O colectivo LGTBI, unha voz que merece ser escoitada

S2B

Nas reunións que ao longo destes meses fomos tendo co noso círculo servíronnos, entre outras cousas, para darnos de conta da cantidade de información que os medios de comunicación convencionais omiten acerca do colectivo LGTB, e canta información está mal narrada ou, simplemente, mal enfocada.

Por este motivo, neste vídeo intentamos darlle voz á pequena parte do colectivo que conformaba o noso círculo para que, dalgún xeito, eles mesmos denunciasen as carencias que atopan á hora de querer informarse sobre o seu colectivo e que fixesen crítica das malas prácticas xornalísticas, á vez que propuxeron solucións para erradicar o descoñecemento xeneralizado dos medios sobre o colectivo LGTB.

Pero non son só os medios os que mostran ese descoñecemento. A sociedade, incluídos nós mesmos, temos unha forma de pensar chea de estereotipos e estigmas en contra da comunidade LGTB que supón unha forte barreira para alcanzar a liberalización e normalización da súa situación. Deste xeito, a crítica non só vai centrada aos medios de comunicación, senón a toda a sociedade en xeral.

Por que dárlles voz a eles?

Unha das cousas que quixemos destacar no noso vídeo de acción final foi que eles, como membros do noso círculo e á súa vez, persoas do colectivo LGTB, tomasen o micro e tivesen a oportunidade de denunciar coa súa propia voz todo o citado anteriormente. Deste xeito, o vídeo adquire máis valor humano, proximidade, e, sobre todo, veracidade, pois non hai filtros de por medio; o que se mostra é o que eles mesmos  queren dicir.

Buscan converterse ademais, na voz de todo un colectivo. Representan a milleiros de persoas silenciadas, oprimidas e manipuladas polos medios de comunicación, que non teñen forma de facer  que as súas reinvindicacións consigan chegar a calar na mente das persoas.

Que queremos conseguir?

Por último, mencionar os principais obxectivos que perseguimos coa realización deste vídeo. Por un lado, o obxectivo principal é visibilizar a problemática do colectivo de xeito que a sociedade comece a ter en conta a desinformación e o fondo descoñecemento que existe sobre estes. Por outro, lograr unha boa difusión do vídeo a través de medios, asociacións e redes sociais para que se extenda á maior parte da poboación posible.  A discriminación ao colectivo LGTB é algo tan extendido na sociedade, que é preciso erradicala de forma progresiva, chanzo a chanzo; nós pensamos que con iniciativas como esta, pódese comezar a dar unha visibilidade realista do colectivo, que defenda os seus valores e mostre unha posición máis crítica ante a discriminación e o rexeitamento que vén dado polos estigmas ou estereotipos creados pola desinformación que existe.

A  valoración do noso círculo

Os membros do noso círculo axudáronnos durante estes últimos meses na elaboración de contido para o blog: tanto posts coma vídeos, e finalmente o proxecto, que rematou cunha valoración moi positiva pola súa parte. O círculo percibiu un grande interese por parte do blog no colectivo LGTB, e a meirande parte deles coincide en que este tempo adicado ó Observatorio resultoulles de utilidade.

Por outra banda destacan a posibilidade de que este proxecto acade o obxectivo de conseguir visibilizar a situación actual do colectivo. Inciden ademais en que repetirían esta experiencia. En xeral destacan que foron capaces de aportar as súas experiencias persoais como activistas ou mesmo desde a súas profesións (como é o caso das dúas persoas filólogas coas que contamos), así como, nun ámbito máis persoal, como membros do colectivo LGTB.

 

Dentro do marco de críticas e recomendacións destacaron a importancia e utilidade de ¨poñer ideas en común e formar ós novos e novas xornalistas en aspectos de gran sensibilidade, nos que se adoita cometer erros¨. Ademais comentaron que para eles ¨foi importante a forma na que o grupo de estudantes tratou o tema, así como foi clave o seu interese, pois somos un colectivo moi discriminado no xornalismo e debería tratarse en todos os cursos da carreira¨.

 

Un dos membros salientou que nas reunións: ¨Abordáronse temas moi interesantes, e gustoume moito transversalidade coa que foron tratados¨. Tamén apuntan á necesidade de que dentro do grupo de traballo algún dos integrantes pertencese ó colectivo para así ¨establecer uns marcos ou unhas pautas, que quizais sexan máis coñecidas ou se vivan máis de preto”.

Como conclusión, destacamos a satisfacción xeral, tanto dos membros do círculo como de nós mesmos como grupo de traballo; e, de novo, queremos darlles as grazas a Inma, Alberto, Roi, Rick, Hugo e Nacho por facilitarnos tanto o traballo, aportar ideas e crear debates moi interesantes dos que todes sacamos experiencias e aprendizaxes moi positivos.
Imaxe destacada deseñada por Freepik.

2 comentarios en “O colectivo LGTBI, unha voz que merece ser escoitada

  1. A corrixir:
    – 2º parágrafo
    “intentamos darlle voz” (gralla de acentuación)
    – 4º parágrafo
    “do noso círculo e á súa vez” (gralla de acentuación)
    “que eles […] tomasen” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ‘tomar’)
    – 8º parágrafo
    Separar ben o parágrafo
    – 10º parágrafo
    “dos integrantes pertencese” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ‘pertencer’)
    – 11º parágrafo
    “a satisfacción xeral” (non cómpre substantivizar o adxectivo existindo xa un substantivo)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s