S3C
O noso grupo de traballo tratará o tema de Mocidade e Comunicación. Empezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Sandra Rivadulla Llerafo (Axenda), Adrián Vázquez Paredes (Coordinación e deseño), Gerardo Veiga de Bartolomé (Difusión), Nerea Soutullo Domínguez (Diálogo), Julia Octavio de Toledo de Miguel (Edición) e Uxía Miranda Martínez (Acción).
O noso obxectivo será analizar o tratamento actual que recibe a mocidade por parte dos medios de comunicación de masas, así como o enfoque que se lle dá ao colectivo nas distintas pezas informativas. Neste contexto, faremos un estudo dos prexuízos que poidan existir en prensa e demais medios cara á mocidade e buscaremos unha solución para erradicalos. Ademais, estudaremos a evolución do concepto de mocidade co paso dos anos analizando os cambios e mudanzas sufridos polo grupo social ao longo das distintas xeracións. Tamén observaremos se esta evolución se reflexou no tratamento dos medios cara ó colectivo. Por último, centrarémonos na figura das mozas, analizaremos a súa situación nos medios de comunicación así como información que se publica sobre elas.
As palabras chave que definen o noso proxecto son: mocidade-prexuízos-evolución xeracional-sociedade.