O mobbing deixa de ser tabú en Compostela

 

COBAS LÓPEZ, CORTÉS OUTÓN

 

 

 

O lastre sobre o acoso laboral” foi o lema escollido para a xornada celebrada o 19 de abril na Facultade de Dereito da USC, unha charla que crebou a tradición do silencio sobre un dos temas máis controvertidos do mundo laboral actual. Nesta acción final, o Observatorio Cidadán de Comunicación contou coa colaboración de María Bastida (experta en xestión de recursos humanos), Pedro Blanco (asesor xurídico de UGT) e Carmen Ariza (psicóloga do traballo e da saúde).

Durante o encontro, os tres poñentes expuxeron os seus coñecementos sobre casos reais de acoso laboral; sobre as estruturas polas que se rexen as políticas de prevención e actuación contra esta problemática; sobre os recursos cos que conta a xustiza para facerlle fronte, así como sobre os efectos que ten o mobbing na saúde e na vida das persoas que o sofren. O tema foi tratado a partir dun enfoque múltiple que percorreu a vertente administrativa, xurídica e psicolóxica e que prolongou a charla unha hora máis do previsto, debido tamén á chuvia incesante de dúbidas e inquietudes presentadas polos asistentes.

 

Os tipos de acoso e o papel corporativista da USC

A tertulia comezou da man da profesora de Ciencias Empresariais María Bastida, quen explicou as raíces teóricas do acoso no ámbito do traballo, centrando a súa intervención no seu influxo nas empresas e no papel que desempeña o coñecido protocolo de actuación da USC como recurso potencial para a loita contra o mobbing na universidade.  A mestra de ADE falou do contraste entre a antigüidade do problema e a ausencia de estudos sobre o mesmo ata a década dos 90, así como das distintas consecuencias derivadas dun acoso reiterado contra os traballadores. Bastida aportou definicións xa tratadas no OCC (bullying, bossing…), pero tamén outros termos como o whistleblowing ou o termo xaponés “Ijime” para ilustrar a concepción do acoso laboral na cultura oriental, moito máis comprometida co fomento do traballo en equipo e menos afectada pola posible rivalidade existente entre os traballadores do mundo occidental.

En canto á procedencia do acoso, a profesora de Xestión de Recursos Humanos distingue tres tipos de prácticas: o bossing,  unha relación de tipo vertical na que un superior abusa do seu poder para oprimir a un traballador de menor rango;  o acoso horizontal, o máis habitual, efectuado entre iguais dentro da propia organización; e, por último, o menos frecuente, o acoso ascendente, no que un grupo maioritario preme a un traballador de rango superior debido, por exemplo, ao non estar de acordo co sistema de traballo que este trata de implantar.

Rematando o seu relatorio, a profesora incidiu nun punto que tratamos dende o primeiro momento do noso proxecto: o papel da USC na loita contra o acoso laboral. Bastida referiuse ao protocolo como un documento que trata de velar polos dereitos fundamentais do traballador e que aposta pola intervención como método de protección dos posibles afectados. Porén, insistiu nas incongruencias que presenta a propia institución ao facer un uso ineficaz do protocolo. Neste apartado saíu á luz unha das problemáticas que denunciou dende o principio da investigación o noso círculo de lectura: a tendencia corporativista que a USC mantén ao mediar nos casos de acoso laboral a través de órganos internos carentes de independencia para levar a cabo a toma de decisións. A reflexión fundamental baseouse na inxustiza do trato outorgado ás vítimas de acoso laboral no ámbito universitario, que non contan cunha protección efectiva por parte da institución.

 

Que papel xoga a lei na protección das vítimas?

O seguinte invitado e interventor foi Pedro Blanco Lobeiras, avogado laboralista asesor de UGT, quen aclarou os procedementos xudiciais a seguir segundo a lexislación actual. O autor do blog sobre contidos xudiciais Blanco Lobeiras comezou falando dunha tutela tradicional represiva fronte ao acoso, baseada en casos nos que se vulneran os dereitos fundamentais do ser humano, como podería ser o dereito á honra e a dignidade. “A dificultade de probar estas prácticas é evidente, pero un dos documentos que avalían con maior éxito a posible existencia de consecuencias derivadas do mobbing na vítima é o exame pericial psicolóxico “, aclarou Blanco Lobeiras.

Existen outro tipo de tutelas, como pode ser o procedemento represivo administrativo, a partir do cal se leva a cabo unha inspección de traballo destinada a sancionar calquera tipo de irregularidade. O avogado laboralista  explica o motivo deste proceso de tutela: “O que se busca nesta inspección é que o traballo se leve a cabo dunha forma saudable e hixiénica. No caso de non ser así, a administración pónse en contacto coa empresa para que esta arranxe o conflito”. Pedro Blanco fixo saber a inclusión do acoso laboral no Código Penal, presente no artigo 173, no que o acoso laboral é contemplado na xurisdición española por vez primeira, aínda que as trabas para probar este tipo de delito seguen a existir, posto que o bossing é o único tipo de acoso posto en coñecemento.

En resumo, o que estas tutelas buscan é reparar os danos psicolóxicos a través dunha indemnización económica, pero para o avogado deberíase tratar de impoñer unha “Tutela Reparadora da Saúde”, xa que de momento non existe ningún tipo de solución para que as vítimas (incluidos, ás veces, os familiares da principal persoa afectada) poidan recuperar o seu estado de saúde e reinsertarse no mundo laboral.

 

DSC_1120Pedro Blanco Lobeiras durante a súa intervención na charla sobre o acoso laboral. Fonte: elaboración propia

O crepúsculo psicolóxico  das vítimas

Chegando á fin da sesión, a psicóloga sanitaria e do traballo de Confluir, Carmen Ariza Tejeda,  explicou as fases que atravesa unha vítima de acoso laboral en función da súa situación persoal, do seu carácter e do tempo que transcorre dende que comeza a sofrer os lategazos de tal acoso.

