“Pode que a universidade deba reducir o número de prazas para tentar solucionar a precariedade”

GRANDÍO COLINO

A situación precaria do xornalismo xa non é un segredo para ninguén. O que parece que aínda non damos atopado é unha causa concreta para a mesma. Lonxe de culpar ás crises económica e política, quizais deberiamos pensar se nós, como xornalistas, tamén somos responsables. Falamos con Xaime Leiro, coordinador do Correo Gallego, para descubrir onde reside o problema concretamente, se hai algo que corrixir na formación que reciben os novos xornalistas ou se o que falta é, simplemente, vocación.

Queriamos intentar atopar que é o que nós como xornalistas facemos para contribuír a esta situación de precariedade laboral. A que pode deberse o número de xornalistas que están en traballos non remunerados durante un longo periodo de tempo?

A causa fundamental aquí en Galicia foi, sen dúbida, a crise económica. A esta crise económica tamén hai que engadir a crise de modelo, o que está cambiando de xeito radical. Por exemplo, os xornais perderon case o 40% das súas vendas, e as edicións dixitais non suplen os gastos xerados. É por iso que os xornalistas que se incorporan o fan en condicións moi precarias.

A estes xornalistas que se incorporan, non se lles debería de dar máis oportunidades? Principalmente porque son nativos neste mundo das tecnoloxías e poderían axudar co novo modelo.

Algo que sempre lles digo aos mozos de prácticas é: ti cando chegues non crees un problema, dá unha solución á persoa do teu lado. Por exemplo, eu normalmente non domino as tecnoloxías, e cando un becario controla do tema adoito acudir a el e resólveo de xeito satisfactorio. Isto é un punto positivo, polo menos para que dentro da empresa se comece a falar ben de ti e xeres unha necesidade. E eu creo que esta necesidade é un elemento clave.

A que se debe entón que non atopen traballo? Pode ser que estean demasiado formados?

Non, a maior formación, maiores posibilidades de éxito profesional se es unha persoa cun mínimo de empatía. Porque á hora de traballar non só é necesaria a formación, senón que nunha porcentaxe elevadísima dos casos tamén é preciso empatizar. A dificultade de acceder a un posto de traballo está moi vinculada a que as empresas non dispoñen de capacidade de contratación.

Quere isto dicir que, en parte, contribuímos á precariedade dende este punto de partida? Somos demasiados licenciados?

Moitísima xente chega a esta profesión porque é a súa vocación. É un risco, e pode ser que a universidade deba replantexarse reducir o número de prazas para tentar solucionar esta situación. Pero os futuros xornalistas son conscientes de todo porque hoxe en día os institutos informan claramente das saídas profesionais. Se ti entras nesta carreira con ese coñecemento de base e normalmente es un alumno brillante, porque as notas de corte son de alumnos realmente brillantes, eu creo que denota que a túa elección é vocacional.

Como ve o grao? Considera que está ben enfocado? Que primeiras impresións poden dar as novas xeracións que chegan ao mundo real?

Os alumnos que chegan e cos que eu teño contacto soen ser xente formada. Cando comezan as prácticas loxicamente traen moitas carencias, pero eu creo que reúnen as características que o mercado laboral require deles. Ao principio están un pouco desorientados pero rapidamente son capaces de adaptarse.

Pode esta desorientación deberse á falta de experiencia, a que a carreira non é o suficientemente práctica?

Descoñezo o plan de estudos, mais é posible que iso sexa verdade. Insisto en que dende o meu punto de vista a verdadeira práctica se consegue nesas primeiras fases de acceso. De todos os xeitos, se tivese que deseñar o plan de estudos posiblemente metería moitísimas máis horas de práctica que as que posiblemente tedes, porque a práctica é o que nos fai conectar coa realidade. Con todo, é preciso ter unha visión histórica das cousas. Non se lles pode atribuír unha responsabilidade cando descoñecen prácticamente todo o pasado. Temos que poder contar cun baño de realidade teórico que implique a desaparición desas lagoas que moitos estudantes semellan ter. Non posúen memoria histórica.

Ata que punto esta falta de cultura xeral é responsabilidade exclusivamente destes mozos? Deberíanse de modificar as asignaturas teóricas do grao para poder acadar esta memoria histórica?

A facultade ten que ter un papel relevante, a formación dunha persoa neste ámbito non pode recaer exclusivamente na súa vontade. Eu ao mellor non eliminaría os coñecementos teóricos profundos, pero si que melloraría outros aspectos. É posible que algún destes conceptos non teña utilidade nun futuro, pero si axuda ó dar un enfoque teórico. Polo tanto, de entrada opóñome a eliminar a formación teórica. O que si fago é moita énfase en que é necesario coñecer o día a día, ter vontade de empatizar co mundo. Creo que esa é a única saída que garante atopar emprego.

