O Camiño de Santiago en termos de mobilidade

Álvarez García

O Camiño de Santiago conseguiu grandes doses de popularidade dun tempo a esta parte e, máis se cabe, con motivo do próximo “Xacobeo 2021”. A mobilidade é un concepto moi amplo, polo que é interesante facer un tratamento do percorrido polo que máis peregrinos e, en consecuencia, turistas chegan á cidade de Compostela.

teresa-miras-4
 

Fonte: Faro de Vigo

 

Para a realización deste post, tivemos a oportunidade de falar cun dos ex-alcaldes de Santiago de Compostela. Estamos a falar de Xerardo Estévez, alcalde da capital galega durante principios da década dos oitenta e finais dos noventa. Unha persoa que logrou que Compostela se convertese nun lugar de referencia cultural e urbana, non só para España senón para Europa no seu conxunto.

Fai pouco tempo, con motivo do vindeiro Xacobeo, Xerardo volveu saír á palestra nos medios de comunicación, xa que como anunciou o xornal El Correo Gallego, o ex-alcalde levará a cabo os catro proxectos que se prevén para o  próximo Ano Santo. Estamos a falar das melloras no Camiño Francés, Portugués, Inglés e a propia entrada na cidade, co obxectivo de enriquecer e favorecer a chegada dos peregrinos, forxar a identidade propia do Camiño e preservar o uso cidadán dos itinerarios: “o obxectivo de todos os actores que interveñen neste proxecto é concertar ambas cuestións: mellorar a recepción e atención a quen peregrina e resolver os problemas que afectan os usuarios directos, os habitantes de Compostela e, ao tempo, implicalos na conservación dos camiños de peregrinación, transmitindo a súa dimensión patrimonial”, aseguraba o ex-alcalde de Compostela. Tras ser elixido para levar a cabo o proxecto pola súa experiencia coa cidade, dado o labor urbanístico que emprendeu nos seus anos de mandato, o primeiro proxecto, que será o do Camiño Inglés, comezará este mesmo ano, mentres que os demais non empezarán ata o ano seguinte.

mapa-caminos-santiago
 

Fonte: Asociación de Amigos del Camino

 

Coa chegada do bo tempo á cidade, é máis que habitual observar a praza do Obradoiro repleta de peregrinos procedentes de diversas partes do mundo, xa sexa pola simple busca de experiencias, polo interese acerca da cultura e do patrimonio histórico da cidade ou ben por unha motivación relixiosa. Miles de peregrinos chegan cada ano a Santiago, pero tal e como foi publicado no xornal La Voz de Galicia, non foi ata decembro do ano pasado cando se acadou por primeira vez a cifra de 300.000 peregrinos nun mesmo ano. Peregrinos procedentes de diversas partes do mundo e en consecuencia, con diversas culturas, polo que o Camiño non deixa de ser un exemplo de diversidade.

Para o Ano Xacobeo 2021 prevese aumentar as cifras de visitantes e peregrinos que se obtiveron no derradeiro Ano Santo de 2010. Tras 11 anos entre unha celebración e outra, o número de visitantes e peregrinos aumentou considerablemente, xa que dende fai tempo, e tras moita promoción, o Camiño converteuse nun fenómeno de fama mundial: “Nas dúas últimas décadas do século pasado o obxectivo era promocionar a cidade e o Camiño de Santiago. Aquel propósito conseguiuse, e agora o que corresponde é prestar máis atención ao mantemento, preocupándose máis pola calidade. Cando un fenómeno empeza a irse das mans hai que andar con coidado”, contábanos Xerardo ao establecer unha comparativa entre a visión que se tiña do camiño anteriormente fronte ao que se ten na actualidade.

Pese a fama que adquiriu o Camiño nas últimas décadas, cando unha actividade se explota de forma excesiva hai que ter coidado para asegurar a súa preservación e intención inicial. Por ese motivo, e para que siga aumentado o turismo en Compostela, Xerardo deunos a súa opinión para que o dito atractivo de interese turístico se poida promocionar de forma que se converta en algo beneficioso, tanto para a cidadanía compostelá como para os peregrinos que se desprazan a diario ata a urbe galega: “Conxugar os valores culturais do patrimonio cos intereses do mercado turístico global é un equilibrio complexo para o que ninguén ten fórmulas máxicas. Non é cuestión de desalentar o turismo, pero tampouco se pode comprometer o  futuro do patrimonio nin o benestar dunha boa parte da cidadanía. O desafío é concertar o interese turístico como fonte de riqueza coa cultura do patrimonio material e inmaterial, e conciliar a convivencia entre habitantes e visitantes. E isto non depende só das administracións. Se non nos implicamos todos non é posible manter ese equilibrio”.

Santiago de Compostela non deixa de ser unha cidade de pequeno tamaño que cada día recibe máis persoas procedentes de todo o mundo, tal e como publicou o xornal La Voz de Galicia nunha noticia referida á situación demográfica galega . Tendo en conta a capacidade santiaguesa e o constante incremento de residentes e persoas que se establecen temporalmente na cidade, Xerardo non considera que sexa necesario establecer un novo plan urbanístico: “Non me parece tan necesario redactar novos instrumentos de planeamento, como adaptar os existentes ás necesidades e demandas constantemente actualizadas da poboación e aos requirimentos da implantación e uso de novos servizos e tecnoloxías”, xa que considera que unha das claves do proceso de transformación da cidade durante finais do século XX foi o planeamento: “A aprobación do PXOM en 1989 e do PEPRCH en 1998 configurou o marco para todas as actuacións, a escala urbana e na rehabilitación do centro histórico. A refundación do Real Padroado en 1991 e a creación do Consorcio da Cidade en 1993 foron os instrumentos idóneos para desenvolver as determinacións de ordenación e intervención”.

En termos de mobilidade, non debemos esquecer o impulso económico que supón o Camiño de Santiago para o desenvolvemento de pequenas zonas do rural, o que entre outras cousas, supón a apertura de novos negocios, tal e como publicou o xornal La Voz de Galicia. Cómpre lembrar que unha das razóns de abandono do rural é precisamente esta, a falta de servizos que garantan as necesidades básicas.

Material bibliográfico empregado:

ESTÉVEZ, Xerardo.  ( 2001, novembro- decembro). Santiago de Compostela conservación y transformación. Arbor. Recuperado de: http://arbor.revistas.csic.es/index.php/arbor/article/viewFile/941/948

 

2 comentarios en “O Camiño de Santiago en termos de mobilidade

  1. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “Compostela se convertese” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ‘converterse’)
    – 8º parágrafo
    ‘Empuxe’ non é a forma correcta en galego
    “cómpre lembrar” (gralla de acentuación)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s