A mobilidade comeza nas persoas

S1C 

Dende fai aproximadamente tres meses, cando iniciamos o proxecto nesta materia, tiñamos claro que queriamos tratar a mobilidade dende un punto de vista cidadá maioritariamente, é dicir, estudar e analizar se as persoas residen en lugares que conten con todos os servizos, accesos e comunicacións necesarias para ser considerados bos lugares para vivir. Sen esquecer o outro punto do noso proxecto, a mobilidade referida ó concepto de circulación, é dicir, o transporte público e as estradas.

Para poder entender a que nos estamos referindo, ao longo do curso o noso grupo elaborou un vídeo de presentación co obxectivo de transmitir dun modo interactivo a nosa idea conceptual e o labor que emprenderíamos ao longo da materia. Un vídeo que amosa as principais áreas de Santiago de Compostela, como a rúa da Rosa, o Casco Vello e a estación de tren, entre outras. Ademais, e coa vista posta nun proxecto de futuro que pode dar un gran paso no relacionado coa mobilidade, tamén falamos dunha das grandes apostas para a cidade compostelá. Estamos a falar da Estación Intermodal, que como tratamos no post de “Mobilidade en Santiago de Compostela: Materia pendente?” non se iniciarán as súas obras ata o terceiro trimestre do ano 2019 e posiblemente non a veremos rematada ata o 2030.

 

Desenvolvemento da acción final

Durante o desenvolvemento do noso proxecto, puidemos comprobar como a mobilidade en Santiago de Compostela é un problema que atinxe especialmente á conexión entre diferentes puntos do rural e o centro da cidade, xa que non debemos esquecer que a urbe compostelá forma parte dunha comarca na que predominan os pequenos eixos de poboación vinculados, sobre todo,  ó mundo rural.  Por iso, propuxemos a realización dun decálogo que reflicta esta situación e que poida ser difundido entre a cidadanía (a través do emprego das redes sociais para darlle visibilidade entre as persoas dos barrios) co fin de dar a coñecer a problemática dun tema tratado nas reunións de círculos e obxecto de traballo dun dos post que elaboramos neste mes de abril. Estamos a falar da publicación baixo o nome de “O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador”. Trátase dun texto en imaxe cun deseño moi visual que permite concienciar á poboación dende a primeira ollada e incidir na gran escaseza de conexións entre o centro e as aldeas do concello, cos consecuentes obstáculos que isto provoca entre os habitantes destes pequenos núcleos de poboación.

O decálogo conta con dúas versións. Por unha parte, o que se lle presentou aos membros do noso círculo co obxectivo de contrastar os diversos apartados e comprobar se era necesario mudar algún deles; e, por outro lado, o decálogo final que consta dos puntos iniciais, mudados nalgún caso cando foi necesario, e unha pequena desagregación de cada un deles. O proxecto pretende captar a esencia do noso traballo e dar a coñecer dunha maneira máis intuitiva e visual a situación xeográfica de Santiago, relacionada coa necesidade humana de desprazamento e os sistemas de transporte conectados co rural cos que contamos actualmente. Todo isto mentres escoitamos a opinión de casos concretos grazas á intervención dos membros do círculo, que propoñen unha posible solución para cada un dos puntos tratados no decálogo. Un documento que pretende achegarse á cidadanía para denunciar unha situación moi pouco cuberta polos medios e que precisa unha solución inmediata.

Para poder visualizar a acción completa preme na seguinte ligazón: DECÁLOGO

Estratexia de difusión do decálogo

Pensamos que para que as nosas ideas cheguen da maneira axeitada á maior parte de persoas, debemos basearnos en exposicións claras e sinxelas das principais ideas sobre o terreo da mobilidade relacionadas coa urbe. Á hora de difundilo, realizamos un reparto do decálogo en diversas asociacións socioculturais, sobre todo do rural, co fin de concienciar á poboación sobre os problemas presentados.

