O feminismo ten ideoloxía?

Santomé Seijas, Ulloa Peteiro

Os movementos feministas están a ter unha forza histórica e son unha revolución que persegue a total emancipación, igualdade de dereitos e empoderamento feminino en todos os niveis. Evidentemente estas novas mobilizacións, como xa comentamos en anteriores publicacións, non están a pasar desapercibidas polos partidos políticos e están avanzando de xeito significativo respecto a anos anteriores. Pero ata que punto é posible acadar unha igualdade real dentro do noso sistema económico e político? Ten o feminismo ideoloxía?

POST 6
 

Fonte: arquivo.

 

Ariana Castro, membro de Acción Universitaria e estudante de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago, autodenomínase feminista de clase e afirma que “o feminismo ten ideoloxía polo feito de que vivimos nunha sociedade totalmente política”. Ariana tamén defende que “probablemente as mulleres cunha ideoloxía de dereitas queiran estar emancipadas e que teñamos a nosa liberdade, mais a realidade é que construíndo un discurso dende o capitalismo e o liberalismo, para que uns estean arriba ten que haber outros que traballen para eles”. Por iso asegura que estas mulleres que se consideran empoderadas “seguen estando suxeitas a determinadas normas que van implícitas na sociedade”.

Pola súa banda, Tamara Canosa, actriz e vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual, afirma que o feminismo non está ligado a un determinado partido pero si a unha ideoloxía, pois “o feminismo a nivel global como movemento político, histórico e de cambio é, sen dúbida, progresista porque fala de empatizar e de igualdade de oportunidades”, asegura. Tamén o guionista Dani Domínguez se mantivo na mesma liña, asegurando que “cando o feminismo vai un pouco máis aló dunha mera igualdade laboral en postos determinados e afecta xa a todo dende a reprodución da vida cotiá ás violencias diversas, non é defendible dende a dereita”.

A economía doméstica como barreira para o empoderamento feminino

Para entender a dificultade que supón establecer todos os cambios e reivindicacións que vimos de defender no eido da comunicación e no audiovisual, así como nos demais ámbitos, cómpre coñecer as bases que o impiden e que seguen a sustentar todos os problemas que teñen a súa orixe no patriarcado. Isto atópase intimamente ligado coa economía, que ao fin e ao cabo, é o motor dos cambios políticos.

É obvio que vivimos nun sistema económico sesgado e pervertido, construído unicamente sobre un dos roles: o masculino. Partindo da premisa básica de que a familia e o fogar constitúen o núcleo produtivo, é obvio o papel fundamental que exerce a muller no mesmo, pois a súa contribución á denominada “economía doméstica” é esencial para sustentar os mercados.

Os coidados domésticos son moito máis ca iso, son un conxunto amorfo de actividades que permiten que a nosa vida se sosteña, se ben tan necesarias e básicas, non se remuneran nin se teñen en consideración. Deste xeito, chegamos á conclusión de que a economía de mercado vive da invisibilización deste traballo doméstico. Así sabemos que o capitalismo é capaz de manterse, pero non só grazas ao mercado, senón porque deixa a sostibilidade da vida en mans dos fogares, nun plano privatizado e feminizado, perpetuando as desigualdades de xénero.

Mais, cómpre sinalar algo que non adoita ser tan evidente. Non só o capitalismo presenta estes problemas: o feito de que as ideoloxías consideradas “de esquerdas” se baseen en teorías que procuran o empoderamento do traballo produtivo, asociado ao rol masculino, tamén impide que dito empoderamento se produza de forma igualitaria en ambos xéneros, pois as mulleres quedan relegadas, na súa maioría, ao traballo doméstico -non produtivo e non incluído polo tanto no discurso revolucionario- que non se considera parte da opresión capitalista. E isto é o que se debe mudar.

Todas as empresas conseguen beneficios a costa de delegar responsabilidades tan simples como as familiares nas mulleres, e nas épocas de crise isto acentúase. Este é o punto básico para comezar a mudar todo, e que problemas como a brecha salarial ou o teito de cristal dos que falamos que sofren as traballadoras no audiovisual e no eido da comunicación – así como en calquera outro ámbito profesional e social-, se erradiquen do sistema. Cambiando algo tan simple como a carga que supón para as mulleres o traballo doméstico e familiar, derribaríase a base da pirámide patriarcal.

Por tanto, como ben explica Ariana Castro, “o sistema político está construído dunha maneira determinada e por iso é imposible que as mulleres cheguen a emanciparse se non se cambia a forma que temos de ver o mundo, porque as mulleres estamos ligadas de moitos xeitos aos homes”. Podemos concluír que a consecución da igualdade non vai ligada a ningún partido político, de aí a famosa frase, “O máis semellante a un machista de dereitas é un machista de esquerdas”. Trátase dunha serie de principios básicos que calquera que se considere feminista debe defender e compartir, pero que evidentemente logo irán ligados a unha ideoloxía ou postura política para lograr eliminar esas desigualdades.

POST ARIANA
 

Ariana Castro na reunión co círculo. Fonte: elaboración propia.

 

BIBLIOGRAFÍA:

2 comentarios en “O feminismo ten ideoloxía?

  1. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “as mulleres cunha ideoloxía de dereitas queiran estar” (non separar cunha coma o suxeito do verbo)
    – 3º parágrafo
    “máis aló dunha” (gralla de redacción)
    – 6º parágrafo
    “os coidados domésticos son moito” (non separar cunha coma o suxeito do verbo)

    Gústame

Deixa unha resposta a rrrescogitans Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s