6 comentarios en ““Pode que a universidade deba reducir o número de prazas para tentar solucionar a precariedade”

  1. O meu benquerido Xaime Leiro “re-plantexa” para a universidade un deseño estreito de numerus clausus para os graos da profesión. É fácil o seu “plantexamento”, mesmo porque esa palabra non existe en galego. Se de caso, debéramos formular. E o caso, tamén, é que formular é haxar unha fórmula que non reste, tampouco para a universidade, xa que se así fora tamén restaría ao modo de produción ao que está habituado El Correo Gallego e que substitue a profesionais por alumn@s, cando chegan as vacacións. Grazas Xaime, polo teu “plantexar”. Apertas sempre.

    Liked by 1 person

  2. Xa nun primeiro momento deixoume abraiada o titular. Na actualidade, é obvia a situación de precariedade laboral que está a vivir o xornalismo pero o que tamén é un feito claro é que son moi poucas universidades as que imparten esta formación, en comparación co resto de carreiras, tal e como amosan os seguintes datos do xornal El País: https://elpais.com/especiales/universidades/titulacion/notas/periodismo/389

    É por este motivo que resulta moi sorprendente que persoas que traballan neste ámbito procuren unha solución baseada na redución do número de prazas da universidade, aínda que o adxectiven como “risco”. Deste xeito, en lugar de intentar un crecemento e unha fórmula para que as empresas poidan aumentar a súa contratación, o que se está facendo é incrementar a dificultade dos estudantes de atopar un posto de traballo. Ademais, en moitos casos o xornalismo tende a traballar sempre coas mesmas persoas, monopolizando o sector e abrindo moi poucas portas a novos traballadores do sector. Non obstante, isto non ocorre sempre e invítoos a pasar polo seguinte artigo que trata de como a televisión valenciana vai convocar novas prazas para xornalistas sen dar preferencia a persoas que xa traballaran no sector: https://www.eldiario.es/cv/RTVV-apuntmedia-Empar_Marco-bolsa-periodistas-Unio_de_Periodistes_0_656184450.html

    Outro aspecto que chama a miña atención reside na importancia da empatía que Xaime Leiro reitera en varias ocasións. É certo que é necesario xerar unha necesidade para a empresa e empatizar. Sen embargo, resulta sorprendente que neste momento o número de persoas que intentan introducirse no mundo laboral teña que facelo dun xeito non remunerado. E esta sorpresa aumenta conforme observas a cantidade de saídas laborais para as que te forman nas universidades cando te matriculas na carreira de xornalismo, tal e como expón Miguel Ángel Ossorio Vega (xornalista e especalista de Comunicación Dixital) no seguinte artigo: http://maossoriovega.com/que-salidas-tiene-carrera-estudiar-periodismo/

    Gústame

    1. O problema fundamental do xornalismo na actualidade é que a crise económica e de modelo, como apunta Xaime Leiro nesta entrevista e como podemos observar no seguinte enlace: https://dircomfidencial.com/medios/los-periodistas-pierden-peso-las-plantillas-los-medios-digitales-20160930-0403/ provocou unha reducción de plantilla moi notable ao longo desta última década. Así, a limitación de plazas dentro do grao na universidade é unha medida desesperada que propón para intentar saír da situación de precariedade laboral na que nos atopamos. Partindo da súa visión de que no xornalismo soamente se pode triunfar se se posúe pasión pola profesión, é entendible que propoña esta alternativa, xa que seguramente faría que os estudantes reflexionasen sobre se de verdade quieren dedicarse a esta carreira.

      Por outra banda, xornalismo pode semellar como un campo con moitas opcións de futuro como se destaca nese artigo, pero non debemos esquecer que iso é só na teoría. A situación actual non oferta tantas opcións, máis ben todo o contrario. De feito, según este artigo de El País (https://politica.elpais.com/politica/2015/12/16/actualidad/1450287352_341538.html), entre 2008 e 2015, a crise, como mencionábamos no parágrafo anterior, provocou o peche de 375 medios de comunicación. Así que non é tan só que nos atopemos ante unha reducción de plantillas, senón que cada vez hai menos medios de onde reducir estas plantillas. É coherente, entón, que ante esta situación, se adoite escollera a persoas que xa demostraran a súa valía dentro deste sector. A desconfianza ante descoñecidos é algo lóxico, e ante o clima de inestabilidade, as cadeas e os xornais que permanecen a flote tiran polo seguro, polo que saben que funciona ben.