Tampouco podemos esquecernos dun punto moi importante na actualidade: as redes sociais, que hoxe en día son unha das vías máis importantes á hora de difundir contidos. Por iso, intentaremos acadar un certo posicionamento na rede do noso decálogo. Este labor de difusión do decálogo foi realizado principalmente polo responsable de acción do grupo, co apoio indispensable dos responsables de difusión e mesmo de todo o equipo de traballo.

Valoración do círculo

Durante a presentación da acción final do pasado martes 17 de abril, pedímoslles aos membros do círculo que valorasen e nos desen a súa opinión sobre o tratamento do tema, o desenvolvemento das reunións e a nosa capacidade para transmitir as ideas e darlles visualización. Con isto, a opinión conxunta das persoas que nos estiveron acompañando durante estes meses conformando o círculo admitiron que, pese a súa dispersión nalgunhas ocasións e limitacións no debate sobre certos temas, chegaron á conclusión común de que o traballo era interesante, positivo e estaba ben organizado. Ademais, vennos incisivos nos problemas que poida ter a cidadanía, realizando unha análise e unha boa síntese de todo o que falamos ao longo das reunións.   

Tamén lles falamos da nosa estratexia de difusión. Ante isto, transmitíronnos a idea de que, se conseguimos difundilo ben, pode emerxer un debate interesante entre a sociedade. Tampouco se foron sen proporcionarnos máis ideas sobre como dar a coñecer a nosa acción. Entre as propostas, todos coincidiron en que o impacto no conxunto da cidadanía, pode lograrse a través de dous medios: dirixirse ao poder e realizar actividades que se caractericen por ser orixinais e vistosas. De todos os xeitos, dados os temas que traballamos durante as devanditas reunións, todos incidimos en que as conclusións sácanse indo ao rural, aos seus centros culturais e asociacións, amosándolles o traballo e establecendo debates en base a acción realizada e ver se fomos quen de dar visibilidade ás necesidades que eles demandan. Todos eles concluíron dicíndonos que todas as nosas ideas quedarán moito mellor explicadas se conseguimos facelas públicas.

Conclusións do traballo

Pese a que tivemos problemas dende o primeiro momento coa formación do círculo, pouco a pouco fomos aprendendo que o concepto de mobilidade é moito máis que coller un medio de transporte e desprazarte dun lugar a outro. A mobilidade está moi ligada á vida das persoas e ás súas necesidades, que en caso de non suplilas, dificultan moito o desenvolvemento das súas rutinas no lugar no que residen. A mobilidade  baséase nunha constante convivencia entre comunidades, co obxectivo de favorecer os intereses comúns. Durante o desenvolvemento do proxecto tivemos a oportunidade de decatarnos da situación que está vivindo Santiago en canto á mobilidade. Puidemos escoitar as queixas de quen día a día pisa a rúa, e observar moi de cerca as diferenzas e carencias que presenta o núcleo urbano da urbe compostelá fronte ás do rural.

En Santiago e arredores, aínda queda moito traballo en relación a este tema, xa que non debemos esquecer que é unha cidade que, pese á caída demográfica que está vivindo Galicia na actualidade, non deixa de medrar, polo que pide unha renovación e lavado de cara para poder acoller a todas as persoas, e que existan bos medios de desprazamento e mecanismos para a satisfacción das necesidades básicas.

2 comentarios en “A mobilidade comeza nas persoas

  1. A corrixir:
    – 4º parágrafo
    “do noso círculo” (gralla de acentuación)
    – 7º parágrafo
    “do círculo que valorasen e nos desen” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo dos verbos ‘valorar’ e ‘dar’)
    A primeira parte da segunda oración é confusa
    “ademais, vennos incisivos” (gralla de acentuación e redacción)
    – 8º parágrafo
    “tamén lles falamos” (pronome proclítico)
    “trasnmitíronnos a idea” (gralla de redacción)
    “dados os temas” (gralla de redacción)
    “facelas públicas” (gralla de acentuación)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s