O berro dos animais contra a inxustiza e o maltrato

S3C

Remata o labor do grupo S3C, que se dedicou neste cuatrimestre a enfocar a relación entre as persoas e os animais dende un punto de vista crítico cos medios, analizando os diferentes enlaces emocionais e sociais que xorden entre eles, e mesmo estudando e tendo en conta as novas tendencias á hora de falar (e vivir) cos animais. As conclusións obtidas foron moi variadas, entre elas destaca a necesidade da educación e a información como chaves (incluso por vía institucional) para alcanzar un comportamento fronte aos animais máis ético e correcto.

A importancia da denuncia da prensa

Hoxe en día existe unha maior concienciación e difusión do que senten os animais e sobre cal sería o seu trato xusto (mesmo dende as altas esferas institucionais), pero aínda así non é suficiente. Debates internos fan que a causa a favor dos dereitos dos animais e do seu benestar ás veces sexa un entorno hostil que causa rexeitamento e que non consegue mobilizar ao número de xente necesaria. Aquí sae a relucir o deber que teñen os medios de informar destes cambios de pensamento e mesmo destes abusos e maltratos que sofren os animais a diario, a pesar de que este dano parta incluso de grandes multinacionais, que, en ocasións, resultan ser fortes investidores dalgún medio. Por exemplo, o programa de Jordi Évole sobre o maltrato no gando porcino no programa Salvados: “Stranger Pigs”  resultou ser unha moi boa denuncia cara a un tema ocultado para moitas persoas, e que ninguén sacaba a relucir, xa que os afectados non tiñan voz: os animais. Aínda que neste caso un programa de este estilo poida caer na xeralización ou no amarillismo, é certo que cando un tema esquecido por todos consegue aparecer na palestra mediática, as consecuencias son inevitables. O periodismo ten a necesidade de informar sobre estes casos porque é algo inherente no seu código ético e deontolóxico: deben ofrecer información veraz e xerar o pensamento crítico na cidadanía. Cidadanía que, por certo, tamén comete maltrato acudindo a un circo ou a espectáculos taurinos, aínda que non sexa consciente. Por iso a información (e a formación) é o necesario para acabar co que moitas  organizacións animalistas chaman “especismo”.

Valoración do círculo

Reunímonos ao cabo de todo este período de reflexión e análise co noso círculo. Botando a vista atrás cara ás nosas reunións e traballos, Carme Seoane, a veterinaria do noso grupo, asegura que aprendeu moitísimo nas nosas reunións, xa que aínda que saíron temas relativamente polémicos, sempre se mantivo un ambiente agradable e tranquilo, no que os membros se retroalimentában e aprendían nova información sobre os animais dende un novo punto de vista. Óscar Moure, da Cova do Lobo, tamén desfrutou do traballo realizado, pero botou en falta unha figura máis polémica ou conflitiva no círculo. “É unha pena que ao final todos teñamos máis ou menos a mesma opinión, podíase facer un debate real cara a cara, e mesmo aprender moito máis doutros puntos de vista” contounos Óscar, referíndose sobre todo ao tema do veganismo e da “agresividade” dalgunhas asociacións animalistas cara ás persoas desinformadas ou que non pensan coma eles. Unha crítica que compartimos, pero que atopa a súa pequena escusa na nosa prioridade de intentar evitar un ambiente tenso nas reunións.

Moitos temas quedaron no tinteiro debido á falta de tempo, como a necesidade dun censo canino e que as protectoras cobren aos concellos polos animais rescatados, para que así as autoridades non utilicen aos animais coma arma propagandística, senón como problema que ten solución, e que ademais é unha solución favorable para todos.

DSC_0142
Carme Seoane e Óscar Moure, membros do círculo.

Acción Final: Radiodrama sobre a problemática humano-animal

A partir do traballo realizado ata aquí puidemos chegar á conclusión de que os animais están presentes en todos os ámbitos da nosa vida e,  polo tanto, era necesario reflictir na Acción Final os problemas que teñen eles na súa vida diaria, dun xeito irónico e retranqueiro, doado de comprender para un público xeralista. Nela, tentamos introducir os temas dos que falamos noutros posts, e mesmo algunha experiencia co traballo de campo. É dicir, buscamos comunicar e formar ao público, ou, polo menos, xerar nel un debate interno respecto ao tema.

