Ponte na miña pel, non na miña praza!

Pérez Fieiras, Vilariño García

A accesibilidade é un ben común que facilita a vida de todo individuo. Todos somos discapacitados en certa medida; o problema reside en que nun inicio este se vendeu como necesidade dun determinado colectivo en lugar de algo xenérico.

É por isto que cómpre resaltar a lexislación vixente acerca de aspectos determinantes no día a día de persoas con dificultades de mobilidade. Na actualidade todas as comunidades e cidades autónomas contan cunha regulación aplicable á tarxeta de estacionamento. Non obstante esta regulación é diversa, o que supón diferenzas en canto ao uso da mesma e os dereitos que outorga a súa concesión. Encóntranse así situacións, para unha mesma persoa, moi diferenciadas segundo o lugar onde resida ou ao que se desprace.

A constatación de que os problemas de desprazamento poden ter limitacións distintas ás provocadas polas dificultades locomotoras levou ao Goberno a adoptar medidas concretas que solucionen estas situacións. É por isto que o BOE recolle a obriga relativa ao número mínimo de prazas de aparcamento dispoñibles e reservadas en núcleos urbanos.

LEXISLACIÓN

  • Artículo 2. A tarxeta de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas con discapacidade é un documento público acreditativo do dereito das persoas que cumpren os requisitos. Ten como finalidade o estacionamento dos vehículos automóbiles o máis preto posible do lugar de destino.
  • Artículo 3. Teñen dereito á obtención da tarxeta de estacionamento: aqueles individuos aos que lle sexa recoñecida oficialmente a condición de persoa con discapacidade, así como as persoas físicas ou xurídicas titulares de vehículos destinados exclusivamente ao transporte colectivo de persoas con dificultades de mobilidade.
  • Artículo 5. Os principais centros de actividade dos núcleos urbanos deberán dispoñer dun mínimo dunha praza de aparcamento reservada e deseñada para o seu uso por titulares das tarxetas de estacionamento acreditativas. Estas prazas deberán cumprir as condicións regulamentariamente previstas.

É aquí onde entra o debate, ¿realmente as prazas compren a normativa?

PRAZAS DE APARCADOIRO INACCESIBLES

Segundo a normativa proposta pola Xunta de Galicia na Guía de Boas Prácticas de Accesibilidade, as prazas de aparcadoiro reservadas e deseñadas para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, contan cunha dotación mínima de 1 por cada 40 fraccións. Ademais, deberán situarse o máis próximas posibles aos itinerarios accesibles de entrada, garantindo o acceso desde a zona de transferencia ata o itinerario accesible de forma autónoma e segura.

Por isto, deberán colocarse nunha área sen pendente que permita a colocación e estabilidade das cadeiras de rodas á beira da rúa, pois, como afirma Julio Louro, afectado de esclerose múltiple e membro de ACEM: Si vas en una silla de ruedas dentro del coche no puedes subir a la acera, tienes que llevar una acompañante que te ayude a subir”.

Así mesmo, as prazas dispostas en perpendicular, diagonal  e en liña deberán ter unha dimensión mínima de 6×2,2 m e dispoñer dunha zona de aproximación lateral cun mínimo de 1,5m de ancho sinalizado no pavimento mediante un cebreado con pintura antiescorregadiza. Ademais, as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida estarán sinalizadas horizontal e verticalmente co Símbolo Internacional de Accesibilidade (SIA).

“Aquí en Santiago miras todas las plazas de aparcamientos y ¿cuántas están dentro de la normativa? Ninguna. Si te enseño una plaza dentro de la normativa, abres la boca” Javier Nieto García, membro da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, denuncia o incumprimento da lexislación por parte do Concello en asuntos de accesibilidade. Algúns diarios, como é o caso de El Ideal Gallego, fixéronse eco desta problemática, dando voz a persoeiros como Fran Carreira, coordinador do Grupo Acceso Coruña (CAG) , que expón a necesidade dun cambio real na ordenanza pois a vixente é de 1999.

Por outra banda, La Opinión de A Coruña trata a problemática procurando dar visibilidade á campaña Ponte na miña pel, non na miña praza impulsada polo Concello de Cambre co obxectivo de promover unha conciencia de respecto cara os aparcadoiros reservados. Porén, a realidade das cidades galegas, en concreto de Santiago de Compostela, é outra.

