Mobilidade sostible e saudable

Vilariño Rodríguez

A mobilidade sostible, unha vía para a seguridade viaria

Nos últimos anos a contaminación converteuse nun problema de saúde pública, polo que é urxente conseguir reducir estas emisións contaminantes. En especial naqueles lugares onde hai unha gran concentración de actividades industriais e comerciais que fan que se produzan máis externalidades negativas: as cidades.

O vehículo privado é o medio de transporte por excelencia, debido á comodidade e independencia que aporta. Porén, este é tamén un dos principais motivos dos altos índices de contaminación. Segundo os datos da Organización Mundial da Saúde, ao redor de tres millóns de mortes están relacionadas coa contaminación no mundo.

A realidade é que na actualidade existe unha maior concienciación co medio ambiente que se o comparamos coa seguridade viaria. Por iso mesmo, son moitos os que pensan que apelar á saúde do medio ambiente pode ser unha vía para conseguir melloras viarias. Deste xeito unha mobilidade sostible que coide do entorno pode ser tamén unha chave para conseguir diminuír os perigos viarios que existen no día a día. Menos vehículos é, sen dúbida, sinónimo de menos accidentes.

Os vehículos particulares: protagonistas dos accidentes

EWJFLEW
 

Fonte: funtrafic.org

 

O accidente laboral viario é o causante dun terzo de todos os accidentes mortais. O accidente in itinere, aquel que se produce de camiño ao traballo, representa o 70% dos sinistros de tráfico.  O perfil da persoa involucrada é un condutor con idade comprendida entre os 25 e os 40. Isto supón anos potenciais de vida perdidos, ou unha diminución na capacidade produtiva debido ás lesións e secuelas sufridas. Na maioría deses accidentes o vehículo implicado adoita ser o turismo ou a motocicleta, quedando así demostrado que o uso do transporte privado non só é un inconveniente no ámbito medio ambiental, senón que é un problema transversal. Para acabar con todo isto necesítase unha maior implicación e compromiso das diferentes administracións, organizacións e empresas que poden facilitar esa mobilidade saudable.

Como cambiamos esta dinámica

O xeito máis eficaz de conseguir este obxectivo é permitir só o acceso nas rúas compostelás a residentes, buses, taxis, ciclistas, vehículos prioritarios e peóns. Ademais débense ofrecer alternativas ao uso do vehículo privado para así fomentar o transporte público, de maneira que se  coordinen os autobuses de longo e curto percorrido cos urbanos e se incremente de forma significativa a súa frecuencia.

Nun principio esta medida terá moitos detractores polo que hai que sensibilizar, concienciar e, sobre todo, convencer aos condutores e comerciantes das enormes vantaxes de poder dispoñer dunhas zonas onde se poida transitar. A concienciación cidadá xoga un papel clave en todo isto e para isto hai que recorrer unha vez máis á xa citada educación cidadá. O papel da educación para cambiar estas cousas é algo que asociacións como Stop Accidentes levan xa tempo reivindicando. E tamén é algo que debemos esixir aos medios que fagan.

O axeitado é crear un lugar onde, co esforzo de todos, poidamos acabar co ruído dos motores e do claxon. O que suscitamos non é unha utopía, senón unha alternativa real e moi necesaria.

WENFEWN
 

Fonte: ecoticias.com

 

Jesús Vilariño Rodríguez, colaborador do grupo S2A: Seguridade Viaria.

 

BIBLIOGRAFÍA:

FARO DE VIGO. (2018, 15 de abril). El compromiso ciudadano en materia de seguridad vial. Faro de Vigo. Recuperado de http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/04/15/compromiso-ciudadano-materia-seguridad-vial/1873233.html

MANUEL PAN, J. (2018, 11 de febreiro). Conducir, un riesgo laboral. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravozon/2018/02/09/conducir-riesgo-laboral/00031518169244664228528.htm

OMS. (2018). Organización Mundial da Saúde. OMS. Recuperado de http://www.who.int/es/

ROMERO, M. (2017, 4 de xaneiro). ¿Concienciados con el medio ambiente? El diario. Recuperado de https://www.eldiario.es/piedrasdepapel/Concienciados-medio-ambiente_6_598150201.html

STOP ACCIDENTES. Las zonas 30. STOP Accidentes. Recuperado de https://stopaccidentes.org/uploads/file/DOCUMENTOS/LAS%20ZONAS%2030.pdf 

 

2 comentarios en “Mobilidade sostible e saudable

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s