Carmen Ariza volveu a facer fincapé na dificultade de probar as consecuencias que o acoso chega a inflixir na personalidade da vítima, xa que non é igual de tanxible unha doencia física como unha psíquica. “Neste tipo de casos, case sempre que se chega ao psicólogo é por un caso de desesperación total ou desvalorización persoal”, afirmou a membro da Asociación Española de Coaching (ASESCO). Deste xeito, a experta falou dun proceso de 5 fases: a autoafirmación, o desconcerto, a indefensión, a ansiedade e a cronicidade. O feito de atravesar todas esas etapas pode provocar na vítima enfermedades como o síndrome ansioso depresivo .

Ante a opción de tomar cartas no asunto pola vía xudicial, a psicóloga aconsella prudencia, xa que non sempre se está preparado para afrontar o proceso que implica pasar polo xulgado, que pode chegar a ser certamente traumático. Por iso, ante a situación de que estas denuncias non prescribisen, Carmen Ariza recomenda aos seus pacientes estar moi seguros e sentirse “fortes e en condicións” para denunciar.

A rolda de preguntas final resultou bastante frutífera e logrou converter a xornada nunha mesa redonda na que os asistentes se abriron a falar dos seus propios casos e na que os poñentes trataron de axudalos, dando o seu punto de vista sobre a mellor maneira de resolver cada situación. Para finalizar, os tres participantes agradeceron e enxalzaron o labor do Observatorio por visibilizar temas como o acoso laboral e por facer fronte ao crepúsculo ao que se ven sometidos os medios convencionais, motivo que reafirma a existencia de plataformas de comunicación alternativas e que fai realmente necesario o compromiso da xuventude por practicar un xornalismo diferente e titor da defensa dos dereitos humanos e da inclusión das minorías.

A valoración do círculo

Respecto ao labor dos membros do círculo, as súas contribucións foron de vital importancia para o proxecto. Tanto Manuela Zas como Luis Muñiz e Luis Míguez colaboraron en todo momento, aportando información xeral sobre casos cos que eles mesmos entraron en contacto, sen chegar a identificar a ninguén, así como compartindo  coñecementos relativos á actividade dos axentes sociais implicados na resolución de conflitos laborais. Os tres colaboradores servíronnos de fonte de información e incluso de concienciación sobre o asunto e, a pesar de ter que desempeñar os seus propios oficios, estiveron dispoñibles cada vez que precisamos da súa axuda, cedéndonos un espazo para formalizar os encontros e incluso a acción final e facilitándonos contactos para levar a cabo o noso labor.

A visión xeral dos tres membros correspóndese coa satisfacción de aportar o seu gran de area en favor da erradicación do acoso laboral. Todos eles destacaron aspectos como a rigurosidade e a adecuación con que seleccionamos as cuestión tratadas nos encontros, así como a organización do grupo para cadrar horarios e para moderar as reunións. A complexidade do tratamento informativo dun tema como o acoso laboral fixo que o noso círculo se sorprendese polos bos resultados que obtivemos e que ven reflexados nos artigos do Observatorio e, para rematar, aludiron ao ambiente crítico e agradable xerado nas xuntanzas gracias á involucración de todos os participantes.

 

REFERENCIAS E BIBLIOGRAFÍA:

FORBES. (24 de novembro de 2015). Whistleblowing: ¿uso o abuso de controles empresariales? Recuperado de: https://www.forbes.com.mx/whistleblowing-uso-o-abuso-de-controles-empresariales/

Noticias Jurídicas. (24 de novembro de 1995). Ley Orgánica 10/1995 de 23 de noviembre, del Código Penal. Recuperado de: http://noticias.juridicas.com/base_datos/Penal/lo10-1995.l2t7.html

Legal Today. (13 de abril de 2018). El juicio por acoso laboral y su prueba. Recuperado de:  http://www.legaltoday.com/practica-juridica/social-laboral/laboral/el-juicio-por-acoso-laboral-y-su-prueba

Blog de la Mente. (10 de octubre de 2013). El trastorno ansioso-depresivo, una de las mayores causas de baja laboral en Europa. Recuperado de: http://blogdelamente.com/trastorno-ansioso-depresivo-baja-laboral/

Advertisements

Un comentario en “O mobbing deixa de ser tabú en Compostela

  1. A corrixir:
    – 3º parágrafo
    “sobre o mesmo” (gralla de redacción)
    – 4º parágrafo
    “ao non estar” (gralla de redacción)
    – 5º parágrafo
    “apartado saíu á” (gralla de acentuación)
    “que denunciou […] o noso círculo” (concordancia do verbo co suxeito en singular)
    – 6º parágrafo
    “represiva fronte ao acoso” (gralla de redacción)
    “documentos que avalían” (gralla de acentuación)
    – 7º parágrafo
    “avogado laboralista explica” (gralla de redacción)
    – 11º parágrafo
    “xa que un non sempre está/ xa que non sempre se está” (gralla de redacción)
    “estar moi seguros” (gralla de redacción)
    – 12º parágrafo
    “e logrou converter” (gralla de redacción)
    “na que os asistentes se abriron” (pronome proclítico)
    “enxalzaron o labor” (concordancia do artigo co substantivo en masculino)
    – 13º parágrafo
    “espazo para formalizar” (gralla de redacción)
    – 14º parágrafo
    “o seu gran de area” (gralla de redacción)
    “que o noso círculo se sorprendese” (empregar a forma correcta do imperfecto de subxuntivo do verbo ‘sorprenderse’)

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s