      Gústame

      1. Entendo o que queres dicir cando falas da redución de plantilla que afectou á situación do xornalismo de forma grave e implicou a necesidade de tomar medidas desesperadas como a que presenta Xaime Leiro. Non obstante, non se pode esperar un crecemento positivo da súa situación se non contamos con persoas preparadas para levar a cabo as distintas funcións que atopamos neste sector. Tal e como aparece recollido no Informe Anual da Profesión Periodística (http://corresponsalesdepaz.es/archivos/201712/InformeAPM-2017_2.pdf) a táboa número dez amosa a presenza de novas especialidades periodísticas como xestor de contidos dixitais, community manager ou xornalista de datos. Este informe mostra tamén como a situación do xornalismo está en estado de lento e lixeiro crecemento, polo que é necesario aproveitar os novos formatos e intentar buscar unha solución que non implique a redución de persoas interesadas na profesión.

        Gustaríame saber, por outro lado a opinión do voso grupo con respecto ao pensamento crecente de que o futuro do xornalismo reside na autonomía por medio de freelance, tal e como reflicte a táboa once http://www.clasesdeperiodismo.com/2016/12/15/10-cifras-sobre-la-situacion-del-periodismo-en-espana/ deste informe sobre a situación do xornalismo en España. Ademais, resúltame de interese mencionar que neste mesmo informe, xa no ano 2015 o número de graduados en xornalismo reducírase con respecto aos meses anteriores. En relación co que dis sobre a desconfianza ante o descoñecido e a aposta obvia polo seguro, debo admitir que é unha forma sinxela de intentar manterse na liña pasada. Pero iso o único que consegue é fomentar a situación actual e non fai posible a mellora tan ansiada polo sector.

        A influencia das redes sociais pode converterse no mellor amigo ou no peor inimigo do xornalismo ao tratar de empregalo como medio para atopar unha solución. É por isto polo que comparto convosco a seguinte crítica de Ignacio Camacho en relación co fracaso do xornalismo en ABC: http://www.abc.es/sociedad/abci-uimp-ignacio-camacho-triunfo-posverdad-fracaso-periodismo-201708172211_noticia.html

        Gústame

        1. Non é que reducindo o número de prazas no grao non contemos con persoas preparadas, trátase de todo o contrario: cantos menos mozos entren na carreira, máis posibilidades haberá da súa inserción laboral se o número de empregos que se lles ofrece non varía ou se reduce co tempo e se poderá proporcionar unha formación moito máis persoalizada. E esta teoría a propoñe Leiro como podería discurrila calquera outro xornalista consciente da situación actual dos recién licenciados. Ata eles mesmos, os máximos coñecedores do escaso traballo do que dispoñen, coinciden en que o número de titulados con respecto ás posibilidades laborais non é o adecuado, é dicir: son demasiados estudantes. Isto o podemos apreciar precisamente na táboa número 30 do seguinte informe da APM, que data do ano 2016: http://www.apmadrid.es/wp-content/uploads/2017/10/Informe_anual_profesion_APM_2016_baja_7mg.pdf

          E continuando cos informes da APM, o que ti utilizas, o do 2017, indica mesmo na súa introducción que, efectivamente, o xornalismo está a variar cara unha práctica autónoma, freelance. Isto permite que o profesional tome as riendas do seu traballo e se lle abren máis portas ao non procurar un posto fixo. Pero maioritariamente esta tendencia está a colaborar coa precariedade, en vez de axudar a paliala. No documento da Asociación de Prensa de Madrid revela que, ao ser autónomo, o xornalista atópase só ante calquera problema de índole xurídica, e el mesmo é o responsable de pagar todos os gastos. Ademais, o xornalismo autónomo non garantiza de ningún modo unha remuneración máis elevada que se se elixe calquera das outras opcións, como se amosa neste artigo da páxina web da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE): http://fape.es/el-45-de-los-periodistas-autonomos-cobra-menos-de-1-000-euros-al-mes-cifra-diez-puntos-superior-a-la-de-2016/

          Gústame

  3. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    ‘Plantexarse’ non existe en galego
    – 2º parágrafo
    O ‘rei’ da primeira oración é unha palabra a medias?
    “un longo período” (gralla de acentuación)
    – 4º parágrafo
    “pode ser que estean” (empregar a forma correcta do presente de subxuntivo do verbo ‘estar’)
    – 5º parágrafo
    “número de prazas” (gralla de redacción)
    – 6º parágrafo
    “as prácticas loxicamente” (gralla de acentuación)
    – 7º parágrafo
    “que iso sexa” (empregar a forma correcta do presente de subxuntivo do verbo ‘ser’)
    “se consegue nesas” (empregar a forma correcta do presente do verbo ‘conseguir’)
    “se tivese que” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ‘ter’)
    – 8º parágrafo
    ‘Reacio’ non existe en galego
    “é moita énfase” (concordancia do indefinido co substantivo en feminino)
    “empatizar co mundo” (gralla de acentuación)
    ‘Garantizar’ non existe en galego

    Gústame

Deixa unha resposta a carmengrandio Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s