Mobilidade sostible e saudable

Vilariño Rodríguez A mobilidade sostible, unha vía para a seguridade viaria Nos últimos anos a contaminación converteuse nun problema de saúde pública, polo que é urxente conseguir reducir estas emisións contaminantes. En especial naqueles lugares onde hai unha gran concentración de actividades industriais e comerciais que fan que se produzan máis externalidades negativas: as cidades. O vehículo privado é o medio de transporte por excelencia, … Seguir lendo Mobilidade sostible e saudable

Discriminación lingüística?: A linguaxe inclusiva no colectivo LGTB

GÓMEZ MARIÑAS ; PÉREZ DÍAZ A pasada semana tivemos a cuarta reunión co noso círculo, na que decidimos falar dun tema moi controvertido, e sobre todo, de gran importancia para o colectivo LGTB: a linguaxe. Nos últimos anos xurdiron numerosas polémicas arredor do uso da linguaxe e, en concreto, sobre o uso predeterminado dos morfemas de xénero masculino, pois moitas persoas consideraban esta forma de … Seguir lendo Discriminación lingüística?: A linguaxe inclusiva no colectivo LGTB

A importancia da neutralidade na Internet

VÁZQUEZ MARTÍNEZ O pasado decembro, a Comisión Federal de Comunicacións (FCC, segundo as súas siglas en inglés) derrogou a lei de neutralidade na internet nos EEUU. Apoiándose en que os republicanos son maioría dentro do organismo que regula as comunicacións, a administración Trump impuxo a súa teoría e acabou con esta lei do goberno de Obama. Este cambio afecta á Internet mundial de maneira importante, … Seguir lendo A importancia da neutralidade na Internet

“Non cre que isto pecha a visión do xornalismo?”

Gómez Fernández, López Rey

“Somos o segundo país máis turístico do mundo e en Santiago vívese eminentemente desta actividade”. Esta afirmación do xerente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco, deu comezo á reunión co círculo sobre o tratamento que recibe esta temática nos medios de comunicación. A influencia destes na sociedade é innegable, polo que desta volta contamos coa participación do xerente do departamento comercial do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Carlos Piñón; o presidente da Asociación de Veciños Casco Histórico, Marcos Pombo e a representante de Acción Universitaria, Olga Cárcamo.

Seguir lendo ““Non cre que isto pecha a visión do xornalismo?””

A saúde mental no cinema

Casteleiro Suárez

O cinema é un medio de comunicación masivo. Debido ás imaxes e ó son, conta cunha riqueza narrativa capaz de provocar no público un impacto comunicacional superior ó doutros medios. Constitúese como unha linguaxe, comunicativa e estética, e non é un sistema de signos homoxéneo. A maiores, cabe destacar a súa diversidade de opcións, xa que é posible atopar contido de infinidade de temas e adaptado a case todos os grupos de idade.

Seguir lendo “A saúde mental no cinema”