Vínculos en Compostela

S3B

Os bens relacionais son elementos vinculados coas conexións que establecen as persoas entre si. Destas interaccións podemos sacar o sustento para o noso crecemento persoal, aínda que á veces non se obteña un resultado positivo. O noso grupo de traballo faise cargo deste tema, centrado na cidade de Compostela. Focalízase en persoas novas, pois o noso círculo está formado pola xuventude universitaria. 

Falaremos con estudantes de diversas facultades de Ciencias Sociais e Ciencias Humanas (filoloxía, económicas, política, historia, filosofía, dereito…). Ademais, contamos cun membro do Gabinete de Comunicación da USC para que aporte o seu punto de vista sobre a aparición dos estudantes nos medios.

Queremos dar voz ao estudantado e que conten as súas experiencias dende que chegaron á universidade. Para isto, organizaremos coloquios onde os membros destas facultades poderán ofrecer a súa opinión abertamente. Como estudantes, sabemos a importancia que ten a nosa formación académica para conseguir os nosos obxectivos persoais e profesionais. Pretendemos que os universitarios expresen os seus problemas dentro dos centros e a súa perspectiva respecto á cidadanía, pois nos medios de comunicación non está moi presente a súa situación. 

Tentaremos analizar os vínculos que se establecen entre o alumnado: a formación de novas relacións nun entorno novo, o compañeirismo nas aulas, o contacto durante as festas e as relacións que van máis lonxe dunha  amizade. Tamén é preciso avaliar as relacións da mocidade co resto de ámbitos da cidade, como o transporte público, a saúde, o aluguer dos pisos ou as residencias universitarias. Ademais, un dos propósitos que queremos acadar é a participación do alumnado nas actividades promovidas pola facultade, tales como deportes ou estudo de linguas.

Pretendemos estudar a visión do estudantado sobre o profesorado universitario: o trato que existe entre o claustro e o alumnado e a percepción destes sobre os educadores e educadoras. Tamén queremos ver os plans de futuro dos universitarios e saber se se senten preparados e preparadas para o mundo laboral. Un punto a considerar son os obstáculos que se atopan no camiño da súa formación, se experimentan algunha motivación polos seus estudos e que melloras cren necesarias para mellorar os rendementos.

Como obxectivo principal da acción gustaríanos continuar co labor desenvolvido polo observatorio, aumentando a presenza nos medios dun colectivo xeralmente desprazado. Pretendemos atopar e dar a coñecer os diferentes vínculos, non só entre o alumnado, senón tamén co profesorado. Difundiremos a visión dos estudantes da institución da USC e por último intentaremos resolver as problemáticas atopadas nos círculos. Para a acción, pensamos nunha pequena presentación do observatorio na entrada da facultade, na que participasen os membros do círculo. Servirá para dar a coñecer como se establecen os bens relacionais e acadar unha difusión cada vez máis ampla entre o público.

 

Ligazóns:

2 comentarios en “Vínculos en Compostela

  1. Ola!

    – Ollo, coidado, porque a gran parte do post da proposta semella un post de presentación.

    – Primeiro parágrafo: Semella o inicio do post de presentación, ampliar, concretar…
    “na cidade compostelá” Mellor empregar Compostela ou Santiago na primeira referencia.

    -“Queremos dar voz aos estudantes, que conten as súas experiencias, que nos amosen as súas opinións para poder analizar as relacións no ámbito universitario.” Tres elementos unidos por comas, empregar conxunción no último.

    -“os seus puntos de vista, a súa visión e opinión” son tres sinónimos, recargamos?
    “é que os estudantes falen das súas experiencias ” o estudantado (linguaxe inclusiva)
    “medios de comunicación vixentes” Vixente: que é válido, que ten rigor… Non creo que sexa o adxectivo adecuado.

    -“Pretendemos que os universitarios expresen os seus problemas dentro das facultades e as súas opinións respecto a diversos ámbitos, pois nos medios de comunicación vixentes non está moi presente a nosa situación.” -os universitarios expresen- e logo -a nosa situación- non concorda, reformular.

    -“se establecen entre os alumnos: ” mellor usar o alumnado.

    -“o compañeirismo nas aulas (e se isto se converte nunha amizade), o contacto durante as festas universitarias e as relacións que van máis lonxe dunha amizade.” Uso de amizade dúas veces, se acaso pode ser eliminado o primeiro paréntese.
    “observar a visión do estudantado” observar a visión? Mellor avaliar, analizar, estudar…
    O terceiro e o cuarto parágrafo comezan con “analizar”

    -Máis uso de vínculo (só aparece unha vez fronte ás oito que aparece relación)
    “Tamén queremos ver os plans de futuro dos universitarios, saber se se senten preparados e preparadas para o mundo laboral e se senten a súa formación completa e precisa” Sentirse dúas veces na mesma oración.

    -“É importante falar dos obstáculos ” e “Tamén é importante analizar as relacións” dúas veces, ademais, suponse que é importante.

    -Indicar a idea inicial de acción (a concretar co círculo)

    -Engadir as persoas (ou polo menos unha aproximación) que forman o voso círculo.

    Grazas!!!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.