S2B
Os seres humanos somos intelixentes, comunicámonos e aprendemos de todo aquilo que nos rodea, da experiencia propia e da allea. A nosa evolución construíu persoas empáticas, capaces de entender os comportamentos dos nosos semellantes e cunha especial necesidade de interacción con eles que nos empuxa irremediablemente a vivir en sociedade. Dentro deste espazo, creamos dúas dimensións: a pública e a privada. Na primeira é onde se define o noso status social, o noso papel dentro da comunidade, exulgando esta faceta pública, os nosos conxéneres defínennos atribuíndonos calidades desexables ou detestables en función do noso comportamento. É innegable que as actitudes desexables son susceptibles de ser imitadas; todos queremos ser aceptados, aplaudidos, venerados, polos demais. A segunda dimensión é a privada, a que está oculta e non merece maior atención aparte da crítica dalgún veciño cotilla.
Ata hai pouco tempo, no que a termos históricos se refire, a muller non tiña un papel relevante e estaba abocada unicamente a desenvolver a súa vida dentro da dimensión social privada. Ser muller implicaba ter un status inferior, e as poucas actitudes públicas eloxiadas eran aquelas que daban máis prestixio e poder ó home, como ser boa esposa, nai, cociñeira ou simplemente fermosa. A medida que a muller foi reclamando o seu espazo público, o panorama social foi mudando, pero quedan aínda moitos estereotipos e modelos que necesitamos mudar.
Os medios de comunicación comezan a implicarse coa igualdade de xénero, son máis conscientes da linguaxe que utilizan e o espazo que ocupan as mulleres dentro da sociedade, pero é necesario que tamén sexan responsables do seu papel como modelo de referencia na creación da realidade social pública. Da súa implicación no impulso da muller cara o lugar que lle corresponde por lei, depende que o resto da comunidade recoñeza á metade da poboación mundial coma iguais, non por dereito, senón por respecto e verdadeira admiración.
O noso grupo de traballo nace da vontade de mudar esta situación, empezando por analizar a prensa actual e reflexionando sobre a marxinación da muller nos medios de comunicación, prestando especial atención a tres aspectos clave: a figura da muller como movemento político e construtora social, o lugar que ocupa dentro dos diversos espazos temáticos da información e o tratamento que reciben as mulleres protagonistas.
Para poder afondar nestes temas, queremos contar con expertas que levan traballando moitos anos dende a perspectiva feminista: activistas, xornalistas, educadoras sociais… Persoas que están moi sensibilizadas coa problemática e que nos poden axudar a ir moito máis aló no noso diagnóstico dos medios. Creemos que esta análise pode axudar a crear unha maior concienciación sobre a igualdade de xénero no xornalismo e contribuír de xeito importante a mellorar a nosa perspectiva como futuras profesionais da comunicación.
A corrixir:
1º parágrafo:
-“e da allea” (“da” para indicar a concordancia co verbo)
-“imitadas; todos…” (punto e coma para separar conceptos)
2º parágrafo:
-“como ser boa esposa” (non é partícula comparativa)
4º parágrafo:
-“perspectiva feminista: activistas…” ou “perspectiva feminista -feministas [..]-“
-“como futuras…” (non é partícula comparativa)
Grazas!
GústameGústame