Lo que no es normal es que en una biblioteca pública haya plazas para bicicletas y no para discapacitados”. “No es normal que las plazas del Ayuntamiento de Santiago no tengan su señal correspondiente, la azul con el logo blanco”. O Concello de Santiago é, segundo narran os membros de ACEM, inaccesible no que se refire ás prazas reservadas para persoas con discapacidade.

Botando unha ollada pola capital galega, podemos observar numerosos exemplos que reflicten esta problemática, dende a Rúa de San Pedro con prazas sen vao de acceso á beirarrúa, ata Galeras, onde rigolas dificultan a zona de transferencia. Incluso, podemos falar da inexistencia destas prazas en lugares públicos moi frecuentados como a Biblioteca Pública Ánxel Casal.

subir
Biblioteca Pública Ánxel Casal con aparcadoiro para bicicletas, mais non existen prazas para persoas con problemas de mobilidade. Fonte: Elaboración propia

PASOS DE PEÓNS INACCESIBLES

A Guía proposta pola Xunta de Galicia en pro da accesibilidade ten en conta tamén o rol dos pasos de peóns polo que expón una serie de criterios a ter en conta á hora da súa construción. É por isto que se aconsella, nos puntos de cruzamento entre intinerarios accesibles e vehiculares, asegurar que o tránsito de persoas se manteña de forma continua, segura e autónoma en todo o seu desenvolvemento. En todo caso, a preferencia nestes puntos cae sobre o peón e non sobre o condutor do automóbil. Non obstante para isto é necesaria unha boa sinalización vertical e horizontal.

Antes e despois de cada cruzamento é preciso advertir ao usuario de que existe un punto singular. Débese utilizar entón un indicador de advertencia nunha cor contrastada ou mesmo bolardos para impedir o acceso a zonas con características determinadas. No caso de tratarse de persoas con discapacidade visual, é preciso manter unha referencia co bastón guía colocando franxas de encamiñamento podotáctil en ambos laterais, unindo deste xeito o inicio e o fin dos pasos de peóns.

subir-2.png
Exemplo de paso de peóns adaptado ás dificultades de mobilidade. Fonte: Guía de Boas Prácticas de Accesibilidade para o Sector Turístico de Galicia.

No caso de Santiago estas reformas non están vixentes nin parecen próximas as melloras. “Cuando bajas la Avenida de Xoán XXIII hay como tres pasos de peatones a los que no puedo acceder, porque hay un canal entre el bordillo y el asfalto que se solucionaba simplemente con colocar una rejilla” Así nos transmite Julio Louro as dificultades que se presentan no día a día en Santiago de Compostela. Como esta, milleiros de deficiencias máis.

subir 3
Paso de peóns innaccesible en Campus Sur. Fonte: Elaboración propia

Cómpre destacar, en contraposición con esta situación, a iniciativa que está levando a cabo a provincia de Pontevedra, na que pretende revisar as condicións de accesibilidade dos pasos de peóns e modificar, no caso de que sexa preciso, os distintos puntos conflitivos coa finalidade de adaptalos á nova directriz técnica municipal. Para completar esta actividade realizaranse dúas intervencións, a primeira centrada na corrección de puntos onde a beirarrúa e a calzada non están á par e,  a segunda adicada exclusivamente a persoas con discapacidade visual.

 

3 comentarios en “Ponte na miña pel, non na miña praza!

  1. A corrixir:
    – o primeiro signo de exclamación non é o de apertura
    – 3º parágrafo
    “que o BOE” (concordancia do artigo co substantivo [boletín] en masculino)
    – 4º parágrafo
    “as prazas cumpren” (empregar a forma correcta do presente do verbo ‘cumprir’)
    – 7º parágrafo
    “as prazas reservadas” (gralla de redacción)
    – 8º parágrafo
    “fixéronse eco” (gralla de redacción)
    – 9º parágrafo
    “de respecto cara aos aparcadoiros” (gralla de redacción; estrutura cara a +)
    – 11º parágrafo
    ‘Rigola’ non existe en galego
    – 13º parágrafo
    ‘Bolardo’ non existe en galego
    – Pé de foto
    ‘Receso’ ten outro significado en galego

    *Os termos especializados de difícil tradución ao galego poden quedar en castelán se se diferencian mediante cursiva

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s