S2C
O pasado domingo día 10 de febreiro, a plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha manifestación na cidade de Santiago de Compostela a prol da defensa da sanidade pública. Milleiros de persoas decidiron unirse a esta causa e saír ás rúas compostelás protestando contra os recortes sanitarios, a precarización e o impulso da privatización por parte do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.
O noso grupo de traballo quere, pola súa importancia e actualidade, participar deste debate co fin de dar voz a todas as partes implicadas, dende xornalistas que cobren estes feitos, pasando por profesionais da sanidade, tanto do ámbito privado como do público, ata outros afectados por esta situación. Pretendemos analizar o tratamento mediático e, deste xeito, reflexionar sobre cuestións como as diferenzas entre a sanidade pública e privada ou a espectacularización das enfermidades.
O noso principal obxectivo é tratar dende diversas perspectivas o discurso político sobre saúde nos medios, co fin de ofrecer ao noso público unha alternativa aos medios convencionais na que, ademais dos xornalistas, falen -e sexan escoitados- os protagonistas desas informacións. Para levar a cabo a nosa análise contaremos con médicos, xornalistas e asociacións , procurando unha mellora no discurso e unha maior visibilización das distintas problemáticas.
Queremos amosar as diferenzas que existen realmente entre os sectores públicos e privados da sanidade, por exemplo: cales son os tempos de espera ou os recursose e as facilidades que ofrece cada un. Esta comparativa será reflexo do falado coas fontes nas reunións do observatorio e permitiranos abrir e fomentar o debate o máximo posíbel.
Finalmente, tamén desexamos crear unha dinámica de retroalimentación cos lectores e coas distintas asociacións e organizacións vencelladas ó noso tema.
Ligazóns:
- SOS Sanidade Pública ( 17 de febreiro 2019). Continúan as mobilizacións en atención primeria. SOS Sanidade Pública. Recuperado de:https://sossanidadepublica.wordpress.com/2019/02/17/continuan-as-mobilizacions-en-atencion-primaria/
- Luana, S. ( 4 de febreiro de 2018). SOS en defensa de la sanidad pública. La Voz de Galicia. Recuperado de : https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/02/04/galicia-lanza-sos-defensa-sanidade-publica/0003_201802201802041517744295198.htm
- Redacción ( 19 de febreiro de 2019). Clavijo presume de datos en sanidad y afirma que el sistema es valorado. La Vanguardia. Recuperado de: https://www.lavanguardia.com/politica/20190219/46576073464/clavijo-presume-de-datos-en-sanidad-y-afirma-que-el-sistema-es-valorado.html
Ola!
-Uso de negriña, cursiva e subliñado.
-Engadir tres ligazóns
-“Miles de persoas” Milleiros.
-“40.000 segundo a conductora do actor final da movilización” A condutora*, mobilización* Non comprendo a idea desta oración, reformular.
-“protestando en contra dos recortes sanitarios” protestar contra algo*
-“impulso á privatización” impulso de algo* (non é incorrecto, pero soa mellor)
-“PP” indicade o nome do partido, só o citamos esta vez (non se fai pesado)
-“dende xornalistas que cobren estes feitos ata profesionais da sanidade, tanto do ámbito privado como do público, e outros afectados por esta situación.” Son tres grupos (xornalistas, profesionais e outros) unir correctamente, se xa usamos “ata” no segundo elemento non podemos ter un terceiro.
-“Pretendemos así analizar o tratamento mediático non só deste asunto senón dos máximos posibles para reflexionar así sobre cuestións como as diferenzas entre a sanidade pública e privada ou a espectacularización das enfermidades.” Dous “así” na mesma oración. Reformular sen tanta subordinación. (Recomendación: borrar “non só deste asunto senón dos máximos posibles”) Sempre é cando sexa adecuado ó tema.
“o discurso político sobre saúde nos medios” sobre a saúde?
-“na que ademais dos xornalistas falen -e sexan escoitados- os protagonistas desas informacións.” uso de comas, “na que, ademais dos xornalistas, falen”
-“existen á hora da verdade ” Quitaría “á hora da verdade” espectaculariza.
-“no discurso, e unha maior visibilización, das distintas problemáticas” borrar ambas comas.
-“os recursos ou as facilidade que ” Facilidades*
-“Cales son os tempos de espera, os recursos ou as facilidade que ofrece cada un para obter así unha comparación clara e precisa entre ambos, que ilustre o falado ó respecto coas fontes adecudas nas reunións do observatorio, non para pechar o debate senón para abrilo e fomentalo o máximo posible.” Oración moi longa, reducir ou simplificar.
-“así unha comparación clara e precisa entre ambos” Ou clara ou precisa, está sobrecargado, non aporta, confunde. A coma antes de “que ilustre” gramaticalmente sobra, non é unha explicativa, é unha especficativa. ó máximo posible* adecuadas* en calquera caso, enténdese que as fontes que consultades son adecuadas, polo que esta aclaración non é necesaria.
-Debedes especficiar quen forma o voso círculo
-“Por último, esperamos coa difusión dos nosos contidos non só o consumo do fondo do noso círculo a través das disitintas plataformas dixitais, senón tamén crear unha dinámica de retroalimentación cos nosos lectores ou as distintas organizacións e asociacións relacionadas co tema.” Reformular, demasiado longa. Dunha banda, transmitimos a idea de consumir ¿o fondo? do noso círculo, e doutra banda a retroalimentación con estes.
Grazas!
GústameGústame
Ola!
Unha última cousa, debedes indicar a idea inicial que tedes para a acción. Grazas!
GústameGústame