S3A
Defende Gerda Lerner (1986) que o patriarcado é “a manifestación e institucionalización do dominio masculino sobre as mulleres e nenos e nenas da familia, e a ampliación dese dominio sobre as mulleres na sociedade en xeral”. Esta definición poderiamola estender á actualidade xa que, é evidente a superposición do home respecto da muller en todos os sectores sociais. Un dos ámbitos onde isto se fai máis notable é no mundo da comunicación, co que temos traballado estes últimos meses.

Fonte: ideal.es
Se ben o 60% do estudantado de Xornalismo corresponde ás mulleres, os datos non son acordes coa sociedade na cal debería ser un dereito fundamental a igualdade de oportunidades que a democracia -e o feminismo- leva anos reclamando. Por este motivo, entre outros moitos xa tratados ao longo das nosas publicacións, vimos no Observatorio a oportunidade de dar voz a un grupo marxinado polos medios convencionais de comunicación como son as mulleres, que adoitan recibir un tratamento inadecuado. Ademais, co debate e conversa dos membros do círculo, fomos capaces de levar o noso punto de vista moito máis lonxe do que criamos. Aspectos como os prexuízos estéticos, o teito de cristal, ou as desigualdades salariais entre homes e mulleres nunha mesma profesión, son o que decidimos traballar coa axuda do circulo, temas que non gozan da visibilidade que lles correspondería.
Sabiades que as mulleres, na actualidade, ocupan un 10’9% dos postos directivos en medios impresos, un 7’8% nos audiovisuais, e só un 3’9 en medios dixitais? Estes intolerables datos que nos achega o informe da Asociación de Prensa de Madrid evidencian o feito de que a escasa presenza da muller e a súa invisibilización na sociedade é unha realidade. A que se debe esta descompensación? Cal é a realidade da sociedade machista na que vivimos?

Fonte: https://www.vox.com/
A educación social ten moito que ver cos actos machistas que presenciamos no día a día. A sociedade continúa presa dunha serie de normas sociais que obrigan a manter esa actitude diferencial de xéneros. As inseguridades instauradas nas nenas dende cativas en comparación coa liberdade da que gozan os nenos para errar e así aprender das súas faltas, xustifica agora a situación que sostemos. Estes pequenos detalles trasládanse posteriormente ao ámbito laboral derivando nunha actitude, na súa maior parte introvertida, do sector feminino e, pola contra, unha posición máis altiva dos homes, aos que, dende pequenos, se lles inculcaba unha conduta desafiante e competitiva. Toda esta explicación acerca das actitudes en relación á educación veñen recollidas na nosa publicación “A educación en feminino”. Tamén a falta de visibilidade dun traballo tan sinxelo como poden parecer os coidados domésticos no fogar, lugar feminizado, é un problema á hora de lograr melloras pola igualdade e isto repercute nos dereitos e na economía das mulleres.
Tras conversas co círculo e intercambios de puntos de vista e novos temas, como a presenza silenciada das mulleres en programas audiovisuais, pensamos que sería representativo analizar nun vídeo diferentes escenas de programas que reflictan o papel asignado ás mulleres en diferentes ámbitos cotiás, froito da histórica discriminación que sofren, e que xeran risas entre o público do programa. Ata que punto son obxectos de chiste situacións intolerables que se viven día a día?

O grupo S3A en reunión co círculo. Fonte: elaboración propia.
Por iso, procedemos a analizar un programa de ámbito galego, porque cremos que ao ser o máis próximo pode xerar máis reaccións no público inmediato. En concreto analizamos Land Rober, un programa da TVG con éxito e capaz de captar a unha audiencia, na meirande parte, da xuventude. É precisamente o público novo, principalmente, aquel ao que queremos chegar para tratar de frear agora e nun futuro, eses comportamentos machistas, tan visibles nas emisións; comentarios dos colaboradores; e diversos sketches. E é que, está claro que a televisión inflúe na imaxe e concepción das mulleres.
Nos sketches tratados puidemos atopar comportamentos claramente machistas que se estenden ao resto da sociedade. Algúns deles son a sexualización feminina, os piropos como síntoma de acoso e posición de superioridade dos homes, o rol da muller como obxecto ou “floreiro” nos diferentes programas televisivos, así como motivo de chiste ou a escaseza de guión e frases, entre outros moitos. O sorprendente é que, a estas alturas, aínda sexamos capaces de atopar materiais audiovisuais tan discriminatorios e denigrantes coma o que estamos a analizar. E o que é peor aínda é que haxa mulleres que se presten a representar papeis nos que se está a danar a imaxe da muller. Preme aquí para ver o vídeo final sobre o noso traballo.
A finalidade da nosa acción, ademais de ilustrar o serio problema ao que nos enfrontamos (por exemplo, permitindo condutas coma estas nun programa da televisión que, lembremos que é pública) é visibilizar a pasividade que temos todos nós como espectadores ante estas situacións. A ninguén lle estraña que a muller sexa quen soamente estea aí para dar pé ao humor, aos “chistes” que o home fai, normalmente, sen graza algunha máis alá que denigrar á moza. Estas bromas rozan a vergoña allea en ocasións ata o punto de que nos fai pensar que a rapaza está unicamente para ser a diana do humor do home. Non se contempla a opción de que unha persoa do sexo feminino sexa quen denigre desta forma ao home ou que, a fin de contas, sexa algo máis que un “floreiro” do que rirse e ao que mirar de forma lasciva, en parte, debido ao seu vestiario, moi cuestionable ás veces en canto á súa comodidade e finalidade (puramente sexual na maioría das veces).
O obxectivo último do noso traballo era chegar a un maior número de persoas, para dar visibilidade a un tema tan ignorado coma este. A opinión do círculo de lectores foi semellante, xa que sinalaron, en múltiples ocasións, a necesidade de concienciación e toma de forza dos medios de comunicación como portavoces sociais.
Queremos agradecer cordialmente a axuda de Tamara Canosa, Daniel Domínguez e Ariana Castro pola ambición que residiu neles por contribuír ó noso traballo. Non temos máis que dicir que, como nos despediu Ángel Suanzes, “vémonos na loita”.
BIBLIOGRAFÍA:
- Redacción. (2017, 7 de marzo). La brecha de género en los medios españoles. Asociación de Periodistas de Información Ambiental [online]. [Consultado o 19 de abril do 2018] Recuperado de: http://www.apiaweb.org/2017/03/08/mujeres-medios-comunicacion/
- Torrús, A. (2016, 28 de febreiro). El ‘gigantesco’ techo de cristal de las mujeres en el periodismo. Publico.es [online]. [Consultado o 19 de abril do 2018] Recuperado de: http://www.publico.es/sociedad/gigantesco-techo-cristal-mujeres-periodismo.html
A corrixir:
– 4º parágrafo
“explicación acerca das” (gralla de redacción)
– 6º parágrafo
‘Ilo’ non existe en galego
‘Xoven’ non existe en galego
‘Sketches’ mellor en cursiva
A penúltima oración é algo confusa
– 8º parágrafo
‘Somentes’ non existe en galego
GústameGústame
Recibido, lido e corrixido! Moitas grazas.
GústameGústame