Como é a situación dos medios alternativos en Europa?

PÉREZ LOJO; VÁZQUEZ MARTÍNEZ

Actualmente en Europa existe unha ampla regulación que ampara aos medios. Estas leis semellan apoiar a sociedade actual e a información independente con dereitos relacionados coa liberdade de prensa e diferentes axudas. En palabras de Carme Mayugo, doutora en comunicación e educación e fundadora do colectivo Teleduca, isto provoca un desinterese pola loita social ao considerar que estas sociedades acadaron certas liberdades.

Os medios públicos en Europa están financiados polo estado na súa maioría.  Segundo os datos do CMPF, dous terzos dos estados europeos teñen o 80% da propiedade dos seus medios concentrada en menos de catro grupos.  O sector máis controlado é o audiovisual, cun 80% do mercado televisivo en mans de catro ou menos operadores. A radio está controlada no 83% de países, mentres que a prensa escrita nun 57%.

Alemaña

Captura de pantalla 2018-04-19 a las 20.28.18
Jasper Ihlenfeldt

Nos anos 90 a situación informativa que se vivía en Alemaña era moi estable para os medios alternativos. Durante esta etapa progresouse neste ámbito, deuse unha explosión de medios locais, xa que se pensaba que todos os lugares necesitaban información especializada. Mais o goberno non tardou en decatarse dos gastos cos que contaban este tipo de propósitos culturais e sociais, e limitou todo tipo de axudas aos medios alternativos.

Como consecuencia disto, moitos medios decidiron unirse e profesionalizarse para loitar contra a mala calidade da información e a problemática de financiamento. Todo isto explícao Jasper Ihlenfeldt, do medio OK Magdeburg, que tamén engade que as axudas destinadas ás iniciativas culturais son as que primeiro se eliminan en Alemaña.

Francia

Captura de pantalla 2018-04-19 a las 20.48.11
Marie Lebarbier

A intención que pretenden no Canal Ti Zef é provocar impacto social con proxectos comunitarios tanto nas zonas máis rurais como nas áreas máis populares das cidades. Para Marie Lebarbier, traballadora do medio anteriormente nomeado, este tipo de iniciativas son moi importantes xa que se manteñen á marxe dos medios de masas. Ademais, segundo comenta, son as que garanten dar voz verdadeira á xente.

Aínda que o goberno francés si apoie a estes proxectos, a loita por parte dos medios é constante para poder conservar as axudas. Os contactos entre os representantes do goberno e os medios comunitarios son algo común. A finalidade destes encontros non é outra asegurar que o traballo é realmente favorecedor para a xente e que a existencia destes medios é moi importante para a sociedade.

España

O goberno español non apoia aos medios comunitarios como fan os seus veciños europeos. O xornalista Pascual Serrano sinala no seu blog ‘otrasmiradas” que “Os diferentes gobernos españois inverteron máis ou menos cartos nos medios estatais concedendo máis ou menos licencias radioeléctricas para os medios privados (sobre todo en función da súa afinidade ideolóxica), pero foron contendo aos medios comunitarios, sabedores de que neles podían atoparse a liña colectiva e xornalística máis crítica e máis dificilmente manexable.”

Todas as axudas están destinadas a medios afíns ao goberno, provocando que os medios comunitarios non poidan gozar de total liberdade para expoñer as súas ideas e garantir unha información alternativa á oficial. Carme Mayugo afirma que os medios alternativos son moi batalladores e polo tanto incómodos para o poder. O estado busca alianzas submisas que non se rebelen contra o establecido, para así ter controlado o espazo público.  

Nos últimos anos os medios alternativos en Suramérica transformáronse nunha forma de resistencia fronte ás situacións difíciles que se presentan nestes países, tal e como o define a xornalista e analista arxentina Stella Calloni. Os medios suramericanos non están financiados polos gobernos. Como di Mayugo, se o poder financia un medio este medio pasa a estar controlado polo poder. Polo tanto, como as suramericanas son organizacións “non controladas”, estas poden producir unha información máis libre.

Bibliografía

Labio Bernal, I. Fernández Alonso, MJ. Díaz-González, JA. Guimerà i Orts, N. Reguero (2011, abril). Políticas de comunicación y medios comunitarios en Europa. Análisis de la situación en Reino Unido, Francia y Países Bajos. Derecho a Comunicar, Revista Científica de la Asociación Mexicana del Derecho a la Información. Número 1. Recuperado de: https://idus.us.es/xmlui/bitstream/handle/11441/30023/4-europa.pdf?sequence=1&isAllowed=y

AMARC Europa (2017, 16 de xaneiro) 100 horas más tiempo de emisión, pero la ayuda financiera en Berlín. Recuperado de: http://www.amarceurope.eu/es/100-hours-more-broadcasting-time-but-no-financial-aid-in-berlin/

Aruth Sturm, P. Nalvarte. ¿Existen en América Latina “medios públicos” o medios estatales llamados “públicos”?. Knight center of journalism in the americas. Recuperado de: https://knightcenter.utexas.edu/es/blog/00-17392-%C2%BFexisten-en-america-latina-%E2%80%9Cmedios-publicos%E2%80%9D-o-medios-estatales-llamados-%E2%80%9Cpublicos%E2%80%9D

Federación de Sindicatos de Periodistas (FESP) (2018, 20 de marzo) Cómo se persigue a los medios comunitarios en España. Recuperado de: http://www.fesp.org/index.php/noticias/item/8154-como-se-persigue-a-los-medios-comunitarios-en-espana

Plataforma en defensa de la libertad de expresión (2018, 9 de xaneiro. Dos tercios de los estados europeos tienen el 80% de la propiedad de sus medios concentrada en menos de cuatro grupos. Recuperado de: http://libertadinformacion.cc/dos-tercios-de-los-estados-europeos-tienen-el-80-de-la-propiedad-de-sus-medios-concentrada-en-menos-de-cuatro-grupos/

Telesur (2017, 3 de maio) “Medios alternativos, forma de resistencia para América Latina”. Telesur. Recuperado de: https://www.telesurtv.net/news/Medios-alternativos-forma-de-resistencia-para-America-Latina-20170503-0018.html

 

2 comentarios en “Como é a situación dos medios alternativos en Europa?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s