha resposta a Estefania Domingo Carruébano Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s