A importancia da neutralidade na Internet

VÁZQUEZ MARTÍNEZ

O pasado decembro, a Comisión Federal de Comunicacións (FCC, segundo as súas siglas en inglés) derrogou a lei de neutralidade na internet nos EEUU. Apoiándose en que os republicanos son maioría dentro do organismo que regula as comunicacións, a administración Trump impuxo a súa teoría e acabou con esta lei do goberno de Obama. Este cambio afecta á Internet mundial de maneira importante, pois os usuarios da rede que máis paguen terán unha maior velocidade e un mellor servizo.

Enténdese a neutralidade na rede como un principio que establece que todos os contidos que circulan pola Internet deben recibir tratos igualitarios, mantendo as redes abertas á libre circulación de información. Así o establece Tim Wu, experto en redes e profesor da Universidade de Columbia; que engade que a información non debe ser discriminada segundo a súa orixe, uso ou aplicación, limitándose os prestadores do servizo a garantizar o acceso e a conexión aos usuarios ser engadir resticións aos contidos.

Quen van ser os grandes beneficiados deste cambio na regulación? As empresas provedoras do servizo de internet, por suposto. Antes do cambio, todo o contido estaba ao mesmo nivel de accesibilidade pero, baixo o novo regulamento, as grandes plataformas poden pagar máis ás empresas provedoras para que os seus contidos teñan un lugar privilexiado nos buscadores. Deste xeito, as organizacións pequenas quedarán nun segundo plano, pois non poderán facer estes pagos.

Os medios de comunicación comunitarios son colectivos que non van poder competir con estas grandes empresas. En comparación cos medios hexemónicos, con grandes fondos dos que poder tirar para pagarlles ás empresas de telecomunicacións que fornecen o servizo da Internet, os medios alternativos quedarán ocultos nas últimas páxinas dos motores de búsqueda. Así o cre Ryan Singel, experto en neutralidade da rede do Centro de Estudios de Internet e da Sociedade da Universidade de Stanford.

Singel opina que se podería xerar unha “internet diferenciado”, segundo os cartos que  se poidan pagar. Isto quere dicir que un medio alternativo, cun presuposto limitado, non vai competir na mesma liga que un medio de masas, cunha capacidade de investimento moito maior. O experto engade tamén que non vai existir a pluralidade da que antes se gozaba, xa que as grandes plataformas van copar o servizo e non van deixar espazo ás novas iniciativas.

Dende a Revista Lume, Diego Horschovski declara que eles van seguir traballando como sempre, “ofrecendo un contido de calidade para chegar a todas as persoas posibles”. No relativo á financiación, tan importante neste novo taboleiro da rede, pensan seguir vivindo e facéndose un oco na Internet grazas aos seus colaboradores. Pouco máis poden facer os medios alternativos, resistir e seguir avanzando ante os problemas que se lles presentan, como comenta Toni España, de Radio CampusCulturae.

Bibliografía

Lorenzo, A. (15 de decembro de 2017). Es oficial: EEUU elimina la ley que garantizaba la neutralidad de internet. El Economista. Recuperado de http://www.eleconomista.es/tecnologia-internet/noticias/8810994/12/17/EEUU-dice-hoy-adios-a-la-neutralidad-de-Internet-las-telecos-podra-ralentizar-el-trafico-a-su-antojo.html

Wu, Tim. (2003). Network Neutrality, Broadband Discrimination. Recuperado de http://www.jthtl.org/content/articles/V2I1/JTHTLv2i1_Wu.PDF

Redacción (15 de decembro de 2017). Qué consecuencias tendrá el fin de la neutralidad de internet en Estados Unidos (y cómo afectará al resto del mundo). BBC. Recuperado de http://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-42315967

10 comentarios en “A importancia da neutralidade na Internet

  1. Aínda que o debate da Neutralidade da Rede apenas contou con presenza nos medios nacionais, si foi un tema recorrente nas redes. O posicionamento na cuestión foi, na infinita maioría dos casos, semellante ó presentado neste post: en contra da desregulación da rede. Antes de comezar farei fincapé no feito de que esta posición incide no control do Estado sobre a rede, sabendo cales soen ser as pretensións do primeiro sobre a Liberdade de Expresión e Pensamento, máis nos nosos días.

