Os puntos negros da accesibilidade en Santiago

Rodríguez Pereira, Vaquero Cadenas

A accesibilidade universal defínese como a característica dos ambientes ou espazos que permite ás persoas moverse por eles de forma segura e cómoda. Uns dos principais obstáculos cos que se atopa a nosa cidade á hora de levar a cabo esta condición son as barreiras arquitectónicas urbanísticas, que poñen en xogo a autonomía e a inclusión de varios colectivos no desenvolvemento da sociedade, en especial, o das persoas con mobilidade reducida.

A Lei de Accesibilidade de Galicia contempla a eliminación dos “atrancos u obstáculos físicos que limitan o impiden a interacción da persoa co entorno”, de acordo coa Estratexia sobre a discapacidade 2010-2020 que deseñou a Unión Europea.

Se no post anterior analizamos a problemática das prazas de aparcamento adaptadas e os pasos de peóns, centrámonos agora na situación do deseño urbanístico de Santiago de Compostela. Os últimos esforzos do Concello por mellorar a accesibilidade repartíronse entre os barrios de Vista Alegre, Sar e As Cancelas, onde salienta a reparación do pavimento da Rúa Espírito Santo. Non obstante, a lista de lugares que non cumpren coa accesibilidade continúa sendo demasiado longa.

O noso grupo quixo poñer de manifesto que a accesibilidade é unha conta pendente da cidade. A través da información recompilada durante o transcurso das reunións co Círculo elaboramos unha cartografía que identifica algúns dos puntos que limitan a libre mobilidade. O obxectivo é denunciar cunha ferramenta sinxela e visual este problema que, ademais, está aberta a próximas modificacións.

Recompilamos a continuación algúns exemplos:

Camiño de Santiago

Esta rúa situada no barrio de Fontiñas presenta un estado pésimo, pois o crecemento das raíces das árbores levantou as beirarrúas.

Rúa de Santa Clara

O seu deseño é completamente irregular e tropeza cada pouco con escaleiras. A beirarrúa estréitase en diferentes puntos (xunto ao convento, por exemplo), o que impide a unha persoa en cadeira de rodas esquivar calquera obstáculo, como un bolardo. Tamén na Rúa do Pino existe un corte na beirarrúa que obriga a circular un tramo pola calzada.

1
Cartografía. Fonte: Elaboración propia

Rúa Concheiros

A circulación en cadeira de rodas convértese case nun imposible debido ao empedrado do pavimento e a pendente desta rúa.

Estación de tren

Existen dous tramos de escaleiras que conectan a Rúa do Hórreo coa entrada na estación mais, unha persoa con discapacidade física vese obrigada a acceder dende o fondo da parcela (a entrada ao aparcadoiro), polo que ten que dar un rodeo.

Pasos de peóns inaccesibles

Lugares tan importantes da cidade como a saída da estación de autobuses ou a Avenida da Coruña comparten un mesmo problema: os pasos de peóns non están adaptados, pois non contan cos rebaixes regulamentarios. Porén, un caso curioso é o da Avenida de Xoán XXIII que conta, nun dos seus lados da calzada, cun rebaixo mentres que noutro non.

Como conclusión da acción levada á cabo podemos identificar dúas grandes cuestións a resolver. En primeiro lugar o incumprimento da normativa que regula a accesibilidade e, por outra banda, o descoñecemento froito do pouco tempo invertido en educar á sociedade acerca destes temas. Unha opción non se entende sen a outra.

 ‘‘En la medida en que la sociedad vaya adoptando modelos más solidarios y colectivos, se avanzará en temas como la accesibilidad. En la sociedad de libre mercado en que vivimos ahora es difícil. Educar requiere tiempo y tomar conciencia social exige un respecto a las normas de convivencia’’, reflexiona Moisés Lamigueiro, especialista en accesibilidade e integrante da asociación FADEMGA. Os principios de solidariedade e respecto son a base para a inclusión do colectivo das persoas con discapacidade. Para acabar coas barreiras arquitectónicas primeiro deben inculcarse certos valores pois, só así, existirá un interese e unha vontade real para resolver este problema.

Os medios de comunicación posúen un elevado poder así como influencias na sociedade, é por isto que se considera súa a responsabilidade de como a xente percibe a este colectivo. Os xornalistas teñen a posibilidade de contribuír aos cambios positivos na sociedade por medio do bo uso e difusión da información. Achegarse aos afectados e as súas demandas, o labor de investigación e a elaboración dunha información honesta e veraz é esencial para espertar conciencias entre a poboación.

2 comentarios en “Os puntos negros da accesibilidade en Santiago

  1. A corrixir:
    – 1º parágrafo
    ‘Entorno’ non existe en galego
    “esta condición son as barreiras” (non separar cunha coma o verbo do suxeito)
    – 2º parágrafo
    “atrancos ou obstáculos [..] limitan ou impiden” (grallas de redacción)
    – 3º parágrafo
    “que non cumpren” (empregar a forma correcta do presente do verbo ‘cumprir’)
    – 8º parágrafo
    “na estación mais” (gralla de acentuación)
    – 12º parágrafo
    “o labor de” (concordancia do artigo co substantivo en masculino)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s