S1C
Boas! Somos, de esquerda a dereita, Ainoa Álvarez Moreno (coordinadora e deseño), Carla Conde Román (axenda), Jose Manuel Diego Ferreira (difusión), Inés Abelenda Cambón (acción e diálogo) e Paula Couto García (edición). O noso propósito é dar a coñecer a labor das ONGDs, unha rama específica das organizacións sen ánimo de lucro, no entorno de Santiago de Compostela.
O Terceiro Sector ou sector voluntario engloba todas aquelas actividades orientadas á mellora das calidades de vida e que desenvolven diferentes factores sociais -organizacións voluntarias de carácter privado-. Dentro de este atópanse as ONGDs, organizacións sen ánimo de lucro que buscan impulsar medidas e accións para que os países empobrecidos lideren os seus propios procesos de desenvolvemento, e así mellorar as súas condicións de vida, fortalecer as súas capacidades e opcións. O seu obxectivo final é que as persoas arredor de todo o mundo teñan as mesmas oportunidades.
O noso grupo abordará o tema dende o tratamento que fan os medios deste tipo de ONGs, falando con diferentes persoas expertas na materia e aportando documentación variada. Realizaremos unha análise do método de actuación que teñen estas organizacións: financiamento, transparencia, ámbito de acción… arroxando unha visión global da realidade á que se enfrontan
Os termos clave do proxecto son: comunicación – transparencia – ONG – ONGD – terceiro sector – cultura da sostenibilidade – mass media – persuasión – concienciación – traballo social.