Judith Fernández Rivas: “A situación en urxencias está a piques de colapsar”

Estévez Ingelmo 

 O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) é o encargado de acoller a centos de pacientes pertencentes á comarca de Santiago. Non obstante, o CHUS ten que facer fronte xornada tras xornada a diversos problemas. O Hospital Clínico amosa grandes deficiencias no plano da mobilidade como a mala conexión existente co rural, os pésimos accesos ó recinto ou a mala localización das prazas reservadas.

chus_782990_manual
 

Fonte: xxisantiago.sergas.es

 

Para coñecer de primeira man os múltiples problemas que existen no día a día do hospital e indagar a fondo sobre o porqué desta situación, contactamos con Judith Fernández Rivas, enfermeira interina de urxencias no CHUS e delegada sindical do SATSE en Santiago de Compostela. É importante que nos centremos nun dos grandes erros que presenta este complexo: a accesibilidade. “A realidade é que o acceso ó hospital é pésimo. As estradas están mal asfaltadas e son pequenas. Todo isto unido ó problema de aparcamento que existe na zona,  o que provoca a creación de colas na estrada de acceso moito antes de entrar ao recinto hospitalario”, apuntou Judith. Ademais, a profesional sanitaria tamén falou sobre  as dificultades que teñen as persoas anciás e de mobilidade reducida para acceder ó interior do edificio: “As prazas reservadas están demasiado lonxe da entrada principal e moitas veces son empregadas por xente sen discapacidades físicas, simplemente por non ter sitio para poder estacionar” .

Outro dos problemas que tratamos con Judith foron as complicacións relacionadas cun servicio sanitario tan básico e fundamental como é a ambulancia. “Os coches mal aparcados nas proximidades do hospital dificultan a mobilidade das ambulancias. Nunha das entradas hai un semáforo e esa zona estreita, polo que se hai un autobús agardando, a ambulancia está obrigada a parar porque non hai espazo suficiente”, afirmou. Judith tamén criticou os poucos lugares habilitados para estacionar o transporte sanitario que, algunhas veces, están ocupados por outros vehículos. Pero non só afecta á mobilidade senón que pode chegar a influír na saúde do paciente trasladado como no seguinte caso: “Na zona da rotonda hai resaltes moi altos que poden poñer en perigo ó paciente accidentado”.

clinico larga
 

Fonte: La Voz de Galicia

 

Se hai unha sección do CHUS que viva inmersa nun continuo conflito, esa é a de urxencias, un servizo que presenta unha notoria carencia de persoal. O pasado 13 de abril, La Voz de Galicia informou acerca da carga excesiva de traballo que acumulan os enfermeiros de urxencias do Hospital Clínico. Segundo aparece na noticia, o Sindicato de Enfermería (SATSE) afirma que o servizo de urxencias deste complexo hospitalario atende a máis de 13 enfermos diarios por profesional. Ademais da falta de persoal, Judith Fernández tamén comenta a mala distribución do servizo en comparación co resto de cidades galegas: “O persoal en A Coruña ou Vigo con cifras de entrada de pacientes moi similares aos de Santiago, contan cun persoal de enfermería de 88 persoas fronte ás 70 de Santiago. O servizo de urxencias de Santiago naceu deficiente e cunha mala distribución de espazos”. A todo este conglomerado de circunstancias hai que engadir o elevado número de persoas destinadas a este hospital, dada a recente incorporación de lugares como A Estrada, Lalín, Agolada ou Vila de Cruces, propias da zona de Pontevedra. “Aumentou considerablemente o número de habitantes que teñen referencia no CHUS. Sen embargo, o persoal de urxencias non creceu senón que coa crise fíxose aínda máis deficitario”, comentou a enfermeira interina.

Outro feito que dificulta a mobilidade tanto dos pacientes como do persoal é o mal estado no que se atopa o material sanitario. No mes de xaneiro, o xornal  La Voz de Galicia tratou a alta ocupación que sufriu o servizo de urxencias no Clínico. Esta información, ademais de ser un claro exemplo da situación de saturación que padece o hospital, deixa ben exemplificadas as deficiencias neste sector. A delegada do SATSE en Santiago tamén deu o seu punto de vista sobre as condicións de traballo en urxencias: “O material está anticuado e en malas condicións. Hai camas rotas e con dificultade para a súa mobilidade, tensiómetros que non funcionan, cadeiras de rodas en mal estado… Todo isto fai máis difícil o labor do persoal”. A enfermeira de urxencias comentounos que os profesionais nesta planta síntense frustrados ao non poder solucionar este gran problema. Pese á denuncia por parte do propio persoal sanitario parece que ninguén pasa á acción intentando arranxar as dificultades existentes.

s01m8105
 

Fonte: La Voz de Galicia

 

Aínda que a situación sexa insostible, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, defendeu o pasado mes de marzo que o persoal de urxencias do CHUS está correctamente repartida e que a media de pacientes por facultativo atópase por debaixo da recomendada. Almuíña afirmou no pleno do Parlamento que o cadro de urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago está á altura e pode compararse con calquera outro servizo do país. Ademais, o conselleiro resaltou que este servizo foi reforzado nos últimos meses en función das necesidades existentes. Mentres tanto, o punto de vista do persoal médico é antagónico ao da Xunta de Galicia. A delegada do SATSE transmitiunos a súa desconformidade coa situación e avogou por un aumento de persoal para paliar estas problemáticas. “A situación non é que non sexa óptima senón que está a piques de colapsar. O principal cambio que faría en urxencias sería un aumento da plantilla axeitado ós ratios que se manexan no mesmo hospital”, sentenciou Judith Fernández.

Material bibliográfico empregado: 

La carencia de personal en Urgencias refleja el “agravio” que sufre el Clínico. (2018, 9 de abril). El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/carencia-personal-urgencias-refleja-agravio-sufre-clinico/idEdicion-2018-04-09/idNoticia-1109103/

Los problemas de urgencias llegan al Parlamento y al Concello. (2018, 21 de marzo). La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/21/problemas-urgencias-llegan-parlamento-concello/0003_201803S21C6995.htm

El personal de Urgencias seguirá con las protestas. (2018, 28 de marzo). El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/personal-urgencias-seguira-protestas/idEdicion-2018-03-28/idNoticia-1107240/

2 comentarios en “Judith Fernández Rivas: “A situación en urxencias está a piques de colapsar”

  1. A corrixir:
    – ‘Borde’ non existe en galego
    – 3º parágrafo
    “e esa zona estreita” (‘estreitar’ non é un verbo pronominal)
    ‘Badén’ non existe en galego
    – 4º parágrafo
    ‘Plantilla’ non existe en galego
    – 5º parágrafo
    “do SATSE en Santiago tamén deu” (non separar cunha coma o suxeito do predicado)
    “máis difícil o labor” (concordancia do artigo co substantivo en masculino)
    – 6º parágrafo
    ‘Plantilla’ non existe en galego
    ‘Borde’ non existe en galego

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s