A seguridade viaria é un compromiso de todos

González Figueroa

Nesta noticia sobre seguridade viaria un dos colabaradores de Stop Accidentes, organización coa que contamos no noso círculo, amosa a súa postura ante a tráxica situación que se vive respecto á seguridade viaria combinada co consumo de alcohol e drogas.

“Non se pode pasar páxina coa inseguridade viaria”, así titula o artigo, invitándonos á reflexión. Moitas persoas non son conscientes da importancia que ten este aspecto nas nosas vidas, e é que todos somos partícipes da seguridade viaria, todos a sufrimos e todos temos que implicarnos profundamente na causa. A miúdo, como ben di Benito Bouzada, nos atopamos con casos nos que o consumo destas substancias aditivas provoca unha cantidade desproporcionada de accidentes ó volante. “Esta sociedade está enferma e o seu reflexo vémolo diariamente na inseguridade viaria que producen persoas que conducen un vehículo nesas condición psicofísicas”, afirma.

Bouzada explica que, ao igual que acontece con outro tipo de problemas, a sociedade ten que ser tallante e intolerante con estas actitudes, igual que acontece noutros países. “Non se trata de ler unha noticia respecto diso e pasar páxina, trátase de darse conta de que esta problemática é da sociedade no seu conxunto”. A base é sen dúbida a sensibilización e a concienciación de toda a cidadanía, así como a responsabilidade penal. “Está demostrada a falta de eficacia da clase política ante un problema social de primeira orde á que se lle unen as reiteradas denuncias sobre unha certa impunidade penal, consecuencia da lentitude en modificar o Código Penal para ser máis contundentes en determindos casos”.

A mellora das infraestructuras, unha boa sanidade e a educación son tamén cruciais. Concienciar á poboación en todos os ciclos escolares, incluso chegando á universidade, é crucial.

2 comentarios en “A seguridade viaria é un compromiso de todos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s