Glosario S1B

S1B

Deixámosvos o glosario completo de Precariedade e Xornalismo

  • Precariedade laboral: situación de emprego na que un traballador ten máis dificultades das consideradas normais para garantir o seu posto de traballo. “A natureza do contrato e a “identificación” do empregador son dimensións claves para determinar a existencia de precariedade” (Guy Caire, 1982). Segundo o Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS), está definida en función de 4 grandes dimensións: a inestabilidade do traballo, a vulnerabilidade, os menores ingresos e a menor accesibilidade da poboación afectada a prestacións e beneficios sociais.
  • Medios comerciais e alternativos: Os medios de comunicación comerciais ou de masa son aqueles que contan cunha maior aceptación e penetración nos diferentes estratos da sociedade, sexa pola calidade da información proporcionada, ou polos condicionamentos externos (poderes políticos e económicos). Os medios alternativos son aqueles que, ben por non ofrecer unha información de calidade igual aos comerciais, ou por non adecuarse aos poderes antes mencionados, contan con menor aceptación na sociedade. Estes últimos naceron nunha situación tanto de marxinalidade como de alegalidade (Villanueva Baselga, 2016, p. 101), estados nos que a día de hoxe están en menor medida.
  • Consumo da información: “Acción de buscar e recuperar datos e información coa finalidade de dar resposta a unha necesidade ou interese informativo” (Martínez, 2001). O proceso de comunicación está a sufrir grandes transformacións, motivadas en gran medida polas tecnoloxías dixitais. As rutinas de traballo, os soportes e os modelos de negocio están mudando e isto, obviamente, está a afectar aos patróns de consumo de información do público. Este público é moito máis esixente que o que se coñecía ata o momento; reclama contido de calidade aos que accede onde e cando quere.
  • Saturación do mercado laboral: É a situación que se produce cando existe unha demanda dun determinado traballo moi por riba da oferta existente no mercado laboral. Isto xera un excedente de profesionais cualificados sen traballo, que moitas veces repercute en que acepten traballos con condicións por debaixo do que se considera como mínimas e aceptables.
  • Medios comunitarios: Os medios de comunicación comunitarios, calificados tamén habitualmente como medios cidadáns, sociais ou libres (Barranquero Carretero, 2015, p. 141) son aqueles “cunha clara vocación de servizo á comunidade e abertos á participación da cidadanía” (Villanueva Baselga, 2016, p. 100). A base do noso proxecto e intentar acadar o máximo posible este ideal de participación, colaboración e visibilización dunha parte do Xornalismo que habitualmente pasa desapercibida.

Un comentario en “Glosario S1B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.