    De calqueira forma, a eliminación da Neutralidade da Rede non significa outra cousa que a recuperación dun libre mercado moi relativo na rede. Unha das consecuencias deste cambio é, como ben apuntastes, a variabilidade das velocidades das conexións en relación ó prezo. Aqueles para os que isto poida semellar un abuso de seguro non foron moito en tren: nese caso saberían que, para o mesmo traxecto, hai trens que chegan antes (e costan máis), e viceversa. Porén, ninguén se manifestou aínda en contra deste clasismo por parte de RENFE.
    Esta liberalización, ademais, podería resultar beneficiosa para aqueles consumidores que concentren a súa estancia na rede en determinados portais. Poñamos que, hoxe en día, unha conexión estándar custa arredor de 50€ mensuais: coa desregularización da Neutralidade da Rede, as compañías de telecomunicacións poderán comezar a vender accesos a páxinas concretas no canto dunha tarifa plana de acceso. Eu non teño Facebook: sen a Neutralidade da Rede podería contratar os servizos prescindindo do acceso a esta rede social, feito que repercutiría nun prezo máis reducido.
    De calquera xeito, a regulación referida rematará o vindeiro 23 de abril, e será nese punto cando vexamos os verdadeiros efectos da derrogación desta. A Neutralidade da Rede leva en vigor dende 2005, ano no que, por certo, se aprobou baixo a administración de George Bush fillo, con maioría republicana no Congreso.

    CHAN, Y. The history of Net Neutrality in the US. Sutori. Dispoñible en: https://www.sutori.com/story/the-history-of-net-neutrality-in-the-u-s

    Wikpedia. 109th US Congress. Dispoñible en: https://en.wikipedia.org/wiki/109th_United_States_Congress

    Gústame

    1. Entendo a parte positiva que intentas facer ver, de tal forma que o feito de pagar máis por ter maior velocidade ou mellor servizo semella simple comparado co teu exemplo dos trenes ou por exemplo co caso de aplicacións como Skype ou Netflix que non terían a fama que actualmente teñen de non ser polos seus usuarios; os cales pagan sempre e cando lles oferten unha calidade nos contidos de maior grado que todo método gratuito.
      O problema pode aparecer cando iniciativas alternativas non teñen fondos suficientes para afrontar ou competir con estás grandes empresas coas que se fala no post, pese a que moitas veces sexan xusto estas últimas as que poñen maior interese en ofertar contidos de calidade máis habitualmente. Outro problema poderían ser as limitacións no tráfico de internet impostar por parte dos poderes públicos, ou pode que algo que seguramente leve consigo o feito de que a maioría de empresas comecen a cobrar á súa audiencia como única forma de supervivencia, sexa unha realidade a que a audiencia terá que comezar a acostumarse. Estariamos dispostos a pagar por contido xornalístico online sempre que isto nos garanta información veraz e de calidade? O certo e que os datos apuntan a que sí, o consumo de prensa online de pago aumentou de manera exaserada nos últimos anos. E este o fin da prensa libre e gratuita en Internet?
      Carrasco, L. (2017, 31 de Xullo). El consumo de prensa digital de pago aumenta un 157% en cinco años. En InfoLibre. Recuperado de: https://www.infolibre.es/noticias/medios/2017/07/31/el_consumo_prensa_digital_pago_aumenta_casi_158_cinco_anos_68227_1027.html

      Gústame

      1. No caso de que a eliminación da Neutralidade da Rede levase á súa fin o actual sistema de financiamento por publicidade xa existiría un argumento máis cara a desregulación. O sistema de pago por contido non só funcionou durante séculos para a prensa escrita, senón que é, posiblemente, o maior garante da independencia do medio en cuestión. Cando un xornal se financia a partir de subvencións (públicas ou privadas) ou publicidade, este é máis proclive a ver a súa Liberdade de Información recortada por parte dos seus “accionistas”, xa que dificilmente publicará información sensible relativa a estes, baixo o perigo de perder os seus ingresos. En cambio, un medio financiado polos seus lectores débese exclusivamente a estes, é dicir, á información e a investigación.

