#gratisnotrabajo

CODESIDO CENTOIRA

Naceu, como non podía ser doutro xeito, no 2011. Coa crise económica alcanzando o seu punto álxido, as ofertas de emprego actuaron de fiel reflexo tocando fondos difíciles de imaxinar ata entón. Traballar gratis. Ou case.

75 céntimos de euro por cada artigo de 800 caracteres. Esa foi a proposta que recibiu a Azahara Cano por parte dunha empresa de regalos de boda. A xornalista decidiu denunciar a oferta de emprego á Asociación da Prensa de Madrid, que publicou o caso co hashtag #gratisnotrabajo. Por suposto, a nova viralizou en redes sociais: a sorpresa xurdiu cando numerosos profesionais da información se lanzaron a relatar casos de contratos abusivos na súa traxectoria laboral. E non eran poucos. O hashtag transcendeu na creación dunha páxina de Facebook adicada exclusivamente á exposición de ofertas precarias e ata unha petición en Change.org por parte dos estudantes de xornalismo da Universidade Complutense.

O caso é, por suposto, anecdótico, pero ofrece canto menos unha reflexión. A profesión atópase tan precarizada que no seu seo xorden contratos de traballo enfrontados á  propia definición de traballo (desenvolver un labor a cambio dunha remuneración). De calquera xeito, o movemento #gratisnotrabajo non transcendeu a ningún medio tradicional (tan só o publicou Cuarto Poder), e non precisamente por anecdótico. Mellor non protestar por traballar gratis, que aínda imos ter que pagar.

Referencias:

PADRÓN, S. (2011). #gratisnotrabajo o la dignificación de la profesión.  Cuarto Poder. [En liña]. Consultado o 18 de abril de 2018. Dispoñible en: https://www.cuartopoder.es/cultura/2011/12/07/gratisnotrabajo-o-la-dignificacion-de-la-profesion/

Un comentario en “#gratisnotrabajo

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “coa crise económica alcanzou” (gralla de redacción)
    O comezo en si da segunda oración é confuso
    – 2º parágrafo
    “a sorpresa xurdiu” (gralla de acentuación)
    “o hashtag transcendeu” (gralla de redacción)
    – 3º parágrafo
    “desenvolver un labor” (concordancia do indefinido co substantivo en masculino)
    “non transcendeu a” (gralla de redacción)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s