Despois de moitas voltas, esta Acción Final acabou por ser un radiodrama. A obra radiofónica consta de 4 escenas, que van unidas polo fío condutor da narradora, que efectúa unha ligazón entre as diferentes escenas. Na primeira tratamos o tema da humanización dun can, Rufo, por parte do seu dono e as consecuencias que iso xera nel. Na segunda, dous porcos falan sobre a súa situación na granxa, matan ao granxeiro e rematan por comelo entre os dous. Na terceira, unha vaca fai un monólogo sobre o trato que reciben todas as vacas que están adicadas á gandeiría, cun ton enfadado e de clara denuncia. Por último, na cuarta escena, dúas cebras na sabana reflexionan sobre os perigos que corren ao longo do día cos distintos animais que tentan cazalas, focalizando o tema de que os animais non son tan felices na natureza como se adoita pensar.

WhatsApp Image 2018-04-20 at 1.03.47 PM.jpeg
Gravación do radiodrama.

Estes temas tan diversos, ao final, poden resumirse nun único tema: os animais como conxunto e os seus problemas, contando aos humanos coma unha destas dificultades que xeran a discordia, malia que poden chegar a ser beneficiosos para eles se lles dan un trato digno e xusto. A obra foi feita para facer reflexionar sobre en que medida os humanos coñecen aos animais, os seus comportamentos e a súa psique rudimentaria. Por exemplo, moita xente sobreprotexe dunha forma inadecuada ao seu can, e só consegue desequilibrar ao animal psicoloxicamente; de modo que este reacciona ouriñando pola casa e roendo canto atopa pola casa. Non fai falla dicir tampouco que os porcos e vacas pechados nun cortello dende que nacen non son felices, porque o mesmo acontecería se nós estivésemos privados de liberdade.

O debate interno que queremos suscitar é o seguinte: Somos os humanos conscientes das dificultades que xeramos nos animais? Asegurámonos de que os produtos animais que consumimos teñen unha orixe ético? Onde está o noso lugar no mundo natural?

Dende o grupo, aprendemos que existen moitas visións enfrontadas acerca dos animais, e que todas teñen unha base lóxica fundamentada nos sentimentos de cada un, e as veces os sentimentos enfróntanse cos datos lóxicos e obxectivos. Os animais tamén sofren un maltrato psicolóxico que endexamais se apreciou como tema nos medios, cando é unha realidade tan próxima que chega a asustar.

WhatsApp Image 2018-04-20 at 12.56.00 PM

En resumo, a Acción Final foi útil para achegarnos aos animais e para transmitir realidades ao mundo das que pouco se falou con anterioridade, ademais de brindarnos a posibilidade dunha difusión por unha vía tan hexemónica como a radio. Poderedes escoitar a obra da man da Asociación Universitaria Radio CampUSCulturae, que se encargará de emitila o día 29 de abril. Unha vez emitida, a obra estará na plataforma Ivoox, onde a poderedes escoitar de novo e compartir con quen queirades. É a hora que o berro dos animais sexa escoitado, mesmo polas ondas de radio.

Se queres escoitar a obra, pincha aquí: https://drive.google.com/open?id=1WWj0urwALsSZBxwEL2MoL_GoZgYjErki

2 comentarios en “O berro dos animais contra a inxustiza e o maltrato

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    “remata o labor” (concordancia do artigo co substantivo en masculino)
    – 2º parágrafo
    “hoxe en día existe” (gralla de redacción)
    “investidores dalgún medio” (gralla de redacción)
    “denuncia cara a un tema” (estrutura cara a+)
    – 3º parágrafo
    “a vista cara ás nosas” (gralla de acentuación)
    “os membros se retroalimentaban” (pronome proclítico)
    ‘Haber feito’ ou calquera tempo composto non existe en galego
    “animalistas cara ás persoas” (gralla de acentuación)
    – 4º parágrafo
    “senón como problema” (gralla de acentuación)
    – 7º parágrafo
    “e só consegue” (gralla de acentuación; empregar a forma correcta do presente do verbo ‘conseguir’)
    “ao animal psicoloxicamente” (gralla de acentuación)
    “se nós estivesemos” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ‘estar’)
    – 8º parágrafo
    “teñen unha orixe” (concordancia do indefinido co substantivo en feminino)
    – 10º parágrafo
    “mesmo polas ondas” (gralla de redacción)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.