“Non cre que isto pecha a visión do xornalismo?”

Gómez Fernández, López Rey

“Somos o segundo país máis turístico do mundo e en Santiago vívese eminentemente desta actividade”. Esta afirmación do xerente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco, deu comezo á reunión co círculo sobre o tratamento que recibe esta temática nos medios de comunicación. A influencia destes na sociedade é innegable, polo que desta volta contamos coa participación do xerente do departamento comercial do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Carlos Piñón; o presidente da Asociación de Veciños Casco Histórico, Marcos Pombo e a representante de Acción Universitaria, Olga Cárcamo.

As novas sobre a actividade turística non chegan a nós coa mesma frecuencia ou variedade que outros feitos. Como xa se explicou anteriormente, este tipo de información está marcada pola estacionalidade. En certa medida, o carácter estacional do turismo traspasa á cobertura dos feitos. Porén, coñécese que elementos como o Camiño teñen tal atractivo que fan que a visita á cidade vaia máis alén das épocas de verán e goce con grandes cantidades de peregrinos durante todo o ano, o que permite falar da desestacionalización. Neste aspecto coincide Carlos Piñón, que ademais engade que “os medios de comunicación non teñen un verdadeiro interese en promocionar o turismo en Santiago de Compostela”.

foto círculo
 

Durante a reunión sobre o tratamento da actividade turística en diversos medios de comunicación

 

Doutra banda, falar de turismo é falar de cifras récord ou de obxectivos conseguidos. Marcos Pombo di que ditas cifras se adoitan comunicar cando se incrementanPorén, o xerente de Compostela Monumental cre que no que se deben centrar os medios é en buscar a verdade e contactar con todos os afectados. Ponnos como exemplo a peatonalización da zona vella: os medios mostraron as protestas dos veciños, pero estes non estaban en contra das obras, senón de como se estaban executando.

Seguindo co casco histórico, o tratamento do aluguer de vivendas turísticas segue resultando un tema descoñecido por unha parte dos composteláns. Marcos Pombo e Olga Cárcamo coinciden en que se está caendo nunha rutina informativa que non implica a investigación da realidade. A prensa enfróntase a determinadas presións como as da patronal de hostelaría -xa que para eles é unha gran competencia-, segundo informa José Ángel Blanco. Por último, tamén afirma que “os medios están atravesando unha situación económica moi delicada e ás veces o fácil é afondar en noticias que chamen a atención e non nas importantes para a sociedade”.

Outro aspecto criticado foi que, en ocasións, a prensa limítase a publicar o que axentes externos lles envían, o que desemboca en información non contrastada. Por exemplo, Carlos Piñón analizou o tratamento da seguinte noticia: Cada peregrino xera ata un 18% máis de emprego local que un turista.  Destaca que nela só se analizan dous concellos para realizar tal afirmación e poñen o consumo medio do peregrino en 50 euros sen explicar de onde proceden os datos.

Ademais, El Correo Gallego publicou unha noticia relacionada co turismo en Semana Santa, na que se criticaba a acción do Concello. A isto respóndennos que o caso do xornal é máis ben particular, xa que existe un conflito entre o medio e o Concello. Marcos Pombo comenta que os medios de comunicación son necesarios, pero deben estar fóra de calquera influencia. A isto contesta José Ángel Blanco que o que se debe buscar é un equilibrio mediático, pois é bo que se denuncie todo o que se precise sempre e cando sexa verídico. O presidente da Asociación de Veciños Casco Histórico responde que as disputas persoais deben manterse á marxe e faille unha pregunta para rematar: “non cre que isto pecha a visión do xornalismo?”.

Santiago de Compostela: Capital do Café Histórico

O pasado 11 de abril, a capital galega recibiu o título de Capital do Café Histórico. Tan só foi mencionado en medios especializados en turismo ou minoritarios online. Isto fai pensar que as alternativas culturais ás redes convencionais de facer turismo non interesan. Marcos Pombo engade que a cidade esconde un gran potencial e todo o que sexa un enriquecemento nas experiencias repercutirá de forma favorable nos turistas que a visiten. Afirma que un dos elemento máis importantes non é que os visitantes se impresionen polo que ven, senón que tamén o vivan, de forma que se conseguiría ter unha marca de identidade propia.

Maior labor informativa ante a actividade turística

Vivimos nun mundo globalizado no que se debe manter ben informado ao viaxeiro  para que saiba con que se atopará no lugar de destino. O turismo é unha actividade que debería ser tratada con máis profundidade por parte dos xornalistas. Ante isto, Pombo afirma que é esencial que o xornalismo estea ao día neste aspecto. Comenta que “os xornalistas son únicos, o que lles move é a investigación, sen iso os cidadáns non saberiamos como camiñar”.

En Santiago de Compostela, unha cidade que está medrando e cambiando, o labor xornalístico é máis que necesario. José Ángel Blanco engade que os profesionais deben facer de todo, “hai que especializarse. Entón, por que non xornalistas especializados no turismo?”.

Bibliografía:

Efetur (16 de abril de 2018). Santiago se convertirá en mayo en la capital del “Café Histórico”. Recuperado de: https://www.efetur.com/noticia/santiafo-cafe-historico/

Eiré, L. (26 de xaneiro de 2018). Compostela es para los extranjeros: el turismo internacional crece 12 puntos. El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/compostela-es-extranjeros-turismo-internacional-crece-12-puntos/idEdicion-2018-01-26/idNoticia-1096343/

EP (11 de xaneiro de 2018). España se convierte en el segundo país más visitado del mundo. Cadena Ser. Recuperado de: http://cadenaser.com/ser/2018/01/10/economia/1515617069_265953.html

Europa Press (16 de abril de 2018).Cada peregrino genera hasta un 18% más de empleo local que un turista. Europa Press. Recuperado de: http://www.europapress.es/galicia/noticia-estudio-usc-revela-cada-peregrino-genera-18-mas-empleo-local-turista-20180416145954.html

Europa Press (31 de xaneiro de 2018). Galicia cierra 2017 con una cifra “récord” de casi 5,1 millones de turistas. Europa Press. Recuperado de: http://www.europapress.es/galicia/noticia-galicia-cierra-2017-cifra-record-casi-51-millones-turistas-20180131135726.html

Hosteltur (28 de novembro de 2014). Record de pernoctaciones de Clientes Extranjeros en Santiago de Compostela. Santiagoturismo.es. Recuperado de: https://www.santiagoturismo.es/2014/11/record-de-pernoctaciones-de-clientes.html

Montero, T. (8 de novembro de 2009). “Peatonalización si, pero non así”. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2009/11/08/peatonalizacion-non-/0003_8092403.htm 

Redacción (3 de abril de 2018). Semana Santa: sin promoción ni programa no se cuida el turismo. El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/semana-santa-promocion-programa-no-cuida-turismo/idEdicion-2018-04-03/idNoticia-1108108/ 

 

 

2 comentarios en ““Non cre que isto pecha a visión do xornalismo?”

  1. A corrixir:
    – 4º parágrafo
    ‘Alquiler’ non existe en galego
    – 5º parágrafo
    “destaca que nela só” (non partir a oración cunha coma)
    – 9º parágrafo
    “o labor xornalístico é máis que necesario” (concordancia do artigo e adxectivos co substantivo en masculino)
    A segunda oración semella contraditoria

    * 2º parágrafo
    “como xa se explicou anteriormente” (podedes poñer a ligazón se tendes un post que fala diso)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s