        Agencia Sinc (2009). La publicidad en prensa puede afectar a la calidad de la información. [En liña]. Consultado o 19 de abril de 2018. Dispoñible en: http://www.agenciasinc.es/Noticias/La-publicidad-en-prensa-puede-afectar-a-la-calidad-de-la-informacion

        Gústame

        1. Xusto por iso que comentas consideramos tan importante o tema tratado no post, xa que por moito que esteas no certo en que a dependencia económica exclusiva das suscripcións levaría consigo unha maior independencia e unha maior adicación na elaboración dos contidos, a realidade é que con esta medida só se beneficiarían os mesmos medios hexemónicos que actualmente impiden ás iniciativas alternativas entrar na axenda mediática.
          Ademáis, tamén fomentaría que estes mesmos medios de comunicación de masas que se atopan na axenda actual dependan pese a todo e elaboren as súas informacións en base ás empresas que financien este acceso ou servizo “privilexiado” á rede de Internet. A manipulación da información por presións dos grupos inversores é algo que leva ocorrendo e preocupando aos defensores dos lectores dende fai anos.
          Milagros Pérez, Oliva. (2009, 27 de Setembro). Empresa y periodismo, una cuestión de lealtad. En ElPaís. Recuperado de: https://elpais.com/diario/2009/09/27/opinion/1254002405_850215.html

          Gústame

  2. Se por algo se caracteriza internet é porque esta permite que todo o mundo que queira sexa capaz de desenvolver nela o seu propio proxecto. Grazas a isto, contamos hoxe en día con propostas inusitadas e orixinais de persoas que pese a non contar con suficientes medios e recursos, si presentan un contido ou unha idea de gran calidade. Vemos como polo momento, a rede é un lugar que garante un tratamento equitativo e non discriminatorio na prestación de servicios, tal e como se recolle no reglamento ( http://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/?uri=CELEX:32015R2120 ) aprobado en 2015 polo Consello e Parlamento Europeo.

    Poren, se esta nova medida se pon en marcha, todo isto se irá ao traste. Paxinas web que contan con suficientes recursos económicos terán un amplo ancho de banda e accederase rapidamente á súa páxina, mentres que aquelas que non se podan permitir pagar estes servizos terán un acceso limitado. Nun momento onde a inmediatez e a falta de tempo caracterizan a toda a sociedade, isto vai a ser unha gran traba para aqueles que non poidan permitirse manter un ancho de banda amplo porque non contan con suficientes recursos económicos.

    Sen a protección de que exista esta neutralidade, cómo poderían saír a diante proxectos de nova creación que conten con poucos recursos pero que plantexen contidos de gran calidade e inusitados ata o de entón? É dicir, fora dos grandes medios xa creados e consolidados, serán capaces novos proxectos que non conten con suficientes recursos económicos de triunfar? Dende logo isto sería un forte pau para a innovación ( https://www.elpais.cr/2017/11/24/expertos-creen-que-acabar-con-el-internet-neutral-es-malo-para-la-innovacion ), pois moitas das solución que apareceron ao longo do tempo foron creadas por pequenas empresas que contaban con poucos recursos na súa creación.

    Claramente, o beneficio destas provedoras aumentará, pero tamén o fará o seu poder. Desta maneira unha empresa provedora poderá bloquear ou acelerar o servizo de banda ancha por puros intereses. Ou cobrar extra polo uso de determinados servizos e darlle vantaxe a outros ao no contar o uso de certas prestacións cando lles está cobrando ancho de bando ao seus usuarios. Os operadores de telecomunicacións poderán incluso discriminar e chegar a acordos preferentes no uso das redes con empresas provedoras de servizos e contidos.

    Nun medio onde prima tanto a calidade do contido e o seu interese, no podemos deixe que este no estea en igualdades de condicións para todos. Quen son os que deben escoller que contidos se consumen ou non na rede? Os provedores ou os propios consumidores? A resposta é ben clara.

    Gústame

    1. A derogación da lei de neutralidade, como ben dicimos no post, é cavar unha tumba para os medios alternativos pero tamén para os propios usuarios da rede. Internet deixa de ser un servicio básico e de acceso igualitario.

      En Europa esta derogación tamén nos afecta, xa que moitos dos servizos que utilizamos proveñen de Estados Unidos. Os exemplos máis coñecidos deses servizos son plataformas como Google ou Facebook, os cales teñen gran parte dos usuarios alí. (https://www.xataka.com/legislacion-y-derechos/golpe-a-la-neutralidad-de-la-red-en-eeuu-que-cambia-con-la-nueva-ley-y-como-nos-afecta-a-nosotros-desde-fuera)

      Esta derogación afecta máis do que pensamos e o goberno de Trump está a facer dos poderes e os intereses o seu abanderamento.

      -FM, Y. (2017, 14 de decembro). Golpe total a la Neutralidad de la Red en EEUU: qué cambia con la nueva ley y cómo nos afecta a nosotros desde fuera. Xataka. Recuperado de https://www.xataka.com/legislacion-y-derechos/golpe-a-la-neutralidad-de-la-red-en-eeuu-que-cambia-con-la-nueva-ley-y-como-nos-afecta-a-nosotros-desde-fuera

      Gústame

      1. Hai que ver tamén cales son os motivos que conducen a esta situación. O actual presidente do goberno estadounidense foi avogado en Verizon (unha das grandes compañías de telecomunicación do país). Polo tanto, acabar coa neutralidad da rede podería favorecer os seus intereses. Colectivos que loitan contra esta medida, denuncian este feito na súa páxina web e considérano un grave abuso de poder: https://www.battleforthenet.com/

        Como vemos, a oposición á medida é bastante forte e esta causando gran cantidade de revuelo no país. Non só atopamos usuarios entre os sectores que están loitando pola non implantación desta lei, senón que tamén podemos ver envoltos nestas protestas as a grandes empresas como Netlixx ou Mozilla. ( https://www.genbeta.com/actualidad/la-lucha-no-ha-acabado-muchas-companias-unen-fuerzas-contra-el-fin-de-la-neutralidad-de-la-red ) Esta decisión podería supoñer para eles unha gran perdida de usuarios, ao desmellorar a calidade do seu servizo.

        En principio parece que esta medida non afectaría a Europa, pois esta vese amparada polo Parlamento Europeo que contén leis que protexen a neutralidad de internet. Con todo, como ti comentas, isto tampouco é unha boa noticia para os usuarios europeos. Aínda que nosa conectividad vaia a ser a mesma, cando tratemos de acceder a contidos aloxados en Estados Unidos verémonos perxudicados por esta nova decisión.

        Araújo, S. (2017, 18 de diciembre). Netflix, Twitter y Google creen que no es tarde para luchar por la neutralidad de la red. Genbeta. Recuperado de https://www.genbeta.com/actualidad/la-lucha-no-ha-acabado-muchas-companias-unen-fuerzas-contra-el-fin-de-la-neutralidad-de-la-red

        [Página Web]. Battle for the net. Recuperado de https://www.battleforthenet.com/

        Gústame

        1. Sempre hai que loitar pola neutralidade, xa que é o noso dereito estar informados, é importante que se loite por uns contidos de calidade e non polos intereses de empresas e gobernos que só queren manipular.
          A Netflix interésalle loitar pola neutralidade xa que cada vez máis persoas de todo o mundo pagan polos seus contidos. En todos os continentes hai persoas que contratan os seus servizos e defendendo a liberdade gañan moitos máis puntos para os posibles consumidores dos seus contidos. (https://www.elconfidencial.com/tecnologia/2017-12-14/neutralidad-de-la-red-estados-unidos-internet_1493042/)
          En canto a como nos afecta, non só está o factor das plataformas que teñen a súa base en Estados Unidos como apuntei no anterior comentario, senón que afecta á sociedade enteira xa que estase a violar o dereito a estar informados. A liberdade de prensa queda lastrada por que ao principio van saír as páxinas que interesan ao goberno ou as que máis pagan. Para min estase a cavar a tumba dos medios de calidade.

          -Mcloughlin, M. (2017, 14 de decembro). EEUU acaba de matar internet en favor de las grandes operadoras. ¿Cómo nos afecta?.El Confidencial. Recuperado de https://www.elconfidencial.com/tecnologia/2017-12-14/neutralidad-de-la-red-estados-unidos-internet_1493042/

          Gústame

Deixa unha resposta a Cecilia Doforno Nóvoa Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s