O turismo dende a educación e o comercio

Gómez Fernández, López Otero

Sabemos que a día de hoxe a masificación do turismo é un feito. Se nos centramos no caso de Santiago de Compostela, podemos comprobar que a afluencia turística concéntrase na zona na praza do Obradoiro e o casco histórico. Con anterioridade contamos coa visión de expertos en turismo, porén neste caso quixemos saber como se enfoca a actividade turística desde o ensino e o comercio. Para isto, falamos con Manuel Noceda Ferreiro, estudante do ciclo de formación profesional de Guía, información e asistencia turística; Yago García, ilustrador que conta cunha empresa de merchandising sobre o Camiño de Santiago e Eva Tato Collazo, presidenta de AIESEC na capital galega, unha organización que, xunto a moitas outras actividades, organiza intercambios entre estudantes de todo o mundo.

comercio e educación
 

Durante o círculo sobre o turismo no comercio e educación

 

Tratamento do turismo na educación

“Enfócase sobre todo nos meses do verán e recoméndannos que busquemos algunhas alternativas para o outono” así nos aseguraba Manuel Noceda que vía o seu futuro como guía turístico se pretendía exercer en Santiago. No ciclo que el estuda, enfocan o turismo seguindo o actual modelo e sen chegar a comentar nas aulas algún tipo de modelo alternativo á visita de rigor á Catedral. Ademais, non potencian a curiosidade dos alumnos: explicábanos Manuel que a el lle gustaba máis unha Igrexa que hai nas inmediacións do Obradoiro, pero nunca lle falaron dela.

Polo tanto, podemos afirmar que hai un modelo arraigado porque desde a educación se favorece esa imposición dun turismo masivo que non se interesa en formentar alternativas. Ademais, nas clases non se trata o tema da masificación como tal: “non o tratan moito en realidade, danlle máis importancia ao comportamento dos peregrinos e o que gastan en comercio e hostelería”. Inevitablemente, o turismo está vinculado ao consumo para que as visitas xeren rendibilidade económica na cidade. É por iso que na formación dos guías turísticos promoven a continuidade do modelo actual, porque son coñecedores da súa efectividade en termos de liquidez a curto prazo sen ter que realizar grandes inversións culturais fóra do mantemento da Catedral e unha boa conservación do Camiño.

O turismo desde o punto de vista dos comerciantes

Os comerciantes forman unha parte moi importante no desenvolvemento do turismo e  no seu impacto na economía. De feito, un artigo de Cámara fala dun novo tipo de turismo: o Turismo de Compras, no que o principal obxectivo do viaxeiro sería visitar tendas locais e adquirir produtos propios da zona. Yago García ten unha empresa de merchandising do Camiño de Santiago e comentábanos que na actualidade os comerciantes xa non só implican a hosteleiros e hospedaxe, senón que se explota moito máis: “antes que comerciante fun veciño, e hai que saber enfocar o turismo para que non se masifique”.

Á hora de falar de empregos, debemos saber se o turismo é favorable para a economía e, algo moi importante, se estes son precarios ou non. A cidade acolle a diario unha gran cantidade de peregrinos e turistas e isto ofrece unha maior visión de negocio para os comerciantes. Ao longo das rúas atópanse os pequenos comercios, restaurantes que ofertan comida galega, hoteis nos que alugarse… Pero á hora de analizar a situación dos traballadores xa non hai unha visión tan positiva. “Se tes un negocio que está fóra da hostelería falo como queres. Pos as túas propias normas, ti pos os prezos”, comenta Yago. Pero se se analizan negocios máis xeneralizados, como é o caso da hostelería, a situación é moi precaria. Eva Tato engade que o que acontece neste sector é que moitos traballan máis de oito horas e non teñen un horario fixo para pechar o local, debido á afluencia de xente.

Ademais, moitos comerciantes aprovéitanse dos peregrinos á hora de vender os seus produtos. Teñen claro que mercarán recordos da cidade sen importarlles o seu valor. Debido a esto, moitos deciden subir os seus prezos e baixar a súa calidade.

Actualmente fálase moito dos pisos turísticos, que no ámbito dos comerciantes son un punto negativo para os seus negocios. Este é un tema que non debe quedar no aire, senón que debe ter unha regulación. Podería ser positivo nos momentos de maior alza do turismo, como no verán, pero no resto do ano podería afectar de maneira negativa ao sector hoteleiro. Mesmo chegaría a causar problemas á hora de acoller estudantes ou persoas que veñan a traballar, pois esas vivendas só se ofrecerían aos turistas e non a eles.

Ante a posible aplicación da taxa turística no ámbito dos comerciantes, Yago recalca que como o turismo na cidade “é algo tan estacionario, de un día ou dous, paréceme algo anecdótico esa taxa”. Se se prolongase no tempo, sería máis favorable e nese punto xa se deberían levar a cabo as medidas correspondentes. Para a presidenta de AIESEC sería favorable nalgúns casos como por exemplo naqueles museos ou lugares que se visiten nos que non se paga entrada, aí poderíase aplicar en beneficio da cidade.
Para rematar, AIESEC, organización encargada de facer intercambios e voluntariado, ante a súa maneira de promover o turismo, confirman que non focalizan o turismo unicamente en Santiago de Compostela. Cando os viaxeiros acoden a eles, tratan de amosar outras partes de Galicia para que se vaian con algo máis que soamente a Catedral e o Casco Histórico, coma por exemplo, as súas praias.

Bibliografía:

Cámara. (24 de abril de 2018). “Una Nueva Oportunidad: el Turismo de Compras”, próximo taller para los comerciantes minoristas de Cádiz. Cámara de Cádiz. Recuperado de: https://www.camaracadiz.com/una-nueva-oportunidad-el-turismo-de-compras

Capelo L. (27 de setembro de 2018). Sindicatos denuncian la precariedad laboral en un sector que bate récords. Cadena Ser. Recuperado de: http://cadenaser.com/emisora/2017/09/27/radio_galicia/1506523711_525043.html 

Couso, S. (30 de marzo de 2018). Compostela es la segunda urbe de Galicia con más viviendas turísticas. El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/compostela-es-segunda-urbe-galicia-viviendas-turisticas/idEdicion-2018-03-30/idNoticia-1107563/ 

Redacción (5 de xaneiro de 2013). Eliseo Calviño: “El 70% de los negocios de hostelería y comercio no logran cubrir sus gastos”. El Correo Gallego. Recuperado de: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/eliseo-calvino-70-negocios-hosteleria-comercio-no-logran-cubrir-sus-gastos/idEdicion-2013-01-05/idNoticia-784361/

 

2 comentarios en “O turismo dende a educación e o comercio

  1. A corrixir:
    – 4º parágrafo
    “senón que se explota” (pronome proclítico)
    – 5º parágrafo
    “máis de oito horas e non teñen” (mellor ‘e’ ca unha coma)
    – 7º parágrafo
    ‘Basarse’ non existe en galego
    ‘Acarrear’ non existe en galego
    “esas vivendas só se” (gralla de